Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Acadar un coñecemento integral dos grandes temas da historia mundial dende 1945 ata a actualidade.
- Amosar cómo os principais acontecementos históricos posteriores á Segunda Guerra Mundial ofrecen as claves para unha comprensión global do noso presente histórico.
- Adquirir un coñecemento básico dos principais métodos, técnicas e instrumentos de análise do historiador.
- Potenciar a capacidade para presentar oralmente e por escrito os temas e problemas obxecto de estudo.
1. Introducción e prantexamento xeral.
As consecuencias directas (balance e destruccións) e a largo prazo da Segunda Guerra Mundial. O proxecto de construcción dun novo orden internacional.
2. O mundo entre dous bloques: a guerra fría.
O fin da guerra e a configuración dos bloques; concepto, fases e implicacións- nacionais e internacionais- da guerra fría; a primeira fase: de Berlin a Corea; da "coexistencia armada" á distensión;a reactivación dos anos 80; o derrubamento do bloque socialista e o "fin oficial" da guerra fría; conflictos bélicos e principais puntos de tensión: Corea, Cuba, Vietnam, Afganistán; a guerra fría en América Latina.
3. O bloque socialista: a Unión Soviética e os países do Leste.
A reconstrucción e o estalinismo posbélico; a construcción das "democracias populares" na Europa do Leste; a "desestalinización" e os proxectos de Jrushchov; a crise de 1956; estancamento do modelo comunista: a era Breznev e a primavera de Praga; a implosión: da perestroika ó afundimento do sistema "socialista"; a disolución da URSS e a caída do bloque : a crise das "democracias populares".
4. O socialismo real fora do bloque: o modelo chino, outros modelos.
5. O bloque capitalista: evolución política e económica.
Os Estados Unidos: de lider do mundo occidental a única superpotencia; as democracias de Europa Occidental: concepto, características e politicas nacionais; a excepción do Sur: Grecia, Portugal, España;crecemento económico e Estado de Benestar; a recesión económica dos anos setenta e a crise do modelo; a contrarrevolución conservadora; Occidente en Oriente: a peculiaridade do caso xaponés.
6. Os novos movementos sociais e culturais: as décadas dos sesenta e setenta.
7. A descolonización .
O impacto da Segunda Guerra Mundial: os factores da descolonizacion; política nacional e nacionalismos: as vías cara á independencia;o modelo francés e o modelo británico; independencia política e dependencia económica; os novos Estados de Africa; os novos Estados de Asia; o novo Estado de Israel: o permanente conflicto de Oriente Medio.
8. O "Terceiro Mundo": un mundo dentro do mundo.
Descolonización, neocolonialismo e subdesenvolvemento: teorías e interpretacións; estratificación mundial e globalización: os pobres da terra; a traxedia de Africa; xeopolítica da pobreza.
9. A herdanza do século XX: os grandes problemas do mundo actual.
O fin do socialismo real e o novo imperio norteaméricano; vellos e novos conflictos: a permanencia da guerra; o triunfo do neoliberalismo e a crise global.
ARACIL, R. et al: El mundo actual. De la Segunda Guerra Mundial a nuestros días, Barcelona, UAB, 1998.
ARTOLA, M., PEREZ LEDESMA, M., Contemporánea. La historia desde 1776, Alianza, Madrid, 2005.
CALVOCORESSI, P., Historia política del Mundo Contemporáneo. De 1945 a nuestros días, Madrid, Akal, 1987.
COOK, C., STEVENSON, J., Guía de Historia Contemporánea de Europa, Madrid, Alianza, 1994.
COOK, C., Diccionario de términos históricos, Madrid, Alianza, 1997.
DIEZ ESPINOSA, J,R., et al., Historia del mundo actual (desde 1945 hasta nuestros días), Valladolid, Universidad de Valladolid, 2006.
FONTANA, J., Por el bien del Imperio. Una historia del mundo desde 1945, Barcelona, Ediciones de Pasado y Presente, 2011.
FULBROK, M, Europa desde 1945, Barcelona, Crítica, 2002.
HOBSBAWM, E., Historia del siglo XX, Barcelona, Crítica, 1998.
HOBSBAWM, E., Un tiempo de rupturas. Sociedad y cultura en el siglo XX, Barcelona, Crítica, 2019.
JUDT, T., Posguerra. Una historia de Europa desde 1945, Madrid, Taurus, 2006.
KINDER, H., HILGEMANN, W., Atlas Histórico Mundial, vol II: De la Revolución Francesa a nuestros días, Madrid, Istmo, 1996.
LACOSTE, Y., Geopolíica. La larga historia del presente, Madrid, Síntesis, 2009.
MARTINEZ CARRERAS, J.U. et al., Historia del mundo actual, Madrid, Marcial Pons, 1996.
MARTINEZ RUEDA, F., URQUIJO, J., Materiales para la historia del mundo actual, Madrid, Istmo, 2006.
OVERY, R., BROTONS MUÑOZ, A., Atlas histórico del siglo XX, Madrid, Akal, 2009.
PAREDES, J., Historia Universal Contemporánea, Barcelona, Ariel, 2004.
PROCACCI, G., Historia general del siglo XX, Barcelona, Crítica, 2001.
SWIFT, J, VAZQUEZ RAMIL, R., Atlas histórico de la guerra fría, Madrid, Akal, 2008.
TOBOSO SANCHEZ, P., Diccionario de historia del mundo actual, Madrid, Alianza, 2005.
VEIGA, F., et al., La paz simulada. Una historia de la guerra fría, 1941-1991, Madrid, Alianza, 2006.
VILLANI, P., La edad contemporánea, 1945 hasta hoy, Barcelona, Ariel, 1997.
VV.AA., Historia actual del mundo, Barcelona, Síntesis, 2016.
VILLARES, R., BAHAMONDE, A., El mundo contemporáneo, siglos XIX y XX, Madrid, Taurus, 2001.
ZORGBIBE, Ch., Historia de las relaciones internacionales, 2. Del sistema de Yalta a nuestros días, Madrid, Alianza, 1997
COMPETENCIAS ESPECIFICAS:
. Dominio e correcta comprensión dos conceptos e o vocabulario histórico.
. Capacidade de síntese e análise crítico.
. Capacidade de presentar de forma oral e escrita os temas e problemas obxecto de estudo.
. Dominio da bibliografía básica sobre a materia.
. Capacidade de búsqueda, valoración e critica de fontes bibliográficas, documentais, audiovisuais, etc. de cara á realización de traballos históricos.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
. Localizar e seleccionar de forma crítica a información que se precise a nivel de bibliografía e material de apoio.
. Elaborar con rigor un traballo de síntese bibliografica ou recensión histórica.
. Acadar una correcta, lóxica e ordenada exposición oral e escrita.
. Organizarse e traballar en grupo.
CLASES TEORICAS :
1. Explicación pola profesora dos contidos básicos e introducción aos temas propostos no programa da asignatura. Actividade presencial na aula.
2. Presentación do material de apoio e bibliografía específica que sirva para complementar a exposición teórica.
CLASES PRACTICAS PRESENCIAIS:
1. Exposición oral por parte do alumnado dos traballos referidos a calquera dos apartados do tema obxecto de estudo.
2. Debate crítico e razoado sobre as conclusións obtidas.
3. Tanto as exposicións orais como o debate razoado servirán para valorar o nivel de lectura, análise, comprensión e exposición acadado polo alumno.
4. A elaboración por escrito destas exposicións orais será condición indispensable, valorándose a craridade nos conceptos, o dominio do vocabulario, a capacidade de síntese, o uso corecto das citas e bibliografía, etc.
TUTORIZACION PERSONALIZADA:
Adicada a orientar ao alumnado de cara á elaboración dos traballos realizados.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
1.- A ASISTENCIA ás aulas é OBRIGATORIA. Trátase dun sistema de AVALIACION CONTINUA. Polo tanto, una ausencia superior ó 20% imposibilitará a avaliación do alumno. As ausencias deberán xustificarse.
Ao marxe da elaboración de traballo/exame final, avaliaráse o TRABALLLO DIARIO que o alumno faga en relación co desenvolvemento das sesións teóricas e prácticas: lectura crítica da bibliografía básica e específica, presentación oral e por escrito dos traballos correspondentes e as intervencións razoadas nos debates de aula.
2.- En base a este criterios a CUALIFICACION FINAL obtense de:
A.- (30% da nota)
. Asistencia e participación activa nas sesións presenciais teóricas e prácticas.
. Exposición oral dos traballos correspondentes, nos que avaliarase tanto o nivel de contidos acadados como os recursos didácticos empregados.
. A exposición na data acordada será un requisito indispensable.
B.- (30% da nota)
. Elaboración por escrito destas exposicións.
. A entrega puntual dos traballos será un requisito indispensable.
C.- (40% da nota)
Segundo a evolución do curso - nivel de contidos acadado, nivel das exposicións orais e traballos escritos, uso de material didáctico e de apoio, bibliografía empregada, tec.- optaráse por:
- Exame final dos temas traballados na aula.
- Un traballo final de sintese histórica , individual ou en grupo en base a bibliografía específica ou unha recensión /traballo escrito sobre unha mono.grafía que se considere de interese para a comprensión global da materia
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
- Traballos escritos sobre calquer tema do programa, ata un total de 5 traballos (70%)
- Exame / Traballo final (30%)
Os estudantes que teñan concedida polo Decanato a DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASES e, polo tanto, non poidan seguir a avaliación continua recibirán a cualificación obtida no exame de toda a materia que se realizará na data fixada pola Secretaría do Centro para a segunda oportunidade (mes de xullo).
CONVOCATORIAS POSTERIORES. Para os alumnos que suspendesen a materia, nas convocatorias de anos sucesivos rexirá o sistema de avaliación que vén de ser fixado para a segunda oportunidade (xullo) coas dúas posibles situacións. Os alumnos que decidan repetir a materia asistindo novamente a clase e implicándose en todas as actividades que se realicen no período ordinario serán cualificados seguindo os criterios de avaliación ordinaria para alumnos de primeira matrícula.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS:
Sesións expositivas: 24 h.
Sesións interactivas: 24 h.
Sesións tutoria programadas: 6 h.
Sesións de avaliación: 4.h.
Outras actividades: 2h.
Total horas actividad presencial: 60
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS:
Estudio e preparacion de actividades programadas en clase: 30 h.
Realizacion de traballos de diverso tipo: 20h.
Lecturas: 20 h.
Preparacion de traballos finais/ examen final: 20 h.
Total horas de actividade non presencial: 90
. Asistencia ás sesións presenciais.
. Participacion activa en ditas sesións como método de adquisicón de contidos, resolucion de dubidas ou conflictos no apreendizaxe da materia.
. Lectura previa ás sesións expositivas de manuais ou bibliografia básica.
. Utilización de bibliografia xeral e especifica para a realizacóon de traballos.
. Consulta de atlas históricos e diccionarios de térmos históricos.
. Especial atención e cuidado á exposición oral -obxectivos básicos,contidos craros e recursos didácticos- e escrita - redaccion, citas, bibliografia utilizada, etc.-.
PLAN DE CONTINXENCIA
APARTADO DE METODOLOXIA
ESCENARIO 1. NORMALIDADE ADAPTADA queda especificado nos ítems anteriores, en cada apartado correspondente.
Se non se pode manter o ESCENARIO1 de NORMALIDADE ADAPTADA, as correspondentes sesións e actividades adpataranse aos diferentes escenarios que poidan xurdir por mor da COVID-19 do seguinte xeito:
ESCENARIO 2. DISTANCIAMENTO
-A docencia expositiva e interactiva de carácter presencial convivirá coa virtual, de acordo co que dispoña a USC ou a Facultade de Humanidades. As titorías realizaranse preferentemente de xeito virtual.
- A avaliación formativa será avaliación continua sen proba final presencial.
- O contacto telemático co alumnado establecerase a traés da aula virtual Moodle, da área de traballo Microsoft TEAMS e do correo-e da USC.
- A través do "Foro de Novas" comunicarase calquera aviso ou incidencia que afecte ó proceso formativo.
ESCENARIO 3. PECHE DAS INSTALACIÓNS
- A docencia (expositiva, interactiva e titorías) será completamente de carácter virtual.
- A avaliación formativa será avaliación continua sen proba final presencial.
- O contacto telemático co alumnada establecerase a través da aula virtual Moodle, da área de traballoMicrosoft Teams e do correo-e da USC.
- A través do "Foro de Novas" comunicarase calquera aviso ou incidencia que afecte ó proceso formativo.
APARTADO DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE
O ESCENARIO 1. NORMALIDADE ADAPTADA queda especificado no ítem correspondente.
ESCENARIOS 2 e 3
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
- Mediante avaliación continua (avaliación non presencial sen proba final).
- Os criterios de avaliación das actividades programadas, coa súa correspondente ponderación serán:
- Tarefas e actividades prácticas programadas e entregadas a través da plataforma avitual no prazo establecido no calendario de tarefas: 60%.
- Traballo escrito, que se entregará no prazo estalecido :40%.
SEGUNDA OPORTUNIDADE (mes de xullo)
Os criterios de avaliación, coas súas correspondentes ponderacións, serán os mesmos da primeira oportunidade.
Debe terse enconta que para os casos de realización fraudulenta de exercios, traballos e probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación e rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Pilar Lopez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- mpilar.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 16 |
Xoves | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 16 |
13.01.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
22.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |