Créditos ECTS Créditos ECTS: 3.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 59.5 Horas de Titorías: 3.5 Clase Expositiva: 10.5 Clase Interactiva: 14 Total: 87.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
0.- Datos descritivos da materia
Nome e código:
Materia: Avaliación de Impacto ambiental
Código: P4012112
Tipo: Obrigatoria
Nº de créditos: 3,5 ECTS
Módulo: Xestión ambiental
Horario: consúltese o horario do Máster (www.usc.es/etse/mena)
Idioma no que se imparte: Castelán
Profesorado
Xosé Luis Otero Pérez
Dpto. Edafoloxía e Química Agrícola
Teléfono: 13300
correo-e: xl.otero [at] usc.es (xl[dot]otero[at]usc[dot]es)
Tutorías
Luns, de 10:00 a 13:00 no departamento de Edafoloxía e Química Agrícola. Facultade de Bioloxía
1.- Obxetivos da materia
O contido desta materia foi configurado para que os alumnos e alumnas acaden o nivel de coñecemento axeitado sobre os procedemento e metodoloxías básicas empregadas na realización dos estudos de Avaliación de Impacto Ambiental (AiA), análise de riscos ambientais e informes de viabilidade ambiental para entidades promotoras.
En tódolos casos é imprescindible o coñecemento do marco legal aplicable, tipoloxía de proxectos que deben ser avaliados e os criterios ambientais de inclusión para os proxectos non obrigados. O/A alumno/a aprenderá a identificar a magnitude e importancia dos indicadores dos sistemas ambientais afectados mediante o manexo dos métodos de identificación e avaliación de impactos. O procedemento aplicarase no estudio de diferentes clases de proxectos e en todas as fases, dende o deseño, construción, e operación ata o abandono do proxecto.
Co coñecemento ambiental do ámbito de instalación do proxecto estudaranse as medidas preventivas, correctoras e compensatorias de carácter ambiental necesarias para lograr a maior integración ambiental co menor impacto. Un obxectivo fundamental da materia é a formulación dos plans de seguimento e vixilancia ambiental que deberán ser aplicados durante toda a vida de funcionamento da instalación para o seu mantemento nas condicións de sustentabilidade ambiental.
2. Contidos da materia
Os contidos que se desenvolven na materia son os contemplados de forma sucinta nos descritores da mesma no plano de estudios do Máster Oficial en Enxeñería Ambiental que consta de 3.5 créditos ECTS.: “Alcance e significado da Avaliación de Impacto Ambiental. Elaboración dos Estudios de Impacto Ambiental, Medidas de corrección e control dos impactos. Planes de seguimento e vixilancia ambiental. Lexislación da Avaliación do Impacto Ambiental“.
Tendo en conta o descrito anteriormente, o programa estrutúrase en cinco grandes bloques temáticos:
Bloque I. Conceptos Xerais. Lexislación de Avaliación de Impacto Ambiental
Bloque II. Contido do Estudo de Impacto Ambiental e Proceso de Avaliación
Bloque III. Inventario Ambiental
Bloque IV. Métodos de Avaliación
Bloque V. Medidas Preventivas e Correctoras. Plans de Seguimento e Vixilancia ambiental. Análise de casos prácticos
O primeiro bloque consta de dous temas. No primeiro defínese o impacto ambiental e tódolos conceptos relacionados. O segundo tema dedicase a realizar a análise das normativas vixentes, así como a súa orixe, alcance, evolución e tendencias actuais.
O segundo e terceiro bloques teñen como obxectivo que o/a alumno/a coñeza as ferramentas básicas dos estudos de impacto ambiental. Comprende seis temas destinados a coñecer o contido de ditos estudos, o proceso administrativo de avaliación e a promulgación da declaración administrativa. Ademais, se estudan as liñas de análise do proxecto e o inventario ambiental: medio físico, medio biótico, a paisaxe e o medio socioeconómico.
O cuarto bloque está dividido en tres temas nos que se revisan os métodos de identificación de impactos, así como os métodos: avaliativos, de agregación, comparación e de información xeográfica. Ademais, se analizan os máis axeitados para a selección de alternativas.
Finalmente, no quinto bloque realizase a tipificación das medidas de corrección aplicables en todas as fases de execución dun proxecto: elaboración de plans de seguimento, vixilancia e control de impactos.
Programa
I. Conceptos xerais. Lexislación da Avaliación de Impacto Ambiental (3h)
Tema 1. Conceptos xerais. Introdución. Concepto de medio ambiente. Definición de impacto. Factores ambientais. Valoración do impacto
Tema 2. Marco lexislativo da Avaliación de Impacto Ambiental. Antecedentes históricos. Normativa Europea. Lexislación básica do Estado. Aplicación e Lexislación das Comunidades Autónomas. A Avaliación de Impacto Ambiental estratéxica.
II. Contido e procedimento do Estudo e Proceso de Avaliación (1h)
Tema 3. Os estudos de EIA. Contido e estrutura dos EIAs. Proceso administrativo de avaliación e declaración administrativa de impacto ambiental.
III. Alcance do Inventario Ambiental (6h)
Tema 4. Medio Físico. Clima, xeoloxía: calidade (litoloxía, estabilidade, susceptibilidade á erosión, recursos xeolóxicos), fraxilidade (puntos de interese xeolóxico, xacementos mineiros e arqueolóxicos); edafoloxía: calidade, tipos de solos, (puntos de interese edáfico, usos agronómicos); hidroloxía: augas superficiais e subterráneas, rede hidrográfica (calidade, cantidade, temporalidade, usos,..).
Tema 5. Medio biótico. Estudio da vexetación, comunidades vexetais, calidade, presenza e estado de conservación de especies protexidas. Estudo da fauna, comunidades existentes, presenza de especies protexidas e ameazadas. Espazos de interese natural, grado de conservación e existencia de hábitats.
Tema 6. Paisaxe. Estrutura e estética. Calidade intrínseca. Fraxilidade, ópticas visuais.
Tema 7. Medio Socioeconómico. Dinámica da poboación, sectores produtivos, tenencia de propiedade, aproveitamento dos recursos, aspectos económicos. Aspectos culturais. Patrimonio histórico artístico
IV. Métodos de Avaliación do Impacto Ambiental (12h)
Tema 8. Identificación dos Impactos. Sistemas de identificación: Listas de control, Matrices de identificación (acción-factor), Diagramas de redes, Sistemas elaborados de identificación.
Tema 9. Métodos de avaliación de impacto Ambiental I. Magnitude e importancia. Proceso de valoración. Criterios cualitativos e cuantitativos. Indicadores de impacto. Sistemas de valoración.
Tema 10. Métodos de avaliación de impacto Ambiental II. Métodos comparativos: Comparación, Selección mediante matrices. Enquisas e entrevistas, Panel de expertos e Método Delphi.
V. Medidas Preventivas e Correctoras. Plans de Seguimento e Vixilancia (6h)
Tema 11. Corrección e control de impactos. Corrección de impactos na fase de elaboración do proxecto. Corrección de impactos producidos por obra civil. Medidas para a recuperación ambiental. Plans de actuación. Programa de seguimento e vixilancia ambiental: obxectivos, funcións, responsabilidades. Estrutura e contidos dos programas de vixilancia.
Tema 12. Casos prácticos da EIA. Análise crítico de estudos de EIA
B3.- Bibliografía básica e complementaria
Bibliografía básica
• Garmendia, A., Salvador, A., Crespo, C., Garmendia, L. ”Evaluación de Impacto Ambiental”. Ed Pearson Prentice Hall (2005). pedido en formato on-line
• Vidal López, R. Evaluación del impacto ambiental. Dispoñible en formato on-line vía PreLo (Biblioteca USC)
• Conesa, Vicente (2010). Guía metodológica para el Evaluación de Impacto ambiental. Mundi Prensa.
Biblioteca ETSE, sinatura A242 30.
Bibligrafía complementaria
• Gómez Orea, D, Gómez Villarino, M.T. “Evaluación del impacto Ambiental”. Ed. Mundi Prensa, Madrid (2013).
Biblioteca da ETSE, sinatura A242 40,
Biblioteca intercentos Lugo sinatura EMA 471 e 833
•Fundación Cofemetal (2010). Evaluación de impacto ambiental.
Biblioteca da ETSE, sinatura A242 33
• MOPT. “Guías Metodológicas para la elaboración de estudios de impacto ambiental”. Monografías de la Dirección general de Medio Ambiente. Ed, Agrupen. Madrid (1989)
• MOPT. “Guía para la elaboración de Estudios del medio Físico”. Secretaria de Estado para las políticas del Agua y el Medio Ambiente. Centro de Publicaciones del Ministerio de Obras Públicas (1993)
• Wood, C., “Environmental Impact Assesement. A Comparative Review”. Longeman Group Limited New York (1995).
Nesta materia o alumno/a acadará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou específicos da Enxeñaría Ambiental en particular.
Dentro do cadro de competencias que se deseñou para la titulación, traballaranse de forma máis específica as seguintes:
Básicas e Xerais
• CB6 - Posuír e comprender coñecementos que fornecen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
• CB7 – Que os alumnos poidan aplicar os coñecementos e a súa capacidade para resolver problemas en contornos novos ou descoñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
• CB8 – que os alumnos sexan capaces de integrar coñecementos e xestionar a complexidade de formular xuízos en base a información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas relacionadas coa aplicación dos seus coñecementos e xuízos
• CB9 – que os alumnos saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especialistas e non especialistas de xeito claro e inequívoco.
• CB10 – que os alumnos posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que será en gran parte auto - orientado ou autónomo.
• G01 - identificar e enunciar problemas ambientais
Específicas
• E11 -Ter un coñecemento global dos problemas ambientais
• E13 - Coñecer as bases científicas que son aplicadas pola enxeñaría ambiental
• E19 -Coñecer os procedementos de avaliación de riscos ambientais e tecnolóxicos
• E1A - Coñecer os factores sociais que interveñen nas solucións ambientais
• E25 - Definir a viabilidade técnica, social, económica e ambiental dun proxecto ou solución
• E27 - Modelar sistemas ambientais tanto naturais coma artificiais
• E28 - Realizar estudos de impacto ambiental
• E31 - Realizar estudos bibliográficos e sintetizar resultados
• E32 - Comparar e seleccionar alternativas técnicas
• E34 - Redactar informes sobre impactos e temáticas ambientais
• E43 - Liderar e traballar eficazmente en equipos interdisciplinarios
• E45 - Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo
Alternaranse clases de teoría con seminarios e traballo de campo nos que se resolverán problemas aplicados a casos reais. Analizarán-se as consecuencias ambientais de determinadas actuacións e das propostas de mellora.
Os contidos teóricos básicos da materia ensinaranse sobre a base de clases maxistrais que se apoiarán na utilización de presentacións en Power Point e de información sobre Estudos de Impacto e Declaracións de Impacto Ambiental.
Contemplase una visita de campo.
Campus Virtual
Usarase a Aula Virtual da USC a través da plataforma Moodle, como ferramenta de comunicación cos alumnos/as ofrecéndolles información da programación docente durante o curso na aula e materiais complementarios para o estudo da materia (apuntes do profesor, documentos científico-técnicos), fomentando o estudio autónomo do estudante e o uso de fontes bibliográficas en inglés.
Ao inicio do curso facilitarase aos alumnos o seguinte material a través do campus virtual da materia:
• GUÍA DOCENTE: a guía docente aprobada para a materia (galego, castelán, inglés).
• PLANIFICACIÓN DIARIA: unha guía onde se indicará a planificación detallada das actividades día a día.
Durante o transcurso da materia facilitarase ao alumno o seguinte material:
• PRESENTACIÓNS: as presentacións-guía usadas polo profesor nas clases expositivas (formato pdf).
• BOLETIN DE ACTIVIDADES fichero pdf/word coa relación de problemas e cuestións relacionadas ca materia que se vai impartindo
• MATERIAL COMPLEMENTARIO: para cada tema como lexislación relevante, artigos científicos, enlaces a páxinas web con contidos de interese (proxectos de estudos de avaliacións de impacto ambiental, programas de vixilancia ambiental, etc.)
Ademáis habera un aula virtual a disposición do estudiantado
Escenario 1 (sen restricións á presencialidade física)
Docencia presencial (28 h)
• Clases expositivas e interactivas: As clases realizaranse combinando tanto a clase maxistral (exposición e discusión de temas) como en forma de seminarios (realización de exercios) onde o profesor tratará de facer fincapé nos aspectos mais relevantes da materia, e onde se verificará a asimilación de contidos por parte dos alumnos. É, por esta razón, que é moi importante que o alumno vaia traballando o material facilitado para promover a interacción profesor-alumno/a.
• Saída de campo: Contemplase a visita a unha antiga mina de cobre onde estanse a levar tarefas de restauración ambiental. Preténdese implicar aos alumnos mediante a realización dunha avaliación a través dun cuestionario.
• Titorías en grupo reducidos (4 horas)
• Titorías individualizadas: Realizaránse mediante a plataforma MS Teams.
NOTA: O USO DE MÁSCARA É OBRIGATORIO, TANTO NAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA COMO NA SAIDA DE CAMPO
Escenario 2 (restricións parciais á presencialidade física)
Situación con menos de 12 alumnos (<30% aforo aula A8, 42): seguen como no escenario 1 (distancia, máscara e clases presenciais)
Situación con máis de 12 alumnos/as: supón a división en 2 grupos que se alternarán na presencialidade (a clase segue o ritmo normal pero parte dos alumnos están en forma presencial e a outra parte telemático, mediante o uso das ferramentas telemáticas dispoñibles).
Composición dos grupos: Unha vez coñecida a matrícula, a composición de cada grupo e a súa rotación a decidirá a comisión académica e será aplicable a cada un dos módulos.
Calendario e Horarios: O calendario e horario programado para cada materia seguirase independentemente de que a docencia sexa presencial o telemática (síncrona).
Docencia presencial e telemática (28 h)
• Clases expositivas e interactivas: Os alumnos/as (aprox. 25) dividiranse en dosus grupos de 12-13 persoas que se irán alternando na presencialidade de tal xeito que cando un grupo estea na aula o outro grupo seguira-la través da cámara presente na aula (conectada a través dunha sesión de Teams).
• Visita a unha mina de cobre. Realizarase presencialmente.
Docencia telemática (4horas)
• Titorías: Realizaranse mediante a plataforma MS Teams.
Escenario 3 (cerre das instalacións)
Docencia telemática na totalidade (28 h)
• Clases expositivas e interactivas: Empregaranse sesións de Teams a través das que se seguirá o calendario aprobado e onde se promoverá sempre o contacto diario cos alumnos, combinando os diferentes recursos (explicacións do profesor, visualización de vídeos, sesións de discusión, recursos web…).
• Traballo en equipo: está planificado a realización dun traballo en equipo que será presentado oralmente na última sesión de titorías da materia, a través de MS Teams. O traballo consistirá nunha análise crítica dunha AiA.
• Titorías individualizadas: Realizaranse mediante a plataforma MS Teams.
Avaliación continua (AC)
O Máster en Enxeñaría Ambiental establece que a mínima ponderación da EC é dun 50%, correspondendo o 50% restante a unha proba final.
En esta materia usarase esa ponderación para a AC: 50%.
Escenario 1 (sen restricións á presencialidade física)
A calificación do/a alumn/a é unha media ponderada entre o seu rendemento na aula (participación, traballo cooperativo), visita técnica e exame final.
Actividades que comprende a Avaliación Continua
La avaliación continua comprende o seguimento das seguintes actividades:
• Cuestionarios de seguimento: 3 Cuestionarios curtos (15 min) a realizar tras cada bloque temático. A realizar de forma individual. Ponderación: 20%. Modalidade presencial.
• El traballo en equipo consistirá na exposición breve (en torno a 5’ máximo por grupo) de un tema que incluirá: a) resumen dun tema da materia; b) presentación de medidas correctoras aplicables a diferentes obras públicas. Ponderación: 15%. Modalidade telemática.
• La visita técnica será avaliada a través dun cuestionario que será entregado aos alumnos o día da visita, que terán que cumprimentar durante a mesma e entregar ao finalizar a visita. A realizar de forma individual. Ponderación: 5%. Modalidade presencial.
• Cun “comportamento proactivo na aula” pretendese valorar a actitude diaria de cada alumno/a, en especial: a) evidencias de que segue ao día a materia e as discusións que se fan na aula; b) comentarios pertinentes sobre o tratado; c) motivación e actitude positiva na clase, entre outras. Ponderación: 10%. Modalidade presencial.
Examen final (presencial)
• O exame constará de dúas partes ben diferenciadas: preguntas de teoría (20% da puntuación) e problemas prácticos de AiA a resolver (30% da puntuación). É preciso obter entre ambas partes un mínimo de 4 sobre 10.
A consideración de “non presentado” terase se non se asiste a ningunha actividade avaliadora (exame, traballo en equipo o visita técnica). Se unicamente se asiste a algunha delas a cualificación na primeira oportunidade será de “suspenso”.
Aos que teñan que acudir á segunda oportunidade se lles conservarán as cualificacións obtidas no traballo en equipo, visita técnica y comportamento proactivo na aula. En caso de no haber participado en algunha actividade concreta terán preguntas adicionais:
- Se non participaron no traballo en equipo se lles incluirán preguntas sobre contidos dos plans de vixilancia e seguimento.
- De non haber participado na visita técnica se lles incluirán preguntas sobre a mesma.
Distribución da cualificación Modalidade Competencias adquiridas
Evaluación Continua 50%
- Cuestionarios 20% Presencial CB6,CB7,CB8,C10E13,E19,E1A,E25,E28,E31,E32, E34
- Traballo en equipo 15% Presencial CB8,CB9G01,E25,E28,E32,E34,E43,E45
- Visita técnica 5% Presencial E11,E13,
- Proactividade 10% Presencial CB9
Exame final 50%
- Teoría (mín. 40%) 20% Presencial CB6,CB7,CB8,E11,E13,E19,E1A,E25,E28,E31,E32,
- Problemas 30% Presencial CB6,CB7,CB8,C10,E13,E19,E1A,E25,E28,E31,E32, E34,E45
Para os casos de realización fraudulenta de exercizos ou probnas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
A materia ten unha carga de traballo equivalente a 3,5 ECTS que se reparten do seguinte xeito:
Distribución da actividade formativa en ECTS
Actividade Horas presenciais Horas traballo alumno Total
Clases maxistrais 12 18 30
Seminarios 14 17 31
Titorías grupo 2 1 3
Total 28 36 64
O alumno/a deberá, ademais de coñecelos conceptos fundamentais sobre os compoñentes ambientais: auga, aire, solo e biota e as súas interaccións coas actividades humanas, ter un bo coñecemento das distintas tecnoloxías ambientais para poder discernir a súa posible utilización ou mellora.
Tamén da-se por suposto que a esta altura dos estudos o/a alumn/a terá adquirido unha serie de coñecementos adicionais como: capacidade de lectura e adquisición de información por diferentes procedementos, destreza a nivel de usuario das ferramentas informáticas máis comúns (Word, Excel, paquetes estatísticos, consulta de páxinas web, SIGs), capacidade de interpretación de documentos cartográficos e de bases de dados.
É importante que os alumnos estuden previamente aqueles textos, documentos o artigos que se vaian indicando na guía docente. É imprescindible ter un dominio medio do idioma inglés.
Recomendase o uso do campus virtual como eixo vertebrador de tódalas actividades a realizar na materia.
Recoméndase para la docencia telemática
• De acordo coas normas da avaliación telemática, é preciso dispoñer de micrófono e cámara para a realización de exames telemáticos, ademais de que estes dispositivos milloran grandemente a interacción co profesor.
• Millorar as competencias informacionais e dixitais cos recursos dispoñibles na USC.
a) Metodoloxía da ensinanza
Escenario 2 (restricións parciais á presencialidade física)
Situación con menos de 12 alumnos/as (menos 30% aforo aula A8, 42): seguen como no escenario 1.
Situación con máis de 12 alumnos/as: supón a división en 2 grupos que se alternarán na presencialidade (a clase segue o ritmo normal pero parte dos/as alumnos/as están en forma presencial e a outra parte telemático, mediante o uso das ferramentas telemáticas dispoñibles).
Composición dos grupos: Unha vez coñecida a matrícula, a composición de cada grupo e a súa rotación a decidirá a comisión académica e será aplicable a cada un dos módulos.
Calendario e Horarios: O calendario e horario programado para cada materia seguirase independentemente de que a docencia sexa presencial o telemática (síncrona).
Docencia presencial e telemática (28 h)
• Clases expositivas e interactivas: Os/as alumnos/as (aprox. 25) dividiranse en dosus grupos de 12-13 persoas que se irán alternando na presencialidade de tal xeito que cando un grupo estea na aula o outro grupo seguira-la través da cámara presente na aula (conectada a través dunha sesión de Teams).
• Visita a unha mina de cobre. Realizarase presencialmente.
Docencia telemática (4horas)
• Titorías: Realizaranse mediante a plataforma MS Teams.
Escenario 3 (cerre das instalacións)
Docencia telemática na totalidade (28 h)
• Clases expositivas e interactivas: Empregaranse sesións de Teams a través das que se seguirá o calendario aprobado e onde se promoverá sempre o contacto diario cos/as alumnos/as, combinando os diferentes recursos (explicacións do profesor, visualización de vídeos, sesións de discusión, recursos web…).
• Traballo en equipo: está planificado a realización dun traballo en equipo que será presentado oralmente na última sesión de titorías da materia, a través de MS Teams. O traballo consistirá nunha análise crítica dunha AiA.
• Titorías individualizadas: Realizaranse mediante a plataforma MS Teams.
b) Sistemas de avaliación
Avaliación continua (AC)
Escenario 2 (restricións parciais á presencialidade física)
Neste escenario contemplan-se as mesmas actividades, pero avaliadas de forma diferente en función da metodoloxía empregada. Así, se procuraría conservar nun escenario presencial a presentación do traballo en equipo, a visita técnica e o exame final de problemas, mentres que o resto das actividades realizaríanse de xeito telemático.
Distribución de la calificación Modalidad
Avaliación Continua 50%
- Cuestionarios 20% Telemática, síncrona
- Traballo en equipo 15% Presencial
- Visita técnica 5% Presencial
- Proactividade 10% Presencial y telemática
Exame final 50%
- Teoría (mín. 40%) 20% Presencial
- Problemas (mín. 40%)30% Presencial
Escenario 3 (peche das instalacións)
Toda a avaliación realizaríase de xeito telemático, incluíndo o cuestionario á visita, as presentacións dos traballos en equipo e os exames finais. A visita técnica será reemplazada por un seminario.
Modificacións na avaliación: Tanto en situación de Escenario 2 e 3 mantense o sistema de avaliación (70% avaliación continua mediante entregabeis + 30% exame final). Baixo estes escenarios, o exame final será realizado telemáticamente mediante o uso de TEAMS e MOODLE.
Distribución de la calificación Modalidad
Avaliación Continu 50%
- Cuestionarios 20% Telemática, síncrona
- Traballo en equipo 15% Telemática, síncrona
- Visita técnica 5% Telemática, síncrona
- Proactividade 10% Telemática
Exame final 50%
- Teoría (mín. 40%) 20% Telemática, síncrona
- Problemas 30% Telemática, síncrona
Para os casos de realización fraudulenta de exercizos ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Xose Lois Otero Perez
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813300
- Correo electrónico
- xl.otero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A8 |
Xoves | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A8 |
22.10.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A8 |
22.10.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A8 |