Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 22 Clase Interactiva: 23 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Esta materia ten como obxectivo que os estudantes aprendan a empregar a información xerada por UAVs para dar soporte á toma de decisións en materia de diagnóstico territorial, planificación rexional e planificación urbana. Para acadar isto, o primeiro obxectivo básico será coñecer como obter cartografía e bases de datos xeográficas de ocupación do solo actualizadas e homoxéneas a partir dos datos proporcionados polos UAVs.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
• Análise do sistema territorial: marco teórico, análise por subsistemas
• Fontes estatísticas e cartográficas: conceptos básicos de análise espacial
• Instrumentos de ordenación e xestión territorial
• Xestión de riscos: risco e perigo; tipos; gobernanza do risco, estratexias de mitigación e adaptación
• Sistemas de axuda á decisión espacial: concepto; modelos; análise de sensibilidade
• Análise da dinámica territorial: causas, principais procesos, modelos de cambio
Estes contidos desenvólvense a través do seguinte temario:
BLOQUE 1. INTRODUCIÓN
Tema 1. Aplicacións dos UAVs á xestión territorial (1 hora)
Tema 2. Fontes estatísticas e cartográficas (2 horas)
Tema 3. Instrumentos de ordenación e xestión territorial (2 horas)
BLOQUE 2. ANÁLISE DO SISTEMA TERRITORIAL E DA DINÁMICA TERRITORIAL
Tema 4. Análise do sistema territorial: subsistemas medio físico, núcleos e infraestruturas (1 horas)
Tema 5. Análise da dinámica territorial: análise e cartografía da evolución do uso do solo e modelos de cambio de uso do solo (4 horas)
Tema 6. Análise do crecemento urbano e a súa evolución (1 horas)
BLOQUE 3. MÉTODOS E SISTEMAS DE AXUDA Á DECISIÓN ESPACIAL E Á PLANIFICACIÓN TERRITORIAL
Tema 7. Métodos e modelos de ordenación e xestión territorial: avaliación da aptitude da terra, avaliación de servizos ecosistémicos, análise do planeamento urbano (2 horas)
Tema 8. Sistemas de axuda á decisión espacial (1 hora)
Tema 9. Sistemas de axuda á planificación territorial (1 hora)
Tema 10. Estratexias de xestión dos riscos (1 hora)
Práctica 1. Xestión de información territorial (5 h)
Práctica 2. Aplicación ao planeamiento urbanístico (5 h)
Práctica 3. Aplicación á análise territorial (5 h)
Práctica 4. Aplicación ao diseño de solucións de ordenación territorial (10 h)
Bibliografía básica:
Gómez Delgado, M., Barredo Cano, J. I. (2005). Sistemas de información geográfica y evaluación multicriterio en la ordenación del territorio. RA-MA, Madrid.4
González Toro, F., Tsourdos, A. (2018). UAV-Based Remote Sensing. Basel, Suiza: MDPI.
Bibliografía complementaria:
Johnson, R., Smith, K., Wescott, K. (2015). Unmanned aircraft system (UAS) applications to land and natural resource management. Environmental Practice, 17(3), 170-177.
Shahbazi, M., Theaou, J., Menard, P. (2014). Recent applications of unmanned aerial imagery in natural resource management. GIScience & Remote Sensing, 51(4), 339-365.
Durante o desenvolvemento da materia, espérase que os alumnos adquiran ou melloren o seu desempeño nas seguintes competencias:
A) Competencias xerais e básicas:
CB6, CB7, CB9, CB10, CG3, CG5
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudante saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüedades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CG3 - Que os estudantes adquiran a capacidade para analizar as necesidades dunha empresa no ámbito dos sistemas aéreos non tripulados e determinen a mellor solución tecnolóxica para a mesma.
CG5 - Que os estudantes coñezan e sexan capaces de aplicar os principios e metodoloxías da investigación como son as buscas bibliográficas, a toma de datos e a análise e interpretación dos mesmos, así como a presentación de conclusións, de xeito claro, conciso e riguroso.
B) Competencias transversais
CT3, CT5, CT6, CT8, CT9
CT3 -Sostibilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
CT5 - Habilidades de relacións interpersoais.
CT6 - Capacidade de traballo en equipo.
CT8 - Capacidade de análise e síntese.
CT9 - Capacidade de razoamento crítico e creatividade.
ESCENARIO 1
As principais metodoloxías docentes que serán empregadas durante o curso (definidas na memoria de título) e as competencias traballadas en cada caso:
Sesións maxistrais (CB6, CB10, CG3, CT3).
Prácticas a través de TIC (CB7, CG3, CG5, CT8, CT9).
Traballos tutelados (CB6, CB7, CB9, CB10, CG3, CG5, CT5, CT6, CT8, CT9).
Realizarase unha visita (2 horas) ao Instituto de Estudos do Territorio (IET) Obrigatoria (CB7, CG3)
ESCENARIO 2
A metodoloxía de ensinanza será a mesma que no escenario 1.
ESCENARIO 3
As sesións maxistrais e as prácticas impartiranse de xeito virtual a través da plataforma MS Teams. Os traballos tutelados realizaranse do mesmo xeito e a visita ao IET terá lugar só se as condicións o permiten.
ESCENARIO 1
A avaliación realizarase mediante unha proba obxectiva (30% da puntuación final), un portafolio do alumno (60% da puntuación final), que reúna o resultado dun conxunto de traballos asignados durante o desenvolvemento do curso, e o seguimento continuado da asistencia e a participación activa (10%). Para a superación da materia considérase necesario acadar unha puntuación mínima de 4 puntos sobre 10 nas dúas primeiras partes. No caso de alumnos repetidores que teñan superada unha das partes conservarase a puntuación acadada nesa parte durante un novo curso académico, pero ofrecerase a posibilidade de repetir a avaliación se así o prefire.
En caso de que ao alumno se lle conceda dispensa de asistencia deberá realizar un exame práctico dos contidos impartidos nas clases prácticas.
A proba obxectiva avaliará as seguintes competencias: CB6, CB10, CG3, CT3.
O portafolio avaliará as seguintes competencias: CB6, CB7, CB9, CB10, CG3, CG5, CT5, CT6, CT8, CT9.
O seguimento continuado da asistencia e a participación activa avaliará as seguintes competencias: CB9, CT5, CT6.
O procedemento de avaliación descrito será empregado tanto na oportunidade ordinaria como na extraordinaria de recuperación.
ESCENARIO 2
O sistema de avaliación será o mesmo que no escenario 1.
ESCENARIO 3
A proba escrita será sustituida por traballos adicionais para o portafolio de traballos do escenario 1. Consecuentemente, neste escenario desaparecen os requisitos de calificación mínima na proba escrita e de exame práctico no caso de dispensa de asistencia ou causas excepcionais. No caso de que o estudante non supere a materia, conservaranse as calificacións parciais do portafolio de traballos para as seguintes convocatorias.
A calificación final corresponderá nun 90 % ao portafolio de traballos e nun 10 % á asistencia e a participación activa (10%) nas clases por videoconferencia.
O portafolio avaliará as seguintes competencias: CB6, CB7, CB9, CB10, CG3, CG5, CT5, CT6, CT8, CT9.
O seguimento continuado da asistencia e a participación activa avaliará as seguintes competencias: CB9, CT3, CT5, CT6.
O procedemento de avaliación descrito será empregado tanto na oportunidade ordinaria como na extraordinaria de recuperación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións”
Esta materia ten asignadas un total de 20 horas presenciais de contido teórico, 25 horas presenciais de contido práctico e 3 horas de titorías, ás que corresponden 102 horas de traballo persoal do estudante.
Precísase que os alumnos teñan coñecementos básicos de sistemas de información xeográfica
PLAN DE CONTIXENCIA
No escenario 2 aplicarase a mesma metodoloxía da ensinanza e sistema de avaliación que no escenario 1.
No escenario 3 modificarase a metodoloxía de ensinanza da seguinte forma:
A proba escrita será sustituida por traballos adicionais para o portafolio de traballos do escenario 1. Consecuentemente, neste escenario desaparecen os requisitos de calificación mínima na proba escrita e de exame práctico no caso de dispensa de asistencia ou causas excepcionais. No caso de que o estudante non supere a materia, conservaranse as calificacións parciais do portafolio de traballos para as seguintes convocatorias.
A calificación final corresponderá nun 90 % ao portafolio de traballos en un 10 % á asistencia e a participación activa (10%) nas clases por videoconferencia.
O portafolio avaliará as seguintes competencias: CB6, CB7, CB9, CB10, CG3, CG5, CT5, CT6, CT8, CT9.
O seguimento continuado da asistencia e a participación activa avaliará as seguintes competencias: CB9, CT3, CT5, CT6.
O procedemento de avaliación descrito será empregado tanto na oportunidade ordinaria como na extraordinaria de recuperación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións”
As sesións maxistrais e as prácticas impartiranse de xeito virtual a través da plataforma MS Teams. Os traballos tuleados realizaranse do mesmo xeito e a visita ao IET terá lugar só se as condicións o permiten.
No escenario 3 modificarase o sistema de avaliación da seguinte forma:
A proba escrita será sustituida por traballos adicionais para o portafolio de traballos do escenario 1. Consecuentemente, neste escenario desaparecen os requisitos de calificación mínima na proba escrita e de exame práctico no caso de dispensa de asistencia ou causas excepcionais. No caso de que o estudante non supere a materia, conservaranse as calificacións parciais do portafolio de traballos para as seguintes convocatorias.
A calificación final corresponderá nun 90 % ao portafolio de traballos en un 10 % á asistencia e a participación activa (10%) nas clases por videoconferencia.
O portafolio avaliará as seguintes competencias: CB6, CB7, CB9, CB10, CG3, CG5, CT5, CT6, CT8, CT9.
O seguimento continuado da asistencia e a participación activa avaliará as seguintes competencias: CB9, CT3, CT5, CT6.
O procedemento de avaliación descrito será empregado tanto na oportunidade ordinaria como na extraordinaria de recuperación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións”
María De La Luz Gil Docampo
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- ml.gil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade