Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Antropoloxía Social
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Achegar os conceptos e categorías teóricas coas que se articula a definición de xénero como unha construción social.
2. Resaltar o papel do xénero como elemento estructurador das relacións sociais como relacións de poder.
3. Coñecer as liñas xerais do desenvolvemento do movemento feminista e as súas propostas.
4. Afondar nas achegas realizadas desde a perspectiva de xénero á filosofía e á teoría social.
5. Identificar e abordar críticamente enfoques androcéntricos e patriarcais no pensamento filosófico e na teoría social.
6. Resaltar o papel das construccións simbólicas no mantemento dos estereotipos e roles de xénero.
1. Xénero, feminismo e análise da sociedade.
1.1. Orixe e construción histórica do concepto de xénero.
1.2. Dos estudios “da muller” aos estudios “de xénero”.
1.3. Definicións e dimensións do xénero.
1.4. Revisións e críticas actuais.
2. Variabilidade cultural das relacións de xénero.
2.1. O papel da antropoloxía nos estudos de xénero
2.2. A subordinación das mulleres como problema antropolóxico
2.3. Regras de filiación e residencia posmarital: matrilinealidade-patrilinealidade
2.4. Estudios sobre mulleres e xénero en Galicia: a polémica en trono ao matriarcado
3. Historia do feminismo
3.1. Feminismo: un movemento plural
3.2. Feminismo premoderno
3.3 Feminismo moderno
3.4. Feminismo contemporáneo
4. Estereotipos de xénero: a construción social de feminidades e masculinidades
4.1. Definición e función dos estereotipos
4.2. A violencia simbólica e a violencia de xénero
4.3. Feminidades: atributos e estereotipos
4.4. Masculinidades: atributos e estereotipos
5. Traballo de campo e análise antropolóxica. Referencias simbólicas ás mulleres no espazo urbano: estatuas e nomes de rúas, muralismo, performances
5.1. O concepto de xénero e a análise do espazo como construcións socioculturais
5.2. A memoria social da cidade: estatuas e nomes de rúas
5.3. Os estereotipos de xénero e a naturalización das características femininas: asociacións dominantes
5.4. A transformación dos espazos urbáns en espazos de igualdade
6. Novos retos e cuestións abertas
6.1. O posmodernismo como marco de diversos desenvolvementos do feminismo: multicultural, interseccional, posxénero, etc
6.2. Feminismo institucional e a estratexia da transversalidade
6.3. Xénero e desenvolvemento. Ecofeminismo
Blanco, Carmen (1995), O contradiscurso das mulleres. Historia do feminismo, Vigo, Nigra. (N-601)
Blanco López, Juan e José Mª Valcuende del Río (2003), Hombres: la construcción cultural de las masculinidades, Madrid, Talasa. Butler, J. (2001), El Género en disputa. El feminismo y la subversión de la identidad, México, Paidós.
Chodorow, Nancy (1984) El ejercicio de la maternidad. Psicoanálisis y sociología de la maternidad y paternidad en la crianza de los hijos. BCN: Gedisa.Comas d´Argemir, Dolors (1995), Trabajo, género y cultura, Barcelona, Icaria.
Feliu, Paz (1997) "Da ficción do matriarcado á economía informal: modelos e relacións de xénero na cultura galega", Galicia Antropología, A Coruña, Hercules, t. XXVI, pp. 264-297. Haraway, Donna (1995) “Conocimientos situados: la cuestión científica en el feminismo y el privilegio de la perspectiva parcial”, en Ciencia, ciborgs y mujeres. La reinvención de la naturaleza, pp. 317-346 (cap. 7). Kelley, Heidi (1994) “The Myth of Matriarchy: Symbols of Womanhood in Galician Regional Identity”. Anthropological Quarterly, 67(2), pp. 71-80. http://www.jstor.org/stable/3317362?origin=JSTOR-pdf. Méndez, Lourdes (2007) Antropología feminista, Madrid, Síntesis. Moncó, Beatriz (2011), Antropología del género, Madrid, Síntesis. Narotzky, Susana (1995), Mujer, mujeres, género. Una aproximación crítica al estudio de las mujeres en las ciencias sociales, Madrid, CSIC. Ortner, Sherry (1979) “¿Es la mujer con respecto al hombre lo que la naturaleza a la cultura?”, en O. Harris y K. Young, Antropología y Feminismo. Barcelona: Anagrama, pp. 109-131. http://www.cholonautas.edu.pe/2012/wpcontent/uploads/2012/04/Ortner%20S… Rosaldo, Michelle Z. (1979), “Mujer, cultura y sociedad: una visión teórica” en O. Harris y K. Young (eds.) Antropología y feminismo. Barcelona: Editorial Anagrama, pp. 153-181. http://www.cholonautas.edu.pe/modulo/upload/Rosaldo%20Michelle.pdf
Rubin, G. (1986) “El tráfico de mujeres: notas sobre la "economía política" del sexo”. Nueva Antropología, 8 (30), pp. 95-145. Scott, Joan W. (1994), "El género, una categoría para el análisis histórico" en J. S. Amelang e M. Nash (eds.) Historia y género: la mujer en la historia moderna y contemporánea, Alfons el Magnanim-Institució Valenciana d´Estudis i Investigació.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
1. Identificar autores e obras relevantes para os enfoque de xénero das humanidades e ciencias sociais.
2. Analizar, sintetizar, criticar e expoñer, tanto de forma oral como escrita, contidos teóricos procedentes de diversas fontes.
3. Situar na perspectiva histórica e cultural as cuestións relacionadas coas diferenzas de xénero.
4. Detectar nas producións culturais, medios de comunicación e interacción cotiá, elementos relacionados coa construción cultural das diferenzas de xénero
5. Coñecer e saber avaliar institucións, programas e actuacións relevantes, tanto a nivel nacional como internacional para a superacións das discriminacións de xénero.
COMPETENCIAS VINCULADAS A VALORES E ACTITUDES
6. Mostrar sensibilidade cara ás discriminacións asociadas ás diferenzas de xénero na sociedade.
7. Aplicar e promover medidas de igualdade e non discriminación entre os sexos.
8. Fomentar a cooperación e a mediación así como os valores democráticos e a cultura da paz.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
9. Lectura comprensiva e análise de textos.
10. Adquisición de experiencia en presentación orais.
11. Adquisición de destrezas para a elaboración de composicións escritas e traballos académicos.
12. Coñecemento instrumental de linguas extranxeiras e das tecnoloxías da información .
Metodoloxía da ensinanza
Escenario 1 (normalidade adaptada) (dos previstos no documento de “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura da USC” para o curso 2020-2021)
Os contidos teóricos serán presentados nas clases expositivas pola profesora. As clases interactivas e o traballo autónomo do alumnado serán para afondar e comprender os contidos, así como adquirir e practicar as competencias mediante a realización ao longo do curso dunha serie de traballos curtos (descrición etnográfica, comentario de texto, comentario de película, imaxes e publicidade, traballo de campo, reseña de obras). As sesións interactivas dedicaranse a deseñar e avanzar na elaboración progresiva das distintas tarefas asociadas a estes traballos mediante a presentacións orais por parte do alumnado, a posta en común e traballo en grupo. De acordo co calendario-programación que se publicará na aula virtual o alumnado deberá presentar individualmente o resultado final destes traballos noutros tantos entregables que serán a base da avaliación continua. É necesario ter presente a importancia das horas estipuladas para o traballo persoal autónomo no conxunto de horas totais da materia, segundo o cómputo indicado máis abaixo, e realizar este traballo con disciplina, constancia e regularidade. As titorías individuais servirán para apoiar o traballo persoal do alumnado. As titorías de grupo utilizaranse para revisar a marcha do curso e reforzar tanto aspectos teóricos como metodolóxicos. O traballo en todos estes ámbitos estará apoiado e reforzado co uso da aula virtual.
Escenarios 2 (distanciamento) e 3 (peche das instalación)
A metodoloxía de traballo na materia seguirá as mesmas pautas trazadas para o escenario 1 descritas anteriormente, se ben as clases expositivas, interactivas e titorías pasarán a ter carácter combinado, presencial e virtual, ou exclusivamente virtual segundo as esixencias propias de cada escenario. As clases virtuais terán lugar a través dos recursos dos canais Teams e Campus virtual utilizando as modalidades síncrona e asíncrona, así como os recursos que ofrecen ambos para apoiar as actividades docentes e a aprendizaxe.
Escenario 1 (normalidade adaptada)
Avaliación continua (modalidade preferente)
1. Traballo persoal, participación e presentacións nas clases interactivas: 40% da nota final. Como xa se indicou no apartado da metodoloxía o alumnado deberá entregar varios traballos curtos ao longo do curso. Para elaborar estes traballos facilitaranse os materias necesarios e se darán indicacións precisas nas clases interactivas que se dedicarán tamén a presentación e corrección de borradores. Tanto as valoracións destes traballos como as datas para entregalos indicaranse no documento Calendario e Programación de Actividades que será establecido para cada curso e publicado na aula virtual.
Valoración de competencias 2, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12.
2. Exame final para o alumnado con asistencia: 60% da nota final.
Valoración de competencias 1, 2, 3, 9, 11.
Segundo os Estatutos da Universidade, no seu artigo 130.2, o estudantado ten o deber da “asistencia e participación naquelas actividades formativas que se establezan como obrigatorias na programación docente”.
A asistencia é obrigatoria e O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao EEES http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…
Na mesma exponse os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos e alumnas poderán solicitar exención oficial de docencia ou ben matricularse na modalidade de dedicación parcial aos seus estudos para facilitar a conciliación.
Polo tanto, o alumnado que falte máis de tres veces sen xustificar as súas faltas, ou que non entregue os traballos nos prazos fixados non poderá ser obxecto de avaliación continua, non poderá facer exames parciais e será avaliado só tendo en conta o exame final.
Avaliación non continua
Para o alumnado que perda a avaliación continua o valor da proba final escrita será do 100%.
O alumnado que teña dispensa de asistencia a clase concedida pola facultade poderá optar entre as modalidades de avaliación continua ou a realización de examen final. No primeiro caso deberá realizar os mesmos traballos e probas indicados para o alumnado asistente apoiando o seu traballo persoal en titorías e nas orientacións facilitadas a través da aula virtual. Os criterios serán os mesmos establecidos para o alumnado asistente. No caso de optar pola realización de exame final o seu valor será do 100%.
Escenarios 2 (distanciamento) e 3 (peche das instalacións)
No caso de que a proba final teña que facerse por medios telemáticos, na modalidade da avaliación continua o valor da mesma pasará a ser do 40% e da asistencia-participación (en clases presenciais e non presenciais) e traballos-entregables pasará a ser do 60%.
No caso da avaliación non continua a proba final escrita pasará a ter un valor do 60% e esta será complementada cunha proba oral (40%).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Clases expositivas= 24 horas
Clases interactivas= 24 horas
Titorías de grupo=3 horas
Total horas presenciais: 51
Non presenciais (*preparación de traballos máis *estudio e preparación de exames)= 99 horas
Iso supón un total de 150 horas de dedicación á materia.
Detectar desde o principio de curso dificultades e debilidades nas destrezas intelectuais que esixen a comprensión dos contidos e a elaboración dos traballos, de cara a deseñar estratexias para a súa superación.
Facer un seguimento continuado da materia e manter un ritmo de traballo axeitado e constante ao longo do curso.
O alumnado deberá facer uso das titorías para apoiar a súa aprendizaxe.
Dada a importancia que adquirirá a docencia non presencial nos escenarios 2 e 3 o alumnado deberá facer un seguimento cotiá da aula virtual e da información, materiais e recursos que se implementen na mesma, participando activamente nos canais de comunicación como foros e Teams.
Plan de continxencia:
adaptacións metodolóxicas e de avaliación aos escenarios 2 e 3 (distanciamento e/ou peche das instalacións) dos previstos no documento de “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura da USC” para o curso 2020-2020.
A metodoloxía de traballo na materia seguirá as mesmas pautas trazadas para o escenario 1 (normalidade adaptada) descritas anteriormente, se ben as clases expositivas, interactivas e titorías pasarán a ter carácter combinado, presencial e virtual, ou exclusivamente virtual segundo as esixencias propias de cada escenario. As clases virtuais terán lugar a través dos recursos da plataforma Teams e do Campus virtual utilizando as modalidades síncrona e asíncrona.
Na modalidade da avaliación continua o valor da asistencia-participación e traballos-entregables pasará a ser do 60% e da proba final do 40%. No caso da avaliación non continua a proba final escrita pasará a ter un valor do 60% e esta será complementada cunha proba oral (40%).
Maria Nieves Herrero Pérez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Teléfono
- 881812531
- Correo electrónico
- mnieves.herrero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Guadalupe Jiménez Esquinas
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Teléfono
- 881812532
- Correo electrónico
- guadalupe.jimenez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 4 |
Mércores | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 4 |
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Sala Hipatia |
18.05.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
18.05.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
18.05.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
18.05.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
18.05.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
18.05.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
18.05.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
18.05.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
18.05.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Sala Hipatia |
18.05.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Sala Hipatia |
18.05.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Sala Hipatia |
18.05.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Sala Hipatia |
12.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
12.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
12.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
12.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |