Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos xerais coincidentes cos do grao
1) Proporcionar os coñecementos propios da Filosofía (doutrinas, teorías, métodos e aplicacións).
2) Aplicar estes coñecimentos para identificar, formular e resolver problemas no eido da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
3) Capacidade de transmisión destes coñecimentos, ideas, cuestións e solucions, tanto a un público xenral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
4) Capacidade para continuar a sua formación, en Filosofía ou noutros campos de saber, cun elevado grao de autonomía.
5) Habilidade para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
6) Difusión e aplicación dos principios de respeto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, os valores democráticos a cultura de paz.
Obxectivosa xerais da materia
1) Profundar na comprensión da etapa sociocultural denominada ilustración (s. XVIII) e na sua incidencia sobre a situación actual da denominada cultura occidental.
2) Coñecer as diversas tendencias da ilustración en países diferentes como Inglaterra, Francia, Alemania e España.
3) Comprender a especificidade da ilustración alemana, a súa orixe, as etapas do seu desenvolvemento e as diversas correntes de pensamento que se deron.
4) Coñecer os autores, textos e problemas filosóficos característicos do debate de ideas no contexto da ilustración alemana, con especial atención a Thomasius, Wolff, Baumgarten, Lessing e Kant.
5) Dotarse de criterios para valorar a importancia do pensamento da ilustración alemana en relación con etapas ulteriores como o denominado idealismo alemán.
6) Dotarse de criterios para valorar a actualidade das ideas da ilustración alemana, especialmente no ámbito de filosofía práctica: loita contra os prexuizos, tolerancia, estado de dereito, liberdade de expresión e liberdades políticas en xeral, cosmopolitismo.
7) Dotarse se criterios para valoras as concepciós contemporáneas críticas con la ilustración.
TEMARIO
Tema 1: Introdución: chaves do pensamento e a cultura da ilustración en Europa, fitos fundamentais.
Tema 2: A irradiación desde diferentes focos: Enlightenment, Lumières, Aufklärung, diferencias fundamentais.
Tema 3: Camiño cara á Aufklärung. Alemania: o atraso cultural e político dunha nación dividida, espiritualidade protestante, despotismo ilustrado.
Tema 4: A Aufklärung en Halle: Thomasius, Wolff, Baumgarten. As tensións entre pietismo e Aufklärung.
Tema 5: Lessing como expoñente do humanismo durante a ilustración.
Tema 6: Kant: a filosofía como resposta á cuestión ¿qué é o ser humano?
A Guía Docente da materia ofrec un desglose detallado dos contidos dos temas.
Adorno, Th/Horkheimer, M., La dialéctica de la ilustración, Trotta, Madrid, 1997.
Andaluz Romanillos, A.: «Kant, la ilustración como autonomía y comunicación», en Cuadernos salmantinos de filosofía, 40 (2013), pp. 183-201.
Alvarez, D.: «La tolerancia religiosa según G. E. Lessing en su obra Natán el Sabio», en Est Ag 40 (2005) 533-566.
Arana, J., «El problema de la unidad del conocimiento en Christian Wolff», en Anuario Filosófico, 12 (1979), 9-29.
Arasse, Daniel (ed.): El hombre de la Ilustración, ed. Alianza, Madrid 1995.
Beck, Lewis White: Early German Philosophy. Kant and His Predecessors,
Thoemmes Press, Bristol 1966.
Bello, Eduardo: La aventura de la razón: el pensamiento ilustrado, ed. Akal. Madrid 1977.
Bianco, Bruno: L´illuminismo tedesco, ed. Loescher, Turín, 1983.
Biese, Bruno von: La cultura de la ilustración, ed. Instituto de Estudios Políticos, Madrid 1979.
Cassirer, Ernst: Filosofía de la Ilustración, ed. F.C.E., México 1943.
Cavana, Mª Luisa P.: Chr. Wolff (1679-1754). Ediciones del Orto; Madrid, 1995.
Ciafardone, Raffaele (ed.): L’Illuminismo tedesco, Loescher, Turín 1983.
- Die Philosophie der deutschen Aufklärung, Texte und Darstellung Deutsche Bearbeitung von Norbert Hinske und Rainer Specht, reclam, Stuttgart: 1990.
Cobban, Alfred (ed.): El siglo XVIII: Europa en la época de la Ilustración, ed. Alianza, Madrid 1989.
Díaz Plaja, Fernando: La vida cotidiana en la España de la Ilustración, ed. Edaf, Madrid 1997.
Dupuy, Maurice; La philosophie allemande, Paris, PUF, 1976 (Trad. esp. de A. Ferrer: La filosofía alemana, Barcelona, Oikos-Tau, 1976.
Florez Miguel, Cirilo: La filosofía en la Europa de la Ilustración, ed. Síntesis, Madrid 1998.
Fromm, E.: El humanismo como utopía real. La fe en el hombre, ed. Paidós, Buenos Aires, 1992.
Foucault, M.: «¿Qué es ilustración?», trad. de A. Campillo, en Daymon, 7 (1993), pp. 5-18.
Ginzo Fernández, Asensio: La Ilustración francesa: entre Voltaire y Rousseau, ed. Cincel, Madrid 1985.
Giusti, M. “Concepciones de la tolerancia. A partir de la «fábula de los anillos» de Lessing”, en Tolerancia Sobre el fanatismo, la libertad y la comunicación entre culturas, M. Giusti (coord.), PUCP, 2015, pp. 39-49.
Hazard, P.: El pensamiento europeo en el siglo XVIII, ed. Alianza Universidad, Madrid 1991.
Hinske, Norbert: Kant als Herausforderung an die Gegenwart, ed. Alber, Friburgo 1980.
Hunter, I.: «Libertad religiosa y coacción racional: Thomasius y Locke sobre la tolerancia», en M. J. Villaverde y Laursen, J. C. (eds.), Forjadores de la tolerancia, Tecnos, Madrid, pp. 139.140.
Im Hof, Ulrich: La Europa de la Ilustración, ed. Crítica, Barcelona 1993.
Kant, I.: ¿Qué es ilustración?, Alianza, Madrid, 2007.
— Crítica del juicio, Tecnos, Madrid, 2007.
La Rocca, Claudio: «Kant y la ilustración», en Isegoría, 35 (2006), pp. 107-127.
Michalski, K. (ed.): Aufklärung heute, ed. Klett-Cotta, Stuttgart 1997.
Moscón, P.: «La crítica de los prejuicios en la Ilustracion alemana y su recepcion en la obra de Kant», en Ideas y valores, 66 (2017). pp. 147-170.
Pomeau, René: La Europa de las Luces: cosmopolitismo y unidad europea, ed. F.C.E., México 1988.
Raulet, Gérard (ed.): Les Lumières allemandes; Textes et commentaires, Flammarion, París, 1995.
Reyes Mate/Niewöhner, Friedrich (eds.): La Ilustración en España y Alemania, ed. Anthropos, Barcelona 1989.
Laursen, J. Ch. «Christian Thomasius, el Estado de derecho y la separación entre Iglesia y Estado», en Hispania Sacra, 70 (2018)
Competencias de tipo xeral
CG1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes. CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no eido da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado. CG4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía. CG5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptíbeis de ser abordados e resoltos desde a Filosofía. CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita encontrarse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da sua área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
Competencias especificas
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das disciplinas. CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar. CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, formular e resolver problemas.
Competencias tranversais
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións. CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático. CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara problemas de igualdade e medioambientais.
Traballo na aula tanto se se trata de aula presencial como de aula online (mediante conexión Teams ou similares).
Escenario 1 (normalidade adaptada): As sesións expositivas serán desenvoltas pola profesora e nelas presentaranse os temas a estudar nesa semana. Aínda que a docencia sexa presencial, desenvolveranse ferramentas utilizadas para a docencia online durante a corentena que resultaron ser moi efectivas, tal é o caso do uso de power points complementados con audios incrustados en cada diapsitiva.
Escenario 2 (distanciamento): Neste caso, se a situación obriga a recibir na aula presencial únicamente a unha parte do alumnado e por quendas, a docencia desenvolverase utilizando en tódalas sesión o recurso detallado anteriormente: power points con audios incrustados ou eventualmente vídeos que garantan a dispoñibilidade dos contidos para todo o grupo con independencia da quenda de asistencia.
Escenario 3 (peche de instalacións): Recurrirase ao mesmo sistema de power points con audios incrustados e complementarase con sesión de aula directamente online (mediante Teams) no horario oficial da materia.
Ao inicio do curso farase unha presentación da bibliografía tanto no tocante ás fontes como á literatura secundaria, sinalando as lecturas imprescindibles. O curso impartirse en forma de lección acompañada de discusión ou coloquio alternando con sesións de seminario adicadas a comentar conxuntamente as fontes. Unha selección mais precisa de lecturas imprescindibles realizarase previa discusión cos alumnos/as sobre os seus intereses e sobre posibles lecturas que xa teñan realizado. Únicamente se indica a priori a lectura obrigatoria do drama poético de Lessing, Nathan o sabio e os textos de Kant Qué é ilustración?, xunto con algúns capítulos da Introducción ao Manual de Leccións de Lóxica (Jäsche-Logik) e § 40 da Crítica do Xuizo. A obra de Lessing, que trata o problema da tolerancia interrelixiosa e intercultural e as obras de Kant, que tratan respectivamente das condicións históricas e políticas para a realización da ilustración e da noción dunha racionalidade ilustrada caracterizada pola ecuanimidade e pola comunicabilidade, serán obxecto de estudio pormenorizado e de debate na aula, dado o interés e a rediviva actualidade da sua mensaxe. Contémplase a posibilidade de que os alumnos/as fagan exposicións na aula (presencial ou online) dos textos de lectura obrigatoria ou dalgún outro do seu interés que estea relacionado co programa.
Os textos fontes, así como outros materiais imprescindibles para o desenvolvemento da materia (bibliografía seleccionada, power points da profesora), atoparanse a dispor do alumnado na aula virtual da materia, como xa se fixo en anos anteriores, o que facilitará o seguimento do curso e aprendizaxe no caso de ter que adaptarse á docencia non presencial.
As sesións interactivas terán diversas funcións:
Adicaranse ao traballo de comentario de texto, na modalidade de seminario, dos textos fonte obrigatorios.
Escenario 1: Desenvolveranse na aula pero facendo operativos simultáneamente foros da materia sobre a base de baterías de preguntas que sirvan como guía na exporación dos textos e na clarificación de conceptos fundamentais.
Escenario 2: Desenvolverase na aula, segundo as quendas que se establezan, pero facendo operativos simultáneamente foros da materia sobre a base de baterías de preguntas que sirvan como guía na exporación dos textos e na clarificación de conceptos fundamentais.
Escenario 3: Desenvolveranse online mediante Teams, facendo uso, ao mesmo tempo,
foros da materia sobre a base de baterías de preguntas que sirvan como guía na exporación dos textos e na clarificación de conceptos fundamentais.
As TITORIAS (ou ben no despacho ou ben online) servirán para resolver dúbidas de xeito personalizado, así como para orientar na planificación dos traballos obrigatorios da asignatura.
TRABALLO AUTONOMO DO ALUMNADO
- Seguimento autónomo dos temas mediante a lectura dos textos fonte e da bibliografía recomendada.
- Formulación de preguntas de comprensión de todo tipo.
- Participación nos debates.
- Rexistro de notas e apuntamentos de elaboración propia.
- Ampliación mediante a consulta da bibliografía recomendada.
- Capacidade de xestión do tempo.
OPORTUNIDADE DE XANEIRO:
AVALIACION CONTINUA (PENSADA PARA OS ESCENARIOS 1, 2, 3)
Na convocatoria de xaneiro a avaliación realizarase atendendo aos tres aspectos seguintes:
ASISTENCIA (valor: 10 % da nota) ou ben presencial ou ben online, realizarase en cada sesión control da mesma. A acumulación dun máximo de 3 faltas sin xustificar dará lugar á perda da opción de avaliación continua.
PARTICIPACION (valor: 20 % da nota) Arbitraranse foros para a discusión dos temas fundamentais como paso previo ás postas en común (exposición e discusións de contidos) na aula (presencial ou online). O número e tipoloxía das achegas esixidas aparecerá detallado na Guía Docente da materia.
TRABALLOS DA MATERIA: (valor: 70 % da nota). E obrigatorio entregar dous traballos, un sobre o texto de Lessing Natán o sabio (35 % da nota) e outro sobre outro texto de libre elección por parte dos alumnos/sa, relacionado cos temas da materia. (35 % da nota). A extensión e as características formais dos traballos aparecerán detallados na Guía Docente.
Queda eliminado o exame de xeito que a adaptacións aos diversos escenarios sexa factible sen maior complicación. A respecto da data de entrega será pactada cos alumnos/as e ca coordinación do curso, procurando harmonizala cas deadlines doutras materias.
AVALIACION NON CONTINUA (PENSADA PARA OS ESCENARIOS 1, 2, 3):
Para alumnos/as que non asistan regularmente ás aulas (ben presenciais ou ben online) ou que perdan o dereito á avaliación continua.
Deben presentar tres traballos escritos (100% da nota), dous deles os mesmos que figuran na modalidade de Avaliación Continua (35 % + 35 %) e un terceiro, tamén de libre elección (30 %), baseado nas achegas aos foros, previo acordo coa profesora.
ALUMNOS/AS REPETIDORES/AS E CON DISPENSA DE DOCENCIA (PENSADA PARA OS ESCENARIOS 1, 2, 3):
Deben presentar tres traballos escritos (100% da nota), dous deles os mesmos que figuran na modalidade de Avaliación Continua (35 % + 35 %) e un terceiro, tamén de libre elección (30 %), baseado nas achegas aos foros, previo acordo coa profesora.
OPORTUNIDADE DE XULLO (PENSADA PARA OS ESCENARIOS 1, 2, 3):
A avaliación de xullo realizarase exclusivamente mediante un exame teórico-práctico presencial (de ser posible), ou online (en caso de non selo) consistente nuhna parte teórica (dúas preguntas) e unha parte práctica (comentario de texto). O exame realizarase no mes de xullo na data fixada previamente pola Secretaría do Centro..
Dependendo das cualificacións obtidas na primeira oportunidade pódese optar por pactar cos alumnos/s a repetición dalgún dos traballos. Nese caso eliminarase o exame e aplicaranse as porcentaxes de avaliación da modalidade correspondente ao caso en cuestión
O dobre do tempo lectivo.
Actitude proactiva de cara ao seguimento da materia, á participación nos coloquios e debates na aula (presencial ou online), participación nos foros e seguimento dos mesmos, consulta de dúbidas, tanto na aula como nas titorías. Uso intensivo da aula virtual. Emprego axeitado (consulta e estudo) da bibliografía recomendada dende o inicio do curso. Atención á expresión tanto oral como escrita. Cultivo de actitudes dialogantes e de respecto. En xeral recoméndase manter unha actitude de carácter profesional en relación co cumprimento dos propios obxectivos de formación, evitando a pasividade e a delegación de responsabilidades. Do mesmo xeito debe tomarse a aula como un espazo de aprendizaxe compartido entre futuros/as profesionais, fuxindo de actitudes propias de idades e etapas de formación anteriores.
Plan de continXencia
Escenario 2: distanciamento (restricciones parciales á presencialidade física)
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física)
Ver apartados de “Metodoloxía da ensinanza” e “Sistema de avaliación"
Maria Xesus Vazquez Lobeiras
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812514
- Correo electrónico
- mxv.lobeiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
Xoves | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 1 |
18.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
18.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
30.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
30.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |