Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
.- Coñecer e reflexionar sobre os aspectos máis relevantes do ensino da Física e da Química nos distintos niveis da educación secundaria.
.- Presentar outro perfil de profesorado desta materia lonxe do estereotipo habitual.
.- Introducir tipos de actividades máis acordes coas liñas actuais na Didáctica en ciencias experimentais.
.- Axudar a visualizar a materia de Física e Química como un medio na formación integral do alumnado, e non como un fin en si mesmo.
.- Establecer unha nova perspectiva de ensino na que o profesor non é o saber senón o mediador do saber.
1.- Modelos teóricos e metodoloxías de investigación en Física e Química.
Modelos e teorías.
Métodos de investigación en Física e Química.
2.- A aprendizaxe da Física e da Química: construción e uso de coñecementos.
A construción de coñecementos e o seu uso.
A linguaxe na aprendizaxe das ciencias.
3.- Dificultades de aprendizaxe e transferencia de coñecementos na Física e a Química.
As dificultades epistemolóxicas.
Ideas alternativas e cambio conceptual.
Problemas no desenvolvemento de destrezas.
Actitudes e interese polas ciencias.
4.- O desenvolvemento das competencias e prácticas científicas.
A competencia científica.
Construción, uso, revisión e avaliación de modelos.
A argumentación en ciencias e o uso de probas.
A indagación científica.
Estratexias docentes para o logro destas competencias
5.- Resolución de problemas e traballo experimental .
O desenvolvemento de destrezas en Física e Química.
A práctica científica nas clases de Física e Química.
Os traballos prácticos: obxectivos e tipos.
Os problemas auténticos en ciencias.
6.- Modelos de ensino e estratexias de intervención.
O modelo construtivista.
As explicacións do profesorado nas clases de ciencias.
Estratexias para aprender a aprender.
7.- O ensino da Física e da Química no contexto social.
O contexto social da ciencia.
Educación Ambiental.
O traballo no aula con cuestións de incidencia social.
Bibliografía básica
- Caamaño, A.(Coord.) (2010). Didáctica da Física e da Química. Barcelona: Graó.
- Carmen, Luis del (1997). La enseñanza y el aprendizaje de las ciencias de la Naturaleza en la Educación Secundaria. ICE de la UBA/HORSORI.
- Jiménez Aleixandre, M. P. (2010). “10 Ideas clave: Competencias en argumentación y uso de pruebas”. Grao.
Bibliografía complementaria:
- Bravo, B., Puig, B., y Jiménez Aleixandre M.P. (2009). “Competencia en el uso de pruebas en argumentación”. Educación Química, 20, 137-142.
- Cid R. (2006). “As dificultades de aprendizaxe. Avaliación da aprendizaxe de contidos básicos en ciencias na ESO en Galicia”. Colección investigación educativa 16 ,131-166 (ICE – USC).
- Crujeiras Pérez, B., Gallástegui Otero, J. R., Jiménez Aleixandre, M. P. (2014). Indagación en el laboratorio de química. Alambique. Didáctica de las Ciencias Experimentales, 74, 49-56.
- Driver R., Guesne E. e Tiberghien E. (Eds.), "Ideas científicas en la infancia y la adolescencia". 1989, MEC-Morata, Madrid.
- Furió C. (2001) “Finalidades de la Enseñanza de las Ciencias en la Secundaria Obligatoria. ¿Alfabetización Científica o Preparación Propedéutica?” Enseñanza de las Ciencias, 19 (3), 365-376.
- Gil Pérez D., et al (2005) “¿Cómo promover el interés por la cultura científica?” UNESCO.
- González Aguado, M. (2013). 84 experimentos de química cotidiana en secundaria. Barcelona: Graó.
- Hierrezuelo Moreno, J. (1989). La ciencia de los alumnos: su utilización en la didáctica de la física y la química. Barcelona: Laia.
- Jiménez Aleixandre M.P. (1996). Dubidar para aprender. Xerais, Vigo.
- Justi, R. (2006). La enseñanza de las ciencias basada en la elaboración de modelos. Enseñanza de las Ciencias 24(2), 173-184.
- Lozano Lucía, O. R. (2014). 85 experimentos de física cotidiana. Barcelona: Graó.
- Oliva, J. M. (2008). Qué conocimientos profesionales deberíamos tener los profesores de ciencias sobre el uso de analogías? Revista Eureka sobre la Enseñanza y Divulgación de las Ciencias, 5(1), 15-28.
- Pozo J.I. e Gómez Crespo M.A. (1998). “Aprender y enseñar Ciencia”. Madrid, Morata.
- Sanmartí, N. (2002). “Didactica de las Ciencias en la Educacion Secundaria Obligatoria”. Síntesis.
- Shayer, M. e Adey, Ph. (1986). “La Ciencia de Enseñar Ciencias”. Madrid: Narcea.
- Textos de Física e de Química (Manuais e libros de texto de Ensino Secundario).
- Revistas especializadas online: Alambique, Boletín das Ciencias, Enseñanza de las Ciencias, Eureka, Revista Electrónica de Enseñanza de las Ciencias, Revista de Educación, Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, Latinoamerican Journal of Physics Education, Physics Education, Journal of Chemical Education, Internacional Journal of Science Education, Journal Research in Science Teaching, Research in Science Education, Science Education.
XERAIS
- CG2. Coñecer o corpo de coñecementos didácticos arredor dos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.
- CG8. Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por se mesmo e con outros e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais.
- CG17. Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu posterior desenvolvemento profesional.
- CG18. Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a medios educativos novos ou pouco coñecidos.
ESPECÍFICAS ASOCIADAS AO MÓDULO XENÉRICO
Que os estudantes sexan capaces de:
- CE CE-G1. Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións.
- CE CE-G13. Coñecer e aplicar recursos e estratexias de educación no respecto e valor da diversidade lingüística e as súas implicacións educativas.
ESPECÍFICAS ASOCIADAS AO MÓDULO ESPECÍFICO
Que os estudantes sexan capaces de:
- CE CE-E2. Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas.
- CE CE-E4. Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
- CE CE-E5. Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
- CE CE-E6. Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
- CE CE-E7. Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
- CE CE-E8. Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
- CE CE-E9. Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
- CE CE-E12. Analizar criticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
TRANSVERSAIS:
Que os estudantes sexan capaces de:
- CT-1. Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
- CT-3. Potenciar a capacidade para o traballo en medios cooperativos e pluridisciplinarios.
A metodoloxía baséase na participación activa do alumnado e o seu protagonismo na aprendizaxe. As clases expositivas consistirán basicamente na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia por parte do profesor. As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada no estudo de casos, a análise de proxectos, de textos e artigos, a resolución de problemas e as experiencias de laboratorio. Todas as tarefas do alumno (estudo, traballos, uso de ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas polo profesor tanto na aula coma nas sesións de titoría. Nestas atenderase os estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionados coa materia.
Por outra parte, a Aula Virtual permite a conexión directa do alumnado cos recursos da materia e facilita as estratexias de ensino-aprendizaxe, ao presentarse nela todos os contidos expostos nas sesións expositivas, presentacións do profesorado nas sesións interactivas, outros documentos utilizados, artigos recomendados, ligazóns de interese, outras propostas, etc. Amais, é a través desta Aula como se realizará a interacción do alumnado co profesorado en relación aos informes ou traballos a presentar.
Ao ser unha metodoloxía práctica é moi importante a asistencia a clase.
1) Alumnado Xeral
Parte1:
a. Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen na aula, no laboratorio, ou nas saídas de campo.
b. Elaboración e presentación de informes ou traballos escritos que poidan ser requiridos polo profesorado ao longo do curso (individualmente ou en pequenos grupos), que comprendan reflexións sobre os contidos abordados nas sesións expositivas (poñendo de manifesto o aprendido) así como sobre as actividades realizadas nas sesións interactivas e proxectos. Estes informes ou traballos escritos serán sempre obrigatorios. Non se contemplan traballos opcionais.
Todos os traballos requeridos contribuirán por igual á calificación deste apartado.
Prevese que elaboren e presenten alomenos un traballo en pequeno grupo (4 ou 5 persoas) e uns dez pequenos traballos individuais.
Parte 2:
c. Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das partes teórica e prática.
Contribución de cada un dos sistemas de avaliación á cualificación final:
Parte 1:
- Apartado a: 15%
- Apartado b: 25%
Parte 2:
- Apartado c: 60%
Para obter puntuación na Parte 1 será necesaria a asistencia, como mínimo, ao 80% das clases. A xustificación das falta terase en conta para non perder o dereito a avaliación continua, mais non proporcionarán puntuación no apartado de asistencia.
Na primeira e segunda oportunidade da primeira convocatoria é necesario obter como mínimo un 40% (4 sobre 10) na Parte 2 (apartado c) para que se lle poda sumar a puntuación da Parte 1 ( apartados a e b). O alumnado que non teña puntuación na parte 1, será cualificado unicamente coa nota da parte 2 (apartado c), que ao representar este o 60% do total non será superior a 6.
O alumnado de segunda convocatoria e posteriores deberá falar cos docentes en horario de titorías nas dúas primeiras semanas do semestre a fin de concretar o plan de traballo.
2) Avaliación do alumnado con dispensa de docencia.
O alumnado que teña concedida a dispensa de docencia estará sometido á Normativa xeral que corresponda. Con todo, é preciso que se poña en contacto co docente durante as primeiras semanas de máster para concretar a súa situación para establecer, no seu caso, o plan de traballo alternativo. Formarán parte deste plan alternativo os materiais cos que se traballe nas clases presenciais e que estarán dispoñibles no campus virtual, e tarefas sobre cada unha das clases interactivas, tamén dispoñibles no CV.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás que se programasen de forma coordinada.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA.............................................. Horas
Clases expositivas en grupo grande............................................ 18
Clases interactivas en grupo mediano e aula normal
(seminarios, exposicións, debates)/
Clases interactivas en grupo mediano e aula especializada
(informática, laboratorio, observatorio...) .................................... 24
Titorías en grupo mediano / Titorías en grupo pequeno.................. 6
Total horas traballo presencial na aula do alumno ou alumna......... 48
---------------------------------------------------------------------------------------
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO............................................. Horas
Estudio autónomo individual ou en grupo .................................... 50
Escritura de exercizos, conclusións ou outros traballos
derivados da materia. /
Programación/experimentación u outros traballos con medios
técnicos (ordenador, laboratorio, recollida de datos, …) ................. 25
Preparación de debates, presentacións orais ou similar.................. 10
Actividades en biblioteca, lecturas recomendadas, búsquedas
bibliográficas ............................................................................ 17
Total horas traballo persoal do alumno ou alumna ...................... 102
---------------------------------------------------------------------------------------
- Realización de exame: 3 horas.
Recoméndase o uso da bibliografía recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións presenciais. O carácter activo da metodoloxía require o protagonismo do alumnado no súa propia aprendizaxe.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios o probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos
Juan Ramón Gallástegui Otero
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Correo electrónico
- juanramon.gallastegui [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 42 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
Mércores | |||
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 42 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
Xoves | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
23.05.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
28.06.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |