Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 68 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 16 Total: 100
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción) | 1ro curso (Si)
O estudo e coñecemento da materia de “Edafoloxía Aplicada” é básico no currículo do/a Enxeñeiro/a Ambiental porque achega coñecementos que permiten a aplicación das diferentes tecnoloxías no tratamento e xestión dos solos e, en especial, no desenvolvemento dos procedementos de protección, recuperación e descontaminación de solos degradados ou contaminados. O obxectivo xeral da materia é que o alumnado adquira as competencias necesarias para comprender o papel que ten o solo na calidade ambiental e interpretar a información de solos necesaria para a xestión deste recurso.
En concreto preténdese que o alumnado comprenda: i) as funcións do solo, así como a súa clasificación e avaliación, ii) as ameazas globais ás que está sometido este recurso e a súa influencia sobre a calidade ambiental e a seguridade alimentaria iii) as propiedades, procesos e dinámica do solo, e a súa relación co medio natural. Esta materia ten unha vinculación directa con aquelas que compoñen o módulo de “Recuperación de solos e Xestión de Residuos”, compartindo e complementando os obxectivos principais das materias de “Contaminación e Degradación de solos” e “Laboratorio de Solos e Residuos”. O enfoque da materia será eminentemente práctico, aínda que sen esquecer as bases teóricas necesarias para pasar da mera utilización de receitas ao coñecemento que permita o deseño específico que require a solución de cada tipo de problema e ambiente.
Os contidos que se desenvolven no curso son os contemplados de forma sucinta no descritor da materia recollido no plan de estudos do Mestrado en Enxeñería Ambiental: “Ciclos xeoquímicos. Factores, compoñentes e procesos edáficos. Clasificación e avaliación de solos. Funcións e ameazas. Planificación produtiva e ambiental dos recursos edáficos. O solo como sumidoiro de Carbono".
Estes contidos desenvolveranse ao longo dos seguintes temas nos que se dividiu o programa:
I. A NATUREZA DO SOLO
1. Concepto de solo. O solo como sistema. Funcións produtivas e ambientais do solo. O solo e a nutrición das plantas. O solo como regulador dos ciclos bioxeoquímicos superficiais. O solo como amortecedor da contaminación. O solo como sumidoiro de carbono. Ameazas. A Estratexia Europea de Protección do Solo.
2. A organización do solo. Da edafosfera á microestrutura. Pedión, perfil e horizontes. Nomenclatura dos horizontes do solo.
II. OS COMPOÑENTES DO SOLO.
1. A fracción mineral: orixe, composición, propiedades. Compoñentes cristalinos e non cristalinos da fracción mineral fina. Métodos de estudio.
2. A fracción orgánica: orixe, composición, propiedades. Transformacións da materia orgánica, mineralización e humificación. Procesos de estabilización da materia orgánica no solo. Funcións da materia orgánica do solo. Complexos órgano-minerais. Métodos de estudio.
3. As fases fluídas. El auga do solo. A atmosfera do solo.
4. A biota do solo.
III. AS PROPIEDADES DO SOLO
1. Propiedades físicas. Color. Textura. Estrutura. Densidade real e aparente. Porosidade. Permeabilidade. Temperatura.
2. Propiedades físico-químicas. Fundamentos da reactividade do solo. Reaccións de disolución-precipitación. Interaccións superficiais: cambio iónico e retención de ións. Reaccións ácido-base: pH e acidez do solo. Acidez natural e inducida. Capacidade de amortecemento do solo. Procesos de oxidación-redución. Concepto de Eh. Diagramas Eh-pH. Salinidade e alcalinidade.
IV. LA FORMACIÓN DO SOLO: FACTORES E PROCESOS
1. Factores de formación. Influencia dos factores ambientais sobre la formación e características do solo: material de partida, clima, relevo, organismos e tempo. A influencia humana.
2. Procesos de edafoxénese. Meteorización, empardecemento e rubefacción. Descomposición da materia orgánica: humificación e mineralización. Condicións redutoras e alternancia de condicións de oxidación redución. Maduración. Edafoturbación. Eluviación e iluviación de arxila. Podzolización. Acumulación secundaria de sílice, xeso e carbonato cálcico. Salinización e sodificación. Formación de horizontes densos e cementados.
V. CASIFICACIÓN, TIPOLOXÍA E DISTRIBUCIÓN DE SOLOS
1. A clasificación de solos. Principios e problemática. Evolución histórica da clasificación de solos. Tipos de clasificacións de solo.
2. Clasificacións modernas. Base Referencial Mundial do Recurso Solo (FAO, IUSS, ISRIC). Taxonomía de Solos (USDA).
3. A Base Referencial Mundial do Recurso Solo. Estrutura e regras de uso. Horizontes, propiedades e materiais de diagnóstico. Grupos de referencia e unidades de segundo nivel.
4. Grupos de Solos de referencia da Base Referencial Mundial do Recurso Solo. Descrición, distribución, manexo e uso.
Bibliografía básica
• DRIESSEN PM, DECKERS, JA. SPAARGAREN, OC AND NACHTERGAELE FO (Eds.). 2001. Lecture Notes on the Major Soils of the World. World Soil Resources Reports 94. Food and Agriculture Organization of the United Nations, Rome.
Sinatura ETSE: Non dispoñible. Pódese descargar en:
http://www.isric.org/Isric/Webdocs/Docs/Major_Soils_of_the_World/start… ftp://ftp.fao.org/agl/agll/docs/wsrr94e.pdf
• IUSS Grupo de traballo WRB. 2014. Base Referencial Mundial del Recurso Suelo. Un marco conceptual para la clasificación, correlación y comunicación internacional. Actualización 2015. Informes sobre Recursos Mundiales de Suelos 106. FAO, Roma. ISBN: 978- 92- 5 -308369- 5.
• Sinatura ETSE: Non dispoñible. Pódese descargar en:
http://www.fao.org/docrep/011/a0510s/a0510s00.HTM
• PORTA, J., LÓPEZ-ACEVEDO, M., POCH, R.M. 2008. Introducción a la Edafología. Uso y protección del suelo. Mundi-Prensa.
• Sinatura ETSE: Non dispoñible. ATS82, ATS13, ATS82A (Biología), TS449, ATS13A (Farmacia)
Bibliografía complementaria
• EUROPEAN SOIL BUREAU NEWORK. 2005. Soil Atlas of Europe. European Comission, Office for Official Publications of the European Communities, Louxemburg.
Sinatura ETSE: Non dispoñible. Pódese descargar en: http://eusoils.jrc.ec.europa.eu/projects/soil_atlas/Download.cfm
• FAO. 2009. Guía para la descripción de suelos. 4ª edición. FAO, Roma, 2009. ISBN: Non ten
Sinatura ETSE: Non dispoñible. Pódese descargar en:
http://www.fao.org/publications/card/en/c/0f070cdd-1b6d-53fa-add1-5c972…
• MACÍAS, F. & CALVO, R. 2001. Atlas de Galicia. Suelos. Consellería de Presidencia, Xunta de Galicia.
• Porta Casanellas, J. López Acevedo, M. Agenda de campo de suelos: información de suelos para la agricultura y el medio ambiente. Mundi Prensa, 2005. ISBN: 84- 8476- 231- 9. Sinatura ETSE: A230 5, 5A, 5B
• Soil Survey Staff. Claves para la Taxonomía de Solos. 12ª edición. USDA-NCRS, 2014. ISBN: Non ten.
Sinatura ETSE: Non dispoñible. Pódese descargar en: https://www.nrcs.usda.gov/Internet/FSE_DOCUMENTS/nrcs142p2_051546.pdf
PÁXINAS WEB DE INTERESE:
• FAO: http://www.fao.org
• ISRIC (Centro Internacional de Referencia e Información en Suelos), Wageningen, Holanda: http://www.isric.nl
• Sociedad Española de la Ciencia del Suelo: http://www.secs.com.es/
• Soil Science Society of America: http://www.soils.org/
• United Nations Environment Programme: http://web.unep.org/, https://www.unenvironment.org/
• Dpto. Edafología y Química Agrícola, Univ. Granada: http://edafologia.ugr.es/index.htm
Nesta materia o alumnado adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables nun científico ambiental con coñecementos do solo aplicados á resolución de problemas ambientais.
De acordo co cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
BÁSICAS E XENERAIS
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que o alumnado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que o alumnado sexa capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que o alumnado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que o alumnado posúa as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
G01 - Identificar e enunciar problemas ambientais.
ESPECÍFICAS
E14 - Coñecer en profundidade as tecnoloxías, ferramentas e técnicas no campo da enxeñería ambiental
E23 - Deseñar e calcular solucións de enxeñería a problemas ambientais
E32 - Comparar e seleccionar alternativas técnicas
E33 - Identificar tecnoloxías emerxentes
E46 - Resolver problemas de forma efectiva
Materia en extinción. Utilizarase o Campus Virtual como ferramenta de traballo, onde se dispoñerá de material para o estudo da materia. Aínda que se trate dunha materia sen docencia, o alumno pode solicitar titorías, só para aclarar as dúbidas que xurdisen na preparación delexamen final.
Ao tratarse dunha materia sen docencia, o alumno terá que realizar o exame final presencial escrito que representará o 100% da súa cualificación. Esas condicións son as mesmas tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Maria Del Carmen Monterroso Martinez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813288
- Correo electrónico
- carmela.monterroso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Eduardo Garcia-Rodeja Gayoso
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813287
- Correo electrónico
- eduardo.garcia-rodeja [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
25.01.2023 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula A8 |
16.06.2023 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula A8 |