Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 68 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 16 Total: 100
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
O estudo e coñecemento da materia de “Edafoloxía Aplicada” é básico no currículo do/a Enxeñeiro/a Ambiental porque achega coñecementos que permiten a aplicación das diferentes tecnoloxías no tratamento e xestión dos solos e, en especial, no desenvolvemento dos procedementos de protección, recuperación e descontaminación de solos degradados ou contaminados. O obxectivo xeral da materia é que o alumnado adquira as competencias necesarias para comprender o papel que ten o solo na calidade ambiental e interpretar a información de solos necesaria para a xestión deste recurso.
En concreto preténdese que o alumnado comprenda: i) as funcións do solo, así como a súa clasificación e avaliación, ii) as ameazas globais ás que está sometido este recurso e a súa influencia sobre a calidade ambiental e a seguridade alimentaria iii) as propiedades, procesos e dinámica do solo, e a súa relación co medio natural. Esta materia ten unha vinculación directa con aquelas que compoñen o módulo de “Recuperación de solos e Xestión de Residuos”, compartindo e complementando os obxectivos principais das materias de “Contaminación e Degradación de solos” e “Laboratorio de Solos e Residuos”. O enfoque da materia será eminentemente práctico, aínda que sen esquecer as bases teóricas necesarias para pasar da mera utilización de receitas ao coñecemento que permita o deseño específico que require a solución de cada tipo de problema e ambiente.
Os contidos que se desenvolven no curso son os contemplados de forma sucinta no descritor da materia recollido no plan de estudos do Mestrado en Enxeñería Ambiental: “Ciclos xeoquímicos. Factores, compoñentes e procesos edáficos. Clasificación e avaliación de solos. Funcións e ameazas. Planificación produtiva e ambiental dos recursos edáficos. O solo como sumidoiro de Carbono".
Estes contidos desenvolveranse ao longo dos seguintes temas nos que se dividiu o programa:
I. A NATUREZA DO SOLO
1. Concepto de solo. O solo como sistema. Funcións produtivas e ambientais do solo. O solo e a nutrición das plantas. O solo como regulador dos ciclos bioxeoquímicos superficiais. O solo como amortecedor da contaminación. O solo como sumidoiro de carbono. Ameazas. A Estratexia Europea de Protección do Solo.
2. A organización do solo. Da edafosfera á microestrutura. Pedión, perfil e horizontes. Nomenclatura dos horizontes do solo.
II. OS COMPOÑENTES DO SOLO.
1. A fracción mineral: orixe, composición, propiedades. Compoñentes cristalinos e non cristalinos da fracción mineral fina. Métodos de estudio.
2. A fracción orgánica: orixe, composición, propiedades. Transformacións da materia orgánica, mineralización e humificación. Procesos de estabilización da materia orgánica no solo. Funcións da materia orgánica do solo. Complexos órgano-minerais. Métodos de estudio.
3. As fases fluídas. El auga do solo. A atmosfera do solo.
4. A biota do solo.
III. AS PROPIEDADES DO SOLO
1. Propiedades físicas. Color. Textura. Estrutura. Densidade real e aparente. Porosidade. Permeabilidade. Temperatura.
2. Propiedades físico-químicas. Fundamentos da reactividade do solo. Reaccións de disolución-precipitación. Interaccións superficiais: cambio iónico e retención de ións. Reaccións ácido-base: pH e acidez do solo. Acidez natural e inducida. Capacidade de amortecemento do solo. Procesos de oxidación-redución. Concepto de Eh. Diagramas Eh-pH. Salinidade e alcalinidade.
IV. LA FORMACIÓN DO SOLO: FACTORES E PROCESOS
1. Factores de formación. Influencia dos factores ambientais sobre la formación e características do solo: material de partida, clima, relevo, organismos e tempo. A influencia humana.
2. Procesos de edafoxénese. Meteorización, empardecemento e rubefacción. Descomposición da materia orgánica: humificación e mineralización. Condicións redutoras e alternancia de condicións de oxidación redución. Maduración. Edafoturbación. Eluviación e iluviación de arxila. Podzolización. Acumulación secundaria de sílice, xeso e carbonato cálcico. Salinización e sodificación. Formación de horizontes densos e cementados.
V. CASIFICACIÓN, TIPOLOXÍA E DISTRIBUCIÓN DE SOLOS
1. A clasificación de solos. Principios e problemática. Evolución histórica da clasificación de solos. Tipos de clasificacións de solo.
2. Clasificacións modernas. Base Referencial Mundial do Recurso Solo (FAO, IUSS, ISRIC). Taxonomía de Solos (USDA).
3. A Base Referencial Mundial do Recurso Solo. Estrutura e regras de uso. Horizontes, propiedades e materiais de diagnóstico. Grupos de referencia e unidades de segundo nivel.
4. Grupos de Solos de referencia da Base Referencial Mundial do Recurso Solo. Descrición, distribución, manexo e uso.
Bibliografía básica
• DRIESSEN PM, DECKERS, JA. SPAARGAREN, OC AND NACHTERGAELE FO (Eds.). 2001. Lecture Notes on the Major Soils of the World. World Soil Resources Reports 94. Food and Agriculture Organization of the United Nations, Rome.
Sinatura ETSE: Non dispoñible. Pódese descargar en:
http://www.isric.org/Isric/Webdocs/Docs/Major_Soils_of_the_World/start… ftp://ftp.fao.org/agl/agll/docs/wsrr94e.pdf
• IUSS Grupo de traballo WRB. 2014. Base Referencial Mundial del Recurso Suelo. Un marco conceptual para la clasificación, correlación y comunicación internacional. Actualización 2015. Informes sobre Recursos Mundiales de Suelos 106. FAO, Roma. ISBN: 978- 92- 5 -308369- 5.
• Sinatura ETSE: Non dispoñible. Pódese descargar en:
http://www.fao.org/docrep/011/a0510s/a0510s00.HTM
• PORTA, J., LÓPEZ-ACEVEDO, M., POCH, R.M. 2008. Introducción a la Edafología. Uso y protección del suelo. Mundi-Prensa.
• Sinatura ETSE: Non dispoñible. ATS82, ATS13, ATS82A (Biología), TS449, ATS13A (Farmacia)
Bibliografía complementaria
• EUROPEAN SOIL BUREAU NEWORK. 2005. Soil Atlas of Europe. European Comission, Office for Official Publications of the European Communities, Louxemburg.
Sinatura ETSE: Non dispoñible. Pódese descargar en: http://eusoils.jrc.ec.europa.eu/projects/soil_atlas/Download.cfm
• FAO. 2009. Guía para la descripción de suelos. 4ª edición. FAO, Roma, 2009. ISBN: Non ten
Sinatura ETSE: Non dispoñible. Pódese descargar en:
http://www.fao.org/publications/card/en/c/0f070cdd-1b6d-53fa-add1-5c972…
• MACÍAS, F. & CALVO, R. 2001. Atlas de Galicia. Suelos. Consellería de Presidencia, Xunta de Galicia.
• Porta Casanellas, J. López Acevedo, M. Agenda de campo de suelos: información de suelos para la agricultura y el medio ambiente. Mundi Prensa, 2005. ISBN: 84- 8476- 231- 9. Sinatura ETSE: A230 5, 5A, 5B
• Soil Survey Staff. Claves para la Taxonomía de Solos. 12ª edición. USDA-NCRS, 2014. ISBN: Non ten.
Sinatura ETSE: Non dispoñible. Pódese descargar en: https://www.nrcs.usda.gov/Internet/FSE_DOCUMENTS/nrcs142p2_051546.pdf
PÁXINAS WEB DE INTERESE:
• FAO: http://www.fao.org
• ISRIC (Centro Internacional de Referencia e Información en Suelos), Wageningen, Holanda: http://www.isric.nl
• Sociedad Española de la Ciencia del Suelo: http://www.secs.com.es/
• Soil Science Society of America: http://www.soils.org/
• United Nations Environment Programme: http://web.unep.org/, https://www.unenvironment.org/
• Dpto. Edafología y Química Agrícola, Univ. Granada: http://edafologia.ugr.es/index.htm
Nesta materia o alumnado adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables nun científico ambiental con coñecementos do solo aplicados á resolución de problemas ambientais.
De acordo co cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
BÁSICAS E XENERAIS
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que o alumnado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que o alumnado sexa capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que o alumnado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que o alumnado posúa as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
G01 - Identificar e enunciar problemas ambientais.
ESPECÍFICAS
E14 - Coñecer en profundidade as tecnoloxías, ferramentas e técnicas no campo da enxeñería ambiental
E23 - Deseñar e calcular solucións de enxeñería a problemas ambientais
E32 - Comparar e seleccionar alternativas técnicas
E33 - Identificar tecnoloxías emerxentes
E46 - Resolver problemas de forma efectiva
Campus Virtual
Nos tres escenarios usarase a Aula Virtual da USC a través da aplicación Moodle, como ferramenta de comunicación co alumnado, ofrecéndolle información da programación docente ao longo do curso e materiais complementarios para o estudo da materia, fomentando o estudo autónomo do estudante e o manexo de fontes bibliográficas en inglés. Así mesmo, a entrega de tarefas realizadas polo alumnado, realizarase empregando a plataforma Moodle.
Al inicio do curso facilitarase aos estudantes o seguinte material no campus virtual da materia:
• GUÍA DOCENTE: a guía docente aprobada para a materia.
• PLANIFICACIÓN DETALLADA: guía coa planificación de actividades.
• PRESENTACIONES: as presentacións usadas polo profesorado nas clases expositivas.
• CASOS PRÁCTICOS: material para a interpretación e a clasificación de solos que se discutirán nos seminarios.
• MATERIAL COMPLEMENTARIO: vídeos, textos, artigos científicos, enlaces a páxinas web con contidos de interese, boletíns de cuestións etc.
Escenario 1 (sen restricións a la presencialidade física)
Docencia presencial (32 h)
• Clases expositivas e interactivas: As clases realizaranse combinando tanto a clase maxistral (exposición e discusión de temas) como en forma de seminarios (realización de exercicios) onde o profesor tratará de facer fincapé nos aspectos máis destacados do programa. É importante que o alumnado vaia traballando o material posto á súa disposición para promover a interacción profesor-alumno. A asimilación de contidos por parte dos estudantes verificarase mediante a realización de cuestionarios que serán entregados a través da Aula Virtual (as respostas aos cuestionarios serán unha parte da avaliación continua).
• Práctica de campo: de ser posible, realizarase unha práctica de campo orientada á interpretación dos factores de formación, a morfoloxía, as propiedades e os procesos de edafoxénese de diferentes tipos de solos de Galicia.
Titoría Grupal
• Titoría Grupal: realizarase unha titoría grupal orientada á resolución de problemas e dubidas dos estudantes.
Titorías individualizadas
• Titorías individualizadas: realizaranse de forma presencial no despacho do profesorado e/ou mediante a plataforma MS Teams.
Escenario 2 (restricións parciais a la presencialidade física)
Docencia presencial e/o telemática (32 h)
• Clases expositivas e interactivas: se o número de estudantes matriculados na materia e as aulas dispoñibles o permiten, as clases serán presenciais. De non ser posible, os estudantes dividiranse en dous grupos que se irán alternando na presencialidade de tal maneira que cando un grupo estea na clase o outro a seguirá a través de videoconferencia.
• Práctica de campo: de ser posible, realizarase unha práctica de campo orientada á interpretación dos factores de formación, a morfoloxía, as propiedades e os procesos de edafoxénese de diferentes tipos de solos de Galicia.
• Titoría Grupal: realizarase una Titoría grupal orientada á resolución de problemas e dúbidas dos estudantes de forma presencial ou mediante a plataforma MS Teams.
• Titorías individualizadas: realizaranse mediante a plataforma MS Teams.
Escenario 3 (peche das instalacións)
Docencia telemática na súa totalidade (32 h)
• Clases expositivas e interactivas: usaranse sesións de Teams a través das cales se seguirá o calendario aprobado e nas que se promoverá sempre o contacto diario cos estudantes combinando os diferentes recursos (explicacións do profesor, visualización de vídeos, sesións de discusión, recursos web…).
• Práctica de campo: de ser posible, o profesorado guiará ao alumnado nunha visita virtual orientada á interpretación dos factores de formación, a morfoloxía, as propiedades e os procesos de edafoxénese de diferentes tipos de solos de Galicia.
• Titoría Grupal: realizarase una Titoría grupal orientada á resolución de problemas e dúbidas dos estudantes a través da plataforma MS Teams.
• Titorías individualizadas: realizaranse mediante a plataforma MS Teams.
Avaliación continua (EC)
O Mestrado en Enxeñería Ambiental establece que a mínima ponderación da EC é dun 50%, correspondendo o 50% restante a unha proba final.
Nesta materia usarase esta ponderación para a EC (50%).
Escenario 1 (sen restricións a la presencialidade física)
A cualificación será a media ponderada do rendemento nas partes nas que se avalía o mesmo: cuestionarios de avaliación continua, traballo en equipo e exame.
Actividades da Avaliación Continua
A Avaliación Continua comprende o seguimento das seguintes actividades:
• Cuestionarios de seguimento: Cuestionarios cortos a realizar ao longo do curso de forma individual. Ponderación: 25%. Modalidade telemática.
• Traballo en equipo: o alumnado terá que realizar un traballo en equipo orientado á aplicación dos coñecementos adquiridos ao longo do curso. Consistirá na interpretación, avaliación e clasificación de solos. Ponderación: 25%. Modalidade telemática
Exame final (presencial)
• Ponderación 50%. Para a superación da materia, o alumnado deberá obter una nota mínima de 4 (sobre 10) no exame final.
A consideración de “non presentado” terase se non se asiste a ningunha actividade avaliadora. Se non se acada a nota mínima no exame final, a nota final será a do exame.
Aos que teñan que acudir á segunda oportunidade se lles conservarán as cualificacións obtidas na avaliación continua. En caso de non ter realizado o traballo en equipo, o exame incluirá un apartado práctico.
Distribución da cualificación Modalidade
Avaliación Continua 50%
- Cuestionarios 25% Telemática, asíncrona
- Traballo en equipo 25% Telemática, asíncrona
Exame final 50% Presencial
Escenario 2 (restricións parciais á presencialidade física)
Neste escenario procuraríase realizar presencialmente o exame final. Desta forma a avaliación realizaríase da mesma forma que no escenario 1.
Distribución da cualificación Modalidade
Avaliación Continua 50%
- Cuestionarios 25% Telemática, asíncrona
- Traballo en equipo 25% Telemática, asíncrona
Exame final 50% Presencial
Escenario 3 (peche das instalacións)
Neste escenario toda la avaliación se realizaría de maneira telemática.
Distribución da cualificación Modalidade
Avaliación Continua 50%
- Cuestionarios 25% Telemática, asíncrona
- Traballo en equipo 25% Telemática, asíncrona
Exame final 50% Telemática, síncrona
Avaliación de competencias
Avaliación de competencias
G01 CB6 CB7 CB8 CB9 CB10 E14 E23 E32 E33 E46
Clases expositivas
X X X X X X X
Clases interactivas (debate e resolución de problemas)
X X X X X
Titoría grupal e Traballo en grupo
X X X X X
Cuestionarios e exames
X X X X X X X
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na ‘Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións’.
A materia ten unha carga de traballo equivalente a 4 ECTS que se reparten da forma que se amosa na táboa. As horas presenciais indican o número de horas de clases da materia, a través das diversas actividades que se realizan, o factor indica a estimación de horas que ten que dedicar o estudante por hora de actividade, sendo as horas de traballo autónomo un cómputo do produto do factor polas actividades e total a carga de traballo que supón cada actividade.
Distribución da actividade formativa en ECTS
Actividade Horas
presenciais Factor Horas traballo alumnado ECTS
Clases maxistrais 16,0 2,0 32,0 1,9
Seminarios 14,0 2,2 31,0 1,8
Titorías grupo 2,0 1,0 2,0 0,2
Total 32,0 65,0 4,0
É recomendable que os estudantes que se matriculen na materia teñan coñecementos básicos en Química xeral, Bioloxía, Xeoloxía e/ou Bioxeoquímica, que resultan moi útiles para lograr superar a mesma.
Asistencia e participación activa en todas as actividades docentes.
Para fomentar a participación nas clases, recoméndase realizar as actividades requiridas ao longo do curso e, especialmente, traballar cos materiais subministrados a través do Campus Virtual, antes das clases expositivas e interactivas.
Uso da bibliografía recomendada, non só de libros de texto, senón tamén de artigos de investigación e de divulgación científica.
Distribuír o traballo persoal (estudo, realización de traballos, lecturas recomendadas, etc.) ao longo do curso.
Uso das horas de titorías para resolver calquera dúbida que xurda durante o estudio da materia, ao longo do curso.
Recomendacións para la docencia telemática
• De acordo coas normas da avaliación telemática, é preciso dispoñer de micrófono e cámara para a realización de probas telemáticas. Por outra parte estes dispositivos melloran a interacción co profesorado.
• Mellorar as competencias no uso dos recursos telemáticos e dixitais dispoñibles na USC.
Plan de continxencia
a) Metodoloxía da ensinanza
Escenario 2 (restricións parciais a la presencialidade física)
Docencia presencial e/o telemática (32 h)
• Clases expositivas e interactivas: se o número de estudantes matriculados na materia e as aulas dispoñibles o permiten, as clases serán presenciais. De non ser posible, os estudantes dividiranse en dous grupos que se irán alternando na presencialidade de tal maneira que cando un grupo estea na clase o outro a seguirá a través de videoconferencia.
• Práctica de campo: de ser posible, realizarase unha práctica de campo orientada á interpretación dos factores de formación, a morfoloxía, as propiedades e os procesos de edafoxénese de diferentes tipos de solos de Galicia.
• Titoría Grupal: realizarase una Titoría grupal orientada á resolución de problemas e dúbidas dos estudantes de forma presencial ou mediante a plataforma MS Teams.
• Titorías individualizadas: realizaranse mediante a plataforma MS Teams.
Escenario 3 (peche das instalacións)
Docencia telemática na súa totalidade (32 h)
• Clases expositivas e interactivas: usaranse sesións de Teams a través das cales se seguirá o calendario aprobado e nas que se promoverá sempre o contacto diario cos estudantes combinando os diferentes recursos (explicacións do profesor, visualización de vídeos, sesións de discusión, recursos web…).
• Práctica de campo: de ser posible, o profesorado guiará ao alumnado nunha visita virtual orientada á interpretación dos factores de formación, a morfoloxía, as propiedades e os procesos de edafoxénese de diferentes tipos de solos de Galicia.
• Titoría Grupal: realizarase una Titoría grupal orientada á resolución de problemas e dúbidas dos estudantes a través da plataforma MS Teams.
• Titorías individualizadas: realizaranse mediante a plataforma MS Teams.
b) Sistemas de avaliación
Escenario 2 (restricións parciais á presencialidade física)
Neste escenario procuraríase realizar presencialmente o exame final. Desta forma a avaliación realizaríase da mesma forma que no escenario 1.
Distribución da cualificación Modalidade
Avaliación Continua 50%
- Cuestionarios 25% Telemática, asíncrona
- Traballo en equipo 25% Telemática, asíncrona
Exame final 50% Presencial
Escenario 3 (peche das instalacións)
Neste escenario toda la avaliación se realizaría de maneira telemática.
Distribución da cualificación Modalidade
Avaliación Continua 50%
- Cuestionarios 25% Telemática, asíncrona
- Traballo en equipo 25% Telemática, asíncrona
Exame final 50% Telemática, síncrona
Canles de comunicación co alumnado
• MS Teams: durante as actividades presenciais, conversas individuais para titorías personalizadas.
• Aula Virtual da materia
• Correo electrónico (exclusivamente o institucional da USC)
Maria Del Carmen Monterroso Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813288
- Correo electrónico
- carmela.monterroso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Eduardo Garcia-Rodeja Gayoso
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813287
- Correo electrónico
- eduardo.garcia-rodeja [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula A8 |
Martes | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula A8 |
Mércores | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula A8 |
Xoves | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula A8 |
27.05.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
27.05.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
27.05.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A7 |
27.05.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |
06.07.2021 16:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |
06.07.2021 16:00-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula A7 |