Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
-Coñecer as variedades sociais do galego, estudar as súas características e reflexionar sobre a súa adecuación.
-Recoñecer, a partir de textos diversos, as características que distinguen os dous planos da variación diamésica (oral e escrita) e analizar os seus trazos desde o punto de vista fonético, morfosintáctico e léxico.
-Analizar os usos e os modelos orais no galego actual, con especial atención ó discurso público.
-Consolidar o coñecemento do estándar escrito e analizar os usos errados máis relevantes que persisten nos textos escritos dos distintos ámbitos sociais.
-Coñecer ferramentas e recursos ós que poder acudir para a resolución de dúbidas, para a ampliación de coñecementos ou para a obtención de datos de cara á reflexión lingüística.
-Conseguir unha expresión oral e escrita espontánea, fluída e correcta.
-Fomentar unha actitude crítica fronte ás cuestións sociolingüísticas.
-A lingua galega na sociedade. Diversidade lingüística vs. homoxeneidade. A variación social no galego actual. A lingua estándar como referente na esfera pública.
-A lingua estándar. Formación do estándar lingüístico galego. Estándar escrito e estándar oral.
-A comunicación oral: características. Características específicas da lingua oral: aspectos fonéticos, gramaticais e textuais. A lingua falada nos espazos públicos de uso.
-A comunicación escrita: características. Características específicas da lingua escrita: aspectos ortográficos, gramaticais, léxicos e textuais. Principais erros de ortografía, morfoloxía, sintaxe e léxico detectados no uso da lingua galega nos diversos ámbitos: político, xurídico-administrativo, publicitario, periodístico, etc.
ÁLVAREZ, R. e XOVE, X. (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.
CASTELLÀ LIDON, Josep M. (2004): Oralitat i escriptura: dues cares de la complexitat del llenguatge. Barcelona: Publicacións de l’Abadia de Montserrat.
DUBERT GARCÍA, F. (2002): “Os sociolectos galegos”, en Cuadernos da lingua, nº 24. Pp. 5-27. A Coruña: Real Academia Galega.
FERNÁNDEZ REI, F. (1990): Dialectoloxía da lingua galega. Vigo: Xerais.
FERNÁNDEZ REI, F. e HERMIDA GULÍAS, C. (ed.) (20032): A nosa fala. Bloques e áreas lingüísticas do galego. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. [Inclúe 3 CD-Rom. A 1ª edición (1996) inclúe 3 casetes].
FERNÁNDEZ REI, F. (coord.) (2012): Arquivo do Galego Oral (AGO), en http://ilg.usc.gal/ago/.
GONZÁLEZ GONZÁLEZ, M. e SANTAMARINA FERNÁNDEZ, A. (coords.) Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa). Instituto da Lingua Galega / Real Academia Galega, 2004. Dispoñible en https://2012.academia.gal/recursos-volg
GONZÁLEZ GONZÁLEZ, M. (2008): “O novo galego urbano”, en BREA, M. /FERNÁNDEZ REI, F /REGUEIRA, X.L: (editores): Cada palabra pesaba, cada palabra medía. Homenaxe a Antón Santamarina. Pp. 363-374.Santiago de Compostela: USC.
INSTITUTO DA LINGUA GALEGA / REAL ACADEMIA GALEGA (2003): Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega. ILG-RAG [23ª edición], dispoñible en https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/book/252
REGUEIRA FERNÁNDEZ, X.L. (coord.) (1998): Os sons da lingua. Vigo: Xerais.
REGUEIRA FERNÁNDEZ, X.L. (2005) “Estándar oral”, en R. Álvarez / H. Monteagudo (eds.): Norma lingüística e variación: unha perspectiva desde o idioma galego. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, pp. 69-96. Dispoñible en http://www.consellodacultura.org/mediateca/pubs.pdf/norma_lingua.pdf
REGUEIRA FERNÁNDEZ, X.L (1999) “Estándar oral e variación social”, en ÁLVAREZ, R. e VILAVEDRA, D (editores): Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero. T. I. Pp. 855-875. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
REGUEIRA FERNÁNDEZ, X.L. (coord.) (2012): Oralidade: reflexións sobre a lingua falada no século XXI. A Coruña: Real Academia Galega.
Dicionarios:
CARBALLEIRA ANLLO, X.Mª (coord.) (2009): Gran dicionario Xerais da lingua. 2 Volumes. Vigo: Xerais.
CARBALLEIRA ANLLO, X.Mª (coord.) (2011): Dicionario Xerais da lingua. Vigo: Xerais.
FERNÁNDEZ SALGADO, B, (dir) (2004): Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Vigo: Galaxia.
GONZÁLEZ GONZÁLEZ, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega, en https://academia.gal/dicionario
RAG (1997); Diccionario da Real Academia Galega. A Coruña.
REGUEIRA FERNÁNDEZ, X.L. (coord.) (2012): Dicionario de pronuncia da lingua galega, Instituto da Lingua Galega–Real Academia Galega en http://ilg.usc.gal/pronuncia/
Segundo a Memoria oficial do Grao de Cienicas da Cultura e Difusión Cultural, correspóndenlle a esta materia as seguintes competencias: Básicas e Xerais: CG1, CG2, CG3, CG4 e CG5; Transversais: CT1, CT2, CT3 e Específicas: CE4, CE5, CE6.
Ademais, establécense as seguintes competencias propias da materia:
-Distinguir os textos galegos polas súas características específicas.
-Ser capaz de elaborar un discurso coherente e cohesivo que responda ás características do código normativo galego e ós seus trazos fónicos e prosódicos.
-Demostrar capacidade para buscar e atopar solucións a distintas cuestións lingüísticas a través de diferentes recursos (dicionarios, gramáticas, información na rede...)
- Demostrar a súa creatividade e os seus estándares de calidade na realización dos seus traballos individuais e na súa exposición pública.
- Ter consciencia da realidade sociolingüística de Galicia.
- Demostrar que coñece a bibliografía básica da materia, e que manexou as fontes fundamentais da lingua oral e as obras lexicográficas.
Nesta modalidade semipresencial o proceso de ensinanza e aprendizaxe desenvolverase a distancia e segundo as características da formación on-line. As actividades formativas e o traballo do alumnado, así como a titorización e o contacto entre docente e alumnado, realizarase a través da Aula Virtual da materia coa Plataforma Moodle.
A través da Aula virtual da materia, proporcionaráselle ó alumnado material de apoio e guía na súa adquisición dos contidos (esquemas, referencias bibliográficas de lectura obrigada ou de lectura recomendada, documentos de interese, enlaces etc.), establecerase un calendario coas tarefas que pode realizar para a avaliación continua e abriranse foros para o debate e a resolución de dúbidas.
Haberá unha sesión presencial á semana, de asistencia non obrigatoria, que servirá de apoio no proceso formativo.
En liñas xerais, a metodoloxía e a planificación das actividades formativas responderá ó seguinte esquema:
- Nas sesións presenciais, de asistencia non obrigada, a docente explicará os contidos principais do tema e resolverá as dúbidas xurdidas no proceso formativo.
- A docente irá subindo progresivamene á Aula Virtual as tarefas programadas de traballo autónomo do alumnado con vistas á avaliación continua, co seu correspondente calendario, e os documentos ou enlaces recomendables para a aprendizaxe.
- Ó longo de todo o semestre estará aberto un foro para contestar preguntas e resolver dúbidas relacionadas co proceso formativo (“Foro de dúbidas”). Xunto con esta vía para a titorización virtual, tamén se atenderán as necesidades do alumnado no seu proceso de autoaprendizaxe no horario de titorías presenciais da profesora e a través do correo electrónico. Lémbrese que o profesorado non ten obriga de facer titorías en horario non lectivo (fins de semana, festivos e período vacacional).
- A través do “Foro de Novas” comunicarase calquera aviso ou incidencia que afecte o proceso formativo.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE (maio-xuño)
Os criterios de avaliación, coa súa correspondente ponderación serán:
- Tarefas e actividades prácticas programadas e entregadas a través da plataforma virutal no prazo establecido no calendario de tarefas: 40%.
- Breve traballo escrito, que se entregará no prazo establecido: 20%.
- Participación activa nas canles de comunicación establecidas (foros, mensaxería, etc.) e seguimento regular do curso: 10%.
- Exame na data fixada pola Secretaría do Centro: 30%.
SEGUNDA OPORTUNIDADE (mes de xullo):
Os criterios de avaliación, coas súas correspondentes ponderacións, serán os mesmos da primeira oportunidade. Ofrecerase a posibilidade de volver entregar algunhas das tarefas e actividades prácticas programadas, co obxectivo de poder mellorar a puntuación obtida respecto deste criterio na primeira oportunidade ou, se no foron presentadas, facelas por primeira vez. Asemade, incrementarase algunha actividade nova para realizar, por primeira vez e especificamente, para esta segunda oportunidade.
Debe terse en conta que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación e rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta materia optativa de 4,5 créditos ECTS está previsto que o alumnado dedique un total de 112,5 horas de traballo que, segundo figura na Memoria da titulación, se distribúen da seguinte forma:
Actividade presencial (non obligatoria). Clases prácticas: 12 horas
Actividade presencial: Avaliación: 3.5 horas
Actividade presencial: Titorías: 7 horas
Actividade a distancia: Estudo persoal dos contidos virtuais proporcionados pola docente: 30 horas.
Actividade a distancia:Elaboración de traballos: 30 horas
Actividade a distancia. Aprendizaxe virtual: 30 horas.
Recoméndase:
- Asistir ás sesións presenciais, nas que se darán as pautas e orientacións precisas para a realización do traballo autónomo e se poderán comentar os contidos principais de cada tema, especialmente aqueles que supoñan maior dificultade para o alumnado.
As sesión presenciais servirán de apoio no proceso formativo e para resolver todas as dúbidas que poidan xurdir na realización das diferentes tarefas cunha participación directa e en grupo por parte do alumnado.
- Cumprir o ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua.
Segundo figura na Memoria oficial do Grao, é recomendable, aínda que non imprescindible, que o alumnado cursase as materias Lingua Galega e Literatura Galega con anterioridade.