Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
As filosofías española e galega reúnen a aqueles homes e mulleres que -como autores, filósofos, ensaístas ou literatos- teñen contribuído á historia da filosofía universal dende a particular circunstancia española e galega. Impártese no segundo curso do grao para que o estudantado poida ir coñecendo en paralelo as achegas filosóficas realizadas polos autores e autoras clásicos da historia da filosofía universal e da historia do pensamento galego e español.
Tema 1. Sobre o concepto de filosofías nacionais: o caso español e galego.
Tema 2: Das orixes á Idade Media.
Tema 3: A Ilustración española e galega.
Tema 4: O século XIX: a descuberta da identidade.
Tema 5: O século XX no pensamento español e galego.
Obras de lectura obrigatoria (a escoller unha)
AGÍS VILLAVERDE, Marcelino: Crónica viva do Pensamento Galego. 2ª edición. Vigo, Fundación Isla Couto, 2020.
AGÍS VILLAVERDE, Marcelino: Historia do pensamento galego contemporáneo. Contribucións da Filosofía á Cultura actual. A Coruña, Deputación de A Coruña, 2016.
Pensamento español
ABELLÁN, José Luis: Historia del pensamiento español. De Séneca a nuestros días. Madrid, Editorial Espasa-Calpe, 1996.
FRAILE, Guillermo: Historia de la Filosofía Española (2 vols.). Madrid, BAC.
GUY, Alan: Historia de lana Filosofía Española. Barcelona, Anthropos, 1985.
MACEIRAS FAFIÁN, Manuel (Ed.): Pensamiento Filosófico Español. Volumen I. De Séneca a Suárez. Volumen II. Del Barroco a nuestros días. Madrid, Editorial Síntesis, 2002.
SUANCES MARCOS, Manuel: Historia de la Filosofía Española Contemporánea. Madrid, Editorial Síntesis, 2006.
Pensamento galego
BARREIRO BARREIRO, Xosé Luís (coord.): O pensamento galego na historia. Santiago de Compostela, Servicio de Publicacions da USC, 1999.
VV. AA.: Diccionario Enciclopédico do pensamento galego. Vigo, Xerais-Consello da Cultura Galega, 2008.
Os contidos da materia contribúen á adquisición das seguintes competencias propias do título:
Competencias básicas e xerais
CX1.- Que as persoas estudantes posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía Española e Galega como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2.- Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX4.- Que estean capacitadas para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CB1.- Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2.- Que o estudantado posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3.- Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4.- Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5.- Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias específicas
CE1.- Coñecer os alicerces doutrinais da disciplina: principais concepto e evolución.
CE2.- Utilizar os procedementos de análise de textos filosófico para comprender o pensamento dos autores e autoras da filosofía española e galega.
CE3.- Achegar o estudantado aos momentos máis relevantes do pensamento español e galego.
Competencias transversais
CT1.- De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT2.- Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Boa disposición para o traballo cooperativo. Razoamento crítico.
CT3.- Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Creatividade.
Esta materia está orientada á formación teórico-práctica do alumnado na Filosofía Española e Galega. A didáctica da materia baséase na facilitación dunha aprendizaxe cooperativa entre iguais baseado en problemas e orientado á capacitación para a análise e desenvolvemento de problemas filosóficos a través da escrita dunha recensión e de dúas disertacións filosóficas.
Escenario 1. Normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física).
1. Nas aulas expositivas, o docente desenvolverá os contidos do programa con base nunha selección de textos que serán facilitados ao alumnado en formato dixital a través do Campus Virtual da materia. Tamén se facilitará ao alumnado o material didáctico elaborado polo docente.
2. Nas aulas interactivas realizaranse traballos prácticos sobre a base dos temas explicados polo docente nas aulas expositivas. As sesións desenvolveranse sobre a lectura colectiva e/ou individual dos textos básicos seleccionados polo docente, acompañado dun debate entre o alumnado asistente no cal se analizarán as diversas interpretacións filosóficas e favorecerase a construción dunha interpretación e opinión persoal ante o texto abordado. Os textos estarán dispoñibles en formato dixital no Campus Virtual da materia.
3. Nas titorías individual e grupal o alumnado poderá realizar consultas e resolver dúbidas cos docentes sobre o contido das aulas teóricas, sobre os problemas analizados e a bibliografía das aulas interactivas, sobre a elaboración da recensión e das disertacións filosóficas, e sobre calquera outro aspecto da materia (metodoloxía, avaliación, bibliografía, etc.). As titorías poderán desenvolverse de forma presencial ou virtual.
Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física).
A docencia presencial convivirá coa docencia virtual. As sesións expositivas gravaranse e estarán a disposición do alumnado asincronicamente na aula virtual da materia e en Teams. As sesións interactivas desenvolveranse de forma síncrona a través de Teams. As titorías realizaranse de forma virtual, ben por correo electrónico ben por Teams.
Escenario 3. Peche das instalacións
A docencia desenvolverase de forma virtual. As sesións expositivas gravaranse e estarán a disposición do alumnado asincronicamente na aula virtual da materia e en Teams. As sesións interactivas desenvolveranse de forma síncrona a través de Teams. As titorías realizaranse de forma virtual, ben por correo electrónico ben por Teams.
Escenario 1. Normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física).
Establécense dous sistemas de avaliación para a superación desta materia:
1.- Avaliación continua: será o método preferente e prioritario de avaliación da materia. As probas que integran a avaliación continua son: 1 recensión dunha das obras de lecturas obrigatorias e 2 disertacións filosóficas.
As disertacións filosóficas terán unha extensión máxima de 2.000 palabras. A primeira disertación abordará a cuestión da universalidade da Filosofía - Filosofía ou pensamento? Existen as filosofías nacionais?- e a segunda abordará un problema propio do pensamento galego e español: Galicia como problema ou España como problema. Nesta segunda disertación o alumnado deberá escoller que problema aborda dos dous ofertados. Ambas as dúas disertacións elaboraranse con base no instrutivo, preguntas e textos seleccionados polo docente da materia. Unha selección das disertacións serán presentadas de forma voluntaria nunha exposición oral ao conxunto do alumnado da materia por parte dos autores/as, seguido dun debate público. O alumnado terá dispoñible a rúbrica de avaliación das disertacións onde se explicitan os criterios de valoración. O docente da materia entregará a rúbrica de avaliación cumprimentada tras da súa cualificación das disertacións para favorecer a aprendizaxe continua e a mellora das competencias avaliadas a través da disertación.
A primeira disertación e a recensión entregaranse antes das vacacións de Semana Santa. A segunda disertación filosófica entregarase o último día de aulas do semestre. Non se permitirá a entrega única e conxunta das actividades que integran a avaliación continua.
2.- Avaliación final: para o alumnado con dispensa de asistencia ou que opte por esta modalidade. Nesta modalidade o alumnado deberá entregar os mesmos traballos que integran a avaliación continua con data límite de entrega a das datas oficiais dos exames (1ª e 2ª edición). Esta datas son consultables na web do Grao e na secretaría administrativa.
O alumnado que conte con dispensa de asistencia a aulas deberá asistir a unha titoría individual co docente responsable da materia. Este alumnado poderá concorrer á avaliación continua mediante a entrega de 1 recensión da obra seleccionada na bibliografía e das 2 disertacións filosóficas. Para o seguimento do curso, terá os materiais empregados nas aulas expositivas e interactivas dispoñibles no Campus Virtual da materia. O alumnado deberá comunicar ao docente responsable da materia por que modalidade de avaliación opta. Ao alumnado dispensado de aulas permitirase a entrega única e conxunta das actividades que integran a avaliación continua até o último día de aulas do semestre. De todos os xeitos, recoméndase o cumprimento dos prazos de entrega fixados para o alumnado sen dispensa de asistencia co fin de facilitar a efectiva avaliación continua do alumnado con dispensa.
A cualificación final da materia obterase ponderando as seguintes actividades:
1. Asistencia e participación. Valorarase a participación activa nas sesións expositivas e interactivas. Porcentaxe na cualificación final: 15%
2. Recensión. Entrega dunha recensión sobre a obra sinalada na bibliografía. Porcentaxe na cualificación final: 10%
3. Disertación filosófica 1. Elaboración dunha disertación filosófica dun máximo de 2.000 palabras sobre un problema filosófico seleccionado polo docente. Valorarase a orixinalidade, a capacidade de análise do problema e o rigor argumentativo. Porcentaxe na cualificación final: 30%. Para facer media deberase obter como mínimo un 5 na cualificación do ensaio. En caso de suspender, outorgarase ao alumnado a posibilidade de entregar unha versión corrixida que será valorada de novo polo docente.
3. Disertación filosófica 2. Elaboración dunha disertación filosófica dun máximo de 2.000 palabras sobre un problema filosófico seleccionado polo docente. Valorarase a orixinalidade, a capacidade de análise do problema e o rigor argumentativo. Porcentaxe na cualificación final:45%. Para facer media deberase obter como mínimo un 5 na cualificación do ensaio. En caso de suspender, outorgarase ao alumnado a posibilidade de entregar unha versión corrixida será valorada de novo polo docente.
4. Avaliación final: Para o alumnado con dispensa de asistencia ou que opte por esta modalidade de avaliación. Porcentaxe na cualificación final: Recensión: 10%, Disertación 1: 40%, Disertación 2: 50%.
Escenarios 2 e 3.
Seguirase o mesmo sistema de avaliación previsto para a avaliación final con entrega das tarefas previstas (recensión, disertación 1, disertación 2) a través do Campus Virtual. En caso de suspenderse a presencialidade unha vez iniciado o curso, o alumnado que teña asistido regularmente ás sesións expositivas e interactivas terá dereito á valoración do mérito de asistencia e participación previsto na avaliación continua e que será determinado polo docente.
Convocatoria de segunda oportunidade
Distínguense dous tipos de alumnado:
a) O alumnado que teña suspendido a 1ª convocatoria deberá entregar unha nova versión daqueles traballos que obtiveran a cualificación de suspenso (recensión, disertación 1, disertación 2). A nota dos traballos aprobados na 1ª convocatoria conservarase.
b) O alumnado non presentado na 1ª convocatoria deberá entregar todos os traballos descritos no epígrafe “avaliación final”: recensión, disertación 1 e disertación 2. A porcentaxe na cualificación final será a descrita nese epígrafe.
O tempo de traballo estimado para esta materia de 6 créditos é de 150 horas, distribuídas do seguinte xeito:
Traballo presencial na aula
Aulas expositivas: 24 h.
Aulas interactivas: 24 h.
Titorías: 3 h.
Total: 51 horas
Traballo autónomo do alumnado
Seguimento do curso (Lecturas, prácticas, etc.): 49 h.
Traballos escritos: 50 h.
Total: 99 h.
1. Asistir de forma regular ás aulas expositivas e interactivas e entregar as tarefas nos prazos indicados polo docente para gozar dunha avaliación continua. Será imprescindible un traballo constante da materia, especialmente, das lecturas obrigatorias e tarefas previstas. O alumnado que non compra este criterio non poderá superar a materia polo sistema de avaliación continua e non gozará da valoración da asistencia e participación.
2. Participar activamente na lectura dos textos e nos debates que se susciten durante as aulas expositivas e interactivas.
3. Realizar exercicios de lectura comprensiva dos textos con base no modelo que facilitará os docente.
4. Realizar exercicios de práctica de escritura da disertación filosófica conforme ás indicacións do docente.
5. Realizar exercicios de autoavaliación conforme á rúbrica de valoración da disertación filosófica que será facilitada ao alumnado.
6. O alumnado deberá entregar xunto coa recensión e as disertacións filosóficas unha declaración persoal de ausencia de plaxio e orixinalidade que será facilitada polo docente. Este requisito cumpre coa “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”, aprobada no Consello de Goberno da USC do 15 de xuño de 2011: Art. 1.: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Plan de contixencia
a) Metodoloxía de ensinanza
Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física).
A docencia presencial convivirá coa docencia virtual. As sesións expositivas gravaranse e estarán a disposición do alumnado asincronicamente na aula virtual da materia e en Teams. As sesións interactivas desenvolveranse de forma síncrona a través de Teams. As titorías realizaranse de forma virtual, ben por correo electrónico ben por Teams.
Escenario 3. Peche das instalacións
A docencia desenvolverase de forma virtual. As sesións expositivas gravaranse e estarán a disposición do alumnado asincronicamente na aula virtual da materia e en Teams. As sesións interactivas desenvolveranse de forma síncrona a través de Teams. As titorías realizaranse de forma virtual, ben por correo electrónico ben por Teams.
b) Sistema de avaliación da aprendizaxe
Escenarios 2 e 3.
Seguirase o mesmo sistema de avaliación previsto para a avaliación final con entrega das tarefas previstas (recensión, disertación 1, disertación 2) a través do Campus Virtual. En caso de suspenderse a presencialidade unha vez iniciado o curso, o alumnado que teña asistido regularmente ás sesións expositivas e interactivas terá dereito á valoración do mérito de asistencia e participación previsto na avaliación continua e que será determinado polo docente.
Convocatoria de segunda oportunidade
Distínguense dous tipos de alumnado:
a) O alumnado que teña suspendido a 1ª convocatoria deberá entregar unha nova versión daqueles traballos que obtiveran a cualificación de suspenso (recensión, disertación 1, disertación 2). A nota dos traballos aprobados na 1ª convocatoria conservarase.
b) O alumnado non presentado na 1ª convocatoria deberá entregar todos os traballos descritos no epígrafe “avaliación final”: recensión, disertación 1 e disertación 2. A porcentaxe na cualificación final será a descrita nese epígrafe.
Jose Luis Pastoriza Rozas
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812522
- Correo electrónico
- jl.pastoriza [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Salón de Actos |
Martes | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 2 |
04.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
04.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 1 |
04.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
04.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
04.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
04.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
02.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
02.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 2 |
02.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 2 |