Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
-Coñecer e empregar os métodos clásicos e avanzados de investigación social, así como a súa adaptación ao ámbito da comunicación política e institucional.
-Coñecer as diferentes partes dunha investigación no ámbito da comunicación política e institucional, establecendo conexións entre teoría e empiría.
Esta materia realizará un percorrido pola teoría que fundamenta a investigación social clásica e avanzada co fin de establecer unha articulación entre o campo epistemolóxico e o campo metodolóxico, como obxectivos centrais de calquera proxecto ou investigación social.
Realizarase un seguimento exhaustivo das partes que compoñen, dende un punto de vista metodolóxico, unha investigación social. Partindo do tema de investigación e da construción do problema a investigar, pasando polo establecemento do marco teórico e contexto da investigación ata chegar á definición de obxectivos, formulación de hipóteses, operacionalización de conceptos e a súa consecuente transformación en variables, así como a determinación da poboación e unidades obxecto del análise.
Finalmente abordaranse as diferenzas e semellanzas entre a metodoloxía cuantitativa e a metodoloxía cualitativa, como marco de referencia para a aplicación das principais técnicas de investigación social.
TEMA 1. Teoría en Ciencia Política
TEMA 2. Teoría en Comunicación Política
TEMA 3. Epistemoloxía e metodoloxía: métodos cuantitativos e cualitativos
TEMA 4. Fases e deseño da investigación
TEMA 5. Problema de investigación, definición de obxectivos e formulación de hipótesis
TEMA 6. Variables, poboación e unidades de análise
Como bibliografía básica orientativa da materia:
-BERGANZA CONDE, M.R. Y RUIZ SAN ROMÁN, J. A. (2010). Investigar en Comunicación Social. Madrid: McGraw Hill.
-BOUDON, R. Y LAZARSFELD, P. (1985). Metodología de las Ciencias Sociales. (Vol. I y II). Barcelona: Laia.
-DELLA PORTA, D. Y KEATING, M. (Eds.) (2013). Enfoques y metodologías de las Ciencias Sociales. Una perspectiva pluralista. Madrid: Akal Universitaria.
- COLLIER, D. y GERRING, J. (2008). Concepts and methods in Social Science: the tradition of Giovanni Sartori. London: Routledge.
-CORBETTA, P. (2003). Metodología y técnicas de la investigación social. México: McGraw Hill.
-GARGÍA FERRANDO, M., IBÁÑEZ, J. y ALVIRA, F. (comp.) (2005). El análisis de la realidad social. Métodos y técnicas de investigación (3ª Ed.). Madrid: Alianza Editorial.
-RAGIN, Ch. (2007). La construcción de la investigación social. Introducción a los métodos y su diversidad. Bogotá: Siglo del Hombre Editores, Universidad de los Andes, Sage Publications.
-SARTORI, G. (2011). Cómo hacer Ciencia Política: lógica, método y lenguaje en Ciencias Sociales. Madrid:Taurus.
-SARTORI, G. y MORLINO, L. (comp.) (1994). La comparación en Ciencias Sociales. Madrid: Alianza Editorial.
Además de la bibliografía básica mencionada, el profesor/a recomendará y distribuirá material complementario de carácter teórico y empírico.
1. Capacidade de xestionar o marketing de organizacións complexas e de desenvolvemento e execución de campañas de comunicación especificas no marco dunha planificación estratéxica e integral.
2. Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na toma de decisións e na resolución de conflitos de organizacións complexas e no seguimento dos mesmos, tanto no nivel estratéxico como no operativo ou no técnico.
3. Capacidade para comprender e coñecer en profundidade as funcións internas e externas da dirección estratéxica dunha organización complexa, incluídas a xestión e o liderado dos equipos multidisciplinares.
4. Adquirir habilidades para adaptarse ao traballo nos equipos de marketing e comunicación integrados por persoas de diversas disciplinas e/ou lideralos.
5. Capacidade para utilizar as tecnoloxías máis avanzadas na xestión dos gobernos e campañas no entorno 2.0 dende unha perspectiva estratéxica e para deseñar proxectos de marketing viral, interactivo, SEM-SEO, etc...
6. Coñecer as diferenzas e similitudes dos diferentes campos do marketing e da comunicación: empresarial, organizacional, institucional e política.
7. Capacidade para desenvolver investigacións no ámbito do marketing e a comunicación política.
8. Capacidade para entender e transmitir as necesidades de institucións, organizacións e empresas, do marketing e a comunicación política, tanto a nivel interno como externo, dende unha perspectiva integral.
9. Capacidade para organizar eventos e acontecementos dentro duhna estratexia de marketing.
10. Capacidade de entender, pensar e desenvolver a comunicación cos cidadáns online no marco da Web 2.0.
11. Capacidade para desenvolver un estudo avanzado sobre aspectos relevantes do marketing político e a comunicación estratéxica integral, así como defender a metodoloxía e as conclusións alcanzadas ante especialistas neste ámbito disciplinar.
A materia se desenvolverá a través de actividades de traballo presencial no aula, actividades de traballo persoal do alumno/a e titorías periódicas.
As actividades de traballo presencial serán á súa vez clases expositivas, labor expositiva do docente; e as actividades interactivas, intervencións dos estudantes, coordinadas polo profesor/a. Dentro destas últimas contemplarase a realización de traballos individuais ou en grupo, que serán concretados pola docente a principios do curso.
O coñecemento conseguido polo alumno/a nesta materia será cualificado da seguinte forma:
-Proba escrita final ou traballo en grupo (70%). No caso dos traballos en grupo, será tida en conta tanto a presentación escrita como a exposición pública, para a súa cualificación.
-Realización de traballos individuais e participación nas clases interactivas (30%).
-Prueba escrita final o trabajo en grupo (70%). En el caso de los trabajos en grupo será tenida en cuenta tanto la presentación escrita como la exposición pública, para su calificación.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA (48 HORAS)
Clases Expositivas (18)
Clases interactivas (24)
Titorías e tarefas relacionadas co obxecto de estudo (6)
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (102 HORAS)
Estudo individual do alumno (50)
Preparación de traballos e exposicións en grupo (25)
Realización de traballos individuais (25)
Outras tarefas (2)
-Capacidade de análise.
-Capacidade de síntese.
-Lectura e comprensión en inglés.
De cara aos posibles escenarios na nova normalidade do próximo curso académico 2020-2021, fanse constar as seguintes cuestións:
- Contidos: inicialmente non se prevé a modificación dos contidos, que se manterán tanto na previsión do Escenario 2 como do Escenario 3 e que serán axustados segundo a forma de docencia que se concrete en cada unha de ditas situacións.
- Bibliografía: de producirse un novo confinamento, a bibliografía complementaria será facilitada polos docentes a través do Aula Virtual.
- Metodoloxía de ensinanza: esta será reaxustada no seu momento, segundo a previsión de dispoñibilidade de aulas que estableza a Facultade para cada escenario. Se ben e de forma xenérica complementaranse no Escenario 2 as clases presenciais coa subida de material que permita tanto o seguimento dos contidos teóricos como prácticos da materia. No Escenario 3 complementarase a realización de clases telemáticas síncronas ou asíncronas, segundo o volume de alumnado matriculado, coa incorporación no Aula Virtual de material que permita o seguiminto dos contidos teórico-prácticos da materia.
- Sistema de avaliación: de forma xenérica, tanto no Escenario 2 como no Escenario 3, fomentarase o sistema de avaliación continua, e en consecuencia, a entrega periódica de traballos que permitan o seu seguimento. Así mesmo e se as condicións de realización o permiten, valorarase no Escenario 2 a realización dunha proba final exame síncrono/asíncrono.
Maria Pereira Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- maria.pereira.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula de Informática 1 |
Martes | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula de Informática 1 |
Mércores | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula de Informática 1 |
Xoves | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula de Informática 1 |
11.01.2021 18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula de Informática 1 |
11.01.2021 18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 1 |
21.06.2021 18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula de Informática 1 |
21.06.2021 18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 1 |