Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
1. O coñecemento dos elementos máis representativos da mitoloxía greco-romana, a través da lectura e análise de textos.
2. Interpretación dos mitos a través de diferentes enfoques metodolóxicas.
3. Coñecemento da recepción do mito na cultura occidental: literatura, iconografía, música, películas, etc.
1. Delimitación da materia e definición
2. Principais fontes mitográficas antigas. Principais ferramentas modernas para o estudo
3. Cronoloxía dos mitos. Grecia e Roma
4. Interpretación dos mitos. Puntos de vista e problemas
a.Simbolismo e alegorismo: o mito de Prometeo
b.Da pseudo-racionalización ao historicismo: o ciclo cretense
c.Astralismo: os mitos de Orión
d.Ritualismo: o mito de Adonis
e. Estructuralismo: Dumézil, o Mahabharata e as orixes de Roma.
f. O “folklorismo”. Tipos e “motifemas” da narración mítica e folklórica: o mito de Perseo.
5. Os deuses
a. Cosmogonía e teogonía: as xenealoxías primordiais
b. Do caos á orde: o mito da sucesión.
c. Os deuses olímpicos: historia, competencias y atributos
6. Os héroes
a. As genealogías heroicas
b. O exterminio dos héroes e o fin da era heroica en Grecia
d. A sua continuación romana: de Eneas á fundación da Urbe
BIBLIOGRAFIA
Aarne, A: Verzeichnis der Märchentypen, Helsinki 1928, ampliada e traducida ao inglés en Thompson, S: The Types of the Folktale, Helsinki 1961 = Aarne-Thompson, Los tipos del cuento folklórico, Helsinki 1995; y Motif-Index of Folk Literature, Bloomington 1955-58, 6 vols.
Aguion, I. et al.: Héroes y dioses de la Antigüedad, Madrid 1997
Bayet, J.: La religión romana. Historia política y psicológica, Madrid 1984
Burkert, W: Religión griega, arcaica y clásica, Madrid 2007
Contreras Valverde, J.-Ramos Acebes, B.-Rico Rico, I.: Diccionario de mitología romana, Madrid 1992
Davidson Reid, J.: The Oxford Guide to Classical Mythology in the Arts (1330-1900), 2 vols., Oxford 1993
Dumèzil, G.: Mito y epopeya, 3 vols., México 1996.
Eliade, M: Aspects du mythe, Paris 1963
Eliade, M: Historia de las creencias y las ideas religiosas, Madrid 1978-1983 (5 vols.)
Falcón, C.-Fernández-Galiano, E.-López Melero, R.: Diccionario de mitología clásica, Madrid 1981
Fontenrose, J.: Python, Berkeley 1980
Frazer, J.G., The Golden Bough, 12 vols, 1907-1914= La rama dorada, México 1944
Gallardo López, Mª D.: Manual de mitología clásica, Madrid 1995
Gantz, T.-Hazel, J.: Early Greek myth: a Guide to Literary and Artistic Sources, London 1996
García Gual, C.: Diccionario de mitos, Barcelona 1997
García Gual, C.: Introducción a la mitología griega, Madrid 2005
Gantz, T.-Hazel, J.: Early Greek myth: a Guide to Literary and Artistic Sources, London 1996
Graves, R.: Los Mitos griegos, Madrid 1996 (2 vols.), vol 1, pp. 369-70.
Grimal, P.: Diccionario de mitología griega y romana, Barcelona 1982
Howatson, M. C.: Diccionario de la literatura clásica, Madrid 1995
Kirk, G. S.: El mito. Su significado y funciones en las distintas culturas, Barcelona 1973
Kytzler, B.: Breve diccionario de autores griegos y latinos, Madrid 1989
Lexicon Iconographicum Mythologiae Classical (LIMC)
Martín, R. (dir.): Diccionario de la mitología griega y romana, Madrid 1996
Olmo Lete, G. (dir.): Mitología y religión del Oriente antiguo, vol. I: Egipto y Mesopotamia; vol. II/1-2: Semitas Occidentales; vol. III: Indoeuropeos, Sabadell 1993-1999
Lamas, M.: Mitologia geral, vol. I: Mitologias dos primitivos actuais, das Américas, egípcia, suméria, asírio-babilónica, hitita, fenícia, pré-helénica, grega e romana; vol. II: Mitologias germânica, eslava, báltica, ugro-finlandesa, celta, ibérica, persa, indiana, budista, chinesa e japonesa, Lisboa 2000
Preller, L.-Robert.C.: Griechische Mythologie, Berlin 1964 (4 vols.)
Roscher, W.H., Ausführliches Lexikon der greichischen und römischen Mythologie, Hildesheim 1977-1978 (10 vols.)
Rose, H.J., Mitología Griega, Madrid 1973
Ruiz de Elvira, A.: Mitología Clásica, Madrid 1988
Seznec, J.: Los dioses de la Antigüedad en la Edad Media y el Renacimiento, Madrid 1983
Talbert, J. A., (ed.): Atlas of Classical History, London-Sydney 1985
Vernant, J. P.: Mito y pensamiento en la Grecia antigua, Barcelona 1991
Vernant, J. P.: El Universo, los dioses, los hombres: el relato de los mitos griegos, Barcelona 2000
Fontes antigas: HOMERO Odisea; HESÍODO Teogonía; APOLODORO Biblioteca; APOLONIO RODIO Argonáuticas; C.I. HIGINO, Fábulas;OVIDIO Metamorfosis, Heroidas.
Básicas e xerais
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos desta materia, conseguidos tanto a través dunha bibliografía actualizada como dunha metodoloxía na vangarda deste campo de estudo; e que sexan capaces de amplialos e desenvolvelos mediante o contacto con textos especializados e achegamentos recentes.
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro das áreas da Humanidades e da Cultura.
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, relativos aos contidos desta materia, para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Transversais
Capacidade de manexo de linguas clásicas (nun nivel elemental) e vernáculas, de forma correcta e coherente en diversas situacións comunicativas
Redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos.
Habilidade no uso das novas tecnoloxías.
Específicas
-Adquisición dun coñecemento amplo e profundo do corpus mitolóxico clásico, tanto das principais narracións e personaxes como das fontes, os paralelos, a pervivencia e recepción en cada época, etc.
-Capacidade de análise crítica de calquera narración mítica, a partir de distintos enfoques metodolóxicos.
-Habilidade na elaboración, redacción e presentación dun traballo escrito de iniciación elemental á investigación.
Na modalidade semipresencial o proceso de aprendizaxe, as actividades formativas e o traballo do alumnado, así como a titorías, realizaranse no seu maior parte a través da aula virtual da materia. A través da mesma se proporcionará ao alumnado material de apoio (referencias bibliográficas, documentos de interese, enlaces etc.), se establecerá un calendario coas tarefas a realizar e se abrirán foros para a resolución de dúbidas e como espazo de debate. Haberá unha sesión presencial á semana que servirá de apoio no proceso formativo.
A adaptación desta materia da modalidade presencial á semipresencial farase da seguinte forma:
1. Parte teórica
Os contidos do programa se desenrolarán nas sesións presenciais e/o se presentarán en documentos proporcionados aos alumnos a través da plataforma. As referencias e enlaces de todo o material de apoio (lecturas de mitos, literatura secundaria, materiais audiovisuais...) se facilitarán a través da plataforma.
2. Parte práctica
As actividades prácticas, consistentes na análise de determinados mitos, constarán de tres partes:
-Recopilación do material mitográfico directamente das fontes primarias (se facilitarán as referencias a través da plataforma)
-Análise do mesmo soportado na literatura secundaria (se realizará a través de foros abertos na plataforma)
-Seguimento da pervivencia eo desenvolvemento do motivo mitográfico través das suas recreacións literarias, filosóficas, plásticas, musicales... (se facilitarán as referencias e enlaces a través da plataforma)
Esta actividade práctica servirá ao alumnado como pauta para realizar o traballo descrito na parte dedicada ao Sistema de avaliación da aprendizaxe.
Contidos da materia teórica: A avaliación basearase nun exame ao final do curso que constará de duas partes, unha de cuestións breves referidas á parte teórica, a contestar de forma concisa, e outra de preguntas-temas, que comporten a adquisición tanto de coñecementos teóricos coma de capacidade de análise dos materiais estudados. O valor desta proba supoñerá o 50% da nota final.
Contidos da materia práctica: Avaliaranse a partires dun traballo que os alumnos deberán presentar ao longo do curso. Este traballo constará dunha una parte escrita e dunha exposición oral pública, sobre un tema o personaxe mitolóxico a elección, có modelo das análises realizadas nas actividades prácticas. Como no caso dos mitos analizados polo profesor, a exposición será acompañada por un debate sobre o tema. O traballo deberá ser entregado nas datas sinaladas e seguir os criterios establecidos en canto a forma e contido. O valor desta proba supoñerá o 50% da nota final.
Na convocatoria de 2ª oportunidade, aos alumnos que non conseguiron superar a puntuación global de 5 sobre 10, selhes conservará a calificación obtida no traballo.
Os alumnos con dispensa oficial de asistencia á clase realizarán o mesmo exame final e a elaboración dun traballo acerca dun tema do programa teórico, previamente autorizado e supervisado polo Profesor. A data límite para a súa entrega será o día do exame.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación dol rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións.
A materia consta de 4,5 créditos equivalentes no sistema ECTS a 110 horas.
Sesións presenciais: 15 horas
Tempo dedicado ás lecturas e ao estudo persoal: 40 horas
Realización das tarefas programadas: 30 horas
Actividades de aprendizaxe virtual e de participación en actividades da aula virtual: 20 horas
Exames e exposición de traballos: 5 horas
Regularidade no traballo: asistencia, participación constructiva, estudo.
Plan de Continxencia en caso de rebrote da covid-19:
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
(a) No caso de que sexa de aplicación o “Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)”, do “Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22” da USC, acordado en Consello de Goberno do 30 de abril de 2021, se combinará a docencia presencial coa virtual. Neste último caso, o profesor canalizará as explicacións e os materiais complementarios a través dos medios dispoñibles da USC (aula virtual, correo electrónico, TEAMs, etc). A docencia práctica interactiva será impartida maioritariamente de xeito presencial. O profesor proporalles aos estudantes os textos previstos para a súa lectura, comprensión e comentario. Os alumnos prepararán os textos e someteranos á revisión e corrección por parte dos profesores de xeito presencial e, se fose preciso, a través dos medios virtuais.
(b) No caso de que sexa de aplicación o “Escenario 3. Peche das instalacións”, do “Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22” da USC, acordado en Consello de Goberno do 30 de abril de 2021, a docencia será unicamente virtual. Os profesor seguirá a mesma metodoloxía ca na parte virtual do Escenario 2. A presentación oral do traballo por parte dos alumnos, contemplada no apartado da Avaliación, quedará suprimida, non así a escrita.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
(a) No caso de que sexa de aplicación o “Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)”, do “Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22” da USC, acordado en Consello de Goberno do 30 de abril de 2021, a presentación oral do traballo por parte dos alumnos quedará suprimida, outorgando a totalidade da parte da cualificación reservada para o traballo individual á versión escrita do mesmo. A proba final escrita será presencial, salvo que o Reitorado prescriba o contrario.
(b) No caso de que sexa de aplicación o “Escenario 3. Peche das instalacións”, do “Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22” da USC, acordado en Consello de Goberno do 30 de abril de 2021, a presentación oral do traballo por parte dos alumnos quedará suprimida, outorgando a totalidade da parte da cualificación reservada para o traballo individual á versión escrita do mesmo. A proba final serán telemáticas (vía Teams).
En todas estas tarefas que haberán de realizar e entregar os alumnos para a súa avaliación por parte do profesorado, e seguindo as indicacións normativas da USC referidas ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas, é preciso indicar que "Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.