Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Dende o punto de vista lingüístico-comunicativo, con este módulo o estudante deberá acadar un grao de dominio da lingua inglesa correspondente ao nivel B1.2/B2.1 no Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas. En particular, a superación da materia implicará que o estudante ten acadado a competencia necesaria para realizar con normalidade as seguintes funcións:
Comprensión oral:
* Comprender as ideas principais cando o discurso é claro e na variedade estándar e trata asuntos cotiáns que teñen lugar no traballo, na escola, durante o tempo de lecer, etc.
*Comprender a idea principal de moitos programas de radio ou televisión que tratan temas actuais ou asuntos de interese persoal ou profesional, cando a articulación é relativamente lenta e clara.
Comprensión lectora:
* Comprender textos redactados en lingua de uso habitual e cotiá ou relacionada co traballo.
*Comprender a descrición de acontecementos, sentimentos e desexos en cartas persoais.
Interacción oral:
*Desenvolverse en case todas as situacións que se presentan cando un viaxa a un país de fala inglesa.
*Participar espontaneamente nunha conversa que trate temas cotiáns de interese persoal ou que sexan pertinentes para a vida diaria (por exemplo, familia, afeccións, traballo, viaxes e acontecementos actuais).
Expresión oral:
*Enlazar frases de forma sinxela co fin de describir experiencias e feitos, soños, esperanzas e ambicións.
*Explicar e xustificar brevemente opinións e proxectos.
*Narrar unha historia ou relato, a trama dun libro ou dunha película
*Describir as reaccións propias.
Expresión escrita:
*Escribir textos sinxelos e ben enlazados sobre temas coñecidos ou de interese persoal.
*Escribir cartas persoais que describen experiencias e impresións.
Durante o curso abordaranse cuestións de gramática e de léxico relacionadas coa utilización da lingua inglesa ao nivel intermedio (alto), particularmente para a realización de actividades comunicativas en ámbitos da vida cotiá, persoais e profesionais. En concreto, no terreo do léxico está previsto tratar o vocabulario e as expresións máis comúns relacionadas con ámbitos tales como: a viaxe, a vida académica, as actividades de ocio e o mundo laboral, as tecnoloxías de uso cotiá, o fogar e a vida familiar, etc.
No que toca á gramática, abordaranse durante o curso cuestións relativas ao uso correcto dos tempos verbais (con especial atención á falta de simetría co sistema verbal na lingua materna do alumno), os verbos modais, as estruturas condicionais ou a expresión da negación, o discurso indirecto, os artigos e os cuantificadores, entre outras.
Ademais, ao longo do curso porase unha énfase especial no estudio dos medios dos que dispón o inglés para a realización de funcións comunicativas relacionadas co uso da lingua en contextos da vida diaria, tales como: a expresión de opinións (apreciación e desconformidade ou desgusto), de preocupación, como dar ou pedir consellos, expresar unha necesidade, emitir e entender unha advertencia, explicar e pedir axuda para resolver un problema persoal, pedir e conceder permiso, dar conta das opinións e das ideas de terceiras persoas, narrar acontecementos ocorridos na vida diaria, etc.
Libros de texto e outro material de uso habitual durante o curso :
Farase uso dun libro de texto correspondente ao nivel intermedio (alto) (B1.2 /B2.1 do MCER), así como dunha gramática axeitada ao mesmo nivel. Durante a primeira semana do curso especificaranse tanto as referencias concretas a estes dous tipos de materiais, manual e gramática, como ao libro de lecturas previsto para o curso.
Diccionarios recomendados
Gran diccionario Oxford Español-Inglés/Inglés-Español. Oxford University Press.
Collins Cobuild English Dictionary for Advanced Learners (Paperback). Harper Collins Publishers.
Recursos na rede para a consulta, a práctica e a auto-aprendizaxe.
Diccionarios
(inglés – galego)
http://sli.uvigo.es/CLIG/index.html
(inglés)
http://www.thefreedictionary.com/
http://dictionary.cambridge.org/
http://visual.merriam-webster.com/
http://www.learnersdictionary.com/
http://Idoceonline.com/
http://dictionary.reference.com/
(inglés-español)
http://www.wordreference.com/
Sinónimos, antónimos e ideas relacionadas
http://thesaurus.reference.com/
Gramáticas:
http://www.edufind.com/english-grammar/english-grammar-guide/
(con exercicios)
http://www.englishpage.com/grammar/
Miscelánea (actividades, tests, lectura, podcasts...)
English Test Net
http://www.english-test.net/
About.com
http://esl.about.com/
Easy English
http://www.easyenglish.com/
A4esl.org
http://a4esl.org/
UsingEnglish.com
http://www.usingenglish.com/
English Page
http://www.englishpage.com/
BBC Learning English
http://www.bbc.co.uk/worldservice/learningenglish/
British Council - Learning English
http://www.learnenglish.org.uk/
University of Victoria - Language Center
http://web2.uvcs.uvic.ca/elc/studyzone/index.htm
Ademais dos obxectivos específicos relativos ao nivel de lingua que se deberá acadar, as actividades prácticas realizadas no marco desta materia permitirán aos estudantes pór en práctica e desenvolver unha serie de destrezas de carácter transversal:
- A través da utilización dos medios e recursos suxeridos ao longo do curso, os estudantes consolidarán as súas destrezas no manexo dunha serie de ferramentas de auto-aprendizaxe dispoñibles libremente a través da rede, mellorando así as súas capacidades para a aprendizaxe autónoma.
- Os estudantes desenvolverán tamén a súa capacidade para argumentar e expor con claridade o seu punto de vista, ao tempo que adquiren flexibilidade para admitir perspectivas distintas, mellorando deste xeito as súas habilidades para participar de forma construtiva en debates.
- A interacción habitual en grupos pequenos axudaralles aos estudantes a mellorar as súas destrezas interpersoais, necesarias para a toma de decisións e a organización do traballo en equipo.
Para o alumnado do Grao en Ciencias da cultura e difusión cultural, cuxa memoria atopase no enlace abaixo, as competencias que van desenvolverse na aula son:
XERAIS:
CG1 - Que os estudantes posúan os coñecementos básicos relativos á área das Humanidades e da Cultura derivados da educación secundaria e que sexan capaces de amplialos e desenvolvelos mediante o contacto con textos especializados e achegamentos recentes.
CG2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro das áreas das Humanidades e da Cultura.
CG3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e inerpretar datos relevantes (relativos aos contidos no Grao de Ciencias da Cultura e Difusión cultural) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CG4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CG5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de uso correcto e coherente dunha lingua estranxeira en situacións comunicativas diversas.
CT2 - Redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos.
CT3 - Habilidade no uso das novas tecnoloxías.
ESPECÍFICAS
CE1 - Adquirir os coñecementos básicos que permitan comprender os distintos compoñentes que interveñen na actividade lingüística e os principais métodos e recursos para o seu estudo científico.
CE2 - Desenvolver un punto de vista reflexivo e crítico en relación coa influencia da ciencia no mundo actual.
CE3 - Comprender razoadamente o interese do diálogo intercultural e a necesidade do respecto ás diferenzas culturais
Para información mais detallada pode consultar: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/sxopra/memorias_grao…
De acordo cas unidades a realizar no libro de texto, mais segundo as dúbidas dos estudantes presentes, as sesions presenciais combinarán breves presentacións por parte do profesor, particularmente de cuestións de índole gramatical, léxica e de uso do inglés, coa realización de actividades prácticas na aula por parte dos alumnos, individualmente ou en grupo.
O profesor proporá como complemento a realización fóra da aula por parte dos alumnos de actividades sobre cuestións lingüísticas que requiran, pola súa complexidade, unha práctica intensa e reforzada. Tamén o profesor proporá tarefas nas que o alumno deberá poñer en práctica a súas competencias escrita e oral (presentacións, conversa...).
Para a realización de todas estas actividades fóra da aula está previsto que se empregue o Campus Virtual da USC. Este instrumento servirá tamén como canle adicional para o seguimento e titorización dos estudantes.
O grao de consecución dos obxectivos da materia por parte do estudante valorarase por medio de varios procedementos combinados tal e como se recolle a continuación e segundo a convocatoria do exame final:
Examen de 1ª oportunidade (xaneiro):
(A) Para o alumnado que asiste regularmente á clase na aula virtual:
--- Avaliación continua por medio de actividades supervisadas (dentro e fora da aula):45%
--- Exame escrito final: 45%
---- Exame oral: 10%
Os exames escritos realizaranse na data establecida oficialmente polo centro e constituirán, xunto coa avaliación das actividades realizadas ao longo do curso, un único bloque ao que corresponderá o 90% da cualificación final. O restante 10% da nota corresponderá ao resultado obtido nun exame oral. Para aprobar a materia os estudantes deberán superar as partes escrita e oral independentemente, se ben no caso de ter superado un dos bloques manterase esa cualificación na convocatoria de xullo.
(B) Para o alumnado que non ten a obriga legal de asistir a clase:
---Tarefas realizadas fora do aula: 45%
--- Exame escrito final: 45%
--- Exame oral: 10%
Examen de 2ª oportunidade (xuño/ xullo)
(A) O alumnado que asiste a clase e supera unha sección do exame de primeira opción pode gardar esta nota para o exame de segunda opción, en tal caso o sistema de avaliación está indicado enriba.
(B) Para lo alumnado que non ten a obriga legal de asistir a clase, terá que realizar os contidos na aula virtual polo que os porcentaxes serán os mesmos.
Alumnado repetidor:
Se un estudante debe repetir esta materia terá que volver realizar as actividades de avaliación continua.
Ao longo das 15 semanas de clase das que consta o curso, haberá unhas sesións semanais de docencia presencial ás que poden asistir o alumnado. Estas sesións teórico-prácticas complementaranse cas actividades prácticas a realizar de xeito autónomo polo alumnado fora da aula.
Esta materia supón un total de 150 horas de traballo para o alumnado.
Asistencia á clase:
A asistencia á clase non é obrigatoria, non obstante, o alumno debe ser capaz de realizar o traballo asignado na aula ao longo do curso. Para a avaliación desta materia será necesario seguir as indicacions dos profesores en canto a traballo a facer na casa, á participación na Aula Virtual, e os prazos de entrega.
Traballo na aula virtual e estudo na casa:
A participación activa na aula virtual axudaralle ao alumno a mellorar a súa actuación tanto en inglés escrito coma oral. Despois de rematar cada unidade na aula virtual, deberíase reflexionar sobre aquela ao realizar nas tarefas do libro de exercicios e, no seu caso, doutras actividades que se atopan no Aula Virtual.
Durante o curso académico asignaranse varias redaccións que lle permitirán ao alumno practicar a súa técnica. Para que estes traballos sexan avaliados teranse que entregar no formato (escrito a máquinia e a dobre-espazo) e no prazo establecidos.
ADVERTENCIA IMPORTANTE.- Na normativa de rendemento académico da USC (DOG 21 de xullo de 2011, art. 16) penalízase a realización fraudulenta dalgunha proba avaliativa cun suspenso na convocatoria correspondente, alén do proceso disciplinario que se lle poida abrir a maiores ao alumno infractor (1). Polo tanto, a detección de plaxio en calquera dos traballos presentados nesta materia será penalizada cun suspenso na materia independentemente da cualificación que o alumno obtiver polos demais conceptos. Entendemos plaxio como a copia total ou parcial, fora literal ou non, de contidos ou ideas publicadas noutros traballos académicos ou en calquer tipo de obras (en papel ou internet), sen que o alumno cite a fonte de onde foron extraídas esas ideas ou textos. Os alumnos suspensos por plaxio non poderán presentarse á segunda oportunidade.
Todas as actividades entregadas deberán incorporar as fontes documentais e bibliográficas consultadas, seguindo algún dos canons académicos de citación bibliográfica e dixital.
(1) https://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/resavare…
Datos descritivos da materia
Materia: Idioma Moderno I / Lingua inglesa 1
Código: G5101106B (Lugo) (semi-presencial)
Créditos ECTS: 6.
Carácter: básico.
Curso e cuadrimestre: Primeiro curso, primeiro cuadrimestre.
PLAN DE CONTIXENCIA (COVID)
Ao estaren ante unha materia afectada polo proceso de extinción do título, non haberá docencia lectiva senón só labores de titorización e avaliación, por este motivo as situacións que hai que prever no plan de continxencia deseñado pola USC apenas condicionan o seu desenvolvemento.
Tanto no ESCENARIO 2 como no ESCENARIO 3 os labores de titorización realizaríanse a través de Microsoft Teams.
Tanto no ESCENARIO 2 como no ESCENARIO 3 o exame realizaríase telematicamente a través de Microsoft Teams mais o campus virtual.
Jodee Anderson Mcguire
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 982824713
- Correo electrónico
- jo.anderson [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
18.01.2022 12:00-15:00 | Grupo de exame | Aula 15 |
21.06.2022 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 13 |