Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Latina
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Como segunda parte do módulo de formación básica en lingua latina, o obxectivo da materia é completar o coñecemento básico desa lingua comezado na materia “Lingua Latina 1”. Iso quere dicir:
-Mellorar a capacidade de lectura e comprensión de textos latinos de pouca ou media dificultade.
- Completar o coñecemento xeral da gramática latina, especialmente no relativo aos aspectos sintácticos.
- Ampliar o dominio de vocabulario básico.
Estes obxectivos serán acadados mediante a utilización do chamado "Direct Method", é dicir, co uso dun manual e dunha metodoloxía baseados na inmersión na lectura de textos dun progresivo nivel de dificultade.
XERAIS:
- Lectura e comprensión de textos latinos de dificultade media
- Adquisición de vocabulario básico
- Repaso xeral de gramática: estudo específico da sintaxe básica
- Lecturas obrigatorias e introducción as mesmas
ESPECÍFICOS:
Lectura e traballo sobre un manual baseado en Appleton, R. B. – Jones, W. H. S.: Pons tironum, G. Bell and Sons, London 1914.Sobre esta base redactouse un libro de lectura e exercicios que será de obrigado seguimento.
Ademais diso, en función do nivel previo do estudante, estableceranse unhas lecturas obrigatorias tomadas de outros "readers" creados para tal efecto. Con iso preténdese familiarizar ao estudante coas estruturas, o léxico e os modismos da lingua latina e reforzar certos aspectos gramaticais.
Como complemento, e de cara a unha introdución no latín literario, a profesora lerá e comentará un día á semana poemas tomados do Liber de Catulo.
II.- ASPECTOS GRAMATICAIS QUE SE REFORZAN:
1.- Tipos de oracións: declarativas, imperativas, interrogativas
2.- Sintaxe nominal. Sintaxe dos casos
3.- Sintaxe verbal
4.- Estruturas oracionais complexas
O manual básico será o Pons Tironum de Appleton e Jones na súa versión modificada para a ocasión. Ademais deste manual de uso obrigatorio, os estudantes poden recorrer á consulta e uso dos manuais habituais.
MANUAIS DE SINTAXE:
- Ernout, A. - Thomas, F., Syntaxe latine, Paris, Klincksieck, 1989
- Bassols de Climent, M., Sintaxis latina, Madrid, CSIC, 1992
- Rubio, L., Introducción a la sintaxis estructural del latín, Barcelona, Ariel, 1984
- Serbat, G., Les structures du latin, Paris, Picard, 1994
- Valentí Fiol, E., Sintaxis latina, Barcelona, Bosch, 1999
O estudante deberá completar a adquisición e dominio dos elementos básicos da lingua latina. Deberá, polo tanto:
- Adquirir un vocabulario básico desta lingua que lle permita ler e comprender textos latinos de dificultade media.
- Ser capaz de ler e comprender textos latinos de dificultade media, e de analizar e valorar os diversos aspectos deses textos.
- Recoñecer estruturas sintácticas básicas e saber utilizalas, así como coñecer e utilizar as súas equivalencias funcionais.
Na súa modalidade presencial, que é a prioritaria e desexable, haberá unha parte eminentemente práctica dedicada aos exercicios e á insistencia nos esquemas gramaticais, e outra de meirande empeño na lectura do manual de Pons Tironum. Isto complementarase coa lectura e comentario semanal dun poema de Catulo.
Neste escenario, a participación dos estudantes será requisito inexcusable para o desenvolvemento das aulas. A profesora será quen guiíe as lecturas, as interprete e explique aspectos de gramática, historia da lingua, literatura, mitoloxía, relixión e vida cotiá conforme sexan esixidos polas lecturas.
Véxase tamén no apartado Observacións a planificación da materia para outros escenarios non presenciais.
En calquera caso, sexa cal sexa o escenario de desenvolvemento da docencia, a Aula Virtual será un mecanismo fundamental no desenvolvemento do curso.
O curso será avaliado mediante o sistema de avaliación continua, consistente nunha serie de probas:
1. De comprensión lectora
2. De carácter gramatical
A nota final consistirá na media entre estas diferentes probas.
Os estudantes que decidan non optar pola avaliación continua presentaranse a unha proba final consistente na comprensión lectora dun texto e máis nunha serie de preguntas e exercicios de gramática. Dita proba será o 100% da cualificación final. Esta será a proba á que concorrerán tamén os estudantes con dispensa oficial de docencia.
Ademais disto, tódolos estudantes que non superen a avaliación continua, ou ben a proba final, poderán concorrer á proba da segunda oportunidade, que valerá o 100% da nota e será de similares características á proba final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Un bo manexo e comprensión dos textos latinos de calquera período esixe un traballo continuado día a día.
É aconsellable que o estudante dedique polo menos unha hora diaria para o seguimento e preparación das clases.
- Asistencia regular activa e participativa ás aulas coa realización das actividades que se propoñan.
- Lectura asidua dos textos obxecto de estudo
- Retención do léxico, peza fundamental para a aprendizaxe de calquera lingua.
PLAN DE CONTINXENCIA EN CASO DE REBROTE DA COVID-19:
O contido dos ítems precedentes refírese exclusivamente ao suposto do Escenario 1 (“normalidade adaptada”) descrito nas bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021 aprobada pola USC o 19 de xuño de 2020.
Detállanse a continuación, as adaptacións que terán lugar no caso de se dar os Escenarios 2 e 3.
-Escenario 2 (clases presenciais pero con distanciamento e medidas de prevención de contaxios)
-Toda a docencia posible será presencial. A que non, será telemática vía Teams e tanto de forma síncrona (respectando os horarios das clases presenciais), como asíncrona.
-As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas (vía Teams).
-Escenario 3 (peche das instalación)
-A docencia e titorías serán virtuais vía Teams. A docencia poderá ser síncrona ou asíncrona.
-Usarase a aula virtual para colgar os materiais necesarios e para a entrega de traballo mediante Probas e Tarefas.
Para a avaliación nos escenarios 2 e 3 é válido o que se di no apartado "sistema de avaliación", substituíndo as probas presenciais por probas telemáticas, sexa cal sexa o sistema de avaliación ao que se opte, cando as circunstancias o requiran. A aula virtual coas súas aplicacións "Probas" e "Tarefas" será a canle para realizar a avaliación.
Helena Rosa De Carlos Villamarin
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Teléfono
- 881811878
- Correo electrónico
- helena.decarlos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Miguel Giadás Quintela
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Teléfono
- 881811851
- Correo electrónico
- miguel.giadas.quintela [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C11 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C11 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego, Castelán | C08 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | C08 |
01.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C11 |
01.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C11 |
01.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 | C11 |
01.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C12 |
01.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 | C12 |
01.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C12 |
05.07.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C11 |
05.07.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C11 |
05.07.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 | C11 |