Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Literatura Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Trátase dun curso panorámico da Literatura Española: das Vangardas ao século XXI, organizado cun criterio cronolóxico e estético, de maneira que permite seguir a evolución das principais manifestacións xenéricas da literatura española no período estudado, tendo en conta os/as autores/as e obras máis representativas das promocións, movimentos e/ou correntes estéticas ás que se adscriben:
1) Preparar ao alumno para que afronte o estudo da literatura española do período que abarca o programa coa axuda dos métodos filolóxicos adecuados e os repertorios bibliográficos.
2) Ofrecer coñecementos e habilitar a sua capacidade para: xerarquizar correctamente os contidos académicos; realizar guións e esquemas que faciliten o seu estudo; aprofundar no comentario de textos literarios; mellorar a expresión oral e escrita; cultivar a sensibilidade dos estudantes e formar os seus gustos e criterios estéticos.
3) Examinar a producción literaria española do período abordado no seu desenvolvimento histórico e nos seus específicos marcos socio-culturais, recoñecendo o carácter interdisciplinar da materia.
4) Abordar e debatir cuestións relacionadas cos problemas de periodización literaria, correntes, tendencias e escolas do período estudado (“Ismos”, literatura do exilio, da posguerra, da “transición”, da posmodernidad…)
5) Coñecer aos/ás escritores/as e obras máis importantes, e asemade os xéneros propios de cada momento, a súa evolución e características.
6) Leer e analizar obras literarias representativas de autores/as e xéneros do período de forma rigurosa e axustada á terminoloxía especializada das disciplinas literarias e con métodos que permiten a comprensión crítica dos textos
Esta materia impártese en:
Maior do Grao en Lingua e Literatura Españolas. Obrigatoria (6 créditos ECTS)/ segundo semestre/ 4º curso.
Minor Lingua e Literatura Españolas/ Módulo complementario. Optativa (6 créditos ECTS)/ segundo semestre / 3er. Curso.
TEMA I.- España, 1914/18-1939. A cultura de entreguerras.
TEMA II.- O concepto de vangarda artística. Os “ismos” europeos. Oríxenes e desenvolvemento. O fenómeno vangardista español: do creacionismo ao surrealismo. Antecedentes.- A “Xeración do 27” e o Grupo Poético do 27. Conceptos, oríxenes e desenvolvimento.
Lecturas obrigatorias:
1) Antología del Grupo Poético del 27, ed. de Gaos y Sahagún (Madrid: Cátedra, 1982) / García de la Concha (Madrid: Espasa-Calpe, Austral) (Selección de textos que será indicada pola docente)
2) García Lorca, La casa de Bernarda Alba, ed. de García Posada (Madrid: Castalia Didáctica, 1983-)/ Domingo Yndurain (Madrid: Espasa-Calpe)/ Josephs y Caballero (Madrid: Cátedra, 1990-)/ Francisca Vilches (Madrid: Cátedra, 2005).
TEMA III.- A literatura española na época da II República e da Guerra Civil, 1931-1939. A literatura, arma de combate. O exilio: a “España Peregrina”.
Lectura obrigatoria:
3) Luisa Carnés, “En el tranvía”, “En casa”, Trece cuentos (Madrid: Hoja de Lata, 2017) (Selección de textos que será indicada pola docente)
TEMA IV.- A literatura española 1939-1975. A cultura española perante a dictadura franquista. Rumbos da literatura de posguerra: etapas e tendencias. Compromiso e literatura social. A renovación dos anos 60. O experimentalismo dos 70.
Lecturas obrigatorias:
4) Camilo José Cela, La Colmena. Ed. Villanueva (Barcelona: Noguer, 1983) / Raquel Asún (Madrid: Castalia, 1987-) // Urrutia (Madrid: Cátedra, 1988).
5) Martín Santos: Tiempo de silencio, ed. Rey Álvarez (Barcelona, Crítica, 2005)
6) Buero Vallejo, La Fundación, ed. Díez de Revenga (Madrid: Espasa-Calpe, 2009-)
TEMA V.- O fin da “Era de Franco”: o proceso democrático. Contexto político-cultural.- A literatura española da “transición” ao século XXI.- Regreso dos exiliados.- Novela, teatro e poesía: Os novos nomes.
Lecturas obrigatorias:
6) Muñoz Molina, Plenilunio (Madrid: Santillana, 1997-)
7) Antología de la poesía española (1939-1975), ed. de José Enrique Martínez (Madrid: Castalia Didáctica, 1989) y Poesía española reciente (1980-2000), ed. de Cano Ballesta (Madrid, Cátedra, 2005). (A docente facilitará unha selección de textos)
8) Sara Mesa, Mala letra (Barcelona: Anagrama, 2016) (A docente facilitará unha selección de dous contos)
1.- BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
a) Textos literarios de lectura obrigatoria e controlada, asociados a cada tema do programa.
b) Selección de textos complementarios para traballar nas sesións expositivas e interactivas. A selección será preparada pola docente e estará a disposición do alumnado no Campus Virtual.
2.- BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
2.1. Obras de consulta de carácter xeral:
-Ariès, Philippe y GeorgeDuby, Historia de la vida privada. 5. De la Primera Guerra Mundial hasta nuestros días, Madrid: Taurus, 2000.
-Azaustre Galiana, Antonio e Juan Casas Rigall, Manual de retórica española, Barcelona, Ariel, 1997.
-Gullón, Ricardo, dir., Diccionario de literatura española e hispanoamericana, pról. de F. Lázaro, Madrid, Alianza, 1993, 2 vols.
-Hormigón, J. A. (dir.), Autoras en la historia del teatro español. Vols.II-IV; Madrid, Publicaciones de la ADE, 2000.
-Jauralde Pou, Pablo, Manual de investigación literaria. Guía bibliográfica para el estudio de la literatura española, Madrid, Gredos, 1981.
-Martínez Cachero, José Mª, Diccionario de escritores célebres, Madrid: Espasa-Calpe, 1995.
-Navarro Durán, Rosa, Enciclopedia de escritores en lengua castellana, Barcelona, Planeta, 2000.
-Pedraza, Felipe e Milagros Rodríguez, Las épocas de la literatura española, Barcelona, Ariel, 1997.
-Platas Tasende, Ana, Diccionario de términos literarios, Madrid, Espasa-Calpe, 2004, 3ª ed.
-Quilis, Antonio, Métrica española, Barcelona, Ariel, 1988.
-Villanueva, Darío e Margarita Santos Zas, Cronología de la literatura española. Siglo XX (Cátedra)
2.2. Historias e manuais de literatura
-Abellán, José Luis (ed.), El exilio español 1939, Madrid: Taurus, 1979.
-Alvar, Carlos, José-Carlos Mainer e Rosa Navarro, Breve historia de la literatura española, Madrid: Alianza, 1997.
-Gracia, Jordi e Domingo Ródenas, Historia de la literatura española. Siglo XX: 1939-2010, Barcelona: Crítica, 2011.
-Jones, Roy O. (ed.), HLE (Ariel): vols. 6 (Brown, Siglo XX) y 6/1 (Santos Sanz Villanueva, Literatura actual)
-Mainer, José Carlos, Historia de la literatura española.6. Modernidad y nacionalismo 1900-1936, Barcelona: Crítica, 2010.
-Oliva, César, Historia básica del artre escénico, Madrid: Cátedra, 1992
-Oliva, César, El teatro español en el siglo XX, Madrid: Síntesis, 2001.
-Oliva, César, La última escena (Teatro español de 1975 a nuestros días), Madrid: Cátedra, 2004
-Pedraza, Felipe e Milagros Rodríguez, Manual de literatura española X. Novecentismo y Vanguardia: introducción, prosistas y dramaturgos. XI. Novecentismo y Vanguardia: líricos. XIV: Posguerra: dramaturgos y ensayistas (Cenlit)
--Rico, Francisco (coord.), HCLE (Crítica): Vols. 7 Época contemporánea, 1914-1936) (Ed. García de la Concha) y 7/1 (Ed. Agustín Sánchez Vidal); 8 Época contemporánea, 1939-1980 (Ed. Domingo Yndurain) y 8/1 (Ed. Santos Sanz Villanueva); 9 Los nuevos nombres 1975-1990 (Ed. Darío Villanueva) y 9/1 Los nuevos nombres 1975-2000 (Ed. Jordi Gracia).
-Ruiz Ramón, Francisco, Historia del teatro español. Siglo XX, Madrid: Cátedra, 1986.
-Zavala, Iris (coord.), Breve historia feminista de la literatura española. III. La mujer en la literatura española (Del siglo XVIII a la actualidad), Barcelona: Anthropos, 1996.
CG1 - Adquisición e comprensión de coñecementos, métodos científicos e recursos de análise para (a) o estudo avanzado lingüístico e literario do español e as súas literaturas; (b) o estudo básico/medio dunha segunda lingua (nivel B2) e a súa literatura, de Filoloxía Románica, de Lingüística Xeral e de Teoría da Literatura e Literatura Comparada.
CG2 - Habilidades para aplicar eses coñecementos e métodos para recoñecer, identificar e resolver problemas tanto no ámbito dos estudos lingüísticos e ltierarios como no seu ámbito profesional: docencia de lingua (como L1 o LE) e de literatura, asesoría e corrección lingüística, planificación lingüística, mediación comunicativa, traducción, lingüística clínica, actividades editoriais, etc.
CG3 - Capacidade de reflexión e de pensamento crítico para describir, interpretar e valorar os feitos lingüísticos e literarios.
CG4 - Capacidade para aplicar o razonamento inductivo e deductivo, ao combinar a análise dos datos coa argumentación teórica.
CG5 - Capacidad de abstracción, síntese e análise, ao extraer xeneralizacións a partir da descripción dos datos.
CG6 - Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións relativas á lingua e a literatura españolas a un público especializado e non especializado.
CG7 - Dominio da expresión oral e escrita, en español e noutraslinguas, en distintos contextos.
CG8 – Habilidade no manexo de ferramentas informáticas e no uso de redes que permitan establecer contactos nacionais e internacionais.
CG9 - Habilidade para traballar en colaboración e en contextos multiculturais y multilingües.
CG10 - Aprendizaxe autónoma de novos coñecementos e técnicas de análise.
CB1 – Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secuandaria xeral e se encontra nun nivel que, se ben se apoia en libros de textos avanzados, inclúe tamén algún aspectos que implican coñecementos procedentes da avanguarda do seu campo de estudo.
CB2 – Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que se demostrar por medio da elaboración e ddefensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 –Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 – Que os estudantes teñan desarrollado aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CE4- Identificar e comprender aqueles elementos (obxecto de estudo, metodoloxía, linguaxe e terminoloxía crítica especializada, et.) que definen e articulan os estudos lingüísticos e literarios como disciplinas científicas no ámbito das Humanidades.
CE5 - Recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos lingüístico-literarios.
CE7 - Dominar os diversos enfoques y métodos que permiten la comprensión crítica de la obra literaria.
CE8 - Coñecer os escritores e obras máis importantes e representativas de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos períodos da historia da literatura.
CE10 - Comprender a complexidade dos feitos lingüísticos e das obras literarias, aprender a apreciar os seus valores estéticos e extraer o caudal informativo que contén o texto literario.
CE12 - Interpretar con rigor as obras máis importantes e representativas de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos períodos da historia da literatura española.
CE13 – Coñecer a teoría e o pensamento estético no seu discurrir histórico en tanto condicionante de xéneros, estilos, morfoloxía e técnicas do discurso literario.
CE15 – Coñecer as características das diversas manifestacións da creación literaria, incardinándoas no contexto sociocultural no que se xestan e conectándoas con outras formas de expresión artística.
CE16 - Adquirir destrezas no manexo de novas tecnoloxías que faciliten o estudo da lingua e a literatura españolas.
CE17 – Empregar ferramentas de búsqueda de recursos bibliográficos para o estudo da lingua española e manexar as fontes documentais e bibliográficas propias da literatura.
CE18 - Desarrollar a competencia comunicativa.
No ámbito da docencia, as sesións expositivas fundamentaranse na explicación da docente. As sesións interactivas basearanse en tarefas puntuais de diferente natureza, na práctica da análise de textos a través do comentario e, así mesmo, na realización de controis de lectura programados. En ambos os casos, a docente facilitará as oportunas orientacións académicas e bibliográficas, tanto nas aulas como na sesións de titoría.
As cualificacións finais non dependerán só da asimilación dos contidos e a realización de tarefas na aula, senón tamén do traballo persoal e autónomo desenvolvido, a madurez e o aproveitamento demostrados, así como da correcta ortografía e expresión. Valorarase positivamente a asistencia a clase, así como a participación activa.
A asignatura está constituída polas clases expositivas e as de seminario e a súa cualificación farase por un sistema de avaliación continua, que suporá un 40% da cualificación global. A tal fin, terase en conta a asistencia participativa nas sesións de clase e a realización de tarefas puntuais explicadas oportunamente. Así mesmo, prevese a realización dun traballo cuxa natureza e características precisaranse oportunamente.
A nota da avaliación continua (40% da cualificación global) mantense tanto si o alumno realiza o exame da parte teórica tanto na primeira como na segunda oportunidade.
O 60% da nota final da asignatura se reserva para unha proba final escrita, centrada na parte teórica do programa, que terá lugar o día e hora establecido oficialmente polo centro, tanto na primeira como á segunda oportunidade. De modo que a cualificación final da materia será o resultado da media obtida en ambas partes (40% e 60%), tanto na primeira como na segunda oportunidade
No caso de existir algún impedimento para asistir ás clases (enfermidade, traballo incompatible co horario lectivo, etc.), o alumno/a haberá de presentar unha "Exención" de docencia para que así conste aos efetos oportunos. Neste caso o alumnado terá dereito a realizar o exame tanto na primeira como na segunda oportunidade e a nota obtida supoñerá o 100% da súa cualificación global. O mesmo sistema de avaliación é o que se contempla para o alumnado que, por coincidencia horaria con outras materias, non poida asistir regularmente a clase.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Tempo de estudo e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
De acordo co tipo de actividades programadas: Presenciais [sesións expositivas] (24 horas), sesións de seminario (24 horas), titorías (3 horas), e avaliacións (3 horas)], o que supoñen un total de 54 horas de traballo de aula.
As actividades NON PRESENCIAIS [estudo e preparación de actividades programadas (40 horas), elaboración de traballos (20), lecturas complementarias (20) e preparación de exames (20)], estímase o traballo persoal do alumno en 100 horas.
-A lectura das obras que figuran no programa como obrigatorias, antes da súa explicación nas clases, xa que é a forma de asimilar as explicacións teóricas e os comentarios prácticos.
-A consulta da bibliografía e materiais recomendados coas precisións indicadas.
-A preparación ao dia das tarefas asignadas nos seminarios interactivos.
-É recomendable para os alumnos extranxeitos un nivel de lingua B2.
Idioma de impartición: castelán
Alejandra Ulla Lorenzo
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Correo electrónico
- alejandra.ulla [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C07 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C07 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Castelán | C01 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Castelán | C01 |
23.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D10 |
23.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D10 |
23.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |
23.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D11 |
23.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D11 |
23.05.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
27.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D10 |
27.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D10 |
27.06.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |