Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Proporcionarlle ao alumnado un coñecemento xeral da historia da literatura galega contemporánea a través de figuras, tendencias e textos relevantes.
- Estudar de maneira específica algunhas manifestacións literarias contemporáneas representativas de diferentes períodos e xéneros.
- Capacitar o alumnado para identificar as particularidades que caracterizan a literatura galega contemporánea e as confluencias e diferenzas coas literaturas do seu contorno.
- Proporcionar información complementaria sobre o contexto social, cultural e lingüístico no que se desenvolveu a literatura galega contemporánea.
- Afondar na lectura analítica e reflexiva de textos fundamentais da literatura galega.
- Entender a literatura como unha produción viva e dinámica para comprender os principais mecanismos do seu funcionamento no momento actual.
1.- Introdución á Literatura Galega Contemporánea
1. 1.- Caracterización
1. 2.- Periodización
2.- O século XIX
2. 1.- O Rexurdimento
2. 2.- Rosalía de Castro
3.- Os séculos XX e XXI
3. 1.- Literatura de preguerra, guerra, posguerra e democracia
3. 2.- Castelao
3. 3.- Luís Pimentel
I. BIBLIOGRAFÍA
AA. VV., Historia da Literatura galega. Vigo: AS-PG / A Nosa Terra, 1996.
Blanco, C., Literatura galega da muller, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1991.
Blanco, C., Sexo e lugar, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2006.
Carballo Calero, R., Historia da literatura galega contemporánea, 1808-1936. Vigo: Galaxia, 1963 (3ª ed. 1981).
Pena, X.R., Historia da Literatura Galega II, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2015.
Tarrío Varela, A., Literatura Galega (aportacións a unha historia critica), Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1994.
Rodríguez Fer, C., Poesía galega. Crítica e metodoloxía, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1989.
Rodríguez Fer, C., A literatura galega durante a guerra civil, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1994.
Vilavedra, D., Historia da literatura galega, Vigo: Galaxia, 1999.
Villanueva Prieto, D. (coord.), Galicia. Literatura, 6 volumes, A Coruña: Hércules de Ediciones, 2000-2002.
II. RECURSOS NA REDE
Biblioteca Virtural Galega, www.bvg.udc.es
Dicionario de termos literarios. Equipo Glifo. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, www.cirp.es
Poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura. GAAP / Consello da Cultura Galega, www. poesiagalega.org
Informes de Literatura http://www.cirp.es/rec2/informes/
III. OBRAS DE LECTURA OBRIGATORIA
Rosalía de Castro, Follas Novas.
Castelao, Cousas.
Luís Pimentel, Sombra do aire na herba.
- Coñecemento da evolución da literatura galega contemporánea.
- Comprensión das particularidades que caracterizan a creación literaria galega contemporánea.
- Coñecemento dos textos máis representativos da literatura galega contemporánea.
- Capacidade de lectura e análise de textos contemporáneos.
- Coñecemento do gozo da lectura e da creación literaria.
- Coñecemento das principais claves da literatura galega actual.
- Habilidade na transmisión e difusión da cultura e da literatura galega contemporánea.
As clases teóricas e expositivas estarán dedicadas á explicación de contidos fundamentais da materia.
As sesións interactivas dedicaranse á discusión e análise de textos de diverso tipo relacionados coas lecturas obrigatorias.
A profesora fará un seguimento persoal e particular do alumnado con especial atención ás actividades acordadas.
As actividades serán acordadas entre alumnado e profesora e consistirán en prácticas persoais e colectivas relacionadas coa materia e coas lecturas obrigatorias.
Realizaranse prácticas de campo.
A avaliación levarase a cabo conforme aos seguintes parámetros:
1. Asistencia e participación do alumnado nas sesións presenciais. Suporá un 20% da nota final. A non asistencia xustificada poderá compensarse con actividades e traballos específicos acordados entre o alumnado e a profesora.
2. Realización en prazo das actividades propostas. Suporá un 30% da nota final.
3. Realización dunha proba escrita. Suporá un 50% da nota final.
Na oportunidade de xullo, o alumnado que realizase con regularidade as actividades acordadas dos puntos 1 e 2 poderá solicitar que lle sexan tidas en conta na mesma porcentaxe indicada. Esta posibilidade será válida para as oportunidades sucesivas.
O alumnado que non poida ser avaliado conforme aos puntos 1 e 2 deberá realizar unha proba escrita cuxo valor suporá o 100% da cualificación final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Sesións teóricas e expositivas: 24
Sesións interactivas: 24
Sesións de avaliación: 4
Outras actividades: 30
Horas de traballo dirixido: 50
Horas de traballo autónomo: 40
Recoméndase a participación activa e a lectura dos textos acordados.
Non é preciso un dominio absoluto da lingua galega estándar para cursar a materia.
A profesora facilitará o proceso de mellora e aprendizaxe da lingua galega, a través da literatura, con información e material específicos para cada caso.
PLAN DE CONTINXENCIA
Seguiranse as medidas necesarias propias do "Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia 2021-2022" sintetizadas nos Escenarios 2 e 3.
VARIACIÓNS SEMIPRENCIAL E NON PRESENCIAL, DE NON SER POSIBLE A DOCENCIA PRESENCIAL ESTABLECIDA:
Escenario 2 (Distanciamento) Docencia semipresencial
Tendo en conta que algunha porcentaxe de sesións podería ser presencial, manteríase unha sesión presencial semanal para a resolución de dúbidas sobre os textos analizados e outros asuntos difíciles de resolver en sesións non presenciais.
As sesións non presenciais serán realizadas, cando sexan sincrónicas, por grupo en Ms Teams e a documentación fornecida mediante a Aula Virtual e as ferramentas de Moodle. A comunicación non presencial co alumnado farase por medio da Aula Virtual ou directamente por medio do correo electrónico persoal.
Escenario 3 (Peche instalacións) Docencia non presencial
Toda a docencia e a relación do alumnado e a profesora será por medios remotos, preferentemente a Aula Virtual, o correo electrónico persoal e sesións en grupo con Ms Teams que deberán axustarse ao horario e ao calendario oficialmente aprobado, sen prexuízo doutras sesións complementarias acordadas co alumnado participante nas sesións oficiais.
Nestes casos, a participación activa do alumnado será tida especialmente en conta dada a situación precaria de comunicación coa que nos enfrontariamos.