Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
- Proporcionar ao alumno/a de Ciencias da Cultura unha visión panorámica da diacronía literaria española, desde a Idade Media á Contemporánea.
- Preparar ao alumno/a para que afronte o estudo do teatro, a prosa e a poesía española desde a Idade Media ao Modernismo coa axuda dos métodos filolóxicos adecuados, e a través da análise e interpretación dos máis destacados autores e obras.
- Rastrexar, a través dun percorrido primordialmente inductivo, os procesos de elaboración textual específicos dos períodos medieval, renacentista, barroco, neoclásico, romántico e realista-naturalista.
- Identificar tendencias estéticas propias de cada época histórico-literaria.
- Aprender a comentar e analizar un texto literario.
I. O COMENTARIO DE TEXTOS LITERARIOS.
Lectura obrigatoria para todos os temas do programa:
Breve antoloxía de textos poéticos representativos da historia da poesía española desde as súas orixes ata o século XIX (proporcionarase a través da aula virtual)
II. A LITERATURA ESPAÑOLA MEDIEVAL.
Principais xéneros, escolas, autores e obras.
Lectura obrigatoria:
Fernando de Rojas, La Celestina, ed. de D. Severin, Madrid, Cátedra.
III. A LITERATURA ESPAÑOLA DO RENACEMENTO E O BARROCO.
Principais autores, obras e correntes estéticas.
Lecturas obrigatorias:
Miguel de Cervantes, Primera Parte del Ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha, ed. Francisco Rico, Barcelona, Crítica; renovada en Barcelona, Galaxia Gutenberg-Círculo de Lectores / ed. de Francisco Rico, Real Academia Española, revisada en Alfaguara / ed. L. A. Murillo, Castalia / ed. Martín de Riquer (varias editoriais: Planeta, Círculo de Lectores) / ed. Alberto Blecua, Espasa Calpe, Austral.
Edición en liña do Instituto Cervantes dirixida por Francisco Rico (inclúe notas, introdución e apéndices):
http://cvc.cervantes.es/literatura/clasicos/quijote/
Lope de Vega, Fuenteovejuna, ed. A. Blecua, Madrid, Alianza Editorial; ed. Donald McGrady, Barcelona, Crítica; ed. F. López Estrada, Madrid, Castalia; ed. J. Mª. Marín, Madrid, Cátedra. Tamén, se fose necesario, edición en liña de Rinaldo Froldi, en Biblioteca Virtual Cervantes. Madrid, Espasa-Calpe, 1998 (Colección Austral). Esta edición carece de notas polo que se recomenda ler o texto nunha das edicións citadas en papel.
http://www.cervantesvirtual.com/obra/fuente- ovejuna--1/
IV. A LITERATURA ESPAÑOLA DOS SÉCULOS XVIII E XIX.
IV. I. ILUSTRACIÓN E NEOCLASICISMO.
Trazos principais da Ilustración. O Neoclasicismo.
Características fundamentais da literatura ilustrada e neoclásica española, autores principais e obras representativas.
IV. II. ROMANTICISMO
Trazos definitorios da estética romántica.
O Romanticismo español: características literarias, autores principais e obras representativas.
IV. III. REALISMO
Trazos definitorios da estética realista.
O Realismo español: características literarias, autores principais e obras representativas.
Lecturas obrigatorias (proporcionaranse os textos a través da aula virtual):
“El indulto” e “Viernes Santo” de Emilia Pardo Bazán.
“Adiós Cordera” de Leopoldo Alas Clarín.
Lecturas recomendadas (non obrigatorias):
Zorrilla, José, Don Juan Tenorio, ed. Fernández Cifuentes, Crítica.
Pardo Bazán, Emilia, Los Pazos de Ulloa, ed. E. Penas, Barcelona, Crítica; ed. de Mª A. Ayala, Madrid, Cátedra; ed. de M. Mayoral, Madrid, Cásicos Castalia.
SECCIÓN PRÁCTICA
Programa de actividades obrigatorias:
1. O comentario de textos. Orientacións xerais.
2. Control de lectura: La Celestina.
3. Comentario: La Celestina.
4. Comentario: Poesía do Século de Ouro.
5. Control de lectura: Quijote.
6. Comentario: Quijote.
7. Control de lectura: Fuenteovejuna.
8. Comentario: Fuenteovejuna.
Preséntase a continuación unha bibliografía xeral de consulta e apoio. Na aula virtual poderanse encontrar detallados para cada un dos temas da materia os materiais necesarios para a súa preparación ou a bibliografía secundaria de lectura obrigatoria.
Bibliografía básica (manuais):
Alvar, C., J.-C. Mainer y R. Navarro Durán, Breve historia de la literatura española, Madrid, Alianza, 1998.
Pedraza Jiménez, Felipe y Milagros Rodríguez Cáceres, Las épocas de la literatura española, Barcelona, Ariel, 1997.
Pedraza Jiménez, Felipe y Milagros Rodríguez Cáceres, Historia esencial de la literatura española, Madrid, EDAF, 2008, 3ª ed. actualizada e revisada.
Bibliografía complementaria (historias da literatura española):
Alborg, Juan Luis, Historia de la Literatura española. Volúmenes I. Edad Media y Renacimiento, II. Época barroca III. El siglo XVIII. IV. El Romanticismo, Madrid, Gredos, 1966-1980 (e reedicións).
Deyermond, Alan D. (coord.), Historia de la literatura española. I. La Edad Media, Barcelona, Ariel, 1986-1994. Vol. 1: La Edad Media / A.D. Deyermond; 16ª ed. de José-Carlos Mainer. Vol. 2: Siglo de Oro: prosa y poesía (siglos XVI y XVII) / R.O. Jones; 10ª ed. rev. por Pedro M. Cátedra. Vol. 3: Siglo de Oro: teatro (1492-1700) / Edward M. Wilson, Duncan Moir ; 7ª ed. rev. por José-Carlos Mainer. Vol. 4: El siglo XVIII / Nigel Glendinning; 5ª ed. aum. por José-Carlos Mainer. Vol. 5: El siglo XIX / Donald L. Shaw; 9ª ed. aum. por José-Carlos Mainer.
García de la Concha, V. (ed.), Historia de la literatura española, Madrid, Espasa-Calpe, 1995-1998. Só se publicaron os volumes dos séculos XVIII e XIX. V. 6: Siglo XVIII (I) coordinador Guillermo Carnero. V. 7: Siglo XVIII (II) coordinador Guillermo Carnero. V. 8: Siglo XIX (I) coordinador Guillermo Carnero. V. 9: Siglo XIX (II) coordinador Leonardo Romero Tobar.
Mainer, José Carlos (dir.), Historia de la literatura española, Barcelona, Crítica:
Lacarra, María Jesús y Juan Manuel Cacho Blecua, Historia de la Literatura Española I. Entre oralidad y escritura: la Edad Media, Barcelona, Crítica, 2012. García López, Jorge, Eugenia Fosalba y Gonzalo Pontón, Historia de la literatura española II. La conquista del clasicismo 1500-1598, Barcelona, Crítica, 2013. Ruiz Pérez, Pedro, Historia de la literatura española III. El siglo del arte nuevo (1598-1691), Barcelona, Crítica, 2010. Albiac Blanco, María Dolores, Historia de la literatura española IV. Razón y sentimiento 1692-1800, Barcelona, Crítica, 2012. Alonso, Cecilio, Historia de la literatura española V. Hacia una literatura nacional 1800-1900, Barcelona, Crítica, 2010.
Menéndez Peláez, Jesús (coord.), Historia de la literatura española, León, Everest, 1993-1995, y reedición en 2005. Menéndez Peláez, Jesús, Historia de la literatura española. I. Edad Media, León, Everest, 2005. Menéndez Peláez, Jesús, Historia de la literatura española. II. Renacimiento, León, Everest, 2005. Menéndez Peláez, Jesús, I. Arellano, J.M. Caso, M.T. Caso, J.M. Martínez Cachero, Historia de la literatura española. III. Siglos XVIII, XIX y XX, León, Everest, 2005.
Pedraza Jiménez, Felipe y Milagros Rodríguez Cáceres, Manual de Literatura española, I. Edad Media. II. Renacimiento. III. Barroco. Introducción. Prosa y Poesía. IV. Barroco. Teatro. V. Siglo XVIII y Romanticismo, Pamplona, Cenlit, 1980.
Rico, Francisco (dir.), Historia y crítica de la literatura española, Barcelona, Crítica.
Historia y crítica de la literatura española. Edad Media, coord. Alan Deyermond y ed. xeral de F. Rico, Barcelona, Crítica, 1979. Primer Suplemento, 1991.
Historia y crítica de la literatura española. Siglos de Oro: Renacimiento, coord. de F. López Estrada y ed. general de F. Rico, Barcelona, Crítica, 1980. Primer Suplemento, 1991.
Historia y crítica de la literatura española. Siglos de Oro. El Barroco, coord. de Bruce Wardropper y edición xeral de Francisco Rico, Barcelona, Crítica, 1983. Primer suplemento, coord. de Aurora Egido, 1992.
Historia y crítica de la literatura española. Ilustración y Neoclasicismo, coord. de J. M. Caso González, Barcelona, Crítica, 1983. Primer Suplemento coord. de David T. Gies, 1992.
Historia y crítica de la literatura española. Romanticismo y Realismo, Iris M. Zavala coord., Barcelona, Crítica, 1982. Primer suplemento, 1994.
-Distinguir os distintos períodos da historia literaria española desde a súa etapa medieval á contemporánea.
-Relacionar os textos lidos coas épocas e tendencias estéticas a elas asociadas.
-Establecer modalidades de escritura, en relación cos xéneros literarios, a súa historia e os seus cultivadores.
-Manexar unha terminoloxía crítica adecuada e específica.
-Saber ler descubrindo nos textos seleccionados o seu contido e a súa forma expresiva.
-Redactar con claridade e sen erros.
Esta materia permite desenvolver especialmente as seguintes competencias xerais e destrezas establecidas no plan de estudos do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural:
a) Competencias transversais:
- T2 Redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos.
b) Competencias específicas do Módulo de Formación Humanística:
- E4 Adquisición de coñecementos profundos acerca desta materia do ámbito humanístico.
- E5 Capacidade de elaboración de comentarios razoados e críticos de obras e textos literarios.
- E6 Habilidade na elaboración, redacción e presentación dun traballo escrito de iniciación elemental á investigación.
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só pode matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría co docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
Ao tratarse dunha materia sen docencia, a avaliación consistirá nun exame final, que terá lugar no día e hora establecidos oficialmente polo centro. A cualificación obtida representará o 100% da nota final da materia. O exame consistirá na realización dun comentario de texto dun poema ou dun fragmento dunha das lecturas obrigatorias da materia (60% da nota) e no desenvolvemento dun tema amplo (40% da nota). Na segunda oportunidade o sistema será o mesmo. A cualificación desta materia non se basea só na asimilación dos contidos ou na demostración de destrezas, senón tamén na correcta ortografía e expresión.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións.
Titorías programadas: 3 horas. Poderían ser máis se o alumnado necesítao.
Lecturas obrigatorias e preparación de exames: 50 horas.
Ter unha titoría coa profesora a comezos de curso para programar o estudo da materia.
Ler os textos literarios que conveñan de maneira analítica, con perspectiva histórica.
Consultar a bibliografía secundaria básica.
Solicitar sesións de titorías se houbese calquera dificultade de aprendizaxe.
Mª De Los Desamparados Juan Bolufer
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Correo electrónico
- amparo.juan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
10.01.2024 10:00-12:30 | Grupo de exame | Aula 13 |
20.06.2024 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 13 |