Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Literatura Española
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
1.- Coñecer as principais correntes literarias do século XX no eido da lingua castelá, asi como os xéneros, autores e obras máis representativos das mesmas.
2.- Profundizar na práctica do comentario de textos literarios en castelá coa fin de apreciar os aspectos estéticos da lingua e as achegas dos autores máis relevantes do século XX.
3.- Coñecer e manexar as fontes primarias e secundarias da literatura do século XX en español.
4.- Apreciar a linguaxe artística e fomentar o hábito de lectura coa fin de mellorar a expresión persoal tanto a nivel oral como escrito.
5.- Procurar un espíritu crítico, analítico e informado.
Contidos Teóricos
Primeiro bloque: LITERATURA HISPANOAMERICANA DOS SÉCULOS XX E XXI
I. MODERNISMO E VANGARDAS.
O movemento modernista en Hispanoamérica. Características Xerais. Periodización, Principais autores e obras.
A Vangarda en Hispanoamérica. Características. Principais correntes e autores.
Lectura obligatoria: textos seleccionados polo profesor.
II. MEDIADOS DE SÉCULO XX. Innovacións e rupturas. O real marabilloso e a literatura fantástica. O "Boom" da novela hispanoamericana.
A poesía de mediados de século.
Lectura obligatoria:
Carpentier: El reino de este mundo. Ed. Akal. Borges: relato “El aleph”. Textos poéticos seleccionados polo profesor.
IV. ÚLTIMO TERZO DE SÉCULO Á ACTUALIDADE.
Características. Principais tendencias narrativas e poéticas en Hispanoamérica dende 1973.
Lectura obligatoria: Textos poéticos seleccionados polo profesor.
Segundo bloque: LITERATURA ESPAÑOLA DOS SÉCULOS XX E XXI
I. MODERNISMO E VANGARDAS.
Principais tendencias e autores da narrativa a poesía e o teatro.
Lectura obligatoria:
Ramón del Valle-Inclán, Luces de bohemia, ed. A. Zamora Vicente, Madrid, Espasa, Austral.
II. MEDIADOS DE SËCULO XX
Principais tendencias e autores da narrativa, a poesía e o teatro en España no período
Lectura obligatoria: Textos poéticos seleccionados polo profesor. Luis Martín Santos: Tiempo de silencio, Madrid: Seix Barral, 2007.
III. ÚLTIMO TERZO DE SÉCULO Á ACTUALIDADE.
Principais tendencias e autores da narrativa a poesía en España dende 1975.
Lectura obligatoria: Textos seleccionados polo profesor.
CONTIDOS PRÁCTICOS.
I. Realización das lecturas obrigatorias indicadas.
II. Realización de Cuestionarios e Comentarios de textos.
O alumno realizará cuestionarios por cada tema e comentarios de texto que irá entregando ao profesor nos prazos marcados ao longo do curso.
LETURAS OBRIGATORIAS:
OS TEXTOS SELECCIONADOS POLO PROFESOR ESTARÁN A DISPOSICIÓN DOS ALUMNOS NO CAMPUS VIRTUAL. CANDO SE TRATE DE TEXTOS COMPLETOS, O ALUMNO DEBERÁ RECURRIR AS OBRAS COMPLETAS (preferiblemente ás edición indicadas) POLA SÚA CONTA.
LITERATURA HISPANOAMERICANA
Carpentier: El reino de este mundo. Madrid, Akal.
Borges: relato “El aleph”. En Ficciones, Madrid, Alianza.
Antoloxía de textos representativos (selección do profesor).
LITRATURA PENINSULAR
Ramón del Valle-Inclán, Luces de bohemia, ed. A. Zamora Vicente, Madrid, Espasa, Austral.
Antoloxía de textos poéticos representativos (selección do profesor).
Luis Martín Santos: Tiempo de silencio, Madrid: Seix Barral, 2007.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
BIBLIOGRAFIA SECUNDARIA
I. Literatura Hispanoamericana
FERNÁNDEZ, Teodosio, E. Becerra y S. Millares. Historia de la literatura hispanoamericana, Madrid, Universitas, 1995.
FERNÁNDEZ, Teodosio, La poesía hispanoamericana del siglo XX. Madrid: Anaya, 1991.
GALVEZ, Marina. La novela hispanoamericana del siglo XX. Madrid: Taurus, 1987.
FERNÁNDEZ, Teodosio, La poesía hispanoamericana del siglo XX. Madrid: Anaya, 1991.
GONZÁLEZ ECHEVERRÍA, Roberto y Puppo Walker, E.. Historia de la literatura hispanoamericana (vol I y II). Madrid: Gredos, 2006 y 2010.
VILLANUEVA, D. Y J. M Viña Liste. Trayectoria de la novela hispanoamericana actual. Madrid: Espasa Calpe, 1991.
II. Literatura Peninsular
ALVAR, Carlos, J. C Mainer y R. Navarro, Breve Historia de la Literatura Española. Madrid: Alianza, 1998.
GRACIA, J. y D. Ródenas, Historia de la literatura española. Siglo XX: 1939-2010, Barcelona: Crítica, 2011.
MAINER, J.C Breve Historia de la literatura española. Madrid: Alianza Editorial.
MAINER, J.C Historia de la literatura española.6. Modernidad y nacionalismo 1900-1936, Madrid: Crítica, 2010.
PEDRAZA JIMÉNEZ, F. y M. Rodríguez-Cáceres, Manual de literatura española. Tafalla: Cénlit, 1980-2000
PEDRAZA JIMÉNEZ, F. y M. Rodríguez-Cáceres, Historia esencial de la literatura española. Madrid: EDAF, 2000.
RICO, F. (ed.): Historia y crítica de la literatura española, Barcelona, Crítica, 1980-2000 (vols. 6-9).
COMPETENCIAS XERAIS.
-Ampliación de coñecementos sobre literatura e a tradición literaria.
- Capacidade para o comentario riguroso e sistemático de obras literarias.
-Busca, coñecemento e analise de información bibliográfica.
- Mellora da capacidade comunicativa, tanto a nivel oral como escrito.
-Desenvolvemento do espíritu crítico e informado.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
-Ampliación de coñecementos sobre literatura hispánica do século XX.
- Mellora da capacidade comunicativa, tanto a nivel oral como escrito, a través da lectura e apreciación das obras literarias hispánicas do século XX.
- Capacidade para o comentario riguroso e sistemático de obras literarias hispánicas do século XX.
-Desenvolvemento do espíritu crítico e informado sobre a materia abordada.
-Busca e analise de información bibliográfica sobre literatura peninsular e hispanoamericana do século XX.
As clases impártanse en castelan
Escenario 1: normalidade adaptada
As sesións teóricas consistirán na presentación dos temas que compoñen o programa e a exemplificación da resolución dalgún comentario de texto. Ofreceráse unha visión panorámica dos contextos histórico-culturais e a evolución dos principais xéneros, tendencias e autores do século XX. As presentacións estarán a dispor dos alumnos a través do campus virtual.
O alumno deberá realiza-las tarefas propostas para cada tema (os cuestionarios [cando non se asista ás sesións presenciais prácticas]
e os comentarios escritos de textos literarios). Unha vez finalizados no prazo indicado, enviaránse ós profesores a través do campus virtual.
Dende que estean correxidos e devoltos coa correspondente cualificación, os profesores subirán ao campus virtual unha titoría (breve) na que sinalará as cuestións pertinentes relativa aos exercicios.
As titorías individualizadas, para aclarar e solucionar dúbidas, realizaránse a petición dos alumnos a través de correo electrónico.
Ou ben de modo presencial, no despacho 219 e 220 da Facultade, previa cita.
A cualificación final realizarase según o seguinte baremo:
Para poder realiza-lo examen, os alumnos deberán ter entregado todas as tarefas solicitadas ao longo do curso (cuestionarios por tema e comentarios). Estes exercicios puntuarán o 40% da cualificación final.
O examen realizarase na DATA OFICIAL fixada pola Facultade
Examen Final 60%. O exame final pode conter unha proba de lecturas eliminatoria, é decir, é necesario aprobála para poder aprobar o examen.
IDENTICO BAREMO será de aplicación para á SEGUNDA OPORTUNIDADE
(Conservarase a cualificación obtida nas tarefas, se estas estiveran aprobadas)
NOTA: Para os casos de realización fraudulenta de exercícios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisión de cualificacións.
APROXIMADADMENTE, o tempo da materia distribuirase como sigue:
HORAS VIRTUAIS:
12 horas teóricas: 6 temas
21 horas de prácticas (cuestionarios: presenciais ou virtuais, a preferencia do alumno).
6 horas para tutorías
4 horas para examen.
(43 HORAS)
HORAS NON VIRTUAIS (de traballo autónomo).
40 horas de lectura obras literarias. (Lectura de novelas e obras de teatro 30.Lectura de relatos breves e poemas 10)
21 horas de prácticas (cuestionarios: presenciais o virtuais, a preferencia do alumno; computadas como virtuais ou presenciais indiferentemente).
20 horas de lectura de bibliografía secundaria para a ampliación da materia.
20 horas de preparación e realización de comentarios de texto.
20 horas de estudio da materia e preparación de exames.
CÓMPUTO FINAL HORAS
Horas virtuais: 43
Horas traballo autónomo: 100
TOTAL HORAS ECTS: 143-150
Recoméndase revisar ou poñerse ao día nas técnicas de comentario de textos, incluíndo cuestións de métrica e recursos retóricos. Para isto, ten ao seu dispor, na Aula Virtual, no apartado xeral, unha guía para o comentario de textos.
A pandemia obriga a considerar a posibilidade de novos confinamentos. Pensando nelo, está previsto o seguinte Plan de continxencia que contemple cambios na metodoloxía da ensinanza e a avaliación, como se explica seguidamente.
Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais da presenza física).
Metodoloxía
A docencia expositiva desenvolverase totalmente de xeito virtual, a través do sistema TEAMS, de manera asíncrona. Ademáis, tamén se poñeran a dispor dos alumnos as presentaciones de power point sobre cada tema.
A docencia interactiva realizarase totalmente de xeito presencial, sempre que o grupo de alumnos sexa reducido (non más de 10). Procuraranse entradas e saídas da aula de xeito ordeada e distanciada.
Avaliación
Será o mesmo que se indica no apartado "Sistema de Avaliación".
Escenario 3.Peche de instalaciones
Metodoloxía
Tanto a docencia expositiva como a interactiva desenvolverase completamente de xeito virtual, no horario establecido pola facultade, a través do Sistema TEAMS, de maneira síncrona e asíncrona, que se complementaría con material para prácticas posto a dispor na aula virtual (presentaciones, textos, cuestionarios, comentarios).
Os estudantes que non podan ter aceso ás edicións recomendadas das obras de leitura obrigatoria que se correspondan ca parte do temario ainda non impartida poderán ler outras edicións dispoñibles en internet; para elo, facilitaránse os enlaces correspondentes a través da aula virtual o material dixital preciso.
Titorías e exame desenvolveránse por medios telemáticos, según instruccións publicadas con anterioridade na aula virtual.
Avaliación
O 100% da cualificación correspondería ó exame, que sería realizado vía telemática para todo o alumnado.
Estes sistemas de avaliación manterase para a segunda oportunidade, según das as circunstancias (escenarios descritos) que predominaran no curso.
Francisco Javier Serrano Alonso
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Gloria Chouciño Fernandez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Correo electrónico
- anagloria.choucino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 15 |
12.01.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
05.07.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |