Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Medieval
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Proporcionarlle ao alumno/a un coñecemento global da época medieval, cunha especial incidencia na formación das tres áreas culturais do mundo mediterráneo, despois da crise da Romanidade, e nas orixes e evolución históricas da Europa da Idade Media, ofertándolle unha visión sintética, razonada e multicausal, que integre elementos políticos, económicos, sociais e culturais nun contexto de comprensión global dos procesos históricos pasados e presentes, e no marco da interdisciplinariedade propia do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.
0.- Introducción á Idade Media: tempo, espazo e coñecemento.
I.- A crisise do Mundo Antigo e a parcelación da área mediterránea (séculos. III-X):
1.- Romanidade e Xermanidade nos ss. III-V.
2.- A formación das tres áreas de civilización mediterránea (ss.VI-VII): Europa xermánica, Bizancio e Islam.
3.- A evolución diverxente das tres áreas de civilización mediterránea (ss.VIII-X).
II.- A consolidación do Occidente medieval cristián (séculos XI-XIII):
4.- A ampliación do marco xeográfico europeo-occidental.
5.- A Cidade de Dios e a realidade temporal.
6.- O Imperio romano-xermánico e as monarquías feudais.
III.- Crise e transformación da Europa Occidental (séculos XIV-XV):
7.- Depresión e recuperación na sociedade europea baixomedieval.
8.- As novas bases de articulación da Europa cristiá occidental.
9.- O triunfo final da hexemonía monárquica nos estados medievais.
José Ángel GARCÍA DE CORTÁZAR e José Ángel SESMA, Manual de Historia Medieval, Madrid, Alianza Editorial, 2008.
Vicente ALVAREZ PALENZUELA e outros, Historia Universal de la Edad Media, Barcelona, Ariel, 2002.
José Manuel NIETO SORIA, Europa en la Edad Media, Madrid, Akal, 2016.
Julián DONADO e Ana ECHEVARRÍA, Historia Medieval I: siglos V-XII, Madrid, Editorial Ramón Areces, 2014.
Emilio MITRE, Historia de la Edad Media en Occidente, Madrid, Cátedra, 1995.
Salvador CLARAMUNT e outros, Historia de la Edad Media, Barcelona, Ariel, 1992.
Robert FOSSIER, La Edad Media, Barcelona, Crítica, 1988, 3 vv.
Outras obras de consulta:
Angus MACKAY e David DITCHBURN, Atlas de Europa medieval, Madrid, Cátedra, 2011.
Herman KINDER e Werner HILGEMANN, Atlas histórico mundial (I), Madrid, Istmo, 1999.
Atlas "The Times" de Historia de la Humanidad, Barcelona, GSC, 1994.
Transversais:
- Comunicación oral e escrita na lingua nativa
- Capacidade de análise e síntese
- Capacidade de organización e planificación
- Traballo en equipo
- Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade
- Compromiso ético
- Aprendizaxe autónoma
- Creatividade
- Adaptación a novas situacións
Específicas:
- Coñecemento dos contidos básicos a partir dos que se estrutura a evolución histórica da Europa medieval.
- Capacidade de análise crítica e construtiva de situacións actuais e pasadas
- Capacidade para ler e interpretar información en todo tipo de soportes
- Capacidade de lectura crítica e comprensiva
Metodoloxía da ensinanza
A ensinanza da materia participa dun sistema mixto que orienta o proceso de aprendizaxe, de acordo coa súa propia división en créditos de carácter teórico e de carácter práctico. Deste xeito, unha parte dos contidos (os de carácter máis básico e xeral ou aqueles de carácter máis complexo), son impartidos polo docente recorrendo á fórmula da "clase maxistral", apoiada no emprego de medios audiovisuais e no manexo de mapas, gráficos e estatísticas, na lectura de textos axeitados ao tema tratado e na realización de comentarios na propia aula, a partir de materiais previamente entregados. Estas clases será complementadas coas gravacións, materiais auxiliares e recurso audiovisuais e en liña proporcionados a través da Aula Virtual da materia. Unha parte substancial do curso desenvólvese a partir do traballo dos alumnos/as realizado fóra do horario lectivo (actividade academicamente dirixida fóra da aula), consistente na realización (tanto individual como en grupo) de actividades diversas: lectura e recensión de libros, a visión de películas alusivas ao tema que se está a tratar, excursións formativas, asistencia a cursos e conferencias. Especificamente, para fomentar a personalización da súa formación intelectual e a xeración dun espírito crítico, o alumno/a ten que realizar, para a plena superación do proceso de aprendizaxe, unha recensión crítica dunha obra dentro da bibliografía e a temática suxeridas polo docente da materia. Así mesmo, como unha actividade máis dirixida á súa formación transversal, realizanse prácticas dirixidas de comentario de textos históricos na aula, incitando así aos alumnos/as a enfrontárense a un público pendente das súas explicacións, ao tempo que deste xeito se produce unha socialización de coñecementos da que participa todo o grupo de estudo.
a) Unha proba teórica, consistente no desenvolvemento dun tema extraído do programa da materia e a realización dun comentario de texto histórico axeitado aos seus contidos. A súa cualificación proporcionará o 75% da nota final.
b) Unha proba práctica, consistente na realización dun traballo bibliográfico sobre unha das obras suxeridas polo profesor ou propostas polo alumno/a e aceptadas por aquel. A súa cualificación equivalerá ao 12'5% da nota final.
c)Unha proba teórico-práctica, consistente na elaboración e exposición en grupo dun dos epígrafes do programa, correspondente ó bloque III do Programa. A súa cualificación equivalerá ó 12'5% da nota final.
A realización de ambas as dúas probas é necesaria para superar a materia. O prazo para a admisión dos traballos rematará o día do exame final e a súa ausencia comporta a cualificación de "Non Presentado". A asistencia á clase e a participación nas aulas prácticas e actividades extraaulares serán tidas en conta na avaliación final da aprendizaxe. Para aqueles alumnos con dispensa de asistencia se adoptará un modelo de seguimento da materia e realización de actividades a través do Campus Virtual.
O sistema de cualificación é válido tanto para a primeira oportunidade
como para a segunda. A avaliación positiva de certas actividades (exame e
traballos individual e de grupo) poderá ser conservada para a oportunidade de
recuperación e/ou durante dous cursos académicos (alumnos repetidores), sempre que
así o solicite o alumno interesado e o profesor dea a súa aprobación.
Horas de actividade presencial: 60 horas
.- Sesións expositivas: 24 horas
.- Sesións de seminario: 24 horas
.- Tutorias, evaluación e outras(cineforum): 12 horas.
Horas de actividade non presencial: 90 horas.
.- Estudo e preparación de clases: 30 horas
.-Traballos de curso: 20 horas.
.-Lecturas de bibliografía e materiais: 20 horas
.- Preparación de exames e outros: 20 horas.
Total: 150 horas.
Tendo en conta a amplitude e relativa complexidade dos contidos da materia e o seu carácter de materia troncal, é altamente recomendable o dedicar un tempo diario á súa preparación, que debería facerse recorrendo á realización de esquemas que permitan unha ordenación e xerarquización dos contidos para facilitar o seu estudo e asimilación. De igual xeito, é case imprescindible o recurso á bibliografía de apoio xeral e a específica de cada tema para complementar e suplementar a docencia maxistral, así como as suxestións de lectura do profesor e o manexo de atlas, dicionarios especializados e outras fontes informativas editadas ou informatizadas, sen excluír a lectura, visión e análise dos medios de comunicación diaria, como un xeito de relacionar coñecementos e procesos históricos. Así mesmo, convén, na realización do traballo bibliográfico obrigatorio, coidar tanto a expresión como a presentación no aspecto formal, ao igual que a creatividade persoal e o rigor crítico no eido dos contidos.
1.-Docencia presencial: exposicións temáticas do docente, comentarios de textos históricos, exposicións en grupo de alumnos/as.
2.- Actividades académicamente dirixidas: lectura e recensión de libros, prácticas de iniciación básica á investigación, cine-forum.
No caso de reducción ou suspensión da docencia presencial por razóns sanitarias, pasaríase a un modelo de docencia non presencial en parello co grupo da modalidade semipresencial. En previsión desa posible circunstancia, se ofertarán via Campùs Virtual os guións de cada apartado do programa, así como os materiais complementarios (esquemas, videos, gravacións de clases, mapas e gráficos, etc.), de xeito que o alumnado poida dispor da información necesaria para poder seguir a materia sen asistir ás aulas.
Jose Carlos Baliñas Perez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Correo electrónico
- carlos.balinas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 15 |
Mércores | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 12 |
21.05.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
29.06.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |