Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Habilitar o alumnado para comprender a configuración do complexo sistema cultural galego e as relacións entre os seus diferentes actores.
Avaliar o mercado da cultura en Galicia e os factores que o compoñen.
Capacitar o estudantado para comprender as políticas en materia cultural e coñecer a súa evolución histórica no caso galego.
Os contidos do curso xirarán arredor do estudo e capacitación dos elementos que integran a estrutura do sistema cultural de Galicia e dos seus principais actores.
1.-Contidos teóricos
Os contidos teóricos versarán sobre os conceptos básicos da estrutura, dos modelos organizativos, da relación entre os distintos actores e das características da estrutura do sistema cultural de Galicia.
2.-Contidos prácticos
Os contidos prácticos xirarán arredor da análise de iniciativas dos actores da estrutura do sistema cultural de Galicia.
3.-Temas do programa
3.1.-Os diferentes sectores culturais
-Orixe e evolución
-Trazos definitorios e diagnose actual
3.2.-As políticas culturais en Galicia
-O papel das diferentes administracións e o gasto en Cultura
-Emprego e acción exterior
3.3.-O asociacionismo cultural
-Orixe e evolución
-Desafíos actuais
3.4.-Feminismo e cultura
-Orixe e evolución
-A situación da muller na cultura galega
3.5.-Características da estrutura actual do sistema cultural en Galicia
-Signos positivos e negativos
-Retos de futuro
1.-Bibliografía básica
VV.AA (2018): Diagnose da cultura galega. Datos para unha estratexia cultural no século XXI. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Dispoñible en: http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4315
2.-Bibliografía complementaria
BUSTAMANTE, E. (Ed.) (2011): Industrias creativas: amenazas sobre la cultura digital. Barcelona: Gedisa.
BUSTAMANTE, E. (Coord.) (2003): Hacia un nuevo sistema mundial de comunicación: industrias culturales en la era digital. Barcelona: Gedisa.
BUSTAMANTE, E. (Coord.) (2002): Comunicación y cultura en la era digital: industrias, mercados y diversidad en España. Barcelona: Gedisa.
FREIXANES, V. e MEIXIDE, A. (2010): O Capital da Cultura: unha achega ás industrias culturais de Galicia.CIEF, Fundación Caixa Galicia.
GARCÍA CANCLINI, N. (1997): Cultura y Comunicación: entre lo Global y lo local. Buenos Aires. Universidad Nacional de La Plata.
MOSCO, V. (2009): Economía política de la comunicación. Reformulación y renovación. Barcelona: Bosch Comunicación.
REIG, R. (2010): Industrias creativas: amenazas sobre la cultura digital. Sevilla-Zamora: Comunicación Social.
ZALLO, R. (2011): Estructuras de la comunicación y de la cultura. Políticas para la era digital. Barcelona: Gedisa.
VV.AA (2011): Reflexión estratéxica sobre a cultura galega. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Competencias:
1-Coñecer o funcionamento das novas formas de acceder, apropiarse e transmitir información e a maneira na que operan no contexto cultural galego.
2-Habilidade na xestión de comunicación cultural e a súa difusión por todas as canles de distribución do ámbito literario, musical e audiovisual presentes no sistema cultural de Galicia.
3-Adquirir a capacidade e o espírito emprendedor que propicien a creación e impulso de proxectos culturais, comunicativos e educativos, tomando en conta os actores e os condicionantes propios do sistema cultural de Galicia.
A materia consta de:
a) Sesións interactivas seminario: os docentes combinarán as explicacións teóricas, dando indicacións para o estudo e a aprendizaxe autónoma do alumnado, co apoio en actividades prácticas a aqueles alumnos e alumnas que o requiran.
b) Titorización do alumnado a través do campus virtual. O alumnado terá á súa disposición na aula virtual materiais específicos para a preparación de cada tema, así como orientacións bibliográficas e documentos de traballo. Asemade, a través do campus virtual realizaranse exercicios prácticos de análise dos distintos actores do sistema cultural de Galicia. A plataforma virtual utilizarase tamén para formular as posibles dúbidas utilizando as ferramentas específicas (foro e mensaxes privadas).
c) Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
A avaliación será continua, polo que haberá un seguimento constante dos coñecementos que vai adquirindo o alumnado. Os instrumentos de avaliación de contidos e actitudes serán basicamente:
a) Examen final teórico-práctico (60%)
b) Actividades prácticas (40%)
c) A avaliación será continua.
De non ser posible o exame presencial, a avaliación final será o resultado da avaliación continua ao longo do cuadrimestre.
A segunda oportunidade avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte, gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
Clase Expositiva: 24.00
Clase Interactiva Seminario: 24.00
Traballo do Alumno ECTS: 99.00
Seguimento da actualidade a través dos medios de comunicación, seguimento das actividades programadas e seguimento do material que se actualizará no campus virtual da USC.
Modificacións introducidas ao abeiro do acordo do Consello de Goberno, Resolución Reitoral do 22 de abril de 2020
Plan de continxencia
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Oscar Alfeiran Varela
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- oscar.alfeiran.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Tito Dieguez Sanchez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Enrique Jose Gomez Souto
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 15 |
01.06.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
05.07.2021 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |