Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Grega
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Análise literaria e filolóxica polo miúdo de textos gregos salientables tanto polas súas notas formais como de pensamento.
I. Preliminares: a exégesis filolóxica e literaria
1. Obxectivos
2. O comentario: organización
3. Recursos
II. A divina voz das Musas
1. O canto do que foi, do que é e do que será
2. A transmisión da experiencia persoal
III. Os textos dramáticos coma textos espectaculares
1. Prólogos
2. Agón
3. Coro
4. Parábase
5. Escenas iámbicas
III. As fibras da prosa grega
1. As formas do logos
2. Creación e creatividade no mito platónico
Dover, K. - E.L. Bowie - J. Griffin - M.L. West (eds.), Literatura en la Grecia antigua. Panorama del 700 a.C. al 500 d.C., Madrid 1986.
Easterling, P.- B.M.W. Knox (eds.), Literatura Griega, Madrid (Gredos) l990.
Harvey, P. (ed.), The Oxford Companion to Classical Literature, Oxford U.P. 1984.
Lesky, A., Historia de la literatura griega, Madrid (Gredos) l968.
López Férez, J.A.(ed.), Hª de la literatura griega, Madrid (Cátedra) l988.
Montanari, F., Storia della Letteratura greca, Roma 1998.
Privitera, G.A. & Pretagostini, R., Storia e testi della Letteratura greca, Milano 1997.
Rossi, L.E., Letteratura Greca, Firenze (Le Monnier) 1995.
Saïd, S. & Tréde, M. & Boulluec, A., Histoire de la littérature grecque, Paris 1997.
Para máis información consúltese a guía docente
Capacidade de entender un texto grego na rica profundidade dos seus diversos niveis, de seleccionar a información nos seus diversos graos de relevancia e destreza para transmitirla de xeito organizado e xerarquizado, co uso de argumentación coherente e nunha forma académicamente axeitada.
A materia está orientada ao manexo dos textos gregos, polo que as indicacións teóricas serán básicamente as requeridas para facilitar dito obxectivo. Nas lecturas e tarefas que o profesor sinale para o desenvolvemento do comentario é crucial a participación activa dos alumnos coma se ten reflectido no sistema de avaliación.
Empregarase na docencia a aula virtual para a difusión de materiais e rececpión de entregas.
A asistencia é obrigatoria e será controlada diariamente.
—Un 50% da cualificación corresponde ao traballo de clase (incluíndo entregas), supervisado polo profesor.
—Un 50% da cualificación corresponde ao comentario integral dun texto acordado ao inicio do curso, que deberá ser entregado na data do exame oficial.
O sistema de avaliación é o mesmo nas dúas oportunidades.
Os alumnos con dispensa oficial de asistencia a clase deberán facer un traballo encargado polo profesor, equivalente ao traballo desenvolvido na aula.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
90 horas
O repaso dos coñecementos adquiridos previamente concernentes á lingua grega (aspectos de fonética, morfoloxía e sintaxe), principalmente acadados en materia de textos gregos, será de grande utilidade para acceder ao texto grego, que é o obxectivo primario da materia.
PLAN DE CONTINXENCIA EN CASO DE REBROTE DA COVID-19:
O contido dos ítems precedentes refírese exclusivamente ao suposto do Escenario 1 (“normalidade adaptada”) descrito nas bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021 aprobada pola USC o 19 de xuño de 2020.
Detállanse a continuación, as adaptacións que terán lugar no caso de se dar os Escenarios 2 e 3.
-Escenario 2 (clases presenciais pero con distanciamento e medidas de prevención de contaxios)
-Toda a docencia posible será presencial. A que non, será telemática vía Teams
-As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas (vía Teams).
- O sistema de avaliación será o mesmo
-Escenario 3 (peche das instalación)
-Docencia e titorías serán virtuais vía Teams.
- Usarase a aula virtual para colgar os materiais necesarios e para a entrega de traballos mediante Tarefas.
- O sistema de avaliación será o mesmo
Maria Teresa Amado Rodriguez
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Grega
- Teléfono
- 881811888
- Correo electrónico
- mariateresa.amado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Mercedes Diaz De Cerio Diez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Grega
- Teléfono
- 881811850
- Correo electrónico
- mmercedes.diazdecerio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C05 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D06 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | C02 |
15.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B06 |
15.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B06 |
10.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B06 |
10.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B06 |