Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Socioloxía
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
A Socioloxía da Cultura, como unha das materias obrigatorias da titulación de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, se prantexa á procura de contribuir á formación deste alumnado. Achegando os conceptos e elementos fundamentais da Cultura, a dimensión e tendencias culturais contemporáneas, e as prácticas e as políticas culturais dende unha perspectiva sociolóxica. Unha mirada dende a que asomarse e abordar os procesos e as dinámicas propias do eido cultural.
4. OBXECTIVOS
Xerais
● Tratar de explorar a rica e recíproca relación Cultura e Sociedade.
● Achegar unha visión da Cultura o máis ampla e completa posible.
● Complementar, na medida do posible, ás achegas das outras disciplinas que conforman e fornecen esta titulación universitaria.
● Aprender e asimilar os contidos conceptuais propios da materia.
● Adquirir habilidades procedimentais e actitudinais suficientes para reproducir e producir coñecemento da materia de carácter científico-social-empírico.
Específicos
Coñecemento (saber)
● Coñecer as teorías contemporáneas que abordaron a cultura dende unha perspectiva sociolóxica e os métodos de análise cultural.
● Coñecer as principais tendencias culturais da sociedade contemporánea.
● Coñecer os componentes básicos das desigualdades sociais e as diferencias culturais.
Procedementos (saber facer)
● Capacidade de interpretación de fenómenos sociais en clave de Socioloxía da Cultura.
● Capacidade para recoñecer a complexidade dos fenómenos socias e culturais.
● Capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social.
● Capacidade de transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
● Capacidade de razoamento crítico.
Actitudes (saber ser)
● Adquirir a competencia e o espíritu emprendedor que propicie a creación e impulso de proxectos culturais, comunicativos e educativos.
● Compromiso ético-metodolóxico coa práctica científica e profesional.
6.1. TEMARIO.
6.1.1. CONTIDO OBXECTO DA PARTE TEÓRICA DA ASIGNATURA:
Socioloxía da Cultura I: a conceptualización sociolóxica da cultura.
Tema 1. A Socioloxía: marco conceptual, epistemolóxico e metodolóxico.
Tema 2. Cultura e Sociedade: procesos e realidades.
Tema 3. Análise social da Cultura: principais paradigmas e modelos teóricos.
Socioloxía da Cultura II: a organización social e política da cultura.
Tema 4. Políticas públicas culturais: a perspectiva da oferta.
Tema 5. Consumo e prácticas culturais: a perspectiva da demanda.
6.1.2. CONTIDO OBXECTO DA PARTE PRÁCTICA (Tº de investigación):
Tema 6. Medios de comunicación e industrias culturais: cultura mainstream.
Socioloxía da Cultura III: espazo e tempo.
Tema 7. Transformacións culturais: cara á sociedade da información e o coñecemento.
Tema 8. Dinámicas culturais urbanas: actores sociais e institucións.
Tema 9. Actividade cultural e universos creativos: asociacionismo cultural e profesionais da cultura.
6.2. ESTRUCTURA DETALLADA DO TEMARIO E PLANIFICACIÓN DOCENTE.
Bloque I: A conceptualización sociolóxica da cultura.
TEMA 1. A Socioloxía: marco conceptual, epistemolóxico e metodolóxico.
1.1. A socioloxía como disciplina científica.
1.2. A mirada sociolóxica.
1.3. Os problemas epistemolóxicos.
1.4. As ferramentas metodolóxicas.
Obxectivos:
● Achegar ao alumnado do grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural a raigame e a propia idiosincrasia desta disciplina. Pare elo farase referencia ás vertentes conceptual e metodolóxica, fundamentais para o desenvolvemento da parte empírica desta materia.
Material de traballo:
o Clases maxistrais.
o Bibliografía básica de referencia.
TEMA 2. Cultura e Sociedade: procesos e realidades.
2.1. Conceptualización sociolóxica da Cultura.
2.2. Socialización.
2.3. Multiculturalismo.
2.4. Diversificación cultural.
Obxectivos
● Asomarse ás definicións de conceptos básicos para esta materia a través dunha óptica sociolóxica: Educación-Cultura-Sociedade. Se irán desgranando as forzas internas e os compoñenentes que as fornecen e retroalimentan: dende os elementos da cultura, rasgos, sistemas e complexos culturais; ata a Socialización, proceso clave para entender as dinámicas propias desta disciplina.
● Dar a coñecer a importancia e trascendencia da diversidade cultural nun mundo globalizado. Un achegamento á conceptualización do multiculturalismo e, sobre todo, a valorización da propia diversidade cultural e as actitudes e formas de xestionar este fenómeno.
● Achegar as outras formas e/ou ramificacións da Cultura na Sociedade.
Material de traballo:
o Clases maxistrais.
o Recursos na aula virtual.
TEMA 3. Análise social da cultura: principais paradigmas e modelos teóricos.
3.1. A visión antropolóxica da cultura.
3.2. Unha síntese da aportación sociolóxica á cultura: teorías clásicas.
3.3. Unha síntese da aportación sociolóxica á cultura: teorías contemporáneas.
Obxectivos
● Comprender e coñecer os principais autores e correntes de pensamento que abordaron a cultura dende a perspectiva antropolóxica e sociolóxica. A abordaxe vaise facer en varios tempos, partindo dos primeiros referentes, máis nomeadamente os chamados “clásicos”, ata as teorías e aportacións máis recentes e /ou “contemporáneas”.
Material de traballo:
o Clases maxistrais.
o Recursos na aula virtual.
Bloque II: a organización social e política da cultura.
TEMA 4. Políticas públicas culturais: a perspectiva da oferta.
4.1. O sistema da política cultural en España.
4.2. A política cultural en Galicia.
4.3. O sector asociativo cultural.
Obxectivos
● Coñecer o sistema institucional dende o que se elaboran e implementan as políticas públicas no eido cultural, e de contado, o carácter específico e as dimensións das devanditas políticas nos diferentes territorios e/ou niveis de goberno.
● Achegarse aos prantexamentos e perspectivas de investigación do asociacionismo cultural como exemplo da acción pública e da acción non pública na cultura.
Material de traballo:
o Clases maxistrais.
o Recursos na aula virtual.
Tema 5. Prácticas culturais: a perspectiva da demanda.
5.1. Informes e enquisas de hábitos e prácticas culturais en España.
Obxectivos
● Achegar e saber manexar os datos dos estudos sociolóxicos sobre as prácticas culturais. Sempre observando e analizando a información no seu contexto.
Material de traballo:
o Clases maxistrais.
o Recursos na aula virtual
Tema 6. Medios de comunicación e industrias culturais: cultura mainstream.
6.1. Geopolítica da cultura global e fenómenos culturais masivos.
Obxectivos
● Comprender e analizar o mapa cultural dun mundo globalizado e as correspondentes loitas para afianzar os contidos.
● Achegarse e observar a fabricación de productos culturais de consumo de masas.
Material de traballo:
o Clases maxistrais.
o Recursos na aula virtual.
Bloque III: espazo e tempo.
Tema 7. Transformacións culturais: cara á sociedade da información e o coñecemento.
Obxectivos:
● Comprender as diferencias entre información e coñecemento, e nesta perspectiva, observar os cambios no eido sociocultural. Máis nomeadamente, os efectos destas transformacións, considerando o propio coñecemento como clave para o desenvolvemento de todos os sectores da sociedade.
Material de traballo:
o Recursos on line (aula virtual).
Tema 8. Dinámicas culturais urbanas: actores sociais e institucións.
Obxectivos
● Coñecer e comprender as dimensións e o carácter cultural das cidades. Observando cómo as dinámicas demanda-consumo cultural, a creatividade e o lecer marcan as diferencias, e supoñen un elemento chave de desenvolvemento económico e territorial das ciudades postindustriais. Especial atención merecen os axentes e as institucións no seu contexto.
Ma+terial de traballo:
o Recursos on line (aula virtual).
Tema 9. Actividade cultural e universos creativos: asociacionismo cultural e profesionais da cultura.
Obxectivos
● Entrar na escena e no propio oficio da cultura: as dinámicas e os procesos creativos, o tecido social que crea e xera cultura, os expertos e traballadores do eido cultural.
Material de traballo:
o Recursos on line (aula virtual).
Bibliografía Básica (Bloque I)
- Ariño Villarroya, A. (1998). Sociología de la Cultura. La construcción simbólica de la sociedad. Barcelona: Ariel.
(2005). Las encrucijadas de la diversidad cultural. Madrid: CIS.
- Costa, X. (2006). Sociología de la cultura y del conocimiento. Valencia: Tirant lo Blanch.
- Giner, S. (2010). Sociología. Barcelona: Península.
- Guerrero Serón, A. (1996). Manual de Sociología de la Educación. Madrid: Síntesis.
Bibliografía de referencia (Bloque II)
- Ariño, A. (et al) (2006). Participación cultural en España. Fundación autor. Madrid.
- (2010). Prácticas culturales en España. Ariel. Barcelona.
- Ariño, A., Bouzada, X.; R. Morató, A. (2000). Políticas culturales. Universidad de Alicante.
- Encuesta de hábitos y prácticas culturales (2018). Ministerio de Educación y Cultura.
- Informe sobre el estado de la cultura en España 2018. La cultura como motor de cambio. Fundación Alternativas.
- Lage, X.; Losada, A.; Gómez, M. (2012). La política cultural en la comunidad autónoma gallega: de la dependencia a la autonomía. RIPS.
RECURSOS ELECTRÓNICOS
- Consello da Cultura Galega. Xunta de Galicia: www.consellodacultura.gal
- Observatorio Europeo de Políticas Culturales Regionales y Urbanas: www.interarts.net/es/
- Observatorio de la Cultura y la Comunicación: www.fundacionalternativas.org/cultura-y-comunicación
- Observatorio Vasco de Cultura: www.kultura.ejgv.euskadi.eus/r46-19130/es/
- UNESCO: www.unesco.org
Básicas e Xerais
CB1/CG1. Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se atopa a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB3/CG3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (relativos aos contidos de Ciencias da Cultura e da Difusión Cultural) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4/CG4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado como non especializado.
CB5/CG5. Que os estudantes teñan desenvuelto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores con un alto grado de autonomía.
Transversais
CT2. Redación axeitada de textos, con a correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos.
CT3. Capacidade para o uso das tecnoloxías da comunicación e da información.
Específicas
CE3. Comprensión razonada do interese do diálogo intercultural e a necesidade e o respeto ás diferencias culturais.
CE6. Capacidade para a elaboración, redación e presentación dun traballo escrito de iniciación elemental á investigación.
CE9. Adquirir a capacidade e o espíritu emprendedor que propicien a creación e impulso de proxectos culturais, comunicativos e educativos.
8. METODOLOXÍA
MATERIA OBXECTO DA DOCENCIA EXPOSITIVA
- Activar os recursos correspondentes a cada tema da programación no Campus Virtual: documentos de traballo elaborados pola profª, capítulos de libros, informes, textos, artigos e outro material multimedia de apoio á docencia virtual. De ser preciso e de xeito puntual, se (re)transmitirán contidos, indicacións, orientacóns ou aclaración de dúbidas en formato videoconferencia por streaming a través do Microsoft Team o Skype.
MATERIA OBXECTO DA DOCENCIA INTERACTIVA
- Continuar, retomar, redefinir ou prantexar de novo (cada ún/unha no seu caso) o traballo de investigación; adaptando temática, ferramentas metodolóxicas, referencias bibliográficas/fontes secundarias ou recursos en xeral, ás circunstancias excepcionais sobrevidas na andaina deste cuadrimestre. Sempre co apoio e orientación da profesora.
As sesións de titorías programadas adicaranse ao seguemento e a atención do alumnado, con obxecto de orientar a súa aprendizaxe e traballo persoal nas tarefas e actividades do desenvolvemento individual da docencia expositiva e interactiva. *Fora deste día/horario, a atención será igual, mais con maior marxe de resposta
9. CRITERIOS DE AVALIACIÓN
PRIMEIRA OPORTUNIDADE (Maio-Xuño)
O sistema de avaliación estará baseado nos seguintes dous elementos (A, B):
A. CARTAFOL/PORTAFOLIO Sª DA CULTURA
- Peso na cualificación: 50 %
- Instrumentos de avaliación: activar TAREFA na aula virtual
B. TRABALLO DE INVESTIGACIÓN
- Peso na cualificación: 50 %
- Instrumento de avaliación: amosar as actividades TAREFA e FORO para que o alumnado suba os seus traballos e as presentacións.
ORIENTACIÓNS PARA A AVALIACIÓN:
(terase en conta e valorarase moi positivamente)
- Actitude receptiva e predisposición para aprender novos contidos.
- Realización puntual das tarefas.
- Competencia para saber aplicar os coñecementos adquiridos.
- Calidade dos traballos que, xa aparte dunha correcta organización e presentación textual, deberán aterse na súa entrega aos prazos sinalados.
- Competencia lingüística escrita, manifestada na propiedade e correción expresivas, a coherencia, cohesión e adecuación propias dun discurso académico, reflexivo e crítico.
- Coñecemento e dominio da teoría e métodos da materia e a capacidade para establecer relacións e incorporar e integrar o coñecemento doutras materias cursadas na carreira.
ALUMNADO QUE NON SUPERE OU NON SE PRESENTE A MATERIA NA 1ª OPORTUNIDADE (PERÍODO ORDINARIO).
Os estudantes que non superen a materia na convocatoria de xuño teñen unha SEGUNDA OPORTUNIDADE (Xullo). Os criterios de avaliación serán os mesmos que na primeira oportunidade.
ALUMNADO REPETIDOR. Deberá poñerse en contacto coa profesora da materia necesariamente nos quince primeiros días do semestre correspondente (o segundo) para concretar o plan de traballo ao que deberá aterse e o sistema de avaliación ao que se someterá.
Traballo personal do alumnado e outras actividades 95
Estudo e preparación de actividades programadas na clase: 20 h.
Realización de traballos de diverso tipo: 20 h.
Lecturas: 25h.
Preparación de exames: 20 h.
Se aconsella:
- A asistencia ás clases (presenciais ou virtuais) e titorías e o cumprimento do ritmo de traballo acorde coa avaliación contínua.
- As orientacións do profesorado en canto ao manexo de fontes e referencias bibliográficas, metodoloxía e organización, presentación documental, etc. así como o dominio do discurso expositivo e académico, tanto a nivel oral como escrito.
- Respectar ás datas e prazos de entrega das prácticas, actividades e estudo ou informar con antelación suficiente e xustificar a dificultade que impedise a súa entrega puntual.
- Ter en conta a Resolución da USC do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo) que establece que "a realización fraudulenta dalgún exercicio, proba ou estudo implicará cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso que se poida seguir contra o alumno infractor. Considérase fraudulenta, entre outras, a realización de traballo plaxiados ou obtidos de fontes accesíbeis ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citar aos autores e fontes".
- E dado que a USC é unha universidade presencial, é necesariamente obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase (escenario 1). Insistimos en que o alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas, dispensa concedida pola Xunta de Facultade (art. 126.3 dos Estatutos da USC, 2004), deberá estar ao tanto do desenvolvemento da materia no curso e manter, desde o comezo deste, contacto e comunicación co profesorado, así como asistir ás titorías. O profesorado da materia poderá establecer un plan de traballo persoal, acorde coas circunstancias específicas do/a alumno/a, mais sempre que se respecten e se garanten para todo o alumnado desta disciplina os mesmos principios de equidade e de igualdade de oportunidades.
PLAN DE CONTINXENCIA
Escenario 1: normalidade adaptada
- A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial.
- As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
- O alumnado terá garantido o acceso aos materiais bibliográficos que se an precisos de acordo coas condicións do escenario.
- É fundamental, dado que a avaliación é continua, a participación activa e a asistencia.
Avaliarase:
Asistencia e participación na aula: 20%
Actividades de avaliación continua (traballos, exposicións, etc.): 40%
Examen: 40%
Escenario 2: distanciamento
- O alumnado terá garantida o acceso aos materiais e recursos bibliográficos precisos de acordo coas condicións do escenario.
- Será preciso o emprego da aula virtual, na que se facilitarán pautas xerais da materia, indicacións (programación e tarefas)
- No caso de que nos atopemos nun escenario de ensinanza semipresencial (escenario 2 das “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura”) a citada aula será a plataforma habitual de traballo, de xeito fundamentalmente asíncrono, puidendo complementarse con sesións síncronas a través de Ms Teams.
Avaliaranse:
Participación e seguimento na aula virtual e Teams: 20%
Actividades de avaliación continua: 40%
Exame: 40%
Escenario 3: Ensino virtual por peche das instalacións
- A docencia (expositiva, interactiva e titorías) será completamente de carácter virtual.
- Utilizando mecanismos síncronos ou asíncronos.
- O alumnado terá garantida o acceso aos materiais bibliográficos precisos de acordo coas condicións do escenario.
- É necesario o emprego da aula virtual, na que se facilitarán pautas xerais da materia, indicacións (programación e tarefas)
- No caso de que nos atopemos nun escenario de ensinanza plenamente virtual (escenario 3 das “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura”) a citada aula será a plataforma habitual de traballo, de xeito fundamentalmente asíncrono, puidendo complementarse con sesións síncronas a través da plataforma Teams. Esta mesma plataforma será a canle de comunicación e titorización nos escenarios mencionados, sen prexuízo do foro no campus virtual ou doutros medios que indique o docente, caso do correo electrónico.
Avaliaranse:
Participación e seguimento na aula virtual e Teams: 20%
Actividades de avaliación continua: 40%
Exame: 40%
Información importante:
- As características e condicións para a realización destas tarefas, prácticas, traballos ou probas se explicarán ao comezo do curso. - Para superar a materia é preciso e obrigatoria a realización das tarefas propostas e a realización do exame.
- No caso de chegar a un escenario de ensino plenamente virtual (escenarios 2 e 3 das “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura”) a citada aula no Campus virtual será a plataforma fundamental e habitual de traballo, xunto coas sesións síncronas ou asíncronas a través da plataforma Ms Teams. Esta mesma plataforma será a canle de comunicación e titorización nos escenarios mencionados, sen prexuizo do uso no foro no campus virtual ou doutros medios que indique a docente, caso do correo electrónico. O alumnado tená garantida a acesibilidade dos materiais precisos para preparar a materia de acordo coas condicións do escenario.
- O prazo para a realización e entrega das actividades-tarefas se especificará oportunamente en función do desenvolvemento do cuadrimestre en cada un dos escenarios previstos.
- Este sistema de avaliación da aprendizaxe se aplicará tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Outras consideraciones de interés.
Además das indicacións específicas sobre avaliación, son criterios a ter en conta para avaliar o rendemento académico do alumnado:
1. A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos.
2. A participación activa e la realización puntual e en prazo das tarefas previstas.
3. A competencia para saber aplicar os coñecementos adquiridos.
4. A calidade dos traballos que, ademáis dunha axeitada organización e presentación textual, deberán cumprir cos prazos sinalados para a súa entrega.
5. A competencia lingüística oral e escrita, manifestada na propiedade, correción expresivas, a coherencia, cohesión e adecuación propias dun discurso académico.
6. O coñecemento e dominio da teoría e os métodos da materia e a capacidad para establecer relacións, incorporar e integrar achegas doutras materias cursadas no grao.
_______________________________________________________________________________________________________
A avaliación ten en conta a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio). Os estudantes que teñan dispensa de asistencia por calquera das casuísticas fixadas pola normativa oficial terán que respectar o fixado pola Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas no horario de clases e programadas na Guía docente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
_______________________________________________________________________________________________________
Asistencia a clase
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/dafault/gl/normativa/descagas/normaasist… e.pdf). Na mesma exponse os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas e a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesión de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos e alumnas poderán solicitar exención oficial de docencia. Alumnado con Diversidade Funcional: O alumnado que presente cualquier tipo de diversidade funcional ou dificultade para o seguimento ordinario das aulas, sexa esa dificultade permanente ou temporal, debe informar á profesora desta situación nas dúas primeiras semanas do semestre para, se fose preciso, acordar as adaptacións curriculares necesarias. A USC conta ademáis co Servizo de Promoción e Integración Universitaria que, despois dunha valoración previa do alumno/a, encargase de expedir o documento acreditativo.
Bran Barral Buceta
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Correo electrónico
- bran.barral.buceta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Mércores | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | CLIS_01 | Galego | Aula 13 |
03.06.2022 16:00-19:00 | CLE_01 | Aula 14 |
30.06.2022 16:00-18:00 | CLE_01 | Aula 14 |