Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Reflexionar sobre a pertinencia e posibilidade dun pensamento propiamente ecolóxico (i.e. unha eco-lóxica) a partir da así denominada “crise ecolóxica”.
Reconsiderar, complementariamente, os fundamentos antropo-lóxicos do noso paradigma de pensamento e o conseguinte modo de relación con todo outro, entre eles e nomeadamente a natureza.
Afondar na relevancia filosófica da ecoloxía, máis aló do mero pragmatismo superficial do medioambientalismo.
Coñecer algunhas das máis relevantes achegas da tradición do pensamento ecolóxico.
A crise ecolóxica do mundo contemporáneo, que alerta sobre apocalípticas consecuencias dunha acción humana de sobreexplotación dos recursos naturais, devólvenos forzosamente á reflexión sobre a relación entre suxeito humano e natureza, xa existente desde os mesmos inicios da nosa tradición filosófica occidental. Dentro do estreito marco que proporciona esta pequena materia, proponse reflexionar sobre esta relación atendendo moi particularmente á cuestión do límite que une, tanto como separa, natureza e ser humano. Con outras palabras, trátase de enfrontar a filosofía a unha eco-lóxica para ver como o suxeito humano pode recoñecerse no mundo unha vez se cuestiona tanto a si mesmo como a propia natureza, que lle é constitutiva. Complementariamente, procúrase considerar a identidade do «home» do antropocentrismo, valéndonos dunha razón ecolóxica para cuestionar estruturas de patriarcado ou de dominio do primeiro mundo xa non sobre o medio, en xeral, senón mesmo tamén sobre outros seres humanos, en particular.
Para levar a cabo esta reflexión, o punto de partida será unha necesaria ollada sobre o momento de constitución do antropocentrismo no pensamento moderno, que fixa un paradigma de dominio da natureza a partir do recoñecemento desta como algo accesoriamente humano. A este paradigma –cartesiano nun principio, e despois (talvez malgré lui) materialista-ilustrado– confrontaráselle a antitética concepción romántica da natureza, que invirte os termos diluíndo o suxeito humano na totalidade dunha natureza (re)coñecida –malia todo, novidosamente– como un organismo, xa non un mecanismo. Esta confrontación de paradigmas nos permitirá posteriormente encarar o pensamento ecolóxico xa propiamente constituído como tal no século XX, para reflexionar sobre as súas máis importantes achegas, así como a posibilidade de substitución dunha razón tecnolóxica por outra ecolóxica. Finalmente, completarase o itinerario mediante a confrontación do ecoloxismo coas críticas procedentes desde unha perspectiva humanista, de maneira que, máis aló de opoñer teorías e paradigmas, estes poidan ser utilizados para reflexionar sobre a posibilidade / necesidade de demarcar límites que determinen o noso modo de estar no mundo.
Estes contidos exprésanse nas seguintes unidades temáticas:
0. A modo de introdución: ecoloxismo versus medioambientalismo
1. A natureza do dominio da natureza
2. Alén do antropocentrismo: precedentes dunha eco-lóxica
3. As múltiples figuras do pensamento ecolóxico
4. Ecoloxía e humanismo?
Ofrécese a continuación unha breve relación de obras concibida como elenco de referencias básicas para o traballo na materia. Este repertorio será complementado con outras referencias que se achegarán durante o transcurso do semestre atendendo os intereses máis específicos do alumnado que curse a materia.
Básica:
DESCARTES, René, Los principios de la filosofía, Madrid: Alianza, 1995.
FERRY, Luc, El nuevo orden ecológico, Barcelona: Tusquets, 1994.
GUATTARI, Félix, Las tres ecologías, Valencia: Pre-textos, 1990.
HEIDEGGER, Martin, Construir, Habitar, Pensar, Madrid: La Oficina, 2015.
SCHELLING, Friedrich Wilhelm Joseph von, Escritos sobre filosofía de la naturaleza, Madrid: Alianza, 1996.
THOREAU, Henry David, Walden, Madrid: Errata Naturae, 2017.
Complementaria:
CAPRA, Fritjof, La trama de la vida, Barcelona: Anagrama, 1999.
CROSBY, Alfred W., Imperialismo ecológico. La expansión biológica de Europa, 900-1900, Barcelona: Crítica, 1999.
DELÉAGE, Jean-Paul, Historia de la ecología. Una ciencia del hombre y de la naturaleza, Barcelona; Icaria, 1993.
DESCARTES, René, Discurso del método; Dióptrica; Meteoros; Geometría, Madrid: Alfaguara, 1981.
DESCARTES, René, El mundo, o Tratado de la luz, Madrid: Anthropos, 1989.
DESCARTES, René, El tratado del hombre, Madrid: Alianza, 1990.
DOBSON, Andrew, Pensamiento político verde, Barcelona: Paidós, 1997.
GOETHE, Johann Wolfgang von, Obras completas, México: Aguilar, 1991.
HEIDEGGER, Martin, Conferencias y artículos, Barcelona: Ediciones del Serbal, 1994.
HUMBOLDT, Alexander von, Cosmos: Ensayo de una descripción física del mundo, Madrid: Catarata, 2011.
JONAS, Hans, El principio de responsabilidad: Ensayo de una ética para la civilización tecnológica, Barcelona: Herder, 1975.
La METTRIE, Julian Offray de, El hombre máquina, el hombre planta y otros escritos, Buenos Aires: El cuenco de plata, 2014.
MACHIAVELLI, Niccolò, El príncipe, Madrid: Alianza, 2010.
MATURANA, Humberto; VARELA, Francisco, De máquinas y seres vivos. Autopoiesis: la organización de lo vivo, Santiago de Chile: Editorial Universitaria, 1994.
MERCHANT, Carolyn, The Death of Nature: Women, Ecology and the Scientific Revolution, San Francisco: Harper, 1990.
MIES, Maria; SHIVA, Vandana, Ecofeminismo, Barcelona: Icaria, 2016.
MORIN, Edgar; KERN, Anne-Brigitte, Tierra-patria, Barcelona: Kairós, 1993.
NÆSS, Arne, The Ecology of Wisdom, Berkeley: Counterpoint, 2008.
RICHARDS, Robert J., The Romantic Conception of Life. Science and Philosophy in the Age of Goethe, Chicago: University of Chicago Press, 2002.
RODRÍGUEZ RIAL, Nel, O planeta ferido. Por unha razón ecolóxica, Padrón: Novo século, 1991.
SHIVA, Vandana, Staying Alive: Women, Ecology and Development, New Jersey: Zed Books, 1989.
VILLARROEL, Raúl, La naturaleza como texto: Hermenéutica y crisis medioambiental, Santiago de Chile: Editorial Universitaria, 2006.
COMPETENCIAS XERAIS E BÁSICAS
CX1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións planteadas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibeis de seren abordados e resoltos desde a Filosofía.
CX6 - Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios de respecto e promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
CB2 - Que as/os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que as/os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que as/os estudiantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, plantear e resolver problemas.
CE9 - Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análise e síntese, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade medioambientais.
Descríbense tres escenarios diferentes: un primeiro, que senta as bases metodolóxicas da materia, e dous alternativos, que adaptan estas á eventual situación de limitación ou suspensión da actividade presencial.
Escenario 1:
Distínguense dous tipos de sesións de traballo presencial:
Sesións expositivas, nas que se levará a cabo unha presentación dalgúns dos principais contidos que estruturan a materia, e que suporán a base material coa que estruturar e desenvolver as sesións interactivas.
Sesións interactivas, nas que, a partir da lectura previa de textos* anticipadamente facilitados polo profesor, o grupo, en dinámica de seminario, afondará nos principais problemas presentados previamente nas sesións expositivas a través da lectura e análise dos propios autores protagonistas dos mesmos [*N.B.: enténdase aquí «texto» nun sentido amplo, incluíndo o desenvolvido noutras linguaxes como, moi particularmente, a cinematográfica, que será tamén traballada].
Complementariamente, o alumnado tamén se ocupará de orientar algunhas das sesións interactivas, asumindo a condución da análise de textos* e discusión posterior por parte do conxunto do grupo. Estas sesións non deben ser concibidas como meras exposicións puntuais de contidos por parte do alumnado, que en ningún caso debe substituír o profesor nas súas responsabilidades docentes. Os contidos a traballar nestas sesións serán os que previamente teña traballado cada estudante, baixo a supervisión do profesor.
Por último, motivado por unha vontade de coherencia e continuidade cos contidos da materia, programaranse sesións a desenvolver noutros entornos –naturais– que poidan contribuír a suscitar o traballo de reflexión sobre a nosa integración no medio (isto é, saídas, roteiros, etc.), ao tempo que considerar a lectura doutros textos*, como os da natureza.
Escenario 2:
Partindo do descrito para o Escenario 1, na medida en que sexa necesario as sesións expositivas levaranse a cabo por videoconferencia (por medio do campus virtual, se este a dispón; en caso contrario, por medio da plataforma de maior facilidade de acceso para o alumnado); complementariamente, disporanse materiais en paralelo no campus virtual, para disposición daquelas persoas que non teñan os medios para asistir ás aulas telemáticas. As sesións interactivas levaranse a cabo presencialmente. Aquelas actividades que non poidan ser desenvolvidas presencialmente trasladaranse ao campus virtual.
Escenario 3: docencia non presencial
As sesións expositivas levaranse a cabo por videoconferencia (por medio do campus virtual, se este a dispón; en caso contraio, por medio da plataforma que menos problemas supoña para o alumnado); complementariamente, disporanse materiais en paralelo no campus virtual, para disposición daquelas persoas que non teñan os medios para asistir ás aulas telemáticas. Para as sesións interactivas combinarase o uso das ferramentas do campus virtual (foros, tarefas, etc.) e da videoconferencia. Nas horas de traballo autónomo, o alumando deberá avanzar nas lecturas e restantes tarefas seguindo as indicacións do profesor. As dúbidas e dificultades que poidan xurdir deberán tratarse nas titorías, que poderán ser atendidas en foros do campus virtual, correo electrónico ou videoconferencia.
En coherencia coa metodoloxía, descríbense tamén tres posibilidades de avaliación.
Escenario 1: docencia presencial
A. avaliación continua:
- Actitude de traballo e participación activa nas sesións: 20%.
- Resolución e entrega de exercicios: 30%.
- Traballo final: 50%
Para poder ser recoñecida a avaliación continua, é requisito unha asistencia mínima fixada nun 80% do total das sesións do semestre, así como a entrega dos exercicios encomendados e do traballo final. De non satisfacerse estes requisitos, decae o dereito á avaliación continua, pasando é modalidade de avaliación non continua.
B. Avaliación non continua:
Exame final sobre contidos da materia: 100%.
No caso de ter satisfeito algúns dos criterios de avaliación continua, aínda non tendo dereito a ela, poderase ter en conta para complementar a nota obtida no exame.
Escenario 2: docencia presencial + non presencial
Mesmos criterios que para o escenario 1, substituíndo o exame final por unha proba final non presencial.
Escenario 3: Docencia non presencial
A. avaliación continua:
- Resolución e entrega de exercicios, participación activa en foros: 50%.
- Traballo final: 50%
B. Avaliación non continua:
Mesmos criterios que para o escenario 2.
Para os tres escenarios: o alumnado que estea en situación de exención de docencia, consonte a normativa da USC, deberá contactar co profesor ao inicio do semestre para que lle sexan asignadas unha serie de tarefas que substitúan a avaliación continua. Estas tarefas constituirán un 20% da cualificación final, elevando o exame final o seu valor ao 80%.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
· Horas presenciais semanais: 3h Aproximadamente, 36h no conxunto do semestre.
· Titorías de grupo: 2,25h.
Total horas presenciais: 38,25h
· Horas recomendadas para a lectura de textos (interactivas): 2h semanais.
· Horas de estudo, preparación de traballos, etc.: 4,5h semanais.
Total horas non presenciais: 74,25h
Total dedicación: 112,50h
- Participar activamente nas sesións.
- Traballar cos textos encomendados seguindo as pautas indicadas.
- Utilizar o recurso das titorías para consulta de dúbidas, explicacións adicionais, etc.
Plan de continxencia: os apartados de “Metodoloxía da ensinanza” e “Sistema da avaliación” inclúen, ademais da programación básica da materia (“Escenario 1”), dúas alternativas de programación que serían de aplicación excepcional no caso de que a actividade presencial se poida ver limitada (“Escenario 2”) ou suspendida (“Escenario 3”).
Oscar Parcero Oubiña
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812519
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 1 |
01.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
01.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
12.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
12.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |