Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Lóxica e Filosofía da Ciencia
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Obxectivos e competencias relacionadas cos novos coñecementos e habilidades a adquirir na materia.
De xeito xeral, consonte ao previsto para o título de grao:
- Que os estudantes posúan e comprendan os coñementos propios da Filosofía da Ciencia, con referencia a aportacións investigadoras recentes.
- Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía da Ciencia.
- Que coñezan as concepcións, os métodos propios da Filosofía da Ciencia, seguindo a súa historia e as súas formulacións contemporáneas.
De maneira específica polo que concirne aos contidos da materia:
- Que os estudantes alcancen una comprensión de problemas epistémicos, semánticos, ontolóxicos e de estrutura dos produtos cognoscitivos da ciencia.
Alcánzanse eses obxectivos e competencias co conxunto de actividades previstas para o seguimento da materia.
Avalianse estes obxectivos e competencias a través das probas previstas para a avaliación continua ou, no seu caso, para quen deba facer o exame final (nalgunha das oportunidades).
2. Obxectivos e competencias relacionadas co dominio das ferramentas de aprendizaxe ou de formación.
De xeito xeral:
- Que os estudantes sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións tomadas en consideración, tanto a un público xeral como a aquel interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
A contestación dos cuestionarios dispoñibles na Aula Virtual permitirá desenvolver esa competencia no que ten que ver coa á transmisión escrita; tamén as probas escritas, e no seu caso o exame final. As sesións de seminario interactivo e as titorías de grupo permitirán desenvolver esas competencias no que ten que ver á transmisión oral. Probas, seminarios interactivos e titorías de grupo serán elementos para a avaliación continua de dita competencia.
- Que estean capacitados para continuar a súa formación en Filosofía e/ou en outros
campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
- Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica
social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos en relación coa Filosofía da Ciencia.
- Que saiban explicar eses coñecementos e estar en condiciones de aprender a ensinalos.
- Que saiban ampliar e poidan desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
- Que saiban aplicar eses coñecementos dentro e fora do ámbito filosófico.
A superación da materia enténdese que supón unha contribución á adquisición das anteriores competencias.
- Que melloren a capacidade para analizar e sintetizar, argumentar racionalmente, reflexionar e deliberar.
- Que saiban expresarse, comunicar, debater e dialogar.
- Que desenvolvan a capacidade para organizar a información, tomar decisións, formular e resolver problemas.
A contestación dos cuestionarios dispoñibles na Aula Virtual permitirá desenvolver as anteriores competencias. A súa avaliación se poderá realizar a través da participación nas sesións de seminario interactivo e nas titorías de grupo, e finalmente reflictirase nas probas, e no seu caso no exame final.
De maneira máis específica:
- Que os estudantes adquiran ou melloren as destrezas na análise de problemas e de textos.
- Que melloren as capacidades e destrezas argumentativas.
Ten especial relevancia para amosar a adquisición das anteriores competencias específicas que unha das probas para a avaliación continua consistan en comentarios de texto.
- Que melloren as capacidades e destrezas expositivas e expresivas (oral e escrita).
Sesións de seminario interactivo, titorías de grupo, a preparación dos cuestionarios e as probas (e no seu caso o exame final) han de ser elementos a través dos que os/as alumnos/as contribuian a amosar a adquisición da anterior competencia específica.
3. Obxectivos e competencias vinculadas a valores ou actitudes
De xeito xeral:
- Que os estudantes na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, e os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
- Que desenvolvan o razoamento crítico e o compromiso ético.
- Que desenvolvan o sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
- Que desenvolvan a capacidade de reacción e o espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
De maneira máis específica:
- Adquisición de destrezas para o debate público, a tolerancia e os valores cooperativos e democráticos.
As sesións de seminario interactivo e as titorías de grupo serán especialmente relevantes para contribuír a adquirir esas competencias.
4. Competencias transversais
- Se pretende tamén que o/a estudante adquira un Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras (en especial inglés), así como un Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
O uso da aula virtual debe contribuír á parte das competencias transversais relacionadas coas tecnoloxías da información e da comunicación. O posible uso de bibliografía en lingua inglesa debe contribuír á parte das competencias transversais relacionada con linguas estranxeiras.
1. Descritores da materia no Plano de Estudos
Estudo dos principais fitos na historia da Filosofía da Ciencia, desde os precedentes da institucionalización desta disciplina –institucionalización coincidente co xurdimento do neopositivismo– ata o xurdimento das propostas historicistas –con aportacións como as de Toulmin, Hanson e Kuhn (1ª fase)–.
2. Estrutura dos bloques de contidos
BLOQUE I: Introductorio
Tema 1: Ciencia, metaciencia e filosofía da ciencia.
1.1. Ciencia como actividade: produtos cognoscitivos e prácticas científicas.
1.2. A filosofía da ciencia como disciplina metacientífica.
1.3. Orixe histórico da filosofía da ciencia.
1.4. Mapa histórico da filosofía da ciencia e caracterización das distintas concepcións.
BLOQUE II: Enfoques clásicos
Tema 2: Concepción neopositivista.
2.1 Introdución histórica, introdución doutrinal e presupostos xerais da concepción neopositivista da ciencia.
2.2 A estrutura da ciencia na concepción neopositivista.
2.21 Estrutura axiomática das teorías científicas.
2.211 Do positivismo lóxico ao empirismo lóxico: a linguaxe da ciencia e as súas implicacións epistemolóxicas.
2.212 A versión final da concepción neopositivista: a concepción herdada.
2.3 Eliminabilidade dos termos teóricos: o teorema de Craig e o enunciado de Ramsey.
2.4 O desenvolvemento científico no marco da concepción neopositivista: redución de teorías.
Tema 3: Concepción popperiana.
3.1 Popper e o neopositivismo.
3.2 A inducción e o problema da demarcación.
3.21 O antiinductivismo de Popper
3.22 O método hipotético deductivo en Popper.
3.23 A falsabilidade como criterio de demarcación.
3.24 Enunciados básicos e falsación.
3.3 As teorías científicas.
3.31 Estructura das teorías científicas.
3.32 Carácter conxetural das teorías científicas.
3.4 A tese do terceiro mundo e o realismo crítico.
3.5. Desenvolvemento científico como eliminación de errores e aproximación á verdade.
BLOQUE III: Enfoques historicistas (1ª parte)
Tema 4: Toulmin e a concepción clásica da ciencia.
4.1 Toulmin como crítico da concepción clásica da filosofía de la ciencia.
4.11 Sistematicidade semántica frente a sistematicidade sintáctica.
4.12 Racionalidade científica e loxicidade.
4.2 Estrutura semántica de las teorías.
4.21 Ideais de orden natural, fenómenos, leis e hipóteses.
4.23 Explicación e comprensión científicas.
4.24 Estatus cognoscitivo das leis e teorías: instrumentalismo.
4.3 Dinámica das teorías e desenvolvemento conceptual.
Tema 5: N. R. Hanson: observación e teorías.
5.1 A observación e a linguaxe observacional.
5.11 A “carga teórica” da observación.
5.2 Retroducción, contexto de descubrimento e teorías.
5.21 As teorías como gestalts conceptuais.
Tema 6: A concepción kuhniana da ciencia (1ª fase).
6.1 Filosofía da ciencia e historia da ciencia.
6.2 A historia da ciencia e a concepción acumulativa do progreso científico.
6.3 O primeiro Kuhn.
6.31 Ciencia normal, revolucions científicas e paradigmas.
6.32 A inconmensurabilidade de teorías en La estructura de las revoluciones científicas.
Os temas 4 e 6 veranse eventualmente (ou en maior ou menor grao) se da tempo suficiente durante o curso. Filosofía da Ciencia II iníciase coa exposición da 2 ª fase de Kuhn, pero no caso de que non poda verse a 1ª fase en Filosofía da Ciencia I, veráse en Filosofía da Ciencia II.
LECTURAS OBRIGATORIAS PREVISTAS (BÁSICAS) (Se o desenvolvemento do curso o aconsellara poderase facer algún cambio):
Tema 2
Lecturas a facer:
-Hempel, C.G. "Criterios empiristas de significación cognoscitiva: problemas y cambios", en HEMPEL, C.G. La explicación científica, Paidós, Buenos Aires, 1996, cap. IV.
- Carnap, R. "El carácter metodológico de los conceptos teóricos", en OLIVE, León y Ana Rosa PEREZ RANSANZ (compiladores): Filosofía de la ciencia: teoría y observación, México, Ed. S. XXI, 1989, pp. 71 - 115
- Nagel, E. La estructura de la ciencia, Paidós, Buenos Aires, 1968, pp. 310-335.
Tema 3
Lecturas a facer:
É lectura obrigatoria partes do seguinte traballo:
- Popper,K.: La lógica de la investigación científica, Madrid, Tecnos, 1962. (polo menos pp. 27-47, 289-294).
Alomenos dúas destas tres lecturas son obrigatorias:
- Popper,K.: "Tres concepciones sobre el conocimiento humano", ensayo recogido como C. III en Conjeturas y refutaciones. El desarrollo del conocimiento científico, BB.AA., Paidos,1983 (pp.116-141).
- Popper,K.: "La verdad, la racionalidad y el desarrollo del conocimiento científico", ensayo recogido como C. X en Conjeturas y refutaciones. El desarrollo del conocimiento científico, Buenos Aires, Paidos, 1983. (pp.251-289).
- Popper,K.: "Apéndice. Algunas notas técnicas", recogido en Conjeturas y refutaciones. El - desarrollo del conocimiento científico, Buenos Aires, Paidos, 1983. (pp. 459-492).
- Popper,K.: "Epistemología sin sujeto cognoscente", ensayo recogido como C.III en Conocimiento objetivo, Madrid, Tecnos, 1982. (pp. 106-144).
Tema 4
Lecturas a facer:
Toulmin, S. "From logical systems to conceptual populations" en R. Cohen y M. S. Buck (eds.): Boston Studies in Philosophy of Science, Vol. VIII, 1972 (pp. 552-564).
-Toulmin, S.: "Postcriptum: La estructura de las teorías científicas", en F. Suppe (ed.): La estructura de las teorías científicas, Madrid, Ed. Nacional, 1979 (pp. 656-671).
Tema 5
Lecturas a facer:
- Hanson, N. R. : Patrones de descubrimiento. Observación y explicación, Madrid, Alianza, 1977. Capítulos I, III e IV.
Tema 6
Lecturas a facer:
- Kuhn,T.S.: La estructura de las revoluciones científicas, México, F.C.E., 2006. (o libro completo sen a “Posdata”).
ALGUNHA BIBLIOGRAFIA XERAL (COMPLEMENTARIA):
- BIRD, A. (1998): Philosophy of Science. UCL Press, London.
- DIEZ, J. A. y MOULINES, C. U. (1997): Fundamentos de filosofía de la ciencia, Barcelona, Ariel.
- ECHEVERRIA, J. (1999): Introducción a la metodología de la ciencia. La filosofía de la ciencia del siglo XX, Madrid, Cátedra.
- ESTANY, A. (1993): Introducción a la filosofía de la ciencia, Barcelona, Crítica.
- GODFREY-SMITH, P. (2003): Theory and Reality: An Introduction to the Philosophy of Science, The University of Chicago Press, Chicago.
- HEMPEL, C. G. (1966): Philosophy of Natural Science, Englewood Cliffs, Prentice Hall. (vers. cast.: Filosofía de la ciencia natural, Madrid, Alianza, 1973).
- LOSEE, J. (1972): A Historical Introduction to the Philosophy of Science, Oxford, Oxford University Press. (vers. cast.: Introducción histórica a la filosofía de la ciencia, Madrid, Alianza, 1976).
- MOULINES, C.U. (2011): El desarrollo moderno de la Filosofía de la Ciencia. UNAM, México.
- RIVADULLA, A.: (1984): Filosofía actual de la ciencia, Madrid, Ed. Nacional. (2ª. ed., Madrid, Tecnos, 1986).
1. Obxectivos e competencias relacionadas cos novos coñecementos e habilidades a adquirir na materia.
De xeito xeral, consonte ao previsto para o título de grao:
- Que os estudantes posúan e comprendan os coñementos propios da Filosofía da Ciencia, con referencia a aportacións investigadoras recentes.
- Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía da Ciencia.
- Coñecer as concepcións, os métodos propios da Filosofía da Ciencia, seguindo a súa historia e as súas formulacións contemporáneas.
De maneira específica polo que concirne aos contidos da materia:
- Que os estudantes alcancen una comprensión de problemas epistémicos, semánticos, ontolóxicos e de estrutura dos produtos cognoscitivos da ciencia.
2. Obxectivos e competencias relacionadas co dominio das ferramentas de aprendizaxe ou de formación.
De xeito xeral:
- Que os estudantes sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións tomadas en consideración, tanto a un público xeral como a aquel interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
- Que estean capacitados para continuar a súa formación en Filosofía e/ou en outros
campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
- Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica
social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos en relación coa Filosofía da Ciencia.
- Que saiban explicar eses coñecementos e estar en condiciones de aprender a ensinalos.
- Que saiban ampliar e podan desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
- Que saiban aplicar eses coñecementos dentro e fora do ámbito filosófico.
- Que melloren a capacidade para analizar e sintetizar, argumentar racionalmente, reflexionar e deliberar.
- Que saiban expresarse, comunicar, debater e dialogar.
- Que desenvolvan a capacidade para organizar a información, tomar decisións, formular e resolver problemas.
De maneira mais específica:
- Que os estudantes adquiran ou melloren as destrezas na análise de problemas e de textos.
- Que mellore as capacidades e destrezas argumentativas.
- Que melloren as capacidades e destrezas expositivas e expresivas (oral e escrita).
3. Obxectivos e competencias vinculadas a valores ou actitudes
De xeito xeral:
- Que os estudantes na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, e os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
- Que desenvolvan o razoamento crítico e o compromiso ético.
- Que desenvolvan o sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
- Que desenvolvan a capacidade de reacción e o espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
De maneira mais específica:
- Adquisición de destrezas para o debate público, a tolerancia e os valores cooperativos e democráticos.
4. Competencias transversais
- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras (en especial inglés).
- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Escenario 1: normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física)
O profesor responsable da materia fará unha presentación xeral inicial de cada tema. Nas clases expositivas expoñerá as distintas temáticas, mentras nas clases interactivas se analizarán e discutirán os textos de lectura obrigatoria propiciando o debate argumentado con e entre os/as estudantes. Ademais, o profesor vai poñer a disposición dos/as estudantes información sobre a materia e sobre cada un dos temas, así como cuestionarios para facilitar o traballo sobre os textos de lectura obrigatoria. Para iso fará uso da plataforma do Campus Virtual da USC. Os/as estudantes deberán complementar os comentarios do profesor co traballo persoalizado dos textos de lectura obrigatoria e a contestación nos prazos establecidos dos cuestionarios correspondentes aos diferentes temas. Nas clases interactivas se comentarán conxuntamente os textos, analizando críticamente os argumentos e as teses defendidas neles. Se dedicarán as titorías en grupo a aclarar dúbidas e a analizar algunhas das preguntas dos cuestionarios dispoñibles no Campus Virtual da USC.
Docencia: presencial
Titorías: presenciais ou por correo-e
Avaliación (probas): Presencial ou facendo uso do Campus Virtual. Exames finais: Presenciais.
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
Seguiranse, na medida do posible, pautas semellantes ás do escenario 1, agás no seguinte:
Docencia: presencial e telemática (en función das posibilidades e do que fixe a Fac. de Filosofía). Para a docencia telemática empregaranse videoconferencia a través de Teams e o Campus Virtual
Titorías: presenciais ou por correo-e ou videoconferencia.
Avaliación(probas): Telemática facendo uso do Campus Virtual (incluidos exames finais, se fora preciso).
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física)
Seguiranse, na medida do posible, pautas semellantes ás do escenario 1, agás no seguinte:
Docencia: telemática. Para a docencia telemática empregaranse videoconferencia a través de Teams e o Campus Virtual
Titorías: por correo-e ou videoconferencia.
Avaliación (probas): Telemática facendo uso do Campus Virtual (incluidos exames finais, se fora preciso).
Escenario 1: normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física)
A avaliación continua consistirá en probas presenciais no centro ou para realizar a través do Campus Virtual (eliminatorias de materia y substitutivas do exame final si son superadas). Completan a avaliación continua a realización dos cuestionarios, a asistencia a clase e a titorías de e a participación en forma de preguntas, intervencións nos debates e exposicións das lecturas. Para aprobar a materia mediante avaliación continua os/as estudantes deberán obter un mínimo de 5 puntos nas probas. A nota final é o resultado da media ponderada das distintas probas, controles e tarefas, tendo ademais en conta a asistencia e o nivel de participación de cada estudante.
Dimensións da avaliación
VARIABLE 1: Asistencia e participación
CRITERIOS: (i) Participación activa en clase; (ii) Participación nos debates; (iii) Lectura dos materias (textos obrigatorios); (iv) Participación en titorías de grupo.
INSTRUMENTO: Observacións e notas do profesor
PESO: 15%
VARIABLE 2: Contestación e presentación nos prazos establecidos dos cuestionarios
CRITERIOS: A contestación e presentación nos prazos previstos dos cuestionarios sobre as lecturas. INSTRUMENTO: Cuestionarios periódicos sobre cada tema.
PESO: 5%
VARIABLE 3: Adquisición dos conceptos da materia
CRITERIOS: (i) Dominio dos conceptos, (ii) relación con outros conceptos vistos en outras materias; (iii) actitude crítica, (iv) aportacións persoais, reflexivas e creativas
INSTRUMENTO: Dúas probas presenciais e substitutivas do exame final (ou, no seu defecto, exame final presencial). Dúas probas escritas para levar e entregar ao profesor nun prazo fixado previamente.
PESO: 80%
Avaliación de alumnos/as exentos de asistencia a clases presenciais:
Estes estudantes deberán superar a materia nas convocatorias previstas de exame final. A superación da materia requerirá obter no exame final unha cualificación mínima de 5 puntos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
Semellante ao previsto para o escenario 1, agás que as probas serán exclusivamente telemáticas, facendo uso do Campus Virtual.
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física)
Semellante ao previsto para o escenario 1, agás que as probas serán exclusivamente telemáticas, facendo uso do Campus Virtual.
TRABALLO PRESENCIAL: Horas do/a estudante
Clases expositivas 24
Participación activa en clase (clases interactivas) 24
Titorías de grupo 3
TOTAL (parcial) 51
TRABALLO NON PRESENCIAL: Horas do/a estudante
Seguimento (Estudo persoal, lecturas, documentación, indagación, tarefas, probas, traballos, etc.) 99
TOTAL (parcial) 99
TRABALLO DO/A ESTUDANTE:
TOTAL GLOBAL 150
E imprescindible unha asistencia regular e a entrega das tarefas nos prazos indicados para unha avaliación continua. Polo tanto, para superar a materia por esta vía resulta imprescindible un traballo constante da materia e, concretamente, das lecturas obrigatorias e das tarefas previstas ao longo do semestre. Os/as estudantes que non procedan a traballar dese xeito deberán superar a materia mediante un exame final.
O/a alumno/a que (nos tres escenarios, sempre que sexa factible aplicar algún control de asistencia) teña máis de tres faltas non xustificadas, non será avaliado/a polo procedemento de avaliación continua.
“Plan de Continxencia”
Ver o establecido para os escenarios 2 e 3 nos apartados “Metodoloxía de ensinanza” e “Sistema de avaliación”.
José Luis Falguera López
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812536
- Correo electrónico
- joseluis.falguera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 1 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 1 |
11.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
11.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
11.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 1 |
11.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
11.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
11.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
29.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
29.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
29.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 1 |