Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
1. Obxectivos da materia correspondentes cos obxectivos xerais do grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, tal e como estes se sinalan na memoria da titulación (p. 14): números 4, 5, 6, 8 e 9.
2. Obxectivos específicos da materia dentro da titulación:
-Dar a coñecer á alumna ou alumno a situación social da lingua galega presentando esta desde todas as perspectivas posibles: datos científicos, percepción social (evolución e consolidación), traballos internacionais, etc.
-Presentarlle á alumna ou alumno a diferenciación existente entre a vitalidade e a visibilidade da lingua, así como as relacións de interdependencia entre os dous conceptos.
-Presentarlle á alumna ou alumno o traballo que se leva feito nos últimos vinte anos para intervir sobre a situación social da lingua e os diferentes ámbitos en que este tivo lugar: mundo administrativo, ensino, medios de comunicación.
1. Aproximación á situación sociolingüística da Galicia actual (1970-2020). Sociedade galega e linguas.
2. A vitalidade da lingua galega. Principais ámbitos de visibilización social da lingua.
A bibliografía básica seralle achegada ao alumnado en formato electrónico, a través da aula virtual da materia. Como bibliografía complementaria pode consultarse a seguinte:
González González, M. (dir.), e M. Rodríguez Neira (coord.) (2003): O galego segundo a mocidade. A Coruña: Real Academia Galega.
González, M. (dir.) e M. Rodríguez Neira (coord.) (2007-2011): Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. A Coruña: Real Academia Galega (http://www.realacademiagalega.org/publicacions-publicacions-de-sociolin…).
Fernández Rodríguez, M., e M. Rodríguez Neira (coords.) (1994): Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. A Coruña: Real Academia Galega, Seminario de Sociolingüística.
Fernández Rodríguez, M. e M. Rodríguez Neira (coords.) (1995): Usos lingüísticos en Galicia. A Coruña: Real Academia Galega, Seminario de Sociolingüística.
Fernández Rodríguez, M., e M. Rodríguez Neira (coords.) (1996): Actitudes lingüísticas en Galicia. A Coruña: Real Academia Galega, Seminario de Sociolingüística.
Iglesias, A. (2002): Falar galego: no veo por qué. Vigo: Xerais.
Lamuela, X., e H. Monteagudo (1996):”Planificación lingüística”, in M. Fernández Pérez (ed.), Avances en lingüística aplicada. Santiago: Universidade, 229-301.
Monteagudo, H., e X. Bouzada (coords.) (2002): O proceso de normalización do idioma galego. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, Sección de Lingua (tres volumes).
Monteagudo, H. e A. Lorenzo (dirs.) (2005): A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, Sección de Lingua.
Moreira Barbeito, M. (2014): Contra a morte das linguas. O caso do galego. Vigo: Xerais.
Rei–Doval, G. (2007): A lingua galega na cidade do século XX. Unha aproximación sociolingüística. Vigo: Xerais.
1. Competencias da materia correspondentes coas competencias sinaladas para o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, tal como estas se sinalan na memoria da titulación (páx. 15): competencias xerais 1G, 3G e 4G; competencias transversais T2 e T3; competencias específicas para o módulo de formación básica E1, E2 e E3.
2. Competencias propias da materia:
-Coñecer de maneira suficiente as diferentes perspectivas e os distintos puntos de vista que se poden adoptar para dar resposta á pregunta acerca da situación social da lingua galega.
-Coñecer de maneira suficiente as principais peculiaridades do proceso de normalización lingüística do galego de acordo cos distintos ámbitos de vivencia social da lingua.
As tarefas concretas programadas para esta materia detállanse na guía docente que se lle entregará ao alumno no comezo do curso. Haberá os seguintes tipos de actividades:
-Sesións expositivas presenciais, ás que o alumnado non ten a obriga de asistir aínda que si se recomenda a súa presenza: explicación dos conceptos fundamentais da materia.
-Sesións interactivas presenciais, ás que o alumnado non ten obriga de asistir aínda que si se recomenda a súa presenza: realización colectiva de comentarios sobre materiais escritos, audiovisuais e electrónicos relacionados cos temas que se traten en cada momento.
-Sesións interactivas na plataforma virtual, destinadas á produción de materiais lingüísticos como os que se detallan no punto anterior.
Para modificacións na impartición da docencia debidas ao posible paso da USC aos coñecidos como "Escenario 2" ou "Escenario 3", consúltese o apartado final do programa ("Observacións").
O sistema de avaliación baséase na avaliación continua, de acordo co seguinte baremo:
1. Realización das actividades previstas na aula virtual da materia (tarefas, participación en foros, presentacións, actividades grupais, etc.): 80% da cualificación (prorratearase porcentualmente cada unha das actividades).
2. Exame final da materia obrigatorio: 20% da cualificación.
-Sesións expositivas, 28 horas.
-Estudo e preparación de actividades programadas na aula, 30 horas.
-Sesións interactivas, 28 horas.
-Traballos, 25 horas.
-Sesións de titoría, 1 hora.
-Lecturas, 25 horas.
-Sesión de avaliación, 3 horas.
-Preparación de exames, 10 horas.
Plan de continxencia
Adaptacións do programa da materia aos escenarios 2 e 3 motivados pola COVID-19:
-Modificacións para o escenario 2:
1. No referido ás aulas presenciais da materia, estas trasladaranse para a súa emisión en streaming.
2. De ser posible, manterase a proba de exame, presencial, na data prevista pola Facultade. De non ser posible, a proba presencial transformarase nunha proba virtual síncrona, elaborada a través da ferramenta "Tarefa" da aula virtual da materia. Non se modificará, neste caso, o seu valor porcentual sobre a cualificación total.
-Modificacións para o escenario 3:
1. Mantense o sinalado no apartado 2 con relación ás aulas presenciais da materia.
2. Canto á proba presencial, esta transformarase necesariamente nunha proba virtual síncrona, coas características sinaladas anteriormente.
Para todos os escenarios mantéñense as características e a cualificación reservada ás actividades realizadas na aula virtual.
M Carme Silva Dominguez
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- mdocarme.silva [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
22.05.2023 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 11 |
22.06.2023 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 11 |