Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-- Acadar o dominio dos coñecementos propios da materia, coa capacidade para os explicar, aplicar e acrecentar.
-- Potenciar a capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
--Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
--Desenvolver a capacidade para organizar a información, tomar decisións, e presentar e resolver problemas.
--Fomentar o dominio do razoamento crítico e o compromiso ético.
Tema 1. Orixe e Conceptos básicos
Tema 2 Vulnerabilidade, dependencia. Curar, Coidar, Xustiza.
Tema 3. Nacemento, enfermidade, vellez, morte.
Tema 4. Natural/artificial. Biopolítica,
Ecoloxía, Robótica.
Agra Romero, Mª X., “Vulnerabilidad: injusticias y cuidados”, en Margarita Boladeras (ed.), Bioética: justicia y vulnerabilidad. Barcelona: Editorial Proteus, 2013, pp. 49-82.
Beauvoir, Simone de, La vejez, Buenos Aires: Editorial Sudamericana, 1970
Boladeras, Margarita, El impacto de la tecnociencia en el mundo humano: diálogos sobre bioética, Madrid: Tecnos, 2013.
Boladeras, Margarita, (Coord.), Bioética del cuidar. ¿Qué significa humanizar la asistencia?, Madrid: Tecnos, 2015.
Dworkin, Ronald, El dominio de la vida, Barcelona: Ariel, 1994.
Feito Grande, Lydia, “Bioética narrativa”, Bulletí del Comité de Bioética de Catalunya, nº 9 (2013), pp. 1-7.
Goberna, Josefina/Boladeras, Margarita (coordas.), El concepto de “violencia obstétrica” y el debate actual sobre la atención al nacimiento, Madrid: Tecnos, 2018.
Guerra, M.J., Breve introducción a la ética ecológica, Madrid: Machado Libros, 2001.
Held, Virginia, “Nacimiento y muerte”, Dilemata. Revista Internacional de Éticas Aplicadas, nº 31(2020), 1-25.
Hottois, Gilbert & Missa, Jean-Noël (dirs.), Nova enciclopedia de bioética, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 2005.
López Baroni, Manuel J., El origen de la bioética como problema, Barcelona: Universitat de Barcelona/Observatori de Bioètica i Dret, 2016.
López de la Vieja, M.ª T. (ed.), Bioética. Presente futuro, Madrid-México: CSIC-Plaza y Valdés, 2019.
Nagel, Thomas, La muerte en cuestión: ensayos sobre la vida humana, Ciudad de México: FCE, 1981.
Nussbaum, Martha C., “Genética y justicia: tratar la enfermedad, respetar la diferencia”, Isegoría 27 (2002), pp. 5-17.
Nussbaum, Martha C./ Saul Levmore, Envejecer con sentido. Conversaciones sobre el amor, las arrugas y otros pesares, Barcelona: Paidós, 2018.
Rifkin, J., El siglo de la biotecnología. El comercio genético y el nacimiento de un mundo feliz. Barcelona: Paidós, 2009.
Segura, A. /Puyol, A. (coords.), Iatrogenia y medicina defensiva, Barcelona. Cuadernos de la Fundació Víctor Grífols i Lucas, nº 42, 2017.
Shevin, Susan, “Feminismo y bioética”, Debate feminista, Vol. 49 (2014), pp. 45-69.
Singer, P., Repensar la vida y la muerte, Barcelona: Paidós, 1997.
VV.AA., “Pandemia Covid-19”, monográfico, Bioética Complutense, nº 39, (Junio 2020), pp. 1-76.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CX1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CX5 - Que teñan habilidades para recoñeceren, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de seren abordados e resoltos desde a Filosofía.
CX6 - Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver posteriormente esos coñecementos por medio da investigación.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
CE8 - Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético.
CE9 - Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
Plan de continxencia
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física)
Ver apartado de “Observacións”
TRABALLO PRESENCIAL NAS AULAS
Nas aulas impartidas pódese distinguir os seguintes dous tipos:
(1) Aulas expositivas. Nestas levarase adiante a explicación dos temas do programa, aberta á participación e o debate. Dedicáranse dúas sesións de dúas horas, para cada un dos catro temas centrais.
(2) Aulas interactivas. Nestas farase unha presentación por parte do alumnado dos temas nas distintas sesións. Estas faranse, previa lectura de textos anticipadamente achegados pola profesora nas aulas ou dispoñibles na Aula virtual, e ao fío dos contidos impartidos nas sesións teóricas anteriores e de textos complementarios (incluídos textos literarios, fílmicos ou casos). Porén, deixarase lugar áinterpretación por parte das alumnas ou alumnos que leven presentacións a cabo. Tras estas, o resto das e dos estudantes terán que formularlles preguntas e obxeccións, logo do cal abrirase un debate sobre os textos expostos e a materia, orientado en base a varias preguntas que formulará a profesora.
Plan de continxencia
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física)
Ver apartado de “Observacións”
É posible superar a materia mediante avaliación continua.
Para a avaliación continua contarán:
(1) Interactivas
O contido da materia dividirase nas diferentes sesións prácticas nas que o alumnado presentará e discutirá; este. Neste sentido, as presentacións valoraranse como parte da nota.
Con isto avaliarase a adquisición dos coñecementos da materia, así como a capacidade de explicalos, aplicalos e incrementalos. Con isto tamén se avaliará a capacidade de lectura e interpretación no que atinxe á comprensión dos textos traballados
1. Seleccionar un texto de lectura proposto no programa.
Lectura e síntese do texto
Contextualizalo no marco da corrente teórica correspondente e nas problemáticas éticas nas que se inscriben.
Antes das presentacións entregarase unha breve ensaio (máximo 5 folios, interlineal 1,5; letra TNR 12) das cuestións tratadas nestas. Estas, conxuntamente coa discusión dos temas na aula, contarán como parte importante da nota. Aquelas persoas que non poidan acudir a algunha das sesións poderán recuperar unha destas noutra data. Con isto tamén se avaliará a adquisición dos coñecementos da materia, así como a capacidade de explicalos, aplicalos e incrementalos. Esta parte da avaliación tamén considerará a adquisición dos valores de respecto e promoción da igualdade, e os demais vencellados a estes., así como a capacidade de diálogo, debate e decisión razoados e construtivos mediante a discusión na aula.
(2) Traballo final
Elaboración individual dun ensaio relacionado cos contidos desarrollados durante o curso. Non debe ser un mero resumo de textos.
Debe cumprir os seguintes requisitos:
• Consistirá na presentación dunha liña argumental, defendendo unha tese.
• Terá unha estrutura ordenada. Constarán de resumo inicial; introdución expondo a tese, liña argumental e estrutura do traballo; estruturación conseguinte por seccións e conclusión final.
• Incluirán as referencias relativas a cada posición ou argumento dalgunha outra autora ou autor ou da información obtida. Para iso seguirase de maneira consistente ao longo do texto algún dos sistemas de citado aceitados pola revista Ágora: Papeles de Filosofía (o que se prefira), que está dispoñíbel na hemeroteca do centro e tamén na seguinte ligazón: dspace.usc.es/handle/10347/384.
• Seguirá o formato de texto académico estándar (Times New Roman tamaño 12, con notas a rodapé tamaño 10, entreliñado 1,5, parágrafo xustificado, sen portadas).
• Terá unha extensión de 10 -15 páxinas.
Con isto avaliarase, alén da adquisición de coñecementos, a capacidade de lectura e interpretación no que atinxe á comprensión dos textos traballados.
Cada unha das distintas facetas da avaliación servirá tamén para avaliar a adquisición dun sentido ético que tamén procura a materia.
DIMENSIÓNS DA AVALIACIÓN
O ensaio breve e o traballo final valoráranse de 0 a 10 puntos, aportarán respectivamente o 20% e o 60& da cualificación. Xunto a esta, a participación activa comentando o traballo realizado sobre os textos na aula, as presentacións temáticas, o traballo sobre os textos, resumos e comentarios o restante 20%.
ESTUDANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
Os e as estudantes exentos de asistencia ás clases presenciais serán avaliados, no que atinxe ós contidos teóricos da materia, no exame final programado polo Centro, no cal poderán facer entrega á profesora do material básico elaborado para as aulas interactivas (ou, no seu caso, o traballo práctico alternativo acordado en persoa coa profesora).
EXAMEN FINAL
As persoas que concorran ao exame final terán que dar conta do conxunto da materia impartida no curso. O exame final consiste nunha proba escrita: un comentario de texto (4 puntos) e dúas cuestións (3 puntos cada unha).
Tempo de traballo: 112,5 horas (4,5 ECTS):
• Horas presenciais semanais: 3 horas (docencia expositiva e interactiva), 36 horas no semestre.
Aproximadamente 38,25 horas no conxunto do semestre ( incluíndo 2,25 h. titorías grupais, 38,25 h. no semestre
• Traballo non presencial:
Horas lectura de textos (interactivas): 2 horas semanas
Horas estudo, preparación traballos, etc. : 4,5 horas semanais
Total horas non presenciais; 74,25 horas no semestre.
(1) Participación nas presentacións
(2) Preparación dos temas/textos marcados seguindo as pautas indicadas
(3) Consulta de dúbidas na clase ou nas titorías
Ao longo do curso darase bibliografía específica e complementaria (así como referencias literarias, fílmicas e casos) dos temas do programa, ben nas aulas ou a través da Aula virtual.
PLAXIO: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
PLAN DE CONTINXENCIA:
Escenario 2:
En función do número de estudantes, dado que é unha materia optativa, pode ser posible a presencialidade, gardando ás medidas sanitarias de seguridade. En caso de non ser posible, manterase un mínimo do 50% de presencialidade para as aulas expositivas e interactivas, atendendo ao número de estudantes; e sempre e cando a organización do centro o permita (dispoñibilidade de aulas segundo os requirimentos de seguridade sanitaria) e se dispoña tamén de medios tecnolóxicos axeitados e suficientes.
A avaliación continua seguirá sendo o sistema de avaliación preferente, indicándose con antelación as datas de entrega das tarefas. Procurarase que os textos estean dispoñibles na Aula virtual.
Interactivas:
Seleccionar un texto de lectura dos propostos no programa ou nas aulas, para a realización dun breve ensaio:
Lectura e síntese do texto
Contextualizalo no marco da corrente teórica correspondente e nas problemáticas éticas nas que se inscribe.
Redactar un ensaio máximo 5 folios (interlineal 1,5, letra TNR 12), e entregalo para a súa avaliación.
Traballo final: o mesmo que no escenario 1
O exame final será excepcional e, de ser o caso, non presencial sincrónico
Escenario 3:
A avaliación continua seguirá sendo o sistema de avaliación preferente, indicándose con antelación as datas de entrega das tarefas así como do traballo final. Procurarase que os textos estean dispoñibles na Aula virtual.
Interactivas:
Seleccionar un texto de lectura dos propostos no programa ou nas aulas para a realización dun breve ensaio:
Lectura e síntese do texto
Contextualizalo no marco da corrente teórica correspondente e nas problemáticas éticas nas que se inscriben.
Redactar un ensaio máximo 5 folios (interlineal 1,5, letra TNR 12), e entregalo para a súa avaliación.
Traballo final: o mesmo que no escenario 1
O exame final será excepcional e, de ser o caso, non presencial sincrónico
En ningún dos escenarios se subirán aulas previamente gravadas pola profesora. Nos escenarios 2 e 3 empregaranse, dentro das posibilidades e medios, aulas expositivas por sistema remoto.
Maria Jose Agra Romero
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 881812527
- Correo electrónico
- mx.agra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 1 |
27.01.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
27.01.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
08.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
08.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |