Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
3.1. OBXECTIVOS XERAIS COINCIDENTES COS DO GRAO
Os obxectivos xerais da materia coinciden con algúns dos que aparecen na memoria do grao como obxectivos xerais do mesmo.
Cf. <http://www.usc.es/gl/servizos/sxopra/0313_graos_memorias.html>)
Así p. ex.:
- Proporcionar unha formación xeneralista en distintas disciplinas do ámbito humanístico, que permita coñecer os fundamentos dos estudos históricos, literarios e, neste caso, filosóficos.
- Familiarizar ao estudante cos diferentes sectores que inciden no desenvolvemento da cultura humana, tanto no pasado como na actualidade.
- Reflexionar sobre os problemas do mundo actual e analizar a súa posible evolución coa perspectiva que proporciona o coñecemento dos procesos históricos e o saber humanístico en xeral.
- Comprender as raíces da nosa cultura e os procesos diacrónicos da sociedade e do pensamento que conduciron ao mundo de hoxe.
- Estimular a creatividade para dar respostas adecuadas aos problemas e fomentar o gusto pola innovación.
- Respectar a diversidade étnica, lingüística e cultural a partir do coñecemento da súa xénese histórica. Aproximación aos fundamentos da reflexión teórica en torno á cultura.
Desenvolvemento da capacidade para diferenciar os compoñentes da cultura: tradición, historia, linguaxe, traballo, cosmovisión, identidade individual e colectiva.
Desenvolvemento da capacidade de comunicación intercultural
3.2. OBXECTIVOS XERAIS DA MATERIA
- Aproximarse aos fundamentos da reflexión teórica en torno á cultura.
- desenvolver a capacidade para diferenciar os compoñentes da cultura: tradición, historia, linguaxe, traballo, cosmovisión, identidade individual e colectiva.
- desenvolver a capacidade de comunicación intercultural.
5.1. CONTIDOS
Tema 1. Introdución ao concepto de cultura.
• Presentación. Obxectivos. Criterios de avaliación.
• Etimoloxía e historia da noción de cultura. Unha breve historia das sociedades.
Tema 2. Concepcións críticas da cultura.
2.1. Concepcións críticas da cultura: Marx.
2.2. Concepcións críticas da cultura: Gramsci
2.3. Concepcións críticas da cultura: Freud (I)
2.3. Concepcións críticas da cultura: Freud (II)
Tema 3. Cultura e sociedade de masas.
3.1. A crítica á cultura da Escola de Frankfurt: a industria cultural.
3.2. Cultura e liberdade: Marcuse.
Tema 4. Os estudos culturais.
4.1. O debate culturas de élite / culturas populares.
4.2. A cultura da clase obreira.
Tema 5. Interculturalidade.
5.1. O conflito intercultural.
5.2. Relativismo cultural.
5.3. Postcolonialismo na Galiza?
Tema 6. Xénero e cultura.
6.1. Breve repaso histórico ao feminismo I: os inicios.
6.2. Breve repaso histórico ao feminismo II: a contemporaneidade.
Tema 7. A cultura na sociedade contemporánea.
7.1. Tecnoloxía, espectáculo, diversión.
7.2. Cultura e postmodernidade.
7.3. Outros conceptos de cultura: Luhmann, Pintos, Han e Frank.
5.2. Bibliografía
Antoloxía de textos a traballar nas aulas:
2.2. “Apuntes para unha introdución e unha iniciación no estudo da filosofía e da historia da cultura” en Cadernos do Cárcere, nº 11, 1932-1933.
2.3. Freud, S. (1927) “Capítulo V” en O mal-estar na cultura. Porto Alegre: R&PM, 2010, pp. 117-132.
3.1. Adorno. Th, (1944), “Resumen sobre la industria cultural” en Crítica de la cultura y de la sociedad. Obras completas 10.1. Madrid, España: Akal, pp. 295-302.
3.2. Marcuse, H. (1937), “Acerca del carácter afirmativo de la cultura” en Cultura y sociedad. Buenos Aires, Argentina: Sur, 1967, pp. 7-13, 45-54.
4.1. Williams, R. (1961), “El análisis de la cultura” en La larga revolución. Buenos Aires, Argentina: Nueva Visión, 2003, pp. 51-62.
4.2. Hoggart, R. (1957), “Resumen de las tendencias actuales en la sociedad de masas” en La cultura obrera en la sociedad de masas. Buenos Aires: Siglo XXI, 2013, pp. 335-351.
5.1. Saïd, E. (1993), “Territorios superpuestos, historias entrecruzadas” en Cultura e imperialismo, Barcelona, España: Anagrama, 1996, pp. 35-56.
5.2. Zizek, S. (2008), “La tolerancia represiva del multiculturalismo” en En defensa de la tolerancia. Madrid, España: Sequitur, 2008, pp. 55-70.
5.3. Miguelez, H. (2013), “Quando é que nos tornamos sentimentais?” en Galiza, um povo sentimental? Género, política e cultura no imaginário nacional galego. Compostela, Espanha: 2014, pp. 13-33.
6.1. Matellart, “I. Apuntes sobre lo moderno: una lectura de la revista femenina” en La cultura de la opresión femenina, Mexico: Era, 1977, pp. 29-66.
6.2. Judith Butler, Introducción en Cuerpos que importan: sobre los límites discursivos y materiales del ‘sexo’, Buenos Aires: Paidós, 2002, p. 17-33.
7.1. Neil Postman, “1. El juicio de Thamus” en Tecnopolis. La rendición de la cultura a la tecnología, Barcelona, España: Galaxia Gutenberg Círculo de Lectores, 1997, pp. 9-34.
7.2. Fredric Jameson, “A logica cultural do capitalismo tardio. Punto I”, en Pós-modernismo. A logica cultural do capitalismo tardio, Lisboa, Portual: Atica, 1997, pp. 27-43.
7.3. Harari, Y.N. “El concepto de cultura” Sapiens. De animales a dioses. Debate. Madrid 2019
7.4. Luhmann, N. (1997). La cultura como concepto histórico. Historia y Grafía UIA, 8, 11–33.
Bibliografía Ampliada de consulta para o alumnado
Choza, J. (2013), Filosofía de la cultura. Sevilla, España. Thémata
Dussel, E. (2006), Filosofía de la cultura y de la liberación. México D.F., México: Universidad Autónoma de la Ciudad de México.
Husserl, E. (1931), Renovación del hombre y de la cultura: cinco ensayos. Barcelona, España: Anthropos, 2002.
Llinares, J. B. & Sánchez, N. (eds.) (2002), Ensayos de filosofía de la cultura. Madrid, España: Biblioteca Nueva.
Mate, R. & Guariglia, O. & Olivé, L. (2017), Filosofía iberoamericana del siglo XX. Volumen 33/II, Filosofía práctica y filosofía de la cultura. Madrid, España: Trotta&CSIC.
Mosterín, J. (1993), Filosofía de la cultura. Madrid, España: Alianza.
San Martín, J. (1999), Teoría de la cultura. Madrid, España: Síntesis.
Sobrevilla, D. (ed.) (1998), Filosofía de la cultura. Enciclopedia iberoamericana de filosofía. 15. Madrid, España: Trotta.
Bibliografíua empregada para a elaboración da guía docente
Borgards, R. (ed.), (2010), Texte zur Kulturtheorie und Kulturwissenschaft. Leipzig, Alemania: Reclam.
Burkard, F-P. , (2000), Kulturphilosophie. München, Alemania: Alber.
Därmann, I. & Jamme, Ch. (eds.) (2007), Kulturwissenschaften. Konzepte, Theorien, Autoren. München
COMPETENCIAS PROPIAS DA MATERIA
4.1.1. Desenvolvemento da capacidade para identificar os PROBLEMAS fundamentais abordados tradicionalmente pola filosofía da cultura e pola tradición da filosofía humanística, o cosmopolitismo e a filosofía crítica.
4.1.2. Coñecemento dos CONCEPTOS fundamentais nos que se artellaron ditos problemas a partires dos TEXTOS FONTES e dos contextos nos que os sitúa cada AUTOR.
4.1.3. Desenvolvemento dun PUNTO DE VISTA REFLEXIVO e CRÍTICO en relación coa situación do ser humano no momento actual e no contexto da denominada GLOBALIZACIÓN.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DO GRAO.
(CB=Competencias básicas; CX=Competencias xerais; CT=Competencias transversais; CE= Competencias específicas)
En relación coas competencias propias da titulación, nesta materia adicarase especial atención a:
CB2 - Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación de xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e da resolución de problemas dentro da sua área de estudo.
CB3 - Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da sua área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión encol de temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os/as estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os/as estudantes desenvolvan as habelencias de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CX1 - Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos na área das Humanidades e da Cultura como resultado da súa educación secundaria xeral, conseguidos tanto a través de libros de texto avanzados, como procedentes da vangarda destes dos campos de estudio.
CX2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro das áreas das Humanidades e da Cultura.
CX3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (relativos aos contidos no Grao de Ciencias da Cultura e Difusión cultural) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CX4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CX5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CT1 - Capacidade de emprego correcto e coherente dunha lingua estranxeira en situacións comunicativas diversas.
CT2 - Redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos.
CT3 – Habilidade no emprego das novas tecnoloxías.
CE7 - Coñecer o funcionamento das novas formas de acceder, apropiarse e transmitir información.
CE8 - Habilidade na xestión de comunicación cultural e a súa difusión por todas as canles de distribución del ámbito literario, musical e audiovisual.
CE9 - Adquirir a capacidade e o espírito emprendedor que propicien a creación e impulso de proxectos culturais, comunicativos e educativos.
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só pode matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría co docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
Nesta modalidade semipresencial este proceso de titorización e de contacto entre o docente e o alumnado realizarase a través da aula virtual da materia e a través de MSTeams.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
Na modalidade de docencia semipresencial é indispensable o traballo constante e continuo, o que obriga a entrar na aula virtual cando menos un par de veces á semana ao longo de todo o cuadrimestre.
Nesta situación de extinción do título, o fundamental é que o estudante establezca contacto co profesor para concertar actividades de titorización que axuden a superar a materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
Manuel Torres Cubeiro
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Correo electrónico
- manueltorres.cubeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
22.05.2024 10:00-12:30 | Grupo de exame | Aula 12 |
25.06.2024 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 12 |