Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
- Facilitar o coñecemento e o dominio aplicado das claves metodolóxicas e epistemolóxicas da investigación cualitativa e de algunhas técnicas de aproximación ás realidades socioeducativas.
- Promover a utilización consciente, rigorosa e crítica dos contidos desta materia respecto da realización de tarefas de estudio que poidan relacionarse coa Pedagoxía e a Educación Social.
- Propiciar a reflexión científica nun marco participativo e de implicación progresiva nas actividades que se suxiran, tanto desde unha perspectiva individual (lectura de textos, valoracións persoais), como colectiva (dinámicas de traballo en grupos).
1.Metodoloxías cualitativas de investigación: da etnografía ao método socio-biográfico en educación
1.1.Epistemoloxía e metodoloxía do enfoque cualitativo de investigación.
1.2.A investigación cualitativa en educación. Deseños cualitativos e mixtos.
1.3.A etnografía como estratexia de investigación: pautas para o deseño de estudos etnográficos e técnicas auxiliares.
1.4.O enfoque socio-biográfico en Ciencias Sociais e da educación: historia e presupostos teóricos.
1.5.O enfoque socio-biográfico: aspectos metodolóxicos e instrumentais.
1.6.O enfoque socio-biográfico en educación: temas e ámbitos de investigación.
2.Métodos e técnicas prospectivas na investigación socioeducativa
2.1.Os estudos prospectivos en educación.
2.2.Descripción da Técnica Delphi.
2.3.Aplicación da Técnica Delphi en traballos de investigación educativa.
BÁSICA
Ballestín, Beatriz e Fábregues, Sergi (2018). La práctica de la investigación cualitativa en ciencias sociales y de la educación. Barcelona: UOC.
Flick, Uwe (2004): Introducción a la investigación cualitativa. Madrid: Morata.
Gómez, J.; Latorre, A.; Sánchez, M. e Flecha, R. (2006): Metodología comunicativa crítica. Barcelona: El Roure.
Mucchielli, Alex (2001): Diccionario de métodos cualitativos en ciencias humanas y sociales. Madrid: Síntesis.
Taylor, S.J. e Bogdan, Robert (1992): Introducción a los métodos cualitativos de investigación: la búsqueda de significados. Barcelona: Paidós.
COMPLEMENTARIA
Método Sociobiográfio
Bolívar, Antonio; Domingo, Jesús e Fernández, Manuel (2001): La investigación biográfico-narrativa en Educación. Enfoque y metodología. Madrid: La Muralla.
Bourdieu, Pierre (1997): La ilusión biográfica. Razones prácticas: sobre la teoría de la acción. Barcelona: Anagrama. 74-83.
Bourdieu, Pierre et al. (1999): Comprender. La miseria del mundo. Madrid: Akal. 527-543.
Denzin, Norman K. (1989): Interpretative Biography. Beberly Hills: Sage University Paper.
Ferrarotti, Franco (1991): La historia y lo cotidiano. Madrid: Península.
Goetz, Judith Preissle e Lecompte, Margaret Diane (1988): Etnografía y diseño cualitativo en investigación educativa. Madrid: Morata.
Hammersley, Martyn e Atkinson, Paul (1994): Etnografía. Métodos de investigación. Barcelona: Paidós.Morata.Novoa, António (Coord.) (2000 2ª): Vidas de professores. Porto: Porto Editora.
Novoa, António e Finger, M. (Coord.) (1988): O método (auto)biográfico e a formaçao. Lisboa: Ministério da Saúde.
Pineau, Gaston (1989): Les histories de vie en formation. Jobert, G., Histoires de vie. Tomo I. París: L'Harmattan. 13-16.
Plummer, Ken (1989): Los documentos personales. Introducción a los problemas y la bibliografía del método humanista. Madrid: Siglo XXI.
Pujadas Muñoz, Juan José (1992): El Método biográfico: el uso de las historias de vida en ciencias sociales. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
Valles, Miguel S. (2002): Entrevistas cualitativas. Cuadernos metodológicos, 32. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
Téncias prospectivas
Dalkey, Norman; Brown, B. e Cochran, S. (1972): La prévision á long terme par la méthode Delphi. Paris: Dunod.
Fariña, F.; Arce, Ramón; Domínguez Rey, José Luis (1990): A Técnica “Delphi”: cara unha optimización na toma de decisións. Cadernos de Psicoloxía. 10. 30-34.
Landeta, Jon (1999): El método Delphi. Una técnica de previsión para la incertidumbre. Barcelona: Ariel.
Pérez Campanero, Mª Paz (1991): Técnica Delphi. Cómo detectar las necesidades de intervención socioeducativa. Madrid: Narcea. 114-123.
Ruiz, José Ignacio & Ispizua, Mª Antonia (1989): La descodificación de la vida cotidiana. Bilbao: Universidad de Deusto.
Sobreques, Jorge (1969): Los métodos prospectivos aplicados a la educación. El mapa contextual. Revista de Educación. Madrid. Setembro-Outubro Ano XVIII, Vol. LXXI. 205. 47-53.
Tinbergen, Jan e Jensen, Stefan (1975): Prospectiva y futuro de la educación. Serie Europa 2000. Madrid: ICCE.
Xerais
- Análise de procedementos metodolóxicos na investigación socioeducativa.
- Aplicación de procedementos metodolóxicos a problemas de investigación socioeducativa.
- Revisión de traballos de investigación socioeducativa na súa proposta metodolóxica.
Específicas
- Ser capaces de desenvolver un discurso complexo e crítico en torno á metodoloxía cualitativa na investigación das diferentes realidades socio-educativas.
- Ser capaces de comprender e argumentar o importante papel da metodoloxía cualitativa no estudo dos contextos sociais e educativos.
- Ser capaces de identificar, seleccionar e compilar información teórica, metodolóxica e experiencial relacionada con esta temática.
- Ser capaces de concretar deseños de investigación cualitativa enfocados ao estudio da realidade socioeducativa.
Este seminario desenvolverase mediante a exposición teórica e a explicación dos contidos referidos no programa do seminario por parte dos profesores implicados, así como a análise dos distintos documentos que conforman o programa do seminario.
Deste modo, impulsaranse diferentes dinámicas que posibiliten a participación e o diálogo dos estudantes sobre a temática abordada, así como o estudio de casos de diferentes traballos de investigación realizados con metodoloxías cualitativas, procurando en todo momento axustar os contidos do seminario aos intereses investigadores do alumnado.
A aprendizaxe será acompañada polo uso activo do Campus Virtual para:
• A implicación do alumnado nas sesións de aula, construíndo o coñecemento en base ao debate argumentado que se desenvolverá nas sesións de clase.
• As lecturas –individuais e colectivas– que os estudantes realicen dos documentos recomendados en función do interese de cada estudante no marco do tema traballado.
• A lectura e discusión epistemolóxica sobre o texto de Jesús Gómez, Antonio Latorre, Montse Sánchez e Ramón Flecha (2006) Metodología comunicativa crítica. Barcelona: El Roure.
• A elaboración dun traballo individual de carácter metodolóxico que cada estudante pode centrar na liña de investigación que máis se axuste aos seus intereses no ámbito temático do seminario.
AVALIACIÓN POR MÓDULOS
A Comisión Académica do Máster, reunida o 6 de xuño de 2014, aproba ofertar a avaliación por módulos para o alumnado que cumpra as condicións estipuladas e que, libremente, decida adscribirse.
A avaliación deste curso contémplase como resultante da integración de dúas dinámicas e procesos de traballo (individual e colectivo):
1. Asistencia e participación activa nas sesións de aula (30%)
2. Realización individual dun traballo escrito / Realización individual dun traballo de módulo (70%).
O traballo escrito deberá seguir as seguintes indicacións:
• Escoller unha Tese de Doutoramento que utilice unha aproximación metodolóxica cualitativa de entre as que se contemplan neste curso.
• Analizar o enfoque metodolóxico polo que optou o/a autor/a da Tese de Doutoramento escollida: fundamentación epistemolóxica, elección de diferentes técnicas, descrición da súa aplicación, axuste ao problema de investigación, procesos de control previstos e pertinencia e significación dos resultados.
O ensaio terá entre 2000 e 3500 palabras. Extensión de 3 a 5 páxinas, tamaño 12, inteliñado sinxelo (1p.)
Na valoración do traballo escrito teranse en conta os seguintes criterios:
• A construción dun pensamento propio.
• A integración de lecturas cruzadas para contrastar as ideas e argumentos expostos na bibliografía directamente recomendada.
O traballo de Avaliación por Módulos deberá seguir as indicacións específicas. A Comisión Académica do Máster, reunida o 6 de xuño de 2014, aproba ofertar a avaliación por módulos para o alumnado que cumpra as condicións estipuladas e que, libremente, decida adscribirse.
- Lecturas e realización de traballos individuaiss e en grupo (45% do tempo).
- Sesións de clase maxistral (20% do tempo).
- Debates en pequeno e gran grupo (15% do tempo)
- Videoforums (10% do tempo).
- Titorías personalizadas (10% do tempo).
Para facilitar os procesos de ensino-aprendizaxe será moi importante realizar as lecturas específicamente encargadas para complementar ou preparar as sesións presenciais. Seu análise e discusión será fundamental no desenvolvemento do seminario.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno do 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilitar unha "mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa".
Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.
DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
En atención á instrución reitoral 1/2007 sobre a Dispensa de Asistencia a Clase (http://www.usc.es/gl/centros/cc_educacion/dispensa_asistencia_clase.html), o alumnado que concurra nestas circunstancias terá que facer os traballos de aula no tempo e forma que se especifiquen no Campus virtual. Ademais, naqueles casos que se indiquen como traballos grupais, o alumnado con dispensa poderá realizalos de modo individual.
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL
Por sentido de coidado e de responsabilidade co ámbito natural e humano, nesta materia esíxese para a presentación de traballos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir polas dúas caras do folio en calidade "aforro de tinta".
- Non utilizar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
MODELO DE CITACIÓN
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA).
6ª ed. Washington: APA, 2011-, que se poden consultar no enlace: http://www.apastyle.org. Unha guía resumida en castelán pódese atopar na seguinte dirección: http://www.suagm.edu/umet/biblioteca/pdf/GuiaRevMarzo2012APA6taEd.pdf
PLAN DE CONTINXENCIA
Atendendo ao PROTOCOLO DE CENTRO PARA O DESENVOLVEMENTO DUNHA DOCENCIA PRESENCIAL SEGURA NA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN NO CURSO 2020-2021 que segue as bases do aprobado en Consello de Goberno o 19 de xuño de 2020 o Plan de Continxencia será o seguinte:
Escenario 2. Distanciamento
METODOLOXÍA. A programación da Facultade de Ciencias da Educación estabelece: para a semana o 5 ao 9 de outubro unha docencia mixta presencial e non presencial; para a semana do 12 ao 16 de outubro unha docencia non presencial. En ambos casos realizaranse un mínimo de docencia non presencial síncrona do 50% das sesións expositivas e interactivas a través da plataforma Teams, Skpe ou outras que faciliten a comunicación co alumnado. Establecerase o mecanismo de control da asistencia e participación nas sesións non presenciais síncronas.
AVALIACIÓN. As actividades e tarefas serán as comunicadas no Campus Virtual. Para as que requiran presentación pública utilizarase a plataforma Teams no horario establecido para a materia. O traballo de avaliación do curso / de avaliación de módulo será entregado no Campus virtual ou por correo electrónico á figura do Coordinador/a de módulo.
Escenario 3. Peche das instalacións
METODOLOXÍA. Realizarase un mínimo de docencia non presencial sincrona do 50% das sesións expositivas e interactivas a través da plataforma Teams, Skpe ou outras que faciliten a comunicación co alumnado. Establecerase o mecanismo de control da asistencia e participación nas sesións non presenciais síncronas.
AVALIACIÓN. Igual que no escenario 2.
Pablo Angel Meira Cartea
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813747
- Correo electrónico
- pablo.meira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Lucia Iglesias Da Cunha
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813745
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade