Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
Esta materia pretende proporcionarlle ao alumno un achegamento á literatura contemporánea escrita en lingua inglesa, nas Illas Británicas, nos Estados Unidos e noutros países do mundo, o que lle confire a esta literatura un alcance internacional. Prestaráselle maior atención á análise dunha selección de obras e extractos representativos do canon literario.
0. Introdución: Contexto histórico-social
1.1 Gran Bretaña e Irlanda. Teatro Contemporáneo. Beckett. Waiting for Godot
2. Gran Bretaña e Irlanda. Novela. Joyce. A Portrait of the Artist as a Young Man.
3. Estados Unidos. Literatura sureña. A. Walker The Color Purple.
4. Literatura Internacional. K. Ishiguro. The Remains of the Day.
5. Poesía: Whitman, Dickinson, TS Eliot, Yeats, Walcott.
- Barnard, Robert, Breve historia de la literatura inglesa, Alianza, Madrid, 2002 (publicado orixinalmente en 1984). Introdución de tipo xeral aos movementos e aos autores. Percorrido pola literatura con referencias á historia, útil para situar, contextualizar.
- Borges, Jorge Luis, Introducción a la literatura inglesa, Alianza, Madrid, 1999 (publicado orixinalmente en 1965). Libro breve que contén un repaso a toda a historia da literatura inglesa, desde os anglosaxóns ata o século XX.
- Villalba, Estefanía, Claves para interpretar la literatura inglesa, Alianza, Madrid, 1999.
Obra de tipo xeral. Trata aspectos sociais, culturais, históricos e ideolóxicos.
- Vargas Llosa, Mario, La verdad de las mentiras, Alfaguara, Madrid, 2002.
Recopilación de ensaios sobre autores como Conrad, Joyce, Dos Passos, Virginia Woolf, Scott Fitzgerald, Faulkner, Greene, Orwell, Hemingway, Steinbeck, Nabokov, Doris Lessing e Saul Bellow.
- Álvarez Amorós, José Antonio (ed), Historia crítica de la novela inglesa, Ediciones Colegio de España, Salamanca, 1998.
Estudo a cargo de coñecidos profesores universitarios españois; de especial interés o capítulo sobre transición ao século XX, 1880-1910 (últimos vitorianos e eduardianos). Todo o século XX
- Burgess, Anthony, Historia de la literatura inglesa, Madrid, 1981.
- Pérez Gállego, Cándido, ed. Historia de la literatura inglesa, 2 vols., Madrid, 1984.
www.sparknotes.com Resumos e análise crítica de algunhas obras do programa.
De forma específica, o estudiante debe adquirir a capacidade de uso correcto e coherente da lingua inglesa para explicar a súa literatura e tradición cultural.
Redacción adecuada de textos en lingua inglesa, ca correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos.
Tamén debe comprender razoadamente o interese do diálogo intercultural e a necesidade do respecto ás diferencias culturais, especialmente a partir do estudio do postcolonialismo. Finalmente, debe mostrar a súa capacidade de elaboración de comentarios razoados e críticos de obras do ámbito da literatura inglesa así como a súa habilidade na elaboración, redacción e presentación dun traballo escrito de iniciación elemental a a investigación, mediante a realización das tarefas específicas que se mencionan no programa.
- Desenvolvemento da capacidade comunicativa para facilitar a expresión de ideas e o establecemento de relacións sociais
- - Capacidade para o comentario razoado de obras artísticas pertencentes a distintas modalidades, épocas e estilos.
- Habilidade na procura e a documentación para a comunicación cultural.
Realizarase unha análise eminentemente filolóxica e textual das obras. Non obstante, atenderanse tamén a criterios historiográficos e recolleranse as principais achegas das escolas críticas tradicionais.
Por outra banda, e se se teñen en conta os plans de estudos vixentes nesta Facultade, estudarase o fenómeno literario desde as propostas dos estudos culturais, coa potenciación da interdisciplinaridade da materia e o establecemento das necesarias referencias a outras manifestacións artísticas como o cine e a pintura.
É necesario que os alumnos lean as obras obrigatorias antes da súa análise na clase; como norma xeral, antes de realizar esta actividade, o profesor fará unha introdución xeral ao autor e sinalará a que aspectos deben prestar especial atención.
Para que os alumnos poidan organizar as súas actividades, faise unha previsión de que o programa se imparta durante trece semanas, con dúas horas de clase presencial cada semana.
Materia sen docencia presencial no curso actual. Contacte co profesor para a planificación do estudio.
calificación única por examen final 100%)
A tarefa na que deben investir máis tempo é as obras de lectura obrigatoria. Para consultar bibliografía, preparar actividades para clase e repaso da materia, poden calcular 20 horas.
Debe terse en conta que a parte principal desta materia estará dedicada á análise de obras e autores concretos, que non necesitarán unha ampliación bibliográfica substancial por parte do alumno, aínda que é recomendable a consulta de obras de referencia que sirvan para complementar o desenvolvemento dos temas.
Materia sen docencia presencial no curso actual. Contacte co profesor para a planificación do estudio.
Jesus Varela Zapata
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 982824715
- Correo electrónico
- varela.zapata [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
24.01.2023 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 13 |
19.06.2023 18:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 13 |