Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
(1) Proporcionar coñecementos ao alumno que lle permitan comprender os distintos compoñentes que se dan na actividade lingüística, ao tempo que se achega aos principais métodos e recursos para o seu estudo científico.
(2) Abordar as linguas como usuarios reflexivos e curiosos.
TEMA 1. A NATUREZA COMPLEXA DA LINGUAXE. Os fundamentos semióticos e representacionais da linguaxe. A dimensión social da linguaxe. As bases psico-biolóxicas da linguaxe. Multidimensionalidade da linguaxe e disciplinas da lingüística.
TEMA 2. LINGUAXE E COMUNICACIÓN. Bases semióticas e pragmáticas da comunicación humana. Natureza dos signos e tipos de códigos. Interacción comunicativa: intención, contexto e propósito. A codificación pragmática do uso comunicativo. Os actos de fala. A pragmática intercultural.
TEMA 3. DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA E LINGUAS DO MUNDO. Unidade e variedade das linguas. Factores de variación lingüística. Variación no plano social das linguas. As linguas arredor do mundo e criterios para a súa clasificación.
TEMA 4. LINGUAXE, MENTE E CEREBRO. A adquisición da linguaxe e a aprendizaxe de linguas. Fundamentos biolóxicos da linguaxe. As patoloxías lingüísticas.
Bibliografía básica:
ESCANDELL, M. Victoria et al. (2009): El lenguaje humano. Madrid: Ramón Areces
MORENO CABRERA, Juan Carlos (2013): Cuestiones clave de la lingüística. Madrid: Síntesis
MÚÑOZ BASSOLS, Javier et al. (2017): Introducción a la lingüística hispánica actual: teoría y práctica. London & N. York: Routledge.
Bibliografía complementaria.
Introducións á Lingüística:
BERNÁRDEZ, Enrique (1999): Qué son las lenguas. Madrid: Alianza
COSERIU, Eugenio (1986): Introducción a la lingüística. Madrid: Gredos
ESCANDELL, M. Victoria (2014): La comunicación. Lengua, cognición y sociedad. Madrid: Akal
LÓPEZ, Ángel & Beatriz Gallardo (2005): Conocimiento y lenguaje. València: Universitat de València
PORTAL DE LAS HUMANIDADES-LICEUS (http://www.liceus.com/cgi-bin/aco/index.asp), en Lingüística general (http://www.liceus.com/cgi-bin/aco/ling_geral/index.asp): capítulos introdutorios a diferentes campos lingüísticos.
RAMALLO, Fernando et al. (eds.) (2000): Manual de Ciencias da Linguaxe. Vigo: Xerais
SIMONE, Raffaele (1993): Fundamentos de lingüística. Barcelona: Ariel
TUSÓN, Jesús (2003): Introducción al lenguaje. Barcelona: UOC
YULE, George (1998): El lenguaje. Madrid: Cambridge University Press. Publicouse no 2007 unha 3.ª ed. (corr. e aum.). Madrid: Akal
Enciclopedias e panorámicas da Lingüística
ARONOFF, Mark & Janie REES-MILLER (eds.) (2002): The Handbook of Linguistics. Oxford: Blackwell
BROWN, Keith (ed.) (2006): Encyclopedia of Language and Linguistics. Boston: Elsevier, 14 vols, 2ª ed.
CRYSTAL, David (1987): Enciclopedia del lenguaje de la Universidad de Cambridge. Madrid; Taurus, 1994. Existe unha segunda edición inglesa de 1997.
FRAWLEY, William J. (2003): International Encyclopedia of Linguistics. Oxford: Oxford University Press, 4 vols.
HELLINGER, Marlis & Anne PAUWELS (ed.) (2007): Handbook of Language and Communication: Diversity and Change. Berlin: Mouton de Gruyter.
NEWMEYER, Frederick (coord.) (1993): Panorama de la lingüística moderna de la Universidad de Cambridge. Madrid: Visor, 4 vols.
Dicionarios terminolóxicos
ALCARAZ VARÓ, Enrique & M. Antonia MARTÍNEZ LINARES (2004): Diccionario de lingüística moderna. Barcelona: Ariel, 2ª ed.
BROWN, Keith & Jim MILLER (2014): The Cambridge Dictionary of Linguistics. Cambridge: Cambridge University Press
BUSSMANN, Hadumod (1996): Routledge Dictionary of Language and Linguistics. London & New York: Routledge, 1996. Ed. en liña non venal: http://www.e-reading.club/bookreader.php/142124/Routledge_Dictionary_of… CRYSTAL, David: A Dictionary of Linguistics and Phonetics. 6ª ed., Oxford: Blackwell, 2008. Ed. en liña non venal: http://data.ulis.vnu.edu.vn/jspui/bitstream/123456789/1966/1/54_1405152…. Versión cast.: Diccionario de lingüística y fonética. Barcelona: Octaedro, 2000.
MATTHEWS, P. H.: The Concise Oxford Dictionary of Linguistics. 2ª ed., Oxford: Oxford University Press, 2007. Ed. en liña (acceso desde o dominio USC): http://www.oxfordreference.com/view/10.1093/acref/9780199202720.001.000…
(1) Dominar conceptos, terminoloxía básica e métodos que desenvolvan nos alumnos estratexias de observación dos feitos comunicativos e que lles permitan a reflexión e o estudo lingüísticos [1G, 3G, E1]
(2) Emprego de recursos e fontes de información que permitan aos estudantes adquirir coñecementos sobre os feitos lingüísticos autonomamente. [3G, 5G, T3]
(3) Comprender e explicar textos básicos relacionados coa materia. [3G, 4G, T2, E1]
(4) Expoñer oralmente as reflexións propias relacionadas cos contidos da materia. [3G, 4G]
(5) Desenvolver a motivación, a atención e o esforzo para a aprendizaxe, así como actitudes de apertura, participación e responsabilidade perante o traballo académico. [5G, E2]
(6) Propiciar a comprensión do carácter plurilingüe e multicultural das nosas sociedades e promover o respeto pola diversidade lingüística e cultural [3G, E3]
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só pode matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría co docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
Nesta modalidade semipresencial este proceso de titorización e de contacto entre o docente e o alumnado realizarase a través da aula virtual da materia e a través de MSTeams.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
Tendo en conta que o estudante xa tivo que cursar esta materia en cursos anteriores, asistindo ás aulas e realizando tarefas, o tempo de dedicación estará totalmente condicionado polo aproveitamento que fixese do traballo en cursos anteriores. En todo caso debería dedicar un mínimo de 3 horas para actividades de titorización co docente e de 20 horas para o estudo e preparación do exame.
Na modalidade de docencia semipresencial é indispensable o traballo constante e continuo, o que obriga a entrar na aula virtual cando menos un par de veces á semana ao longo de todo o cuadrimestre.
Nesta situación de extinción do título, o fundamental é que o estudante establezca contacto co profesor para concertar actividades de titorización que axuden a superar a materia.
PLAN DE CONTIXENCIA
Ao estaren ante unha materia afectada polo proceso de extinción do título, non haberá docencia lectiva senón só labores de titorización e avaliación, por este motivo as situacións que hai que prever no plan de continxencia deseñado pola USC apenas condicionan o seu desenvolvemento.
Tanto no ESCENARIO 2 como no ESCENARIO 3 os labores de titorización realizaríanse a través de MSTeams.
Tanto no ESCENARIO 2 como no ESCENARIO 3 o exame realizaríase telematicamente a través do campus virtual.
Miguel González Pereira
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Correo electrónico
- miguel.gonzalez.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
01.06.2022 09:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 14 |
01.07.2022 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 14 |