Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Latina
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecemento dos períodos literarios posteriores aos explicados nas materias de Literatura Latina 1 e 2.
Estudo de autores e textos da tarda Antigüidade e de diversos períodos da Idade Media.
Profundización nos elementos constitutivos das culturas das devanditas épocas, con especial atención á dialéctica entre paganismo e cristianismo.
Obtención dunha visión panorámica do legado de Roma en diferentes provincias do antigo Imperio.
Comprensión do desenvolvemento de diferentes xéneros literarios e da súa concorrencia crecente coa plasmación escrita das linguas vernáculas.
Literatura latina tardoantiga e medieval.
1. Preámbulo: 1.1. Os conceptos de literatura tardoantiga e medieval. Coordenadas temporais e marco espacial; 1.2. Repaso ás correntes da tardía Antigüidade: cristiáns e pagáns nunha época de angustia? 1.3. Poetas, prosistas, rétores, comentaristas: autores da Antigüidade tardía.
2. Boecio e a Consolación da Filosofía.
3. Isidoro de Sevilla e a cultura literaria na Hispania visigoda.
4. Literatura na corte de Carlomagno.
5. Poetas do Loira: a aetas ovidiana.
Bibliografia básica
Corpora textuais:
Corpus Corporum: https://www.mlat.uzh.ch
Biblioteca Digitale di testi latini tardoantichi: https://digiliblt.uniupo.it
Biblioteca Augustana: https://www.hs-augsburg.de/~harsch/augustana.html
Manuais de literatura latina medieval:
Histoire de la littérature latine du moyen âge / par Franz Brunhölzl ; traduit de l'allemand par Henri Rochais ; compléments bibliografiques ... par Jean-Paul Bouhot, [Turnhout] : Brepols, D.L. 1990-1996.
La letteratura latina medievale : una storia per generi / Edoardo D'Angelo, Roma : Viella, 2009.
Letteratura latina medievale (secoli VI-XV) : un manuale / a cura di Claudio Leonardi ... [et al.]
Firenze : SISMEL, cop. 2002.
Letteratura latina tardoantica e altomedievale / di G. Polara ; con bibliografia di A. De Prisco
Roma : Jouvence, cop. 1987.
The Oxford handbook of medieval Latin literature / edited by Ralph J. Hexter and David Townsend
Oxford ; New York : Oxford University Press, cop. 2012.
Bibliografía complementaria (a profesora irá indicando bibliografía segundo se vaian explicando os temas mediante a Aula Virtual):
Brown, Peter, El mundo en la antigüedad tardía : de Marco Aurelio a Mahoma / Peter Brown. Prefacio de José Enrique Ruiz-Doménec; traducción de Juan Antonio Piñero, Segunda edición, ampliada, Barcelona : Taurus, 2021.
Cameron, Alan, The last pagans of Rome / Alan CameronOxford [etc.] : Oxford University Press, 2013.
Dodds, Eric Robertson, Paganos y cristianos en una época de angustia : algunos aspectos de la experiencia religiosa desde Marco Aurelio a Constantino, (trad. españols), Madrid : Cristiandad, 1975.
Dronke, Peter, Imagination in the late pagan and early Christian world : the first nine centuries A.D., Firenze : SISMEL edizioni del Galluzzo, 2003.
Late antiquity : a guide to the postclassical world / G.W. Bowersock, Peter Brown, Oleg Grabar, editors, Cambridge, Massachusetts : The Belknap Press of Harvard University Press, 1999.
Coñecemento dos principais xéneros literarios e dos principais escritores da Literatura latina entre os séculos III a.C.e I d.C.
Desenvolvemento do sentido crítico e estético.
Desenvolvemento da capacidade de lectura e comprensión dunha obra antiga.
Desenvolvemento da capacidade comparativa e crítica.
Desenvolvemento dun sentido historicista e relativista.
Os estudantes prepararán previamente os temas que se van expoñer na clase, xa sexan aspectos de carácter teórico, xa o comentario filolóxico dos textos dos autores que se verán na clase.
A materia avaliarase consonte ao sistema de avaliación continua máis unha proba final. Daquela, a asistencia activa ás aulas, é dicir, a participación mediante cuestións, comentarios e mesmo preparación, baixo indicación da profesora, dalgún tema ou subtema, contará o 60% da nota. O 40% restante acadarase mediante unha proba oral na que os estudantes darán conta de cuestións relativas ao temario da materia. Ámbalas dúas partes son obrigatorias e se precisa ter acadado unha nota mínima en cada unha delas de 5 sobre 10 para superalas.
Os estudantes con exención oficial de docencia concorrerán ao exame fixado na convocatoria oficial, que contará o 100% da cualificación e consistirá en dar resposta a cuestións derivadas do temario (contidos) da materia. Estes estudantes deberán contactar coa profesora a principio de curso. Os estudantes que teñan coincidencia horaria entre materias deberán tamén contactar coa profesora a principio de curso. Tamén deberán comunicar o antes posible eventuais coincidencias nos exames.
Do mesmo xeito, na segunda oportunidade o exame final suporá o 100% da nota.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
A preparación da materia implica traballo persoal previo para poder seguir axeitadamente as explicacións na aula.
Recoméndase a asistencia activa e participativa ás aulas, dado o carácter eminentemente práctico e progresivo dos contidos da materia e a condición de avaliación continua do procedemento de verificación da aprendizaxe.
Helena Rosa De Carlos Villamarin
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Teléfono
- 881811878
- Correo electrónico
- helena.decarlos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B06 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B06 |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | B06 |
17.01.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D05 |
17.01.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D05 |
14.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D05 |
14.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D05 |