Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Toda a reflexión implicada nesta materia xira ao redor dunha actualización da noción de ser humano e da localización dos prexuizos propios da nosa tradición que seguimos arrastrando en toda a nosa negativa conceptualización, valoración e prácticas polo que toca ao medio ambente e a todos os demais seres, humanos e non humanos, cos que cohabitamos neste planeta ferido.
-Distinguir a Antropoloxía “filosófica” –como Filosofía do “ser humano” e do seu mundo “humano”– das outras Antropoloxías de carácter físico, cultural ou social.
-Conseguir unha noción do “animal humano” ben fundamentada, actualizada e crítica en base tanto ás aportacións de filósofos como de científicos de hoxe procedentes de diversas áreas.
-Localizar e valorar críticamente aqueles “prexuizos” (antropocentrismo, especismo, etc.) que arrastra consigo a tradicional noción do “ser humano”; prexuizos que sempre estiveron influindo na nosa negativa conceptualización e valoración do medioambente, dos demais animais e dos vegetais, e no noso comportamento con eles.
-Conseguir a localización daqueles prexuizos da nosa tradicional noción do “ser humano” que inflúen directamente na valoración negativa das novas biotecnoloxías aplicadas aos humanos.
-Describir ao ser humano dende a súa “animalidade” e dende a súa “humanidade”, nas súas estructuras básicas, para ver a súa diferencia específica e as súas semellanzas en relación coas outras especies de seres vivos non humanos. Paralelamente, trátase tamén de describir o mundo humano nas súas estructuras propias.
CARÁCTER "FILOSÓFICO" DA ANTROPOLOXÍA FILOSÓFICA
Tema 1. Problemática que arrastra consigo como disciplina específica.
Tema 2. Establecemento do seu carácter "filosófico" como demarcación ante outros saberes contiguos, e definición e situación no conxunto da Filosofía.
Tema 3. Xustificación da necesidade dunha noción actualizada do "ser humano" como requisito imprescindible para, dende esta noción actualizada, (a) poder localizar e valorar críticamente aqueles “prexuizos” (antropocentrismo, especismo) que arrastra consigo a tradicional noción do “ser humano”; prexuizos que sempre estiveron influindo na nosa negativa conceptualización a valoración do medioambente, dos demáis animais y dos vexetais, e no noso comportamento para con eles; (b) poder afrontar o problema da actual “aceleración” do cambio climático nas súas causas e na súa repercusión no deterioro do conxunto de todos os habitats do planeta; (c) poder xustificar a necesidade duna nova relación dos humanos cos outros seres non humanos; (d) poder localizar e valorar críticamente aqueles “prexuizos” (etnocentrismo, machismo, racionalismo...) que arrastra consigo a tradicional noción do “ser humano”; prexuizos que sempre estiveron influindo na nosa negativa conceptualización e valoración doutros humanos e no noso comportamento para con eles; (e) poder fundamentar un criterio bioético axeitado aos novos retos da actual biotecnoloxía.
II) ANTROPOLOXÍA EXPLÍCITA: CATEGORÍAS PARA PENSAR O FENÓMENO "HUMANO"
Tema 4: “Animal” ou “humano”? Somos un ser “natural” ou un ser “cultural”? “Natureza” ou “cultura”? En canto a que e en que medida os humanos somos ou non diferentes ao resto dos animais e, mesmo, aos vexetais?
Tema 5. Que é o "ser humano" e en que consiste o seu "mundo" propio?:
A) Max Scheler: o "espírito" humano (1928).
B) Edmund Husserl: corporalidade e empatía emocional (1912).
C) Jakob von Uexküll: "mundo circundante", Umwelt (1909).
D) Adolf Portmann: "infancia extrauterina" (1956).
E) Arnold Gehlen: "ser deficitario" (1941).
F) Ernst Cassirer: "animal simbólico" (1944).
Tema 6. Como nos sentimos os humanos sendo como somos e sendo como é o noso mundo humano? Liberdade. Ser un “ser de posibilidades”:
A) José Ortega y Gasset.
B) Martin Heidegger.
C) Jean-Paul Sartre.
Tema 7. Ontoloxía do "mundo da vida". Grandes escenarios básicos nos que se desenvolve toda existencia humana: (a) o xogo; (b) o traballo; (c) o poder; (d) a morte; (e) o "amor".
Tema 8. Ontoloxía "transcendental" do "mundo da vida". Dimensións fundadoras transcendentais que están presentes en toda persoa humana e en todo mundo humano e dende as que creamos sentido: corporalidade vivida, intersubxectividade, temporalidade vivida, espacialidade vivida...
III) ANTROPOLOXÍA IMPLÍCITA: IMAXES DO SER HUMANO E ACTITUDES ANTROPOLÓXICAS IMPLÍCITAS
Tema 9. Imaxes do ser humano. Xénese das distintas actitudes antropolóxicas na historia de Occidente: Idade Antiga; Idade Medieval; Idade Moderna; Idade Contemporánea; Posmodernidade.
Tema 10. Consecuencias teórico-prácticas das diferentes nocións de ser humano para cos demais humanos.
NOTA: Entraremos ou non nos temas 7 e 8, ou farémolo de forma parcial, en dependencia do tempo do que dispoñamos a esa altura do temario.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
-Carlos BEORLEGUI, Antropología filosófica. Nosotros: urdimbre solidaria y responsable. Bilbao, Universidad de Deusto, 1999.
-Martin HEIDEGGER, Ser y tiempo, México, F.C.E.
-Ernst CASSIRER, Antropología filosófica, Madrid, F.C.E.
-Frans DE WAAL, El simio y el aprendiz de sushi. Reflexiones de un primatólogo sobre la cultura, Barcelona, Paidós, 2002.
-Arnold GEHLEN, El hombre. Su naturaleza y su lugar en el mundo, Salamanca, Sígueme.
-José ORTEGA y GASSET, ¿Qué es conocimiento?, Madrid, Revista de Occidente / Alianza.
José ORTEGA Y GASSET, Unas lecciones de metafísica, Madrid, Revista de Occidente/Alianza.
-Carlos PARÍS, El animal cultural. Biología y cultura en la realidad humana, Barcelona, Crítica, 1994.
-Mª Luz PINTOS, “Aportación y tarea de la Antropología Filosófica en el debate ético acerca de las nuevas biotecnologías”, en Jacinto Choza / Mª Luz Pintos Peñaranda (eds.), Antropología Filosófica y Bioética ante los retos de las nuevas tecnologías, Sevilla, Themata, 2004, pp. 437-442.
-Mª Luz PINTOS, “Corpo de muller. Ruptura e nova identidade”, en AA.VV., Corpo de muller. Discurso. Poder. Cultura, Santiago de Compostela, Laiovento, 1997, pp. 13-57.
-Mª Luz PINTOS, “Cuerpo de mujer y violencia simbólica: una realidad universal”, en Mª Carmen López Sáenz / Jacinto Rivera de Rosales (eds.), El cuerpo. Perspectivas filosóficas, Madrid, UNED, 2002, pp. 291-315.
-Mª Luz PINTOS, “Fenomenología de la corporeidad emotiva como condición de la alteridad”, Investigaciones Fenomenológicas, vol. extra (2010) 142-168.
-Mª Luz PINTOS, “Fenomenología del cuerpo como expresión e interpretación”, en Jorge V. Arregui / Juan A. García González (eds.), Significados corporales, volumen extra en Contrastes (2006), 127-145.
--Mª Luz PINTOS, "Fenomenología, género y paz", en Irene Comins / Sonia París (eds.), Investigando para la paz. Estudios filosóficos, Barcelona, Icaria, 2010, pp. 51-71.
-Mª Luz PINTOS, “Emociones. Empatía. Tolerancia. Análisis fenomenológico de la integración cuerpo-mente, naturaleza-cultura”, Alfa. Revista de la Asociación Andaluza de Filosofía 22/23 (2008) 115-132.
-Mª Luz PINTOS, “Emociones y empatía, dimensiones primordiales de toda vida humana. Análisis fenomenológico”, en Javier San Martín / Tomás Domingo Moratalla (eds.), Perspectivas sobre la vida humana. Cuerpo, mente, género y persona, Madrid, Biblioteca Nueva, 2011, pp. 131-138.
-Mª Luz PINTOS, “La Antropología Filosófica: una obligada mirada hacia los demás seres vivos”, Themata, 39 (2007) 315-320.
-Mª Luz PINTOS, “Los derechos de todos los seres vivos a la luz de la fenomenología”, Investigaciones Fenomenológicas 4 (2005) 99-115.
-Javier SAN MARTÍN, Antropología filosófica. Ensayos programáticos, Estella (Navarra), Verbo Divino, 1995.
-Javier SAN MARTÍN, El sentido de la Filosofía del hombre. El lugar de la Antropología Filosófica en la Filosofía y en la Ciencia, Barcelona, Anthropos, 1988.
-Javier SAN MARTÍN, La Antropología. Ciencia humana, Ciencia crítica, Barcelona, Montesinos, 1985.
-Javier SAN MARTÍN, Antropología Filosófica I, Madrid, UNED, 2013.
-Jean-Paul SARTRE, El ser y la nada, Buenos Aires, Losada.
-Max SCHELER, El puesto del hombre en el cosmos, Buenos Aires, Losada.
-Jakob J. von Uexküll, Cartas biológicas a una dama, Madrid, revista de Occidente, 1945.
-Jakob J. von UEXKÜLL, Ideas para una concepción biológica del mundo, Buenos Aires, Espasa-Calpe, 1945.
-Jakob J. von Uexküll, Teoría de la vida, Madrid, Summa, 1944.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Darase a medida que o programa se vaia desenvolvendo Tema a tema.
- Distinguir a Antropoloxía "filosófica" das outras Antropoloxías.
- Acadar unha noción do "animal humano" ben fundamentada, actualizada e crítica, que combine os aspectos biolóxico-naturais e simbólico-culturais.
- Conseguir a localización de determinados prexuízos que arrastra consigo a nosa tradicional noción do "ser humano" e que inflúen directamente na valoración e no trato dado por nós tanto aos demais humanos como aos restantes seres do planeta.
- Conseguir a localización de determinados prexuízos que arrastra consigo a nosa tradicional noción do "ser humano" e que inflúen directamente na valoración das novas biotecnoloxías aplicadas aos humanos.
- Manexar as principais achegas de diferentes autores contemporáneos para establecer unha noción do ser humano actualizada.
- Saber comprender os textos e a conceptualización dos autores do temario.
- Lectura e comprensión de textos, e elaboración dalgún exercicio escrito, que se irá pedindo en cada momento do deselvolvimento da materia, e que terá que estar ben estructurado e redactado de modo gramatical e ortográfico correctos.
Plan de continxencia
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física)
Ver apartado de “Observacións”
A materia desenvólvese en sesións presencias expositivas e interactivas, en horario de mañán, de acordo ao seguinte: tres horas semanais. Dada a metodoloxía usada nesta materia, unha hora e media será, á vez, expositiva-interactiva, e unha hora e media tería que ser máis interactiva, de traballo sobre material concreto referido a diversos temas actuais, con debate en grupo (pero isto vai depender do modo en que se poda debatir con distanciamento).
-Clases expositivas: trátase de expoñer por parte da profesora as grandes liñas básicas de cada un dos temas do Programa, con explicación dos conceptos principais implicados. Nembargantes, sempre se traballará sobre material didáctico elaborado pola profesora, en formato audiovisual ou papel, co gallo de facilitar a comprensión e favorecer que se plantexen cuestións de tipo dúbida ou tipo comentario. Polo tanto, todas estas sesións teñen tamén, en non pouca medida, carácter interactivo.
-Sesións interactivas: están ligadas a algún dos temas de modo directo ou indirecto e enfocadas a aplicarlos a algún asunto da nosa actualidade. Trátase de sesións prácticas, de análise (e, na medida en que se poda, de debate en grupo) e entrega (individual ou grupal) dun breve exercicio escrito resultado da cada práctica.
-Traballo individual, en casa, sobre cada un dos temas a medida que se vaian traballando na aula. Este traballo en casa ten como obxectivo que cada alumno/a faga súa a conceptualización, argumentación e problemática de cada tema, e elabore un esquema del.
- No medio ou no remate de cada un dos Temas, cada alumno/a dispoñerá duns días para traballalo conforme a unha listaxe de cuestións facilitada pola profesora e, a continuación, despois de que remate a exposición de cada tema, cada alumno/a fará (na aula ou en casa; dependo da situación) un exercicio escrito, a modo de “exame parcial”, que permitirá prácticar a modalidade de argumentar por escrito. Este tipo de prácticas escritas non só servirán para practicar a asunción da cada tema e a súa exposición, senón que permitirán á profesora detectar aspectos que a nivel de grupo e a nivel individual poden e deben mellorarse. Isto farase polo menos en varios dos Temas _non na totalidade deles.
- As titorías serán usadas, preferentemente, para localizar puntos febles na redacción dos exercicios escritos de cada alumno/a e buscar a súa superación.
-Exame final, no que se dará conta tanto de todas as cuestións teóricas como daquelas cuestións analizadas nas sesións prácticas. Neste exame final entrarán todas as cuestións das listaxes referidas a todos os Temas traballados e pode tamén entrar nel algún comentario sobre os textos dos autores traballados na materia.
Plan de continxencia
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física).
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física).
Ver apartado de “Observacións”.
ASISTENCIA ÁS SESIÓNS EXPOSITIVAS.
ASISTENCIA ÁS SESIÓNS INTERACTIVAS CON DEBATE EN GRUPO E ENTREGA DUN EXERCICIO ESCRITO: Estas sesións complementarán as clases expositivas cun material, en soporte papel ou audiovisual, vinculado ao Tema do que se trate. Xeralmente haberá debate en grupo en base a ese tema e material. Xeralmente cada sesión rematará coa entrega dun Exercicio escrito, redactado, ben de modo individual ou ben de modo grupal, como froito da análise do material e do debate en grupo.
EXAMES PARCIAIS: Comprenderán algunha cuestión a desenvolver por escrito de entre unha listaxe de cuestións das que o alumno ou alumna disporá por anticipado. Dependendo da marcha do curso, haberá varios exames parciais, ligados cada un a un Bloque temático ou a un Tema. Estes exames parciais teñen carácter obrigatorio xa que están concebidos para facilitar a gradual comprensión e asunción de cada tema e, asemade, a adquisición de práctica na exposición argumentativa e na expresión conceptual da materia. A todos os efectos contan como prácticas a realizar con carácter obrigado.
EXAME FINAL: Será un exame con varias cuestións a desenvolver por escrito. Entrarán aquí todas as cuestións das listaxes dos exames parciais e, ademais, outras que se engadirán –unhas cun carácter máis global e outras referidas ás temáticas traballadas nas sesións prácticas.
OBTENCIÓN da CUALIFICACIÓN FINAL: A cualificación final será o resultado dos elementos arriba mencionados: 1 + 2 + 3 + 4, na seguinte proporción:
30% sesións prácticas cos exercicios prácticos correspondentes + 30% exames parciais + 40% exame final.
A asistencia ás clases teóricas, de carácter presencial obrigatorio, será un factor que redondee a cualificación cara arriba.
*ADVERTENCIAS: -A realización do Exame Final non exime, en ningún caso, da realización de todos e de cada un dos exames parciais, nin da entrega dos exercicios derivados das sesións prácticas, con independencia da convocatoria.
-É requisito indispensable para realizar o Exame final que, no momento do seu inicio, o alumno ou a alumna teña xa realizados todos e cada un dos exames parciais, así como entregados todos e cada un dos exercicios prácticos derivados das sesións prácticas.
-As competencias especificadas no apartado 3 serán avaliadas, de forma continuada, mediante todos os distintos tipos exercicios (cfr. 2, 3 e 4).
Alumnos e alumnas con dispensa oficial de asistencia a clase consonte á normativa da USC:
Tanto se se trata da primeira oportunidade da convocatoria como da segunda, para superar a materia o plan de traballo e de avaliación ten estas diferenzas en relación a quenes asistan presencialmente ás clases:
- O alumnado apoiarase nos estudos bibliográficos do Programa como introducción aos Temas.
-O alumnado realizará un exercicio escrito por cada Tema. A media obtida contará un 75% na cualificación final. A profesora fixará unhas datas para realizar cada un destes exames en horario de tarde.
-O alumnado realizará un Examen final que empezará no día e hora oficialmente establecidos e a súa cualificación contará cun 25% na cualificación final
Traballo presencial do/da alumno/a. Horas:
Clases teóricas 20
Clases prácticas 20
Tutorías grupo 3
Exámes 2
Total 45
Traballo persoal do alumno ou alumna. Horas:
Indicacións introductorias e seguimiento (lecturas, documentación, etc.) 25
Preparación de actividades (lectura de textos, documentos audivisuais e prensa) 35
Titorías grupo 0
Estudo 45
Total 105
Cada alumno ou alumna, para comentar de modo máis persoal algunha cuestión que sexa do seu interés ou sobre a que teña dúbidas, pode –e debe– facer uso do horario de titorías ligadas á materia que a docente ten a súa disposición para atenderle, dentro do horario establecido para titorías.
O exposto in supra correspóndese ao Programa a desenvolver nun Escenario 1: normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física).
“Plan de Continxencia”:
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física).
CONTIDOS
Suprímense os Temas 7, 8, 9 e 10.
BIBLIOGRAFIA
O alumnado terá acceso a toda a bibliografía complementaria que se precise, a cal irase dando Tema a Tema.
COMPETENCIAS
As mesmas que no Escenario 1.
METODOLOXÍA DO ENSINO
No caso de ter que levar a materia a distancia, o modo de desenvolver o Programa botará man destes recursos: aulas telemáticas, sincronas (usando a plataforma de Microsoft TEAMS), os Temas entregaranse feitos nunha unidade ou por pezas (dispoñibles na Aula virtual da materia) e, asimesmo, entregarase material didáctico diverso por cada un dos Temas (dispoñibles na Aula virtual da materia).
Por cada Tema ou Bloque de Temas, o alumnado redactará un ou máis exercicios para cuxa redación dispoñerá de todo tipo de material necesario (colgado na Aula virtual da materia). Uns exercicios estarán ligados as clases expositivas. Outros estarán terán carácter de exercicios prácticos.
SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE
A avaliación será enteiramente continua. Todos os exercicios realizados farán media e desta tirarase a cualificación final.
No caso de detectarse plaxio, total ou parcial, o exercicio ficará anulado e contará como 0.
Non se contempla ningún tipo de presencialidade.
TEMPO DE ESTUDO E TRABALLO PERSOAL DO/DA ESTUDANTE
O mesmo que no Escenario 1.
RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DA MATERIA
Cada alumno ou alumna, para comentar de modo máis persoal algunha cuestión que sexa do seu interés ou sobre a que teña dúbidas, pode –e debe– facer uso do horario de titorías ligadas á materia que a docente terá a súa disposición para atendelo/la virtualmente, por medio do correo electrónico, dentro do horario establecido para titorías.
Alumnos e alumnas con dispensa oficial de asistencia a clase consonte á normativa da USC:
Tanto se se trata da primeira oportunidade da convocatoria como da segunda, para superar a materia o plan de traballo e de avaliación ten estas diferenzas en relación a quenes asistan presencialmente ás clases:
- O alumnado apoiarase nos estudos bibliográficos do Programa como introducción aos Temas.
-O alumnado realizará un exercicio escrito por cada Tema. A media obtida contará un 75% na cualificación final.
-O alumnado realizará unha proba final asincrona virtual que empezará no día e hora oficialmente establecidos e a súa cualificación contará cun 25% na cualificación final.
Escenario 3: peche das instalacións (con imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física).
A Docencia expositiva e interactiva, as Titorías, a Avaliación, etc., todo terá carácter virtual e en todos os sentidos coincidirá co diseño da materia para o Escenario 2.
Ma De La Luz Pintos Peñaranda
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812515
- Correo electrónico
- mariluz.pintos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 4 |
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Sala Hipatia |
Venres | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 4 |
22.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
22.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
22.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
22.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
22.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Sala Hipatia |
22.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Sala Hipatia |
22.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Sala Hipatia |
22.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Sala Hipatia |
23.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Sala Hipatia |
23.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Sala Hipatia |
23.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Sala Hipatia |
23.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Sala Hipatia |