Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingüística Xeral
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Dar arraigo a coñecementos e a técnicas da psicolingüística, que permitan:
(a) aproximarse ao procesamento neuropsicolóxico da actividade verbal;
(b) argumentar sobre o carácter mental-individual-diverso das habilidades comunicativas;
(c) abordar o estudo da fala peculiar en procesos de desenvolvemento (en nenos) e en situacións anómalas e de disfunción;
(d) describir e sistematizar patróns comunicativos sobre datos reais de fala peculiar;
(e) considerar con rigor os procesos de bilingüismo/polilingüismo no plano individual;
(f) solventar e/ou promover avances en situacións disfuncionais, ou en dinámicas de aprendizaxe de linguas.
TEMA 1. PSICOLINGÜÍSTICA E NEUROLINGÜÍSTICA. A LINGUAXE COMO FUNCIÓN NEUROPSICOLÓXICA
OBXECTIVOS: Proporcionar unha visión global da linguaxe como función cognitiva (mental) con asento no cerebro. Presentar e valorar distintos modelos de procesamento da linguaxe.
1.1. A natureza neuropsicolóxica da linguaxe. Bases cerebrais e psicolóxicas da lingua. A relación mente-cerebro e a linguaxe como función cognitiva.
1.2. Os modelos de procesamento da linguaxe: modelos conexionistas, modelos complexos, modelos neuropsicolóxicos. Procesamento e tareas de produción, de comprensión, de lectura e de escritura.
1.3. Psicolingüística e Neurolingüística como áreas da Lingüística. Implicacións teóricas e vertentes aplicadas dos estudos sobre o procesamento neuropsicolóxico da lingua.
TEMA 2. PSICOLINGÜÍSTICA EVOLUTIVA. A ADQUISICIÓN DA LINGUA
OBXECTIVOS: Subliñar o interese da aproximación teórico-descritiva ao desenvolvemento da lingua no neno. Destacar os indicadores relevantes na estimación do bilingüismo (o plurilingüismo) individual.
2.1. A adquisición da linguaxe. Concepcións innatista, conductista e constructivista. A lingua como función (cognitiva) emerxente do cerebro.
2.2. O desenvolvemento comunicativo na ontoxénese. A importancia de estudar a linguaxe peculiar en etapas evolutivas. As gramáticas infantís.
2.3. A competencia comunicativa en dúas ou más linguas. Tipos de bilingüismo. Bilingüismo e hemisferios cerebrais.
TEMA3. LINGÜÍSTICA APLICADA AOS TRASTORNOS DA COMUNICACIÓN E Á APRENDIZAXE DE LINGUAS
OBXECTIVOS: Constatar a relevancia lingüística da comunicación en casos de disfuncións da linguaxe. Destacar o papel da Lingüística Aplicada na consideración e avaliación das limitacións, e nos procesos de Aprendizaxe e Ensinanza de linguas.
3.1. As chamadas patoloxías da linguaxe como disfuncións da comunicación. Clasificación dos trastornos da comunicación e criterios lingüísticos.
3.2. Enfoques descritivos e avaliativos das disfuncións verbais. Medios lingüísticos estruturalmente limitados e estratexias verbais comunicativamente eficaces. Prismas e análises para a valoración da conduta comunicativa. Avaliación estandarizada mediante test e avaliación gradual a través de perfís.
3.3. Definición e ámbito da Lingüística clínica e a Logopedia. Aplicacións da Psicolingüística na Aprendizaxe e na Ensinanza de linguas.
Ambridge, Ben & Lieven, Elena (2011), Child Language Acquisition. Contrasting Theoretical Approaches, London, Cambridge University Press.
Bhatia, Tej K. & William C. Ritchie (eds.) (2012), The Handbook of Bilingualism and Multilingualism, Oxford, Blackwell Publishing.
Blanken, Gerhard; Dittmann, Jürgen; Grimm, Hannelore; Marshall, John C. & Wallesch, Claus-W. (eds.) (1993), Linguistic Disorders and Pathologies. An International Handbook, Berlín, W. de Gruyter.
Clark, Eve V. (2003), First Language Acquisition, Cambridge, Cambridge University Press.
Clark, Eve V. (2016), Language in Children, London, Routledge.
Crystal, David (1980), Introduction to Language Pathology, London, E. Arnold. Traducción al español de Mª L. Sánchez Bernardos, Patología del lenguaje, Madrid, Cátedra, 1983.
Cuetos, Fernando (2012) (ed), Neurociencia del lenguaje. Bases neurológicas e implicaciones clínicas, Buenos Aires/Madrid, Médica Panamericana.
Diéguez Vide, Faustino & Peña Casanova, Jordi (2012), Cerebro y Lenguaje. Sintomatología neurolingüística, Buenos Aires/Madrid, Médica Panamericana.
Diéguez Vide, Faustino (2019), Neuroanatomía funcional del lenguaje (Lingüística), Madrid: Síntesis.
Elman, Jeffrey; Bates, Elisabeth; Johnson, Mark; Karmiloff-Smith, Annette; Parisi, Domenico & Plunkett, Kim (1999), Rethinking Innateness. A Connectionist Perspective on Development, Cambridge, The MIT Press.
Enríquez Martínez, Iván (2017), Del discurso a la gramática en el habla infantil. Cómo los marcadores evolucionan a conectores de construcciones complejas, Madrid, Arco Libros.
Fernández Pérez, Milagros (coord.) (2011), Lingüística de corpus y adquisición de la lengua, Madrid, Arco Libros.
Fernández Pérez, Milagros (coord.) (2014), Lingüística y déficit comunicativos. ¿Cómo abordar las disfunciones verbales?, Madrid, Síntesis.
Fuchs, Thomas (2017), Ecology of the Brain, Oxford, Oxford University Press.
Longa, Víctor M. & Lorenzo, Guillermo (2018),El innatismo. Origen, variaciones y vitalidad de una idea, Madrid, Cátedra.
López García, Ángel (2007), The Neural Basis of Language, Lincom Europa.
Morris, David W.H. (1993), Dictionary of Communication Disorders, London, Whurr Publishers, 2005.
Nicoladis, Elena & Montanari, Simona (2016) (eds), Bilingualism Across the Lifespan, Berlin, Mouton de Gruyter.
Paul, Rhea (2007), Language Disorders from Infancy through Adolescence, St. Louis, Missouri, Mosby Elsevier.
Sedivy, Julie (2019), Language and Mind. An Introduction to Psycholinguistics,Oxford, Oxford University Press.
Serra, Miquel; Serrat, Elisabeth; Solé, Rosa; Bel, Aurora & Aparici, Melina (2000), La adquisición del lenguaje, Barcelona, Ariel.
Seung, Sebastian (2012), Connectome. How the Brain’s Wiring Make Us How We Are, New York, Houghton Mifflin Harcourt. Traducción al español de Ferrán Meler Ortí, Conectoma. Cómo las conexiones neuronales determinan nuestra identidad, Barcelona, RBA, 2012.
Silva-Corvalán, Carmen (2014), Bilingual Language Acquisition: Spanish and English in the First Six Years, New York, Cambridge University Press.
Smith, Benita R. & Leinonen, Eeva (1992), Clinical Pragmatics. Unravelling the complexities of communicative failure, London/N. York, Chapman & Hall.
Stemmer, Brigitte & Whitaker, Harry A. (eds.) (1998), Handbook of Neurolinguistics, London/New York, Academic Press.
Tomasello, Michael (2003), Constructing a Language. A Usage-Based Theory of Language Acquisition, Cambridge, Masachussets, Harvard University Press.
(1) Adquirir conciencia reflexiva sobre diversos enfoques, métodos e modelos de aproximación a un mesmo fenómeno de interese (relación linguaxe-cognición, mente-cerebro), e como resultado de diferentes modos de concebir o obxecto de estudo e das distintas formas de fundamentar o coñecemento científico e os seus obxectivos.
(2) Comprender, comparar e aplicar algúns modelos de procesamento psicolingüístico das linguas (produción, comprensión, lectura e escritura).
(3) Exercitarse no manexo de métodos e técnicas de traballo empírico da Lingüística actual que permitan ao alumnado traballar con datos lingüísticos reais procedentes de grandes fontes e inventarios: corpus de fala infantil e corpus de datos de diferentes patoloxías lingüísticas.
(4)Coñecer teorías e tácticas para abordar o proceso de adquisición da linguaxe en contextos monolingües e multilingües.
(5)Dominar recursos lingüísticos básicos para analizar as habilidades comunicativas mermadas (en falantes con disfunción) e a súa incidencia nas relacións interpersonais.
(6) Aplicar coñecementos e principios da Psicolingüística nas esferas da Lingüística clínica e da Aprendizaxe e Ensinanza de linguas.
Sesións expositivas e interactivas que permitan a aprendizaxe continuada e faciliten o entrenamento e as habilidades na materia. O ensino está distribuído por temas segundo se indica:
Tema 1: 10 sesións expositivas adicadas á presentación de contidos segundo o guión do tema e 5 sesións interactivas destinadas a (1) análise crítica de material audiovisual (2) textos representativos de contidos teóricos, e (3) cuestionarios e resumos para canalizar a asimilación dos contidos teóricos.
Tema 2: 10 sesións expositivas adicadas á presentación de contidos segundo o guión do tema e 4 sesións interactivas destinadas a exercicios prácticos nos que se traballará con mostras reais de linguaxe infantil co obxectivo de compoñer perfís lingüísticos. Tamén se fará un percorrido por diferentes corpus de linguaxe infantil e traballarase con textos representativos das nocións teóricas presentadas nas sesión expositivas. Elaborarase un traballo breve de deseño dun perfil lingüístico.
Tema 3: 10 sesións expositivas adicadas á presentación de contidos segundo o guión do tema e 4 sesións interactivas destinadas a (1) analizar diferentes mostras de patoloxías da linguaxe dende o punto de vista lingüístico e a (2) valorar diferentes tests de avaliación de trastornos comunicativos atendendo aos ingredientes lingüísticos que conteñan. Deberase realizar un traballo escrito breve consistente na análise dun test de avaliación considerando os compoñentes lingüísticos que inclúe.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE (MES DE DECEMBRO/XANEIRO):
A avaliación será continua: o 50% da calificación derivará das actividades e traballos realizados nas sesións presenciais. O 50% restante corresponderá ao exame realizado na data fixada segundo o calendario.
SEGUNDA OPORTUNIDADE (MES DE XUÑO/XULLO): Exclusivamente a través do exame que incluirá cuestións teóricas e prácticas (correspondentes ás sesións expositivas e ás sesións seminario). A proba terá lugar na data establecida segundo o calendario da Secretaría da Facultade.
No caso de estudantes con dispensa de asistencia a clase, a avaliación consistirá nun examen de todo o programa da materia na data fixada no calendario da Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de evaluación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Recoméndase adicar unha hora diaria á materia, distribuíndo o tempo para as lecturas seleccionadas e para a realización das tarefas e exercicios propostos. En xeral, e para unha situación habitual de estudiante con expectativas, proponse unha hora de traballo persoal por cada hora de sesión docente.
SESIÓNS EXPOSITIVAS: 24 (horas presenciais) + 48 (horas non presenciais) = Total 72 horas
SESIÓNS SEMINARIO: 24 (horas presenciais) + 36 (horas non presenciais) = Total 60 horas
SESIÓNS TITORÍA GRUPO: 3 (horas presenciais) + 3 (horas non presenciais) = Total 6 horas
SESIÓNS AVALIACIÓN: 3 (horas presenciais) + 9 (horas non presenciais) = Total 12 horas
TOTAL: 54 (horas presenciais) + 96 (horas non presenciais) = Total 150 horas
Asistencia mantida ás sesións expositivas e interactivas.
Aproveitamento comprensivo e relacional das lecturas recomendadas.
Realización das tarefas e exercicios propostos nas sesións interactivas.
PLAN DE CONTINXENCIA
ESCENARIO 2
CONTIDOS
Na medida do posible manteranse os contidos previstos para o escenario 1, ainda que, dependendo da evolución das circunstancias, poderán ser adaptados á situación de convivencia da docencia presencial coa virtual.
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
A materia continuará a estar distribuída en dúas sesións expositivas e unha sesión interactiva de seminario semanal. Corresponderá ao Decanato da Facultade de Filoloxía definir as fórmulas de convivencia definitivas, para estas sesións expositivas e interactivas de seminario, das modalidades de docencia presencial e virtual.
Para o desenvolvemento das sesións expositivas e interactivas habilitaranse canles de comunicación virtual (Campus virtual, MsTeams, Prezi…) que se usarán para depósito dos materiais dixitais que os profesores vaian elaborando ao longo do curso e para difundir calquera información sobre o seu desenvolvemento.
SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE
1ª OPORTUNIDADE (MES DE XANEIRO): O exame de toda a materia será por vía telemática na data fixada pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE (MES DE XUÑO): o exame realizarase telemáticamente na data fixada pola Secretaría da Facultade.
RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DA MATERIA
Recoméndase ao estudantado unha atención constante ás canles de comunicación virtual habilitadas (Campus virtual, MsTeams…) para un axeitado seguimento dos contidos da materia, para conseguir unha autoaprendizaxe guiada e orientada polo profesorado e para establecer un proceso paulatino de estudo.
ESCENARIO 3
CONTIDOS
Na medida do posible manteranse os contidos previstos para o escenario 1, ainda que, dependendo da evolución das circunstancias, poderán ser adaptados á situación de docencia únicamente virtual.
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
A materia continuará a estar distribuída en dúas sesións expositivas e unha sesión interactiva semanal. A docencia será completamente virtual.
Para o desenvolvemento das sesións expositivas e interactivas habilitaranse canles de comunicación virtual (Campus virtual, MsTeams, Prezi…) que se usarán para depósito dos materiais dixitais que os profesores vaian elaborando ao longo do curso e para difundir calquera información sobre o seu desenvolvemento.
SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE
1ª OPORTUNIDADE (MES DE XANEIRO): O exame de toda a materia será por vía telemática na data fixada pola Secretería da Facultade
2ª OPORTUNIDADE (MES DE XUÑO): o exame realizarase telemáticamente na data fixada pola Secretaría da Facultade.
RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DA MATERIA
Recoméndase ao estudantado unha atención constante ás canles de comunicación virtual habilitadas (Campus virtual, MsTeams, Prezi…) para un axeitado seguimento dos contidos da materia, para conseguir unha autoaprendizaxe guiada e orientada polo profesorado e para establecer un proceso paulatino de estudo.
Milagros Fernandez Perez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 881811799
- Correo electrónico
- magos.fernandez.perez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | B10 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | B10 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | D09 |
08.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D06 |
08.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D06 |