Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Alemán
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Alemá
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia 'Lingua Alemá 2' é unha das materias do plan de estudos que se adica á aprendizaxe da lingua alemá. O seu obxectivo principal é que os alumnos alcancen o nivel A2.1 do Marco de Referencia Europeo das linguas.
Ó final do curso o alumnado ten que ser capaz de comunicarse - atendendo ás catro destrezas lingüísticas - en situacións de carácter cotián.
Os contidos abranguen as catro destrezas lingüísticas: receptivas (lectura, audición, e comprensión de textos en lingua estranxeira) e activas (producir textos sinxelos e falar nunha lingua estranxeira).
A continuación preséntanse os contidos de modo individual, anque a súa interrelación é imprescindible para o bo funcionamento do curso e para alcanzar os obxectivos mencionados.
Os contidos a adquirir en relación coas competencias son os que seguen:
Competencia receptiva escrita: Comprensión global de textos breves con vocabulario cotián. Traballarase tamén con textos reais.
Competencia receptiva oral: Comprensión global e detallada de diálogos e escenas da vida cotiá. Traballarase tamén con material auditivo real.
Competencia produtiva oral: Neste caso produciranse e executaranse diferentes tipos de fala relacionados con actividades da vida cotiá, como por exemplo, expresar unha opinión, describir persoas e obxectos, ir ó médico, concertar unha cita, etc. Os diálogos acompañaranse de diferentes materiais que presentan as formulacións propias atendendo ós actos de fala presentes nos mesmos.
Competencia produtiva escrita: O desenrolo desta competencia centrarase sobre todo no tipo de texto carta nas súas diferentes modalidades, como invitación, e-mail, etc. Outros tipos de textos apoiarán a progresión para a adquisición e consolidación desta competencia.
Entre os aspectos gramaticais axeitados ó nivel da materia abordaranse os seguintes:
- Verbos: Tempo (Perfekt), Modo (Imperativ), Tipoloxía verbal (verbos modais).
- Adxectivos en acusativo e dativo, adxectivos sen artigo en nominativo e acusativo.
- Artigos posesivos en dativo, pronomes persoais en acusativo.
- Comparativos (viel, gut, gern, wie, als), e superlativos.
- Subordinadas con weil/dass.
Cuestións básicas de pronunciación alemá e vocabulario básico formarán asimesmo parte dos contidos desta materia.
a.) Básica:
Stefanie Dengler, Tanja Mayr-Sieber, Paul Rusch, Helen Schmitz (2020): Netzwerk neu A2.1. Libro del alumno y libro de ejercicios con audios y vídeos. Editorial Klett. (ISBN 978-3-12-607162-8)
b.) Complementaria:
HÄUBLEIN, Gernot u.a. (Hgg.): Memo. Wortschatz- und Fertigkeitstraining zum Zertifikat Deutsch als Fremdsprache. Lehr- und Übungsbuch. Berlin/ München 1995 Langenscheidt.
IVANOVA, Vessela/TSCHIRNER, Erwin: Lextra – Spanisch – Grund- und Aufbauwortschatz nach Themen / A1–B1. Übungsbuch Grundwortschatz. Berlin 2008 Cornelsen.
REIMANN, Monika: Grundstufen-Grammatik für Deutsch als Fremdsprache. Gramática esencial del alemán. München 2010 Hueber.
TSCHIRNER, Erwin: Lextra – Spanisch – Grund- und Aufbauwortschatz nach Themen / A1–B2 – Lernwörterbuch Grund- und Aufbauwortschatz. Berlin 2008 Cornelsen.
c.) Diccionarios
LANGENSCHEIDT Handwörterbuch Spanisch. Spanisch-Deutsch/ Deutsch-Spanisch. Wörterbuch mit Grammatik. Berlin/ München 2010 Langenscheidt.
O profesorado aportará ó alumnado ó longo do curso unha serie de materiais atendendo á evolución do mesmo.
- Competencia comunicativa integrada en lingua alemá a un nivel que se corresponda co nivel A2.1 do Marco de Referencia Europeo.
- Dominio dos aspectos gramaticais e discursivos desde un punto de vista receptivo e produtivo, de tal xeito que o alumnado sexa capaz de comunicarse en situacións da vida cotiá.
- Para máis detalle véxanse as descricións do Marco de Referencia Europeo das linguas.
- Combínase un método indutivo e dedutivo..
- O libro do curso éste complementarase con materiais seleccionados polos docentes.
- Como tipoloxía de exercicios contémplanse os exercicios realizados nas aulas, sesións de internet e tarefas fóra das aulas, entre outros.
- Ofrécese ademáis material adicional no Campus Virtual.
Para superar esta materia os estudantes terán que cumplir cos seguintes requisitos:
1) Asistencia regular e participación activa en clase (30% da nota final). Tratarase dunhas probas.
2) Exame final escrito (40% da nota final).
3) Exame final oral (30% da nota final).
Para aprobar a materia é necesario aprobar cada unha das catro destrezas lingüísticas mencionadas no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (compresión e expresión orais e escritas)
Os alumnos que teñan dispensa oficial de asistencia ás clases serán avaliados en base ós seguintes criterios tanto na primeira coma na segunda oportunidade:
1) Exame final escrito (70% da nota final).
2) Exame final oral (30% da nota final).
Tamén neste caso os estudantes deberán superar as catro destrezas lingüísticas.
Na segunda oportunidade rexerán os mesmos criterios de avaliación coas mesmas porcentaxes. Os estudantes deberán repetir aquela(s) parte(s) (2 ou 3) da avaliación que non superasen na primeira oportunidade.
- No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Por cada hora presencial o alumnado deberá dedicar dúas horas de traballo autónomo fóra das aulas (50 horas presencias = 100 horas de traballo autónomo).
- Máis aló da asistencia a clase - que é obrigatoria - é recomendable que o alumnado participe de maneira activa nas sesións presenciais.
- O alumnado debería buscar o contacto directo coa lingua alemá ben a través da lectura, ben a través dos medios de comunicación (prensa, televisión, cine, internet, etc.).
- O uso do teléfono móbil nas aulas está prohibido sen autorización previa do docente.
- No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Irene Doval Reixa
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Teléfono
- 881811849
- Correo electrónico
- i.doval [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Del Carmen Mellado Blanco
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Teléfono
- 881811859
- Correo electrónico
- c.mellado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Iván Arias Arias
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Correo electrónico
- ivanarias.arias [at] usc.gal
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Sebastian Windisch
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Correo electrónico
- sebastian.windisch [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | Alemán | D12 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 (A-E) | Alemán | D12 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | Alemán | D12 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | Alemán | D12 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 (A-E) | Alemán | D12 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | Alemán | D12 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Alemán | D08 |
28.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |
28.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-E) | D08 |
28.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | D08 |
28.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | D08 |
28.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D09 |
28.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-E) | D09 |
28.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | D09 |
28.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | D09 |
02.07.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |
02.07.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-E) | D10 |
02.07.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | D10 |
02.07.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | D10 |