Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia ten por obxecto presentar a problemática asociada á aplicación da hermenéutica en canto interpretación e comprensión de textos filosóficos. Esta materia facilita a iniciación do alumnado no traballo de comprensión dos textos e xéneros filosóficos, na análise formal do discurso filosófico así como das estratexias e recursos para a creación e investigación filosófica que se desenvolverán de xeito transversal ao longo do Grao.
A materia divídese en dous bloques. O primeiro bloque ten como obxectivo que o alumnado coñeza o ámbito da interpretación e comprensión dos textos filosóficos, dominando a súa linguaxe e terminoloxía específica, e se inicie na metodoloxía da investigación e creación filosófica. O segundo bloque fomentará que o alumnado adquira destrezas na lectura e interpretación dos textos filosóficos e se familiarice cos principais xéneros filosóficos.
Bloque I: Introdución á hermenéutica e á metodoloxía da investigación e escritura en Filosofía
Tema 1: Introdución á hermenéutica: texto e interpretación.
Tema 2: O comentario de texto filosófico.
Tema 3: Que e para que da filosofía desde un punto de vista hermenéutico.
Tema 4: Fontes de información para o estudo da Filosofía.
Tema 5: A disertación filosófica.
Tema 6: Como citar: citas, referencias, bibliografías e aplicacións informáticas.
Bloque II: Os xéneros filosóficos
Tema 7: Os primeiros xéneros filosóficos: o poema.
Tema 8: A constitución dos xéneros filosóficos: o diálogo e o tratado.
Tema 9: O Helenismo e os xéneros doutrinais: a epístola.
Tema 10: Os xéneros filosóficos cristiáns: o soliloquio.
Tema 11: A filosofía medieval e os xéneros didácticos: a Suma e o comentario.
Tema 12: Os xéneros literarios do Renacemento humanista: o ensaio.
Tema 13: Os xéneros da filosofía racionalista: o tratado sistemático e a autobiografía.
Tema 14: A fragmentación do saber: o artigo.
Tema 15: A racionalidade desencantada: o aforismo e a literatura filosófica (novela, teatro, etc.).
Libro de referencia da materia:
GARCÍA NORRO, J.J., (Coord.), Convirtiéndose en filósofo. Estudiar filosofía en el siglo XXI, Madrid, Síntesis, 2012.
Bibliografía Bloque I
BECHOT, M., e ARENAS-DOLZ, F. (dirs.) 10 palabras clave en Hemenéutica Filosófica, Estella, Verbo Divino, 2006.
GADAMER, H.-G., Verdad y método. Fundamentos de una hermenéutica filosófica, Salamanca, Sígueme, 1988.
FERRARIS, M., Historia de la Hermenéutica, Madrid, Siglo XXI, 2002.
FERRARIS, M., La hermenéutica, Madrid, Cristiandad, 2004.
GRONDIN, J., ¿Qué es la hermenéutica?, Barcelona, Herder, 2008.
MACEIRAS, M. e TREBOLLE, J., La hermenéutica contemporánea, Madrid, Cincel, 1995.
VV.AA, Diccionario de Hermenéutica, Bilbao, Universidad de Deusto, 2006.
Bibliografía Bloque II
O docente responsable entregará a bibliografía correspondente aos textos empregados como exemplo dos xéneros filosóficos a estudar e que abranguerán obras dos filósofos presocráticos, Platón, Aristóteles, estoicos, epicúreos, Agostiño de Hipona, Pedro Abelardo, Tomé de Aquino, Pico della Mirandola, Erasmo de Rotterdam, Maquiavelo, Montaigne, Descartes, Hume, Spinoza, Voltaire, Kant, Kierkegaard, Marx e Engels, Kierkegaard, Nietzsche, Ortega y Gasset, Wittgenstein, Schlick, Waismann, Popper, Marcuse, Merleau-Ponty, Carolyn Merchant, Judith Butler, Sartre, Heidegger, Gadamer, Watts, Marina Garcés, etc.
Os contidos da materia contribúen á adquisición das seguintes competencias propias do título:
Competencias básicas e xerais
CX1.- Que as persoas estudantes as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2.- Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3.- Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4.- Que estean capacitadas para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CB1.- Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2.- Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB4.- Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5.- Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias específicas
CE2.- Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE4.- Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE5.- Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos filosóficos.
CE6. - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
CE8.- Desenvolvemento do razoamento crítico.
Competencias transversais
CT1.- De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT2.- Persoais: Boa disposición para o traballo cooperativo. Razoamento crítico.
CT3.- Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Creatividade.
Esta materia está orientada á formación teórico-práctica do alumnado na metodoloxía da investigación e creación filosófica a través do traballo activo individual e grupal de lectura e interpretación de textos filosóficos nos seus diversos xéneros e a través da realización de prácticas de investigación e escrita filosófica.
A didáctica da materia baséase na facilitación dunha aprendizaxe cooperativa entre iguais e orientado á capacitación para a análise e desenvolvemento de problemas filosóficos a través da escrita de comentarios de texto e unha disertación filosófica.
1. Nas aulas expositivas, os docentes desenvolverán os contidos do programa con base nunha selección de textos que serán facilitados ao alumnado en formato dixital a través do Campus Virtual da materia. Tamén se facilitará ao alumnado o material didáctico elaborado polos docentes.
2. Nas aulas interactivas realizaranse traballos prácticos sobre a base dos temas explicados polos docentes nas aulas expositivas. Durante a explicación do bloque I, o alumnado realizará prácticas na Biblioteca da Facultade de Filosofía para o coñecemento das fontes de información para o estudo da Filosofía, a correcta citación das referencias bibliográficas e a identificación dos diferentes xéneros literarios da Filosofía. As sesións interactivas do bloque II desenvolveranse sobre a lectura colectiva e/ou individual dos textos básicos seleccionados polo docente responsable deste bloque, acompañado dun debate entre o alumnado asistente no cal se analizarán as diversas interpretacións filosóficas e favorecerase a construción dunha interpretación e opinión persoal ante o texto abordado.
3. Nas titorías individuais ou grupais o alumnado poderá realizar consultas e resolver dúbidas cos docentes sobre o contido das aulas teóricas, sobre os problemas analizados e a bibliografía das aulas interactivas, sobre a elaboración dos comentarios de texto e disertación filosófica, e sobre calquera outro aspecto da materia (metodoloxía, avaliación, bibliografía, etc.).
ESCENARIO I: NORMALIDADE.
Esta materia está orientada á formación teórico-práctica do alumnado na metodoloxía da investigación e creación filosófica a través do traballo activo individual e grupal de lectura e interpretación de textos filosóficos nos seus diversos xéneros e a través da realización de prácticas de investigación e escrita filosófica.
A didáctica da materia baséase na facilitación dunha aprendizaxe cooperativa entre iguais baseado en problemas e orientado á capacitación para a análise e desenvolvemento de problemas filosóficos a través da escrita de comentarios de texto, recensións e unha disertación filosófica.
ESCENARIO II: DISTANCIAMENTO
En xeral , a metodoloxía tratará de manter o criterios e procedementos sinalados no primeiro escenario, coa diferenza de que neste segundo escenario optaríase por gravar as sesións expositivas asincrónicamente en Stream as interactivas serían levadas a cabo sincrónicamente en Teams e os traballos se entregarían, seguindo a canle establecida, na Aula Virtual.
ESCENARIO III: PECHADURA.
Neste terceiro escenario, trataríase, igualmente de manter, no medio das limitacións, a aludida metodoloxía. A tal fin, gravaríanse as sesións expositivas asincrónicamente en Stream e desenvolveríanse tanto as interactivas, como as titorías sincrónicamente en Teams. Os traballos se entregarían, seguindo a canle establecida, na Aula Virtual.
ESCENARIO I: NORMALIDADE
A cualificación final da materia obterase ponderando as seguintes actividades:
1.- Asistencia e participación. Valorarase a participación activa nas sesións expositivas e interactivas. Porcentaxe na cualificación final:10%
2.- Comentarios de texto. Entrega de 3 comentarios de texto (dun máximo de 700 palabras cada un). Porcentaxe na cualificación final: 45%
3.- Disertación filosófica. Elaboración dunha disertación filosófica dun máximo de 1.500 palabras sobre un problema filosófico seleccionado polos docentes. Valorarase a orixinalidade, a capacidade de análise do problema, o rigor argumentativo e a aplicación práctica dos contidos do bloque I do temario. Porcentaxe na cualificación final: 45%
4.- Exame final: Para o alumnado que non supere a avaliación continua ou alumnado con dispensa de asistencia que opte por esta modalidade de avaliación. Porcentaxe na cualificación final: 100%
ESCENARIOS II-III:
Os traballos se entregarían, seguindo a canle establecida, na Aula Virtual.
Para aqueles alumnos que, por non haberse acollido á avaliación continua, teñan que ser examinados, o exame levarase a cabo no Aula Virtual en modo Tarefa no tempo de entrega establecido.
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 6 créditos que ten é de 150 horas:
Traballo presencial do alumnado:
Clases teóricas + clases interactivas + titorías = 51 h
Traballo persoal do alumnado:
Seguimento (lecturas, documentación, ampliación, etc.) + elaboración de exercicios escritos e exames= 99 h
TOTAL= 51 + 99= 150 horas
1. É imprescindible unha asistencia regular e entrega de tarefas nos prazos indicados para gozar dunha avaliación continua. Por tanto, resulta imprescindible un traballo constante da materia, e concretamente das lecturas obrigatorias e tarefas previstas, ao longo do semestre. Os estudantes que non procedan a traballar deste xeito non poderán superar a materia a diario de avaliación continua.
2. Participar activamente na lectura dos textos e nos debates que se susciten durante as aulas expositivas e interactivas.
3. Realizar exercicios de lectura comprensiva e comentario dos textos con base no modelo que facilitarán os docentes.
4. Realizar exercicios de práctica de escritura da disertación filosófica conforme ás indicacións dos docentes.
5. Realizar exercicios de autoavaliación conforme á planilla de valoración da disertación filosófica que será facilitada ao alumnado.
5. O alumnado deberá entregar xunto coa disertación filosófica unha declaración persoal de ausencia de plaxio e orixinalidade que será facilitada polos docentes. Este requisito cumpre coa “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”, aprobada no Consello de Goberno da USC do 15 de xuño de 2011: Art. 1.: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Tal e como se indicou, tanto a metodoloxía como a avaliación adecuaranse aos distintos escenarios.
ESCENARIO II: DISTANCIAMENTO
En xeral , a metodoloxía tratará de manter o criterios e procedementos sinalados no primeiro escenario, coa diferenza de que neste segundo escenario optaríase por gravar as sesións expositivas asincrónicamente en Stream as interactivas serían levadas a cabo sincrónicamente en Teams e os traballos se entregarían, seguindo a canle establecida, na Aula Virtual.
ESCENARIO III: PECHADURA.
Neste terceiro escenario, trataríase, igualmente de manter, no medio das limitacións, a aludida metodoloxía. A tal fin, gravaría as sesións expositivas asincrónicamente en Stream e desenvolvería tanto as interactivas, como as titorías sincrónicamente en Teams. Os traballos se entregarían, seguindo a canle establecida, na Aula Virtual.
Os traballos se entregarían, en todos os escenarios, na Aula Virtual.
Para aqueles alumnos que, por non haberse acollido á avaliación continua, teñan que ser examinados, o exame levarase a cabo no Aula Virtual en modo Tarefa no tempo de entrega establecido.
Jose Luis Pastoriza Rozas
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812522
- Correo electrónico
- jl.pastoriza [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Benito Arbaizar Gil
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812521
- Correo electrónico
- be.arbaizar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Sala Hipatia |
Xoves | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 4 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 4 |
28.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
28.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
28.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
28.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
28.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Sala Hipatia |
28.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Sala Hipatia |
28.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Sala Hipatia |
28.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Sala Hipatia |
21.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Sala Hipatia |
21.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Sala Hipatia |
21.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Sala Hipatia |
21.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Sala Hipatia |