Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Óptica
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
Escenario 1
Tras cursar esta materia, o estudante dominará os principios fundamentais dos dispositivos fotónicos baseados en semicondutores. Entre outros aspectos, o alumno coñecerá:
- Tipos de estruturas constituídas por semicondutores (como unións p-n e estruturas cuánticas) e as súas propiedades.
- O comportamento temporal, espacial e espectral da luz emitida por LEDs e díodos láser.
- Métodos de detección de luz baseados en semicondutores
- A fonte de luz ou o fotodetector máis adecuada para cada necesidade ou aplicación práctica.
- Os circuítos básicos de alimentación e control das fontes ou detectores más simples.
Escenarios 2 e 3: sen cambios
Escenario 1
1. Fundamentos de radiometría e fotometría
2. Principios físicos dos semiconductores
3. Diodos emisores de luz: LEDs
4. Diodos láser
5. Fotodetectores: fotodiodos e sensores de imaxe
Escenarios 2 e 3: sen cambios
Escenario 1
[1] B.E.A. Saleh & M.C. Teich, 'Fundamentals of photonics', 2nd Ed., John Wiley & Sons, 2007.
[2] E.F. Schubert, 'Light-emitting diodes', Cambridge University Press, 2003.
[3] A. Yariv & P. Yeh, 'Photonics: optical electronics in modern communications', Oxford University Press, 2007.
[4] G Rieke, 'Detection of light: from the ultraviolet to the submillimeter', Cambridge University Press, 2003.
[5] S. Kasap, H. Ruda and Y. Boucher, 'Cambridge Illustrated Handbook of Optoelectronics and Photonics', Cambridge University Press,2009.
[6] T. Tsujimura, 'OLED display fundamentals and applications', 2nd Ed., John Wiley & Sons, 2017
[7] M. Fox 'Quantum optics. An introduction' , Oxford University Press, 2006.
[8] J.R. Flores 'Dispositivos Opto-elecrónicos', Ed. autor, 2009
Escenarios 2 e 3: sen cambios
Escenario1
CG02 - Ter capacidade de análise e de síntese
CG05 - Aplicar os coñecementos á resolución de problemas complexos.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CT01 - Capacidade para interpretar textos, documentación, informes e artigos académicos en inglés, idioma científico por excelencia.
CT02 - Desenvolver a capacidade para a toma de decisións responsables en situacións complexas e/ou responsables.
Escenarios 2 e 3: sen cambios
Escenario1
As clases de teoría adicaránse á explicación dos contidos da materia seguindo un formato de clase maxistral, aínda que se incentivará a participación dos estudantes. As clases de seminario destinaranse á resolución de problemas relacionados cos contidos expostos nas clases anteriores así como para a exposición de traballos individuais propostos polo profesor.
Poñerase a disposición do alumnado no Campus Virtual material docente da materia.
Escenarios 2 e 3: ver plan de continxencia no apartado de observacións.
Escenario 1 e 2
A avaliación da materia estará composta dunha combinación de:
Actividade avaliable e Peso na nota global
Realización de traballos en horario non presencial 40%
Presentación de traballos e resolución de exercicios prácticos na aula 50%
Participación activa e construtiva na clase 10%
Non obstante, de acordo coa normativa vixente, todos os alumnos terán dereito á la realización dun exame final que constituiría neste caso o 100% de la cualificación.
Escenario 3: ver plan de continxencia no apartado de observacións.
Escenario 1
Teoría 20 h
Seminario 10 h
Tutoría 1 h
Traballo persoal e outras actividades 44h
Traballo total do alumno : 75h
Escenarios 2 e 3: sen cambios
Plan de continxencia ante un posible cambio de escenario
1) Obxectivos: sen cambios
2) Contidos: sen cambios
3) Material bibliográfico: sen cambios
4) Competencias: sen cambios
5) Metodoloxía:
Escenario 2
Non se esperan modificacións no tipo de docencia, se se manteñen os parámetros tradicionais de matrícula. Se as medidas de distanciamento non permitiran que todos os alumnos da materia asistan ás clases presenciais na aula asignada e non se dispón dun espazo docente máis amplo para acoller a todos os alumnos, entón arbitraríanse algunha destas medidas:
-Retransmitir en streaming a clase para parte do alumnado que as seguiría dende outro espazo docente da facultade. Estableceríanse quendas para que todos os alumnos seguirán as clases nas mesmas condición.
-Retransmitir en streaming a clase para parte do alumnado que as seguiría dende a súa casa. Estableceríanse quendas para que todos os alumnos seguirán as clases nas mesmas condicións.
Priorizarase á hora de programar a actividade da materia a presencialidade nas probas de avaliación. Se debido a unha inevitable rotación do alumnado, as probas de avaliación consumirán un número inasumible de horas, á docencia correspondente se impartiría telemáticamente.
As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas, requirirán de cita previa.
Escenario 3
A docencia será telemática e as clases desenvolveranse de forma síncrona no horario oficial de clase. Pode ser que, por causas sobrevidas, algunha das clases se desenvolva de forma asíncrona o que se comunicará ao alumnado con anterioridade.
As titorías serán telemáticas e requerirán de cita previa
6) Avaliación
Escenario 3
As actividades de avaliación escritas que non poidan ser realizadas de xeito presencial, se non poden ser adiadas, realizaranse telemáticamente a través das ferramentas institucionais en Office 365 e Moodle. Neste caso esixirase a adopción dunha serie de medidas que requirirán que o alumnado dispoña dun dispositivo con micrófono e cámara. O alumnado pode ser chamado a unha entrevista para comentar ou explicar unha parte ou o total da proba.
Xesus Prieto Blanco
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813506
- Correo electrónico
- xesus.prieto.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor