Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Medieval
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Proporcionarlle ao alumno/a un coñecemento global da época medieval, cunha especial incidencia na formación das tres áreas culturais do mundo mediterráneo, despois da crise da Romanidade, e nas orixes e evolución históricas da Europa da Idade Media, ofertándolle unha visión sintética, razonada e multicausal, que integre elementos políticos, económicos, sociais e culturais nun contexto de comprensión global dos procesos históricos pasados e presentes, e no marco da interdisciplinariedade propia do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.
0.- Introducción á Idade Media: tempo, espazo e coñecemento.
I.- A crisise do Mundo Antigo e a parcelación da área mediterránea (séculos. III-X):
1.- Romanidade e Xermanidade nos ss. III-V.
2.- A formación das tres áreas de civilización mediterránea (ss.VI-VII): Europa xermánica, Bizancio e Islam.
3.- A evolución diverxente das tres áreas de civilización mediterránea (ss.VIII-X).
II.- A consolidación do Occidente medieval cristián (séculos XI-XIII):
4.- A ampliación do marco xeográfico europeo-occidental.
5.- A Cidade de Dios e a realidade temporal.
6.- O Imperio romano-xermánico e as monarquías feudais.
III.- Crise e transformación da Europa Occidental (séculos XIV-XV):
7.- Depresión e recuperación na sociedade europea baixomedieval.
8.- As novas bases de articulación da Europa cristiá occidental.
9.- O triunfo final da hexemonía monárquica nos estados medievais.
Bibliografía básica e complementaria
José Ángel GARCÍA DE CORTÁZAR e José Ángel SESMA, Manual de Historia Medieval, Madrid, Alianza Editorial, 2008.
Vicente ALVAREZ PALENZUELA e outros, Historia Universal de la Edad Media, Barcelona, Ariel, 2002.
José Manuel NIETO SORIA, Europa en la Edad Media, Madrid, Akal, 2016.
Julián DONADO e Ana ECHEVARRÍA, Historia Medieval I: siglos V-XII, Madrid, Editorial Ramón Areces, 2014.
Emilio MITRE, Historia de la Edad Media en Occidente, Madrid, Cátedra, 1995.
Salvador CLARAMUNT e outros, Historia de la Edad Media, Barcelona, Ariel, 1992.
Robert FOSSIER, La Edad Media, Barcelona, Crítica, 1988, 3 vv.
Outras obras de consulta:
Angus MACKAY e David DITCHBURN, Atlas de Europa medieval, Madrid, Cátedra, 2011.
Herman KINDER e Werner HILGEMANN, Atlas histórico mundial (I), Madrid, Istmo, 1999.
Atlas "The Times" de Historia de la Humanidad, Barcelona, GSC, 1994.
Transversais:
- Comunicación oral e escrita na lingua nativa
- Capacidade de análise e síntese
- Capacidade de organización e planificación
-Traballo en equipo
- Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade
- Compromiso ético
- Aprendizaxe autónoma
- Creatividade
- Adaptación a novas situacións
Específicas:
- Coñecemento dos contidos básicos a partir dos que se estrutura a evolución histórica da Europa medieval.
- Capacidade de análise crítica e construtiva de situacións actuais e pasadas
- Capacidade para ler e interpretar información en todo tipo de soportes
- Capacidade de lectura crítica e comprensiva
Como figura na memoria do título, esta materia pertence á modalidade semipresencial do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural. O alumno/a disporá a través da plataforma virtual dun guión amplo de cadanseu apartado do programa, xunto cunha bibliografía específica, mapas e gráficos complementarios, links a recursos académicos e educativos para ampliar a información recibida e textos históricos para comentar e practicar. Nas sesión presenciais, non obrigatorias pero recomendables, o docente exporá as grandes liñas dos procesos históricos estudados e o legado que deixan para o futuro. As dúbidas e aclaracións se realizarán a través do foro virtual e da tutoría en liña.
a) Unha proba teórica presencial, consistente no desenvolvemento dun tema extraído do programa da materia e a realización dun comentario de texto histórico axeitado aos seus contidos. A súa cualificación proporcionará o 75% da nota final.
b) Unha proba práctica, consistente na realización dun traballo bibliográfico sobre unha das obras suxeridas polo profesor ou propostas polo alumno/a e aceptadas por aquel. A súa cualificación equivalerá ao 25% da nota final.
A realización de ambas as dúas probas é necesaria para superar a materia. O prazo para a admisión dos traballos rematará o día do exame final e a súa ausencia comporta a cualificación de "Non Presentado". O seguimento das clases e a participación nas aulas prácticas e actividades extraaulares serán tidas en conta na avaliación final da aprendizaxe.
O sistema de cualificación é válido tanto para a primeira oportunidade de Maio/Xuño
como para a segunda de Xuño/Xullo. A avaliación positiva de certas actividades (exame e
traballos individual e de grupo) poderá ser conservada para a oportunidade de
recuperación e/ou durante dous cursos académicos (alumnos repetidores), sempre que
así o solicite o alumno interesado e o profesor dea a súa aprobación.
Horas de actividade presencial: 18 horas
.- Sesións expositivas: 15 horas.
.- Exame: 3 horas
.-Horas de actividade non presencial: 132 horas.
.- Estudo e preparación de clases: 45 horas
.-Traballos de curso: 35 horas.
.-Lecturas de bibliografía e materiais: 30 horas
.- Preparación de exames: 20 horas.
.-.Práctica de comentario de textos: 2 horas.
Total: 150 horas.
Tendo en conta a amplitude e relativa complexidade dos contidos da materia e o seu carácter de materia troncal, é altamente recomendable o dedicar un tempo diario á súa preparación, que debería facerse recorrendo á realización de esquemas que permitan unha ordenación e xerarquización dos contidos para facilitar o seu estudo e asimilación. De igual xeito, é case imprescindible o recurso á bibliografía de apoio xeral e a específica de cada tema para complementar e suplementar a docencia maxistral, así como as suxestións de lectura do profesor e o manexo de atlas, dicionarios especializados e outras fontes informativas editadas ou informatizadas, sen excluír a lectura, visión e análise dos medios de comunicación diaria, como un xeito de relacionar coñecementos e procesos históricos. Así mesmo, convén, na realización do traballo bibliográfico obrigatorio, coidar tanto a expresión como a presentación no aspecto formal, ao igual que a creatividade persoal e o rigor crítico no eido dos contidos.
1.-Docencia maxistral: exposicións temáticas do docente, comentarios de textos históricos,
2.- Actividades académicamente dirixidas: lectura e recensión de libros, prácticas de iniciación básica á investigación, traballos en grupo de alumnos/as, cine-forum.
3.- Aula Virtual: guions temáticos, materiais auxiliares, gravacions, recursos audiovisuais e en liña.
No caso de reducción ou suspensión da docencia presencial por razóns sanitarias, pasaríase a un modelo de docencia íntegramente non presencial. En previsión desa posible circunstancia, se ofertarán ó longo do curso via Campùs Virtual os guións de cada apartado do programa, así como os materiais complementarios necesarios (esquemas, videos, gravacións de clases, mapas e gráficos, etc.), de xeito que o alumnado poida dispor da información necesaria para poder seguir a materia sen asistir ás aulas.
Jose Carlos Baliñas Perez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Correo electrónico
- carlos.balinas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 14 |
21.05.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
29.06.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |