Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1) Adquisición dos coñecementos propios da materia.
2) Iniciación ao análise e interpretación de textos filosóficos dos diversos marcos culturais de Oriente.
3) Dominio do léxico filosófico de diferentes culturas orientais.
4) Maior familiarización con traballos de investigación.
5) Destreza na exposición oral de traballos.
Obxectivos do título que se traballan na materia
1) Proporcionar unha formación sólida en Filosofía, situando esta no conxunto dos saberes científicos e humanísticos, no tecido cultural e ante a práctica social do mundo contemporáneo.
2) Combinar a formación en Filosofía co ensino das habilidades necesarias para aplicar os coñecementos adquiridos á práctica profesional.
3) Xerar capacidade de análise e de crítica, así como unha actitude proactiva.
4) Fornecer capacidade de aprender con autonomía, formando os seus propios criterios e estratexias de aprendizaxe, aplicábeis ademais ao longo da vida.
5) Fundamentar os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
Tema 1. As Filosofías da India
Tema 2. A Filosofía en China: budismo, taoísmo e confucianismo
Tema 3. Filosofía xaponesa
A) Fontes
- AA.VV.: La Filosofía japonesa en sus textos, Ed. Herder, Barcelona, 2016.
- CONFUCIO: Los cuatro libros, Paidós Ibérica, Madrid 2002. (RBA 2007).
- LAO-TSE: El libro del Tao, RBA libros, Barcelona 2006. (RBA 2007).
- DALAI LAMA: El Mundo del budismo tibetano, J.J. de Olañeta Editor, Palma de Mallorca 1998. (RBA 2007).
- Bhagavad-Gîtâ, Ed. Biblioteca Nueva, Madrid 2000. (RBA 2007).
B) Bibliografía secundaria
- AGÍS VILLAVERDE, M.: "Caminos de Oriente: India, China y Japón", en AA. VV. (eds.): Identidad, Memoria e Historia, USC, 2016.
- COOMARASWAMY, Ananda K: El evangelio del budismo, RBA 2007.
- LANZACO SALAFRANCA, F.: Religión y espiritualidad en la sociedad japonesa contemporánea, Servicio de Publicaciones de la Universidad de Zaragoza 2008.
- LANZACO SALAFRANCA, FEDERICO: La cultura japonesa reflejada en su lengua, Ed. Verbum, Madrid 2010, III parte, pp. 105-114.
- NAKAMURA, Hajime: Ways of thinking of Eastern peoples: India, China, Tibet, Japan, University of Hawaii Press, Honolulu 1968.
- PANIKKAR, Raimon: La experiencia filosófica de la India, RBA 2007.
- RENOU, Louis: El hinduismo, RBA, Colecciones 2007.
- RODRÍGUEZ, JUSTINO: "Visión de la realidad en la cultura japonesa", en AGÍS VILLAVERDE, M. et alia (EDS.): Galicia y Japón: Del sol naciente al sol poniente, PP. 31 SS.
- SAWAI, YOSHITSUGU: "Perspectivas religiosas de la naturaleza en las culturas de Asia Oriental", en AGÍS VILLAVERDE, M. et alia (eds.): Galicia y Japón: Del sol naciente al sol poniente, pp. 243 ss..
- SUZUKI, Daisetz T.: El Zen y la cultura japonesa, RBA, Barcelona 2007.
- TERAO, ERIKO: “El jardín japonés como microcosmos: lo invisible en el jardín japonés”, en AGÍS VILLAVERDE, M. et alia (EDS.): Galicia y Japón: Del sol naciente al sol poniente,, pp.229-240.
- WATTS, Alan W.: El camino del Zen, Edhasa, Barcelona, 1971. (RBA, 2007)
- WATTS, Alan W.: El camino del Tao, RBA, 2007.
C) Manuales e obras xeraies
- AGÍS VILLAVERDE, M. et al. (eds.): Galicia y Japón: Del sol naciente al sol poniente, Servicio de Publicacións da UDC, A Coruña 2008.
- BELAVAL, YVON (dir.): Historia de la Filosofía. vol. 11: La Filosofia en Oriente : la filosofía islámica, india y china hasta nuestros días, Siglo XXI Editores, México 1981.
- COOPER, DAVID E.: "El pensamiento Indio en el Siglo XX", en GARRIDO, MANUEL et alia (coords.): El legado filosófico y científico del siglo XX, Ed. Cátedra, Madrid 2005, pp. 957 ss.
- ELIADE, MIRCEA: Historia de las Creencias y de las Ideas Religiosas, Ed. Cristiandad, Madrid vol. II y III/1.
- FISAC, TACIANA: "El pensamiento chino en el Siglo XX", en GARRIDO, MANUEL et alia (coords.): El legado filosófico y científico del siglo XX, Ed. Cátedra, Madrid 2005, pp. 973 ss.
- GONZÁLEZ VALLES, JESÚS: "El pensamiento japonés", en GARRIDO, MANUEL et alia (coords.): El legado filosófico y científico del siglo XX, Ed. Cátedra, Madrid 2005, pp. 989 ss.
- Encyclopedia of Shinto (http://k-amc.kokugakuin.ac.jp/DM/dbTop.do?class_name=col_eos)
A) Competencias xerais.
• Capacidade para ler de forma comprensiva un texto filosófico pertencente á tradición oriental.
• Capacidade para identificar os principais autores das tradicións orientais (India, China e Xapón).
• Capacidade para distinguir as obras clásicas do pensamento oriental.
• Capacidade para estudar e aprender de forma autónoma.
• Capacidade para presentar de forma oral e escrita un traballo de iniciación á investigación.
B) Competencias específicas.
• Coñecemento das principais tradicións do pensamento oriental, moitas veces esquecido nos estudos de filosofía das universidades españolas.
• Coñecemento das claves para a cultura oriental en relación as súas tradicións de pensamento.
• Familiaridade co desenvolvemento histórico do pensamento filosófico e relixioso en China, Xapón e a India.
• O coñecemento das perspectivas actuais do pensamento oriental.
C) Competencias transversais.
• Capacidade para traballar en grupo tanto na resolución como na discusión de problemas.
• Habilidade para obter información tanto de fontes primarias como secundarias, incluíndo a obtención de información on- line.
A) Clases expositivas: Lección impartida polo profesor. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos aínda que os estudantes non necesitan manexalos en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos do programa, construídos a partir da bibliografía seleccionada para cada tema. A asistencia a estas clases é básica para ter unha visión panorámica dos temas tratados, polo que é conveniente o seguimento destas por parte dos estudantes.
B) Seminarios: Clases interactivas na que analizan e traballan en grupo textos e documentos, entregados previamente polo profesor cunha guía de lectura. O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor, posta en común de comentarios de texto na aula, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais aínda que os estudantes non os manexarán en clase. A participación nestas clases será avaliada, polo que é conveniente a asistencia regular dos estudantes.
C) Titorías individuais e de grupo: É o tempo que se reserva para que o/a estudante poida solicitar documentación e información bibliográfica ao profesor. Tamén están pensadas para a resolución de dúbidas, tanto sobre ou contido das sesións como sobre outros aspectos da materia (metodoloxía, avaliación, etc.).
Plan de continxencia
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física)
Ver apartado de “Observacións”
A) AVALIACIÓN DO CONTIDO
A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua, contemplándose a posibilidade dun un exame final, caso de que o estudante non asista á clase, non siga as pautas da avaliación continua ou non a supere.
A avaliación dos/as estudantes con dispensa (ou exención) de asistencia ás clases presenciais farase mediante a modalidade de exame final (100% da nota).
A avaliación continua farase valorando a asistencia e participación nas sesións na aula e nas titorías. Porén, a avaliación apoiase principalmente na realización dun traballo final escrito que o estudante expoñerá de maneira oral na aula nas últimas semanas de clase.
A cualificación final do estudante distribúese nos seguintes apartados:
TIPO DE ACTIVIDAD PORCENTAXE NA NOTA FINAL
Asistencia e participación nas sesións 5%
Titorías 5%
Entrega de catro traballos escritos correspondentes ás clases interactivas (comentarios de texto, etc.) 40% (10% cada un)
Lectura e recensión dun libro seleccionado da bibliografía da materia 10%
Traballo final elaborado individualmente polo estudante, exposto na aula na sesión finais do curso e entregado por escrito 40 %
Exame, caso de non asistir a clase, non participar ou non superar a avaliación continua 100%
Exame final para os/as estudantes con dispensa (ou exención) de asistencia ás clases presenciais 100%
B) AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS
a) COMPETENCIAS DE TIPO XERAL
1. Comprensión dos coñecementos propios da Filosofía (doutrinas, teorías, métodos e aplicacións.
• Nos comentarios de textos e participación nas sesións.
2. Aplicar eses coñecementos para resolver problemas no ámbito da Filosofía.
• Nos comentarios de textos e traballos de grupo.
3. Transmitir os coñecementos ofrecidos pola Filosofía.
• Exposición oral do traballo de grupo.
4. Formación en Filosofía e/ou noutros campos con autonomía.
• Elaboración do traballo final
b) COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
1. Coñecer as formulacións históricas e contemporáneas das correntes filosóficas.
- Sesións interactivas na aula e comentarios de texto
2. Saber expresarse, comunicar, debater.
- Traballo final de grupo (presentado oralmente e por escrito), participación nas sesións.
3. Capacidade para organizar a información, formular e resolver problemas.
- Elaboración do traballo final de grupo.
Plan de continxencia
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física)
Ver apartado de “Observacións”
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases teóricas (con participación dos estudantes) ...... 18 h.
Clases interactivas .................................................. 18 h.
Titorías ................................................................. 2.25 h.
TOTAL ................................................................... 38.25 horas
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE
Seguimento do curso (Lecturas, prácticas, etc.) .......... 34.25 h.
Traballo escrito ...................................................... 20 h.
Estudo ................................................................... 20 h.
TOTAL ................................................................... 74.25 h.
1) Coñecemento de linguas modernas.
2) Boa disposición para a lectura e a comprensión de textos filosóficos.
3) Capacidade para traballar en equipo.
4) Manexo da información a través das canles informáticas habituais.
O exposto arriba correspóndese ao Programa a desenvolver nun Escenario 1: normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física).
“Plan de Continxencia”:
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física).
BIBLIOGRAFIA
O alumnado terá acceso a unha selección bibliográfica complementaria en formato electrónico.
COMPETENCIAS
As mesmas que no Escenario 1.
METODOLOXÍA DO ENSINO
No caso de ter que levar a materia a distancia, o modo de desenvolver o Programa botará man destes recursos: aulas telemáticas, síncronas (usando a plataforma de Microsoft TEAMS), os Temas entregaranse na Aula virtual da materia e, así mesmo, entregarase material didáctico diverso por cada un dos Temas (dispoñibles na Aula virtual da materia).
SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE
A avaliación será enteiramente continua. Todos os exercicios realizados farán media e desta tirarase a cualificación final.
O traballo final non será presentado oralmente senón só por escrito.
Os alumnos/as que non superen a avaliación continua ou que teñan dispensa de asistir a clase serán avaliados mediante unha proba non presencial.
No caso de detectarse plaxio o exercicio quedará anulado e contará como 0.
Non se contempla ningún tipo de presencialidade.
TEMPO DE ESTUDO E TRABALLO PERSOAL DO/DA ESTUDANTE
O mesmo que no Escenario 1.
RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DA MATERIA
Cada alumno ou alumna, para comentar de modo máis persoal algunha cuestión que sexa do seu interese ou sobre a que teña dúbidas, pode –e debe– facer uso do horario de titorías ligadas á materia que a docente terá a súa disposición para atendelo/la virtualmente, por medio do correo electrónico, dentro do horario establecido para titorías.
Estudantes de 2ª oportunidade:
Proba non presencial
Escenario 3: peche das instalacións (con imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física).
A Docencia expositiva e interactiva, as Titorías, a Avaliación, etc., todo terá carácter virtual e en todos os sentidos coincidirá co deseño da materia para o Escenario 2.
Marcelino Agis Villaverde
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812520
- Correo electrónico
- marcelino.agis [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
03.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
03.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
13.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
13.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |