Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O obxectivo desta materia é que o alumno adquira uns coñecementos básicos sobre a cidade como fenómeno histórico e complexo ao longo da época antiga. Supón isto un dominio dos feitos fundamentais da súa evolución, a súa situación temporal e espacial, as diferenzas en cada unha das civilizacións (Oriente, Grecia e Roma), os aspectos institucionais, as súas estruturas sociais e económicas, así como os seus elementos físicos. Igualmente é imprescindible a adquisición dun vocabulario básico, non só de termos históricos que poidan ser propios en xeral desta materia, senón tamén daqueles específicos cuxo manexo é indispensable.
Para todo iso é imprescindible un axeitado coñecemento e manexo das fontes fundamentais que nos proporcionan a base dos nosos coñecementos, especialmente as epigráficas e literarias, pero sen esquecer as arqueolóxicas, numismáticas e papirolóxicas, así como os problemas que presentan. Isto supoñerá que o alumno debe dominar os métodos e técnicas de análise dos testemuños históricos do mundo antigo, sobre os que estarán baseados gran parte das clases teóricas, e por suposto todas as prácticas, incluídos os traballos que deberán realizar.
1. OS INICIOS DA CIDADE NO ORIENTE PRÓXIMO.
2. A POLIS GREGA: ORIXE, CONCEPTO, CARACTERÍSTICAS ESTRUTURAIS.
3. AS TRANSFORMACIÓNS E EXPANSIÓN DA POLIS NO MUNDO GREGO: A COLONIZACIÓN.
4. A CIDADE EN ÉPOCA HELENÍSTICA.
5.ROMA: DE URBS A CAPUT URBIS
6. O URBANISMO ROMANO: CIDADE E TERRITORIO.
7. POMPEYA COMO MODELO: URBANISMO, INSTITUCIÓNS E SOCIEDADE.
8.LUCUS AUGUSTI
AA.VV., Aspectos de la colonización y municipalización de Hispania, Mérida 1989
ABASCAL, J.M., ESPINOSA, U., La ciudad hispano-romana. Privilegio y poder, Logroño 1989
BOARDMAN, J., Los griegos en ultramar: comercio y expansión colonial antes de la era clásica, Madrid 1975.
CLAVEL-LEVEQUE, M., LEVEQUE, P., Villes et structures urbaines dans l’Occident Roman, París 1984.
T.J. Cornell, Los orígenes de Roma, Madrid, 1999,
DE POLIGNAC, F., La nascita della cittá greca. Milán 1991
HANSEN, M.H., (ed.) “The polis as Urban centre and as a Political Community”, Acts of the Conpehnaguen polis Centre 4, Conpehnaguen 1997
LIVERANI, M., Antiguo Oriente. Historia, sociedad, economía, Barcelona 2001.
LÓPEZ PAZ, P., : La ciudad romana ideal: el territorio, Santiago 1995
MARGUERON, J.C., Les Mesopotamiens, 2 vol., París 1991
ROUX, G., Mesopotamia. Barcelona 1998.
TORELLI, M., Los Etruscos, Barcelona 1998.
VV.AA., Lucus Augusti. Urbs romana. Los orígenes de la ciudad de Lugo, Lugo 1995
VV.AA, La muralla romana. Patrimonio de la Humanidad.; Lugo 2004.
WELWEI, K.W.: La polis greca, Bolonia 1988
Xerais: os estudantes deben saber aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro das áreas da Humanidades e da Cultura
Transversais: Redacción axeitada de textos, coa correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos.
Específicas:Adquisición de coñecementos profundos acerca de calquera materia do ámbito humanístico; Capacidade de elaboración de comentarios razoados e críticos de obras e textos relacionados con calquera área do ámbito humanístico; Habilidade na elaboración, redacción e presentación dun traballo escrito de iniciación elemental á investigación.
Parte dos coñecementos adquiriránse co material situado na aula virtual (Esquema e contenidos teóricos de cada lección ca sua bibliografía específica, recursos web e presentacións en PowerPoint ) completadas cas Tutorías. A elas se engadirán as actividades presenciais (Clases prácticas, exposición de traballos, explicacións teóricas).
No caso de non fose posible a presencialidad por mor da emerxencia sanitaria, impartiríase toda a docencia a través da aula virtual. As clases prácticas serían desenvoltas a través das tarefas da aula, sinalándose, coa debida antelación, as datas e condicións de entrega dos traballos.
Desenvolverase unha estratexia de avaliación continua:
A maior parte da nota (80%) obterase coa realización de catro traballos diversos: recensiones, comentarios de textos (literarios, epigráficos e planos), traballos bibliográficos sobre un aspecto do mundo antigo. A inicios de curso daranse a coñecer as normas de cada un, as súas condicións de realización e a data límite en que deberán ser entregados ou expostos, así como a puntuación de cada traballo. Avaliarase o traballo persoal e a elaboración orixinal do alumno e non serán valorados aqueles traballos que sexan un simple plaxio doutras obras. Será fundamental demostrar a capacidade de analizar as fontes antigas, criticalas e valoralas. Tamén se valorará a estrutura do traballo, a adecuación do contido ao tema, o uso correcto de citas e notas, a bibliografía, a súa presentación coidada, a corrección na expresión oral e escrita, así como a ortografía. Para a realización dos mesmos ao longo do cuadrimestre, o alumno sempre poderá acudir á profesora nas correspondentes horas de titoría, de modo que poida resolver os seus problemas sobre a súa elaboración e as dúbidas sobre aspectos concretos.
O resto da cualificación (20%) obterase pola participación activa nas tarefas da aula virtual. O alumno dispoñerá dos textos coa debida antelación, así como do seu cuestionario correspondente, e valorarase tanto a información que obtivese sobre os mesmos, como a súa capacidade de analizalos, así como a súa capacidade crítica.
Na segunda oportunidade de xullo os alumnos deberán realizar o mesmo tipo de probas que se realizaron ao longo do curso para a avaliación continua. CONVOCATORIAS POSTERIORES: Para os alumnos que suspendesen a materia, nas convocatorias de anos sucesivos aplicaranse os mesmos criterios que na primeira oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito no art. 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (DOG 21 de xullo de 2011).
En caso de suspensión da docencia presencial por mor da emerxencia sanitaria, todos os traballos serían presentados a través das tarefas da aula virtual, dispoñendo o alumno, en todo momento, do material necesario para a súa realización, que sería proporcionado pola profesora ben directamente, ben a través de recursos electrónicos/web.
Estudio e preparación das actividades programadas na clase: 32 horas.
Lecturas e recensións: 8 horas
Preparación de exames: 10 horas.
Realización de traballos: 12.5.
Outras actividades: 5 horas
Total: 67.5 horas
A extensión da materia aconsella un estudo día a día, no que as explicacións que recibe nas clases teóricas se complementen coas indicacións bibliográficas.
Plan de continxencia: En caso de suspensión da docencia presencial por mor da emerxencia sanitaria, serán modificados tanto a metodoloxía como a avaliación, segundo sinalouse nos apartados correspondentes.