Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecemento dos parámetros sociais básicos da evolución recente, a situación actual e as dinámicas sociolingüísticas atinxentes ao idioma galego e posibles lecturas desta.
• Comprensión das condicións sociais en que se desenvolve a lingua galega.
• Iniciación á análise sociolingüística das capacidades, usos, actitudes, políticas e ideoloxías lingüísticas.
• Coñecemento e crítica das nocións e categorías básicas que foron desenvolvidas para analizar a situación sociolingüística do idioma galego.
• Comprensión dos fenómenos da variación, contacto, elaboración e normatividade lingüísticas, en relación co idioma galego.
1.1. Diversidade lingüística: pluralidade de linguas e variación interna. A perspectiva ecolingüística. O plurilingüismo e o contacto de linguas.
1.2. A sociolingüística. Definición, disciplinas fronteirizas, abordaxes e áreas de estudo. Sociolingüística e lingüística. Sociolingüística e glotopolítica. Sociolingüística e análise crítica do discurso.
1.3. Nocións fundamentais: lingua, dialecto, variedade, variante; sistema, polisistema, subsistema; lingua e sociedade; lingua e comunidade lingüística.
2. Breve historia da sociolingüística galega. Principais problemas, debates e orientacións.
2.1. Cambios sociais, ideas e debates sobre a lingua (1970): R. Piñeiro, X. Alonso Montero, M. Rodrigues Lapa. Prexuízos lingüísticos. Conxectura de eternidade e profecías autodirixidas.
2.2. A sociolingüística académica: inquéritos sociolingüísticos. A sociolingüística interaccional.
2.3. Sociolingüística aplicada, glotopolítica e planificación da lingua.
3. Modelos de análise e parámetros fundamentais.
3.1. Base demográfica e marco sociopolítico.
3.2. Funcións socio-comunicativas, dominios de uso e xéneros do discurso.
3.3. Significación social e cultura lingüística: prestixio, actitudes e ideoloxías lingüísticas.
4. Variación e estándar. Normalización e estandarización: elaboración da lingua, codificación e debate normativo.
4.1. A variación lingüística. Parámetros da variación.
4.2. Arquitectura do sistema lingüístico, contacto galego / castelán e sociolectos do galego
4.3. Diglosia e interposición.
4.4. Elaboración e cultivo. Ausbau e Abstand. Procesos de lingüificación e dialectalización.
4.4. Poli-elaboración, pluricentrismo, polinomia.
4.5. Contacto de linguas, bilingüismo e conflito lingüístico.
5. Descrición e análise da situación sociolingüística galega.
5.1. Coordenadas sociais e dinámica do bilingüismo en Galicia. Hábitat, idade, clase social e nivel de estudos.
5.2. Lingua inicial e competencia lingüística. Repertorio lingüístico, bilingüismo e adquisición de linguas.
5.3. Usos lingüísticos. Mantemento e mudanza de lingua: castelanización e (re)galeguización. Cambio lingüístico interxeracional e biográfico.
6. Lingua e identidade: ideoloxías lingüísticas. Psicoloxía social da lingua.
6.1. Actitudes e prexuízos lingüísticos. A noción de prestixio.
6.2. Ideoloxías lingüísticas e discursos sobre a lingua.
7. Planificación e política lingüística en Galicia (1980-…).
7.1. A normalización lingüística: a acción gubernamental, a mobilización social e o activismo militante. Estatuto de Autonomía e Lei de Normalización Lingüística (1980-83).
7.2. Evolución global e análise por sectores: administracións públicas, ensino, medios de comunicación, outros...
7.3. A estandarización da lingua: entre o subestándar e o superestándar. Ideas, valores e actitudes ante a estandarización: purismo, antipurismo e reintegracionismo.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Calvet, Louis-Jean: A (socio)lingüística. Santiago: Laiovento, 1998.
Monteagudo, Henrique: Historia social da lingua galega. Vigo: Galaxia, 1999.
Monteagudo, Henrique: “A demanda da norma. Avances, problemas e perspectivas no proceso de estandarización do idioma galego”, en H. Monteagudo / X. Bouzada (eds.), Elaboración e difusión a lingua. Santiago: Consello da Cultura Galega, 37-129.
Monteagudo, Henrique: Facer país co idioma. Sentido da normalización lingüística. A Coruña: Real Academia Galega, 2012.
Monteagudo, Henrique / Loredo, Xaquín / Vázquez, Martín: Lingua e sociedade en Galicia. A evolución sociolingüística 1992-2013. A Coruña: Real Academia Galega, 2016.
Monteagudo, Henrique: “Lingua e Sociedade en Galicia”, LaborHistórico 3.1 (2017) [Lingüística Galega. A contribución do Instituto da Lingua Galega. Organização: Henrique Monteagudo e Rosario Álvarez], 14-48. https://revistas.ufrj.br/index.php/lh/article/view/17105/10395
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
TEMA 1
Monteagudo, Henrique (2012): “A invenção do monolingüismo e da lÍngua nacional”, Gragoatá 32, 43-52.
Monteagudo, Henrique (2017): “Linguas, globalización e interculturalidade. Unha reflexión desde o Galego”, en Moisés de Lemos Martins (ed.), A internacionalização das Comunidades Lusófonas e Íbero-Americanas de Ciências Sociais e Humanas. O caso das ciências da comunicação. Vila Nova de Famalicão: Húmus / Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade, 303-318.
TEMA 2
Fernández Salgado, Benigno / Henrique Monteagudo (1995): “Do galego literario ó galego común: o proceso de estandardización na época contemporánea”. En H. Monteagudo (ed.), Estudios de sociolingüística galega. Vigo: Galaxia, 99-176.
Lapa, Manuel R. (1973): “A recuperação literária do galego”, Grial 41, 178-97.
Monteagudo, H.: “Sociolingüística galega. Problemas e pescudas”, en Treballs de sociolinguística catalana, 22 (2012), 271-86. (http://revistes.iec.cat/index.php/TSC/article/view/65945/65811)
Piñeiro, Ramón (1973): “Carta a D. Manuel Rodrigues Lapa”, Grial 42, 389-401.
Piñeiro, Ramón (2007): A linguaxe e as linguas. Vigo: Galaxia, pp. 73-96.
Rei-Doval, Gabriel (2018): “Tres décadas de sociolingüística galega (1967-1997): continuidades e descontinuidades”. En Carme Alén Garabato / Mercedes Brea (eds.), Limba noastră-i o comoară... Estudos de sociolingüística románica en homenaxe a Francisco Fernández Rei. Universidade de Santiago de Compostela, 239-268.
TEMAS 3-4-5
Bagno, Marcos (2006): “Lingua e sociedade na historia do Brasil”, Grial 172, 110-137.
Kremnitz, Georg (2012): “Convergencias / divergencias de comunidades lingüísticas”, en Monteagudo, Henrique (ed.), Linguas, sociedade e política. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 43-73.
Monteagudo, Henrique (2003): “A demanda da norma. Avances, problemas e perspectivas no proceso de estandarización do idioma galego”. En Xan Bouzada Fernández e Henrique Monteagudo (coords.): O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000): Volume III. Elaboración e difusión da lingua. Santiago: Consello de Cultura Galega, pp. 37-129.
Nandi, Anik (2016): “Estratexias familiares para a transmisión interxeracional do galego”, Grial 211, 123-131.
TEMA 6
Casares, Håkan et alii (2003): “Actitudes lingüísticas en Galicia”, Grial 160, 52-59.
Iglesias Álvarez, Ana: “«Eu falo castrapo». Actitudes dos adolescentes ante a mestura de linguas en Galicia (estudo piloto)”, en E. Gugenberger / H. Monteagudo / G. Rei-Doval, Contacto de linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias. Santiago: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, 2013, 169-189.
Monteagudo, Henrique (no prelo): “Impoñer a liberdade. Sobre o réxime de linguas en Galicia”.
TEMA 7
Monteagudo, Henrique (2010): “Por un proxecto de futuro para o idioma galego. Unha reflexión estratéxica”, Grial 188, 64-69.
Silva Valdivia, Bieito (2008): “O debate sobre as línguas en Galicia: entre a escola e a sociedade”, en Henrique Monteagudo (ed.), Linguas, sociedade e política. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2012, 359-383.
• As competencias específicas da materia son:
• Capacitación para unha visión crítica dos discursos sociais sobre a lingua, e incremento da (auto)consciencia metalingüística.
• Capacitación para a comprensión, interpretación e análise crítica de cadros, táboas e gráficos estatísticos con datos sociolingüísticos.
• Recoñecer as interrelacións entre os parámetros sociais e os propiamente sociolingüísticos
• Fomentar unha actitude crítica fronte ás cuestións sociolingüísticas
• Identificar os factores sociolóxicos e ideolóxicos con máis impacto na situación social do idioma galego.
• Capacitación para a procura e manexo dos recursos en rede.
• Iniciación para o traballo de campo en sociolingüística: recollida, tratamento e análise da información
Como competencias xerais podemos indicar algunhas de tipo instrumental (pois terán que utilizar ordenadores, exercitar a súa comunicación verbal e a escrita na redacción do traballo), sistémicas (pois demostrarán a súa creatividade e os seus estándares de calidade na realización dos seus traballos individuais) e interpersoais (pois terán que actuar cos seus compañeiros na exposición pública dos traballos).
A lectura de seccións das obras da bibliografía básica que se indican na aula é obrigatoria. As sesións de aula co comentario de gráficos e táboas son de asistencia inescusable, así como o manexo doutros aos que se fai referencia na propia aula.
Haberá os seguintes tipos de actividades:
Sesións expositivas, onde se exporán os conceptos fundamentais da materia: 2 horas de explicación teórica semanal.
Sesións de seminario (1 hora semanal de sesión interactiva), onde se proporán diversas actividades consistentes en lectura, discusión e comentario de textos, correspondentes ás lecturas obrigatorias recollidas na bibliografía, presentación e discusión de táboas e gráficos e doutros recursos audiovisuais.
Traballo de campo individual, segundo as instrucións que se ofrecen. O traballo será dirixido polo profesor, o que requirirá dúas entrevistas persoais co profesor e tres sesións de traballo co profesor en horario de titorías.
É importante o manexo dos recursos dixitais e en rede, seguindo as orientacións do profesor.
En particular, no campus virtual e na páxina web persoal do profesor atoparanse moitos dos recursos que este empregará nas aulas:
http://webspersoais.usc.es/persoais/henrique.monteagudo
A comezos de curso entregarase na aula un calendario pormenorizado de lecturas, discusións, realización de traballos e outras actividades.
No caso de termos que desenvolver actividades “en remoto”, utilizarase a aplicación Teams da plataforma institucional da USC, con sesións de docencia síncronas e atención personalizada asíncrona. As sesións síncronas procuraranse facer coincidir co horario establecido para a materia, as sesións de titoría serán acordadas no seu momento co/as estudantes.
A. Avaliación continua
1. Asistencia ás aulas: Obrigatoria. A falta de máis de 10% das clases sen xustificar implicará que a materia quede sen avaliar.
2. Traballo obrigatorio sobre un dos temas de lecturas e exposición na aula: 35%.
3. Traballo de campo obrigatorio: 35%.
4. Exame: 30%.
Para superaren a materia, os/as estudantes deben aprobar o exame.
B. Avaliación para estudantes con dispensa de asistencia ás aulas
1. Traballo obrigatorio sobre un dos temas de lecturas e, no seu caso, exposición na aula: 30%.
2. Traballo de campo obrigatorio: 35%.
3. Exame final: 35%.
No caso de dispensa de asistencia, os/as estudantes deberán obter unha nota mínima de 7 sobre 10 no exame para superar a materia.
C. Avaliación en segunda oportubidade
1. Para a segunda oportunidade, gardaranse as notas daquelas partes da materia que fosen superadas previamente, e deberán repetirse as que non o fosen. Por suposto, deberá terse feito e aprobado o traballo obrigatorio e a exposición na aula. Os/as estudantes de avaliación continua (A), no caso de que un ou ambos os traballos obrigatorios realizados no curso non fose aprobados, deberán repetilo(s). O mesmo rexe para o exame. Isto é, gardaranse as notas daquelas partes da materia que fosen superadas previamente, e deberán repetirse as que non o fosen.
2. Os/as estudantes con dispensa de asistencia (B), conservarán a nota dos traballos (65% da nota final) no caso de que estes sexan avaliados positivamente, e realizarán un exame que contará por un 35% da nota, pero deben superar esta proba cunha nota mínima de 7 sobre dez. No caso de que algún dos traballos obrigatorios realizados no curso non fose aprobado, deberá facerse un novo.
D. Avaliación de estudantes ERASMUS e estranxeiros/as
Os estudantes do programa ERASMUS e estranxeiros/as en situación especial, poderán ser avaliados segundo un sistema específico, que o profesor indicará, e que en todo caso implicará a elaboración do traballo obrigatorio de curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións: «Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas. A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes».
Actividades presenciais Actividades non presenciais
Sesións expositivas: 32 horas Estudo e preparación de actividades programadas na aula 30 horas
Sesións de seminario: 16 horas Traballo obrigatorio 20
Sesións de titoría: 3 Lecturas 26
Sesións de avaliación: 3 Preparación de exames 20
Total: 54 TOTAL 96
O groso do material de apoio para estudar a materia (presentacións en PWP, apuntamentos de apoio do profesor, reprodución de lecturas...) está a dispor dos/as estudantes no Campus Virtual.
A materia debe irse estudando conforme se vaia desenvolvendo o temario. É da maior importancia realizar as lecturas que se vaian indicando para poder participar nos debates.
As instrucións sobre os traballos/ exposicións de aula e o traballo de campo serán dadas oportunamente. Tanto un como o outro deben facerse baixo a orientación do profesor.
É conveniente comezar rapidamente co traballo de campo para ir resolvendo dúbidas e dificultades.
Tendo en conta as indicacións das autoridades universitarias, prevense os seguintes escenarios, coas adaptacións e medidas especiais que corresponderían aos escenarios 2 e 3.
Escenario 1: normalidade adaptada
As medidas de adaptación da docencia correspondentes a este escenario son: o A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual. Con carácter xeral, as probas finais serán de carácter presencial.
Escenario 2: distanciamento
A docencia presencial convivirá coa virtual (a través da aplicación Teams, na plataforma virtual da USC), segundo a fórmula establecida pola Facultade. Reforzarase o material ofrecido no Campus Virtual, con vídeos e presentacións en PWP gravadas con explicacións do profesor. As probas finais serán preferentemente de carácter telemático.
Escenario 3: peche das instalacións
A docencia será completamente de carácter virtual, a través da aplicación Teams, na plataforma virtual da USC, ben con mecanismos síncronos (clases expositivas e interactivas), ben con asíncronos (titorías personalizadas). Reforzarase o material ofrecido no Campus Virtual, con vídeos e presentacións en PWP gravadas con explicacións do profesor. As probas finais serán de carácter telemático.
Xose Henrique Monteagudo Romero
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811831
- Correo electrónico
- henrique.monteagudo [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C09 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C09 |
Venres | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | C08 |
20.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C08 |
20.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C08 |
20.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C09 |
20.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C09 |
23.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C08 |
23.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C08 |