Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingüística Xeral
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Esta materia contribúe á consecución de tres OBXECTIVOS XERAIS que aparecen na memoria da titulación.
1. O primeiro deles está relacionado coa adquisición de contidos:
Familiarizar ao estudante cos diferentes sectores que inciden no desenvolvemento da cultura humana, tanto no pasado como na actualidade: as canles, soportes e mecanismos de difusión cultural (desde os documentos escritos aos medios audiovisuais), as linguas naturais (nas súas vertentes oral e escrita), etc., preparándoo para iniciar o desempeño de actividades profesionais relacionadas co mundo da cultura.
2. O segundo persegue a experimentación de certos procedementos:
Estimular a creatividade para dar respostas adecuadas aos problemas formulados e fomentar o gusto pola innovación a partir do fomento da análise crítica dos datos e teorías presentadas.
3. O terceiro, e último, ten como finalidade o fomento de actitudes positivas:
Respectar a diversidade étnica, lingüística e cultural, e valorar a necesidade de conservar toda esa diversidade.
Ao mesmo tempo, os principais OBXECTIVOS ESPECÍFICOS que singularizan esta materia con relación a todas as demais do currículo son:
1. Explorar os mecanismos de creatividade lingüística para a comunicación cultural na medida en que estes inciden nos procesos de significación e relación social das persoas.
2. Motivar ao alumno a aprender a crear e impulsar proxectos culturais, comunicativos e educativos.
3. Desenvolver novas habilidades comunicativas adaptadas aos novos espazos de transmisión cultural.
TEMA 1: Creación humana e creatividade.
1.1. O suxeito creativo e o produto creativo.
1.2. A creatividade da comunicación cultural.
TEMA 2: Creatividade e comunicación escrita.
2.1. A textura discursiva da escritura.
2.2. Narración, descrición e explicación.
TEMA 3: Creatividade e comunicación oral I.
3.1. Os xéneros monoxestionados (falar en público).
3.2. Argumentación e debate.
TEMA 4: Creatividade e comunicación oral II.
4.1. Os xéneros plurixestionados (a atención ao público).
4.2. Resolución de conflitos comunicativos.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
ALBARRÁN, Claudia (2011): Cómo escriben los que escriben: la cocina del escritor. México: Fondo de Cultura Económica.
BRIZ GÓMEZ, Antonio (coord.) (2008): Saber hablar. Madrid: Aguilar.
CALSAMIGLIA BLANCAFORT, Helena & Amparo Tusón Valls (2007): Las cosas del decir : manual de análisis del discurso. Barcelona: Ariel. 2ª ed. act.
HERRERO CECILIA, Juan (2006): Teorías de pragmática, de lingüística textual y de análisis del discurso. Cuenca: Universidad de Castilla-La Mancha.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
ADAM, Jean-Michel (1992): Les textes: types et prototypes. Récit, description, argumentation, explication et dialogue. Paris: Nathan.
AUSTIN, John L. (2004): Cómo hacer cosas con palabras : palabras y acciones. Compilado por J.O. Urmson. Barcelona: Paidós.
BEASELEY, Ron & Marcel Danesi (2002): Persuasive Signs. The Semiotics of Advertising. Berlin: Mouton de Gruyter.
BONI, Federico (2006): Teorías de los medios de comunicación. Bellaterra [et al.]: Universitat Autònoma de Barcelona [et al.].
CAMUS CAMUS, Carmen et. al. (2007): La creatividad como instrumento de comunicación: análisis, procedimientos y aplicaciones. Santander: Universidad de Cantabria.
CASTELLÓ, Montserrat (coord.) (2007): Escribir y comunicarse en contextos científicos y académicos. Conocimientos y estrategias. Barcelona: Graó.
CEREZO ARRIAZA, Manuel (2006): Taller de publicidad. Barcelona: Octaedro.
CRYSTAL, David (2001): El lenguaje e Internet. Madrid: Cambridge University Press.
DÍAZ NOCI, J. & R. Salaverría Aliaga (2003): Manual de redacción ciberperiodística. Barcelona: Ariel.
GARCÍA BARRIENTOS, José Luis (1998): Las figuras retóricas. Madrid: Arco Libros.
LOMAS, Carlos (2001): Cómo enseñar a hacer cosas con las palabras: teoría y práctica de la educación lingüística. Barcelona: Paidós. 2ª ed. corr. y act.
LÓPEZ, Xosé & Paulino Novo (coord.) (2000): Obradoiro de redacción. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
MAYORAL, José Antonio (1994): Figuras retóricas. Madrid: Síntesis.
MORALES LÓPEZ, Esperanza, Gabriela PREGO VÁZQUEZ & Luzia DOMÍNGUEZ SECO (2006): El conflicto comunicativo en las empresas desde el Análisis del Discurso. A Coruña: Universidade da Coruña.
ÖSTMAN, Jan-Ola & Jef Verschueren (2010): Handbook of pragmatics. Amsterdam: J. Benjamins.
PERELMAN, Chaïm & L. Oibrechts-Tyteca (2006): Tratado de la argumentación: la nueva retórica. Madrid: Gredos.
RAGA GIMENO, Francisco (2005): Comunicación y cultura. Propuestas para el análisis transcultural de las interacciones comunicativas cara a cara. Madrid / Frankfurt: Iberoamericana / Vervuert.
SERRANO, S. (2000): Comprender la comunicación. El libro del sexo, la poesía y la empresa. Barcelona: Paidós.
SHIRO, Martha, Paola Bentivoglio & Frances D. Erlich (comp.) (2009): Haciendo discurso. Homenaje a Adriana Bolívar. Caracas: Universidad Central de Venezuela.
TASCÓN, Mario & Mar ABAD (2011): Twitergrafía. El arte de la nueva escritura. Madrid: Los libros de la catarata.
Competencias xerais
G2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e resolución de problemas dentro das áreas das Humanidades e da Cultura.
G4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias específicas
E7 Coñecer o funcionamento das novas maneiras de acceder, apropiarse e transmitir información.
E8 Habilidade na xestión da comunicación cultural e a súa difusión por todas as canles de distribución do ámbito literario, musical e audiovisual.
E9 Adquirir a capacidade e o espírito emprendedor que propicien a creación e impulso de proxectos culturais, comunicativos e educativos.
Competencias transversais
T2 Redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos.
T3 Habilidade no uso das novas tecnoloxías.
1. SESIÓNS EXPOSITIVAS
Nas clases expositivas trataranse os contidos que supoñan una maior dificultade de comprensión. Partirase dos conceptos máis básicos e universais, fundamento do contido da materia. Atenderanse, ademais, as dificultades iniciais de aprendizaxe. Esta apoiarase inicialmente na exposición da profesora e será implementada polas correspondentes actividades prácticas relacionadas cos contidos desa exposición de xeito que se facilite o desenvolvemento das competencias previstas.
2. SESIÓNS INTERACTIVAS
As clases interactivas estarán dedicadas ao fomento da CREATIVIDADE do alumnado, de xeito que se utilizarán todo tipo de recursos conducentes a que o estudantado “faga cousas con palabras”. Así, búscase favorecer o desenvolvemento de competencias comunicativas, creativas e reflexivas.
3. TITORÍAS DOCENTES PROGRAMADAS
O alumnado será atendido en titorías individuais ou de grupo reducido co obxecto de orientar a súa aprendizaxe e o traballo persoal complementario para o desenvolvemento das competencias atribuídas á materia.
4. ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
No traballo persoal do alumnado fóra das horas de clase prestarase especial atención á lectura, a escritura e o comentario, para potenciar as súas capacidades comunicativas e a súa capacidade de aprendizaxe autónoma.
Utilizarase a plataforma do Campus Virtual da USC como ferramenta para a interacción entre a profesora e o alumnado da materia.
5. ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
Na avaliación atenderase fundamentalmente ao grao de consecución das competencias traballadas nas sesións expositivas, nas interactivas e nas titoriais.
1ª OPORTUNIDADE:
Realizarase por avaliación continua: o 50% da cualificación corresponderá ás actividades programadas e realizadas durante o curso. O 50% restante corresponderá á realización do exame final na data establecida oficialmente pola Facultade de Humanidades.
As tarefas que se deben realizar e as competencias que se avalían con estes dous instrumentos son:
PRIMEIRO INSTRUMENTO DE AVALIACIÓN: ACTIVIDADES PROGRAMADAS E REALIZADAS DURANTE O CURSO (50%).
TAREFAS
1. Asistir e participar activamente nas clases (2 puntos = 20% da cualificación total).
Para obter a puntuación máxima global do apartado, será necesario asistir como mínimo ao 80% das sesións expositivas e interactivas, e participar activamente e con interese nas mesmas.
2. Realizar fóra das sesións presenciais cinco pequenos traballos de creación comunicativa e ler ou expoñer eses cinco traballos na aula (3 puntos = 30% da cualificación total).
COMPETENCIAS QUE SE AVALÍAN CON AMBAS AS DÚAS TAREFAS
(1) Participación activa do alumnado nas clases presenciais.
(2) Capacidade para traballar de xeito cooperativo nas sesións interactivas.
(3) Capacidade para ser creativo/a.
(4) Calidade científica dos traballos: demostra que se asimilaron os contidos tratados nas sesións expositivas e se puideron aplicar á realidade dos feitos comunicativos.
(5) Adecuación expresiva dos escritos: respecto das normas ortográficas, os requerimentos expresivos de cada tarefa creativa e as cuestións básicas de formato tratadas no tema 1.
A avaliación continua implica a realización paulatina de actividades ao longo de todo o curso, de modo que todas as tarefas programadas terán unha data límite de entrega. Aínda así, a profesora poderá aceptar puntualmente tarefas subidas á aula virtual fóra de prazo sempre que haxa unha razón que xustifique o atraso na entrega. Nestas situacións, para evitar agravios comparativos cos compañeiros que si cumpriron os prazos, o traballo será cualificado de 0 a 7 puntos.
SEGUNDO INSTRUMENTO DE AVALIACIÓN: EXAME FINAL (50%).
TAREFA
Realizar unha proba escrita aberta formada por varias preguntas de desenvolvemento, normalmente baseadas en textos.
COMPETENCIAS QUE SE AVALÍAN CON ESTA TAREFA
(1) Dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia.
(2) Aproveitamento das lecturas obrigatorias.
(3) Adecuación expresiva (respecto das normas ortográficas e morfosintácticas da lingua utilizada).
2ª OPORTUNIDADE:
Conservaranse as cualificacións obtidas nos apartados "asistencia e participación" (20%) e "traballos de creatividade comunicativa" (30%) da primeira oportunidade, e realizarase un novo exame coa mesma ponderación (50%).
ALUMNADO REPETIDOR:
Deberá seguir o mesmo sistema de avaliación que se acaba de describir previamente, tanto na primeira como na segunda oportunidade.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE:
Os estudantes que teñan concedida polo Decanato a dispensa de asistencia a clase e, polo tanto, non poidan seguir a avaliación continua, poderán avaliarse de toda a materia mediante un exame tanto na primeira oportunidade como na segunda oportunidade (en ambos os dous casos o exame suporá o 100% da cualificación: 0-10 puntos).
ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por razóns de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo á profesora, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html
MOI IMPORTANTE
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación e rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Como consta na Memoria da titulación, está previsto que o alumnado dedique un total de 112,5 horas a esta materia, das que 45 corresponden a traballo presencial na aula e 67,5 a traballo autónomo e preparatorio.
A carga da actividade presencial desenvolverase en 2,5 horas semanais, e repartiranse a partes iguais as sesións expositivas e as sesións interactivas, tal e como se indica a continuación:
1. Sesións expositivas: 18 horas. A estas 18 horas expositivas corresponden 22,5 horas non presenciais que se deben dedicar ao estudo e asimilación de contidos.
2. Sesións interactivas: 18 horas. Están vinculadas coas tarefas de creatividade comunicativa que deben ser realizadas fóra das horas lectivas: 20 horas.
3. Sesións de titoría programada: 2,25 horas. A estas corresponde unha carga non presencial de 15 horas que deben ser dedicadas á realización de lecturas recomendadas.
4. Sesións de avaliación: 5 horas. Serán dedicadas á lectura de tarefas creativas e á realización do exame final. A estas cinco horas de avaliación presencial corresponden unhas 10 horas de preparación non presencial.
5. Outras actividades: 1,75 horas presenciais.
-Asistir asidua e participativamente ás clases e titorías.
-Atender as orientacións específicas do profesorado da materia en canto a temporalización, realización de informes, manexo de fontes e recursos, metodoloxía de traballo, etc.
-Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. Non se pode deixar todo para o final porque hai que ir cumprindo os prazos establecidos na aula virtual.
-Ter a man fontes para preparar o labor de aprendizaxe nesta materia (dicionarios, manuais, etc.).
-Esforzarse por mellorar a competencia lingüística oral e escrita. Prestar atención ao discurso e expresarse con propiedade e de forma clara.
Montserrat Souto Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 982824778
- Correo electrónico
- montserrat.souto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Colaborador
Luns | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 14 |
Martes | |||
11:30-12:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 14 |
18.05.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
26.06.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |