Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
1- Incentivar o hábito de lectura de obras literarias.
2- Facilitar modelos e estratexias de análise axeitadas.
3- Procurar os cauces necesarios para familiarizar aos alumnos coa actividade hermenéutica.
4- Introducir a práctica crítica –análise e interpretación – no marco da Literatura Comparada, apuntando vías de conexión con sistemas semióticos non literarios.
1. A narrativa. Xéneros narrativos. Praxe da análise: modalización, temporalización, espacialización e estudo dos personaxes.
2. O ensaio. Revisión histórica e cuestións xenolóxicas. Análise e interpretación de textos ilustrativos.
3. A poesía. Cuestións xenolóxicas e enunciación lírica. Análise fónico-métrica, sintáctica, semántica, e pragmática do poema.
4. O teatro. Texto e espectáculo. Caracteres específicos da comunicación teatral: multicodificación e peculiaridade do signo teatral. Estudio do tempo e do espazo. Personaxe e actor.
5. Análise e interpretación de textos non literarios. Sistemas artísticos vinculados coa literatura. Ámbito comparatístico: relacións co cine e coas artes plásticas e musicais.
Indícase a bibliografía básica cun asterisco
ALONSO, D., Poesía española. Ensayo de métodos y límites estilísticos, Madrid, Gredos, 1950.
ARENAS CRUZ, Mª E., Hacia una teoría general del ensayo. Construcción del texto ensayístico, Cuenca, Universidad de Castilla-La Mancha, 1997.
BAL, M., Teoría de la narrativa. (Una introducción a la narratología), Madrid, Cátedra, 1987, 3ª ed.
BARTHES, R., La cámara lúcida, Barcelona, Paidós, 1999.
BOUSOÑO, C., Teoría de la expresión poética, Madrid, Gredos, 1970 (5ª ed. definitiva).
BAQUERO GOYANES, M., Estructuras de la novela actual, Barcelona, Castalia, 1989.
*BOBES NAVES, Mª del C., Semiología de la obra dramática, Marid, Taurus, 1997, 2ª ed.
BOBES NAVES, Mª del C., La novela, Madrid, Síntesis, 1993.
BORDWELL, D., La narración en cine de ficción, Barcelona, Piados, 1996.
CABO ASEGUINOLAZA, F. (ed.), Teorías sobre la lírica, Madrid, Arco Libros, 1999.
CHATMAN, S., Historia y discurso, Madrid, Taurus, 1990.
DOMÍNGUEZ CAPARRÓS, J., Métrica española, Madrid, Síntesis, 1993.
FISCHER-LICHTER, E., Semiótica del teatro, Madrid, Arco Libros, 1999.
GARCÍA BARRIENTOS, J.L., Las figuras retóricas. El lenguaje literario 2, Madrid, Arco Libros, 1998.
GARRIDO DOMÍNGUEZ, A., El texto narrativo, Madrid, Síntesis, 1996.
GAUDREAULT, A. e F. JOST, El relato cinematográfico, Barcelona, Paidós, 1995.
*GENETTE, G., Figuras III, Barcelona, Lumen, 1989.
KOWZAN, T., El signo y el teatro, Madrid, Arco, 1997.
*LÓPEZ CASANOVA, A., El texto poético. Teoría y metodología. Salamanca, Ediciones Colegio de España, 1994
LUJÁN ATIENZA, A. L., Cómo se comenta un poema. Madrid: Síntesis, 2000.
PAVIS, P., Diccionario de teatro, Barcelona, Paidós, 1984.
POZUELO YVANCOS, J.Mª., Teoría del lenguaje literario, Madrid, Cátedra, 1988.
*QUILIS, A., Métrica española, Barcelona, Ariel, 1984.
REIS, C., Comentario de textos. Fundamentos teóricos y análisis literario, Salamanca, Colegio de España, 1995.
REIS, C. e A.C.M. LOPES, Diccionario de narratología, Salamanca, Ediciones Colegio de España, 1995.
SPANG, K., Teoría del drama. Lectura y análisis de la obra teatral, Pamplona, EUNSA, 1991.
SPANG, K., Análisis métrico, Pamplona, EUNSA, 1993.
UBERSFELD, A., Leer el teatro. II, Madrid, ADE, 1998.
VILLANUEVA, D., El comentario del texto narrativo: cuento y novela, Madrid, Marenostrum, 2006.
*VILLANUEVA, D. (coord.),Curso de Teoría de la literatura, Madrid, Taurus, 1994.
- Consolidar e apreciar o hábito da lectura como factor de autoformación persoal.
- Potenciar as dotes de observación e o espírito crítico.
- Asimilar o vocabulario básico e os métodos de análise na crítica dos diferentes xéneros.
- Vencer a resistencia do texto e familiarizarse coa actividade hermenéutica.
- Adquirir a conciencia de que tamén é necesario saber "ler" o discurso audiovisual e lograr unha mínima competencia para unha visión crítica dos novos medios.
- Coñecer os mecanismos de composición e escritura que faciliten a produción dos propios textos literarios.
-O proceso de ensino-aprendizaxe das materias que quedan sen docencia, como esta, na gradual extinción do Grao de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural na Facultade de Humanidades, queda encomendado á responsabilidade do alumnado repetidor, o único que pode matricularse nesta materia.
Posíbeis carencias ou dúbidas serán subsanadas nas horas de titorías que figuran no horario da docente encargada da materia. Sobre a titorización fóra destas horas, léase o apartado "Observacións"
Primeira oportunidade (maio)
- Dado que a materia non ten docencia por extinguirse na Facultade de Humanidades o Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, a calificación obtense só pola avaliación do exame final (100% da nota)
Segunda oportunidade (xuño/xullo)
- Mantéñense as condicións que se acaban de concretar para a primeira oportunidade.
Sobre o modo de realizar estes exames, léase o apartado"Observacións".
Para o casos de realización fraudulenta do exame será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento dacadémico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
As horas de estudo e de traballo persoal distribuiranse á discreción do alumnado tendo en conta as actividades de diversa índole que comporta a preparación do exame: análise e interpretación de diversos textos relacionados cos tres temas que figuran no programa; lectura e reflexión sobre a bibliografía e os materiais da aula virtual, consultas coa docente encargada da materia no horario de titorías que figura no seu horario (pax. WEB da Facultade). De ser o caso (léanse as Observacións), poden solicitarse titorías en mensaxe enviada á aula virtual para a súa realización na mesma aula virtual ou a través de ferramentas como Microsoft Teams.
Recoméndase o seguimento diario do estudo da materia, a lectura serena e profunda dos textos da clase, da aula virtual e das obras que figuran na bibliografía, especialmente das recomendadas, e o uso oportuno de todas as canles comunicativas co profesor e coas fontes de aprendizaxe. En particular aconséllase ao alumnado o aproveitamento máximo das horas de titoría (léase o que ao respecto das titorías se indica nas "Observacións".
No aproveitamento do programa desta materia é moi estimábel unha competencia lectora rica tanto nun sentido cuantitativo como cualitativo (multixenérica, multicultural, etc.).
Mario Iban Regueira Fernandez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Correo electrónico
- marioiban.regueira.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
13.01.2023 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 13 |
09.06.2023 12:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 13 |