Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Latina
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecemento práctico da lingua latina por medio da lectura de textos.
- Fincapé no dominio da morfoloxía e sintaxe latina.
- Memorización dun léxico básico para a comprensión dos textos e para a súa confeción.
- Iniciación á lectura e comprensión de textos latinos de dificultade sinxela e media.
Estes obxectivos serán acadados mediante a utilización do chamado "Direct Method", é dicir, co uso dun manual e dunha metodoloxía baseados na inmersión na lectura de textos dun progresivo nivel de dificultade.
-XERAIS-GRAMÁTICA: os aspectos que se traballarán serán:
1.- Morfoloxía nominal: Declinacions. Pronomes
2.- Morfoloxía nominal: Declinación e graos do adxectivo
3.- Sintaxe nominal: funcións dos casos
4.- Sintaxe nominal: concordancia dos elementos flexivos
5.- Morfoloxía verbal: Conxugación regular. Verbos irregulares. Tema de presente e perfecto. Voz activa e pasiva. Verbos deponentes
6.- Morfoloxía verbal: formas nominais do verbo (infinitivo, xerundio, xerundivo, participio e supino)
7.- Sintaxe das formas verbais nominais
-ADQUISICIÓN DE VOCABULARIO:
Traballarase así mesmo especialmente o dominio dun léxico básico que permita a comprensión fluída dos textos, sen recurso ao dicionario.
-CONTEXTO HISTÓRICO E LITERARIO DA BAIXA REPÚBLICA (79-29 a.C). A figura de Nerón
-LECTURAS EN TRADUCIÓN:
C. Suetonius Tranquillus, De Vita Caesarum
Lectura das biografías de César, Augusto, Nerón e Domiciano
ESPECÍFICOS:
Lectura e traballo sobre o manual de Appleton, R. B.: Initium, University Press, Cambridge 1926 (2ª edición). Este libro de lectura e exercicios será de obrigado seguimento. Ademais diso, en función do nivel previo do estudante, estableceranse unhas lecturas obrigatorias tomadas de outros "readers" creados para tal efecto. Con iso preténdese familiarizar ao estudante coas estruturas, o léxico e os modismos da lingua latina e reforzar certos aspectos gramaticais. Como complemento, e de cara a unha introdución no latín literario, o profesor lerá e comentará periodicamente algunhas pasaxes da Guerra das Galias de Xulio César.
O manual básico será o Initium de Appleton. Ademais deste manual de uso obrigatorio, o estudantado pode recorrer á consulta e uso dos manuais habituais.
LECTURAS OBRIGATORIAS:
Como mínimo, deberanse ler por completo dous destes catro "readers", dos que se farán dúas probas de comprobación de lectura.
Na primeira todo o alumnado deberá ler (dispoñible na biblioteca):
-Familia Mala, Saturnus et Iuppiter de Andrew Olimpi [Signatura na biblioteca: 4Zm-131]
Na segunda, o alumnado deberá escoller tan só unha destas tres opcións (dispoñibles na biblioteca):
-Via Periculosa de Andrew Olimpi [Signatura na biblioteca: 4Zm-129]
-Perseus et rex malus de Andrew Olimpi [Signatura na biblioteca: 4Zm-134]
-Labyrinthus de Andrew Olimpi [Signatura na biblioteca: 4Zm-130]
OUTRA BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
MARINER BIGORRA, Sebastián, et alii: Lengua latina I, Madrid (UNED) 1999.
MÉNDEZ-ROCAFORT AREA, Pilar: Gramática Latina, Granada (ed. Comares) 2001.
RUBIO FERNÁNDEZ, Lisardo-Tomás GONZÁLEZ ROLÁN: Nueva gramática latina, Madrid (Editorial Coloquio) 1996.
SEGURA MUNGUÍA, Santiago, Gramática latina, Bilbao (univ. de Deusto) 2004.
VALENTÍ FIOL, Eduardo: Primer libro de Latín, Barcelona (ed. Bosch) 1981.
----------------------- : Ejercicios latinos, Barcelona (ed. Bosch) 1984.
----------------------- : Gramática de la lengua latina. Morfología y nociones de sintaxis, Barcelona (ed. Bosch) 1986.
DICIONARIOS: (algúns destes pódense consultar online).
BLÁNQUEZ FRAILE, Agustín: Diccionario latino-español, 3 vols., Barcelona (Sopena) 1985.
CARRACEDO FRAGA, José: Diccionario latín-galego, Vigo (Galaxia)1999.
GAFFIOT, F.: Dicionnaire larin-français, Paris (Hachette) 1995.
SEGURA MUNGUÍA, Santiago: Diccionario etimológico latino-español, Madrid (Anaya) 1985.
Ademais deles, dende A PLATAFOMRA Perseus underPhiloLogic, pódese acceder ao repositorio de diccionarios Logeion
https://logeion.uchicago.edu/suavis
CONTEXTUALIZACIÓN HISTÓRICA:
A.A.V.V. (1961/2000): The Cambridge Ancient History, vol. IX, 10, 11, 12 y 13, Cambridge.
Christol, M. & D. Nony (1974/1991): De los orígenes de Roma a las invasiones bárbaras, Madrid.
Dotar aos estudantes da capacidade suficiente para entender un texto latino de dificultade básica ou media.
Dotar aos estudantes cun notable nivel de autonomía á hora de afrontar un texto escrito en latín, sen facelos depender dos dicionarios.
Contribuír a un mellor uso do dicionario, desvinculándoo da comprensión inmediata do texto.
Contribuír á aquilatación dun comparatismo lingüístico propiciado pola heteroxeneidade do grupo de estudantes, tanto dentro das linguas romances como fóra delas.
Haberá unha parte eminentemente práctica dedicada aos exercicios, sobre todo de control das lecturas, e á insistencia nos esquemas gramaticais, e outra de meirande empeño na lectura do manual de Initium. Isto complementarase coa lectura e comentario periódico dunha pasaxe de César.
A participación dos estudantes será requisito inexcusable para o desenvolvemento das aulas. O profesor será quen guíe as lecturas, as interprete e explique aspectos de gramática, historia da lingua, literatura, mitoloxía, relixión e vida cotiá conforme sexan suxeridos polas lecturas.
A Aula Virtual será un mecanismo fundamental no desenvolvemento do curso.
O sistema de avaliación, tanto na convocatoria de febreiro como na de xullo, será o seguinte:
1.-30%: participación activa dos alumnos. Iso inclúe:
-a asistencia a clase
-o seguimento da aprendizaxe do vocabulario e dos aspectos gramaticais (morfolóxicos e sintácticos) a través de exercicios orais ou escritos
-o labor de tradución constante
NOTA IMPORTANTE: para que esta porcentaxe poida ser aplicado, o alumno ou alumna ha de obter no exame final unha cualificación superior a 2 sobre 6
2.-10%: control das lecturas das fontes primarias en traducións
3.-60%: exame final de tradución e dos aspectos teóricos vistos ao longo do curso
NOTA IMPORTANTE:
Si por algunha razón, algún alumno ou alumna ten unha dispensa de asistencia ou hai algunha coincidencia horaria con outra materia, será esencial que se poña en contacto coa profesora a principio de curso (en ningún caso cando o curso estea xa avanzado). O docente indicaralle o modo de proceder. A circunstancia de dispensa posibilitará que ao alumno ou alumna non se lle teña en conta negativamente a non asistencia a clase. En ningún caso, con todo, eximirao da realización do exame final, de carácter teórico-práctico, na data oficial marcada para tal fin. Neste caso, a avaliación será:
1.-90%: exame final do temario
2.-10%: lectura
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Recoméndase ó alumno a revisión diaria da materia explicada. O alumno pode precisar unhas cinco horas semanais de estudo e lectura.
É importante a asistencia ás clases, o traballo de lectura, o estudo dos temas de teoría e a tradución dos textos propostos na clase.
É imprescindible a realización dos exercicios que se propoñan e das lecturas guiadas a través dos audios e do material proporcionado na Aula Virtual.
-Responsabilidade medioambiental: os traballos propostos nunca serán entregados en soporte papel.
-Perspectiva de xénero: recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula;como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/es/servizos/oix/documentacion.html
Miguel Giadás Quintela
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Teléfono
- 881811851
- Correo electrónico
- miguel.giadas.quintela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | Castelán | D10 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | Castelán | D10 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | Castelán | D10 |
Martes | |||
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C11 |
Mércores | |||
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C11 |
23.01.2023 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C10 |
23.01.2023 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C10 |
23.01.2023 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C10 |
23.01.2023 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C10 |
23.01.2023 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C11 |
23.01.2023 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C11 |
23.01.2023 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C11 |
23.01.2023 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C11 |
21.06.2023 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C12 |
21.06.2023 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C12 |
21.06.2023 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C12 |
21.06.2023 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C12 |