Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Coñecemento das diferentes etapas da Historia do pensamento filosófico da antigüidade ou época pagá, desde a época arcaica ate o helenismo greco-romano.
-Familiarización con traballos de investigación e exposición oral dos resultados dos mesmos.
-Dominio do léxico filosófico da época.
-Coñecemento das fontes, impresas e electrónicas, do pensamento deste período.
-Amais do seu contexto cultural e histórico: filosofía antiga e ciencia, arte e literatura.
1.-Filosofía presocrática.
2.- Sócrates e Sofística.
3.-Escolas socráticas menores (eretreos, cínicos, cirenaicos e megáricos)
4.-Platón: 4.1. Biografía, diálogos, etapas do pensamento, «doutrinas non escritas»; 4.2. A teoría das ideas (da época de madurez ó período de crise); 4.3. A dialéctica; 4.4. O pracer e Eros; 4.5. A natureza da alma; 4.6. Os deuses, a arte e a educación; 4.7. Política; 4.8. Mitoloxías platónicas; 4.9. «Timeo», cosmoloxía e finalismo.
5. Aristóteles: 6.1. O home, a obra e a formación do pensamento filosófico; 6.2. A “filosofía primeira” (análise da Metafísica); 6.3. A “filosofía segunda” (análise da Física); 6.4. A psicoloxía (análise do De anima); 6.5. A reflexión moral (análise da Ética a Nicómaco); 6.6. A doutrina do Estado (análise da Política); 6.7. A filosofía do arte (análise da Poética); 6.8. A fundación da lóxica (análise do Organon); 6.9. Historia da proxección e das interpretacións de Aristóteles.
-KIRK, G. S. e RAVEN, J. E. Los filósofos presocráticos. Historia crítica con selección de textos, Madrid, Gredos, 1969 (1 ª ed.), trad. J. García Fernández (existe nova versión con colaboración de M. Schofield) (para presocráticos).
-GUTHRIE, W. K. C., Historia de la filosofía griega, Madrid, Ed. Gredos, 1990, Tomo III, “Siglo V. Ilustración” (para sofistas e Sócrates)
-GRUBE, G. M. A., El pensamiento de Platón, Madrid, Gredos, 1984 (para Platón) (pode haber outra monografía).
REALE, G., Introducción a Aristóteles, Barcelona, Herder, 1985 (para Aristóteles).
REALE, G. y D. ANTISERI, Historia del pensamiento filosófico y científico, Barcelona, Herder, 1991 (para as escolas socráticas menores).
X alumnx, para cada tema, recibirá material complementario, que se integrará no temario a estudar.
1. Adquisición dos coñecementos propios da materia.
2. Desenvolvemento da capacidade de análise e interpretación de textos filosóficos da época.
3. Dominio do léxico filosófico da Antigüidade.
4. Iniciación a traballos de investigación.
5. Destreza na exposición oral de ditos traballos.
Competencias de tipo xeral
CG1-Que xs graduadxs posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ó nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a aportacións investigadoras recentes.
CG2-Que sepan aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CG4-Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, con un elevado grao de autonomía.
CB1-Que xs estudiantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguarda do seu campo de estudo
CB2-Que xs estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3-Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4-Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5-Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía
Competencias de tipo específico
CE1-Coñcer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das asignaturas.
CE3-Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
CE6-Saber expresarse, comunicar, debatir e dialogar.
CE7-Capacidade para organizar a información, tomar decisións, plantexar e resolver problemas.
Metodoloxía da ensinanza
Metodoloxía Xeral:
Clases teóricas: exposición maxistral, aberta á intervención e debate dos alumnos.
Clases prácticas: actividades en seminario con participación activa e protagonista dx alumnx.
Asistencia a titorías de grupo marcadas polo professor a inicio de curso
plano de continxencia de escenarios 2 e 3:
a) escenario 2: metade de aulas separando os grupos; e entrega de traballos sobre temas o resto dos créditos.
b) escenario 3: entrega de traballos sobre temas do programa (traballo sobre o timeo, 20 folios, e o resto de temas, resumos e complementos, se o alumx o cree convinte, que planifirá o profesor: con extensión de 5 folios cada tema ou subtema do programa).
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Criterio Xeral:
Avaliación continua: asistencia e participación, actividades realizadas (exposicións, debates, comentarios, etc.), presentación oral (Timeo de Platón, ed. Gredos, con un traballo de 20 folios manuscritos), comentarios escritos (temas 1-4: t. 4 sen cosmoloxía) e examen (tema 5, todo: sairán a sorteo 2 temas a elexir 1).
Exame final sobre todo o temario, en caso de no superar a avaliación continua.
A valoración das competencias será discrecional tomando como referencia o apartado correspondente da Memoria do Grao.
Criterios de avalidación contínua:
Establécense 3 probas, que se valorarán independientemente, e cun mínimo de aprobado en cada unha delas.
1º) comentarios escritos de presocráticos e Platón (salvo Timeo de Platón)= hasta 3 puntos (para aprobar este apartado haberá que ter co,mo mínimo 1.5 puntos).
2º) exposición oral do Timeo de Platón pola ed. de Gredos=hasta 2 puntos (para aprobar este apartado haberá que ter como mínimo 1 punto; cun traballo de 20 folios manusritos).
3º) exame sobre t. 5 (Aristóteles completo)=ata 5 puntos (para aprobar ste apartado haberá que ter como mínimo 2,5 puntos).
As MH. quedarán ao criterio do docente segundo evolución de alumnx.
Resérvase a nota do traballo sobre o Timeo para a convocatoria de Xullo,u u outras, en caso de suspenso en Xuño. En caso de apreciar plaxio no traballo do Timeo (corta/pega), x alumnx suspenderá a materia de forma irrevogable e informarase ao Decanato da incidencia, por se procedera apertura de Expediente disciplinario, ou para que tome as medidas oportunas.
A valoración das competencias será discrecional tomando como referencia o apartado correspondiente da Memoria do Grao.
Para os alumnxs dispensadxs de aulas: deberán examinarse do Temario, ben por quendas (cos demais; comentarios, Exposición oral e traballo de Timeo e exame de Aristóteles), ben no final, ben acordando co profesor outro día para facelo (neste punto o profesor será flexible); os comentarios podrá entregalos mensualmente ou en bloque o día del exámen; o traballo sobre o Timeo deberá ser de 20 folios manuscritos.
Avaliación das competencias
Avaliación continua: CG1, CG4, CB1, CB4, CE1
Exame final: CG2, CB3, CE7
Traballo sobre unha obra: CB2, CB5, CE3, CE6
plano de continxencia:
a) escenario 1: o traballo sobre o timeo, contará sobre 3, sería presencial só o tema 6, os temas de presocráticos, ssofistas, sócrates e escolas socráticas menores, garíanse por resumos, 5 folios cada, ate 7 puntos (3+4)
b) escenario 2: todo o temario, a 5 folios tema, e subtemas en platón e aristóteles, ate 7 puntos (3+4), mais traballo de timeo (20 folios), 3 puntos
Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
-Traballo presencial: clases teóricas (30 horas), clases prácticas (10 horas), titoría (3 horas) exames (2 horas)=Total 45 horas.
-Seguimento (35 horas), preparación (25 horas), estudios (45 horas). Total de totais=105 horas.
Recomendacións para o estudo da materia
Seguir a dinámica de clase, superando bloco a bloco, sen arrastrar materia.
A presentación do Timeo deberá facerse só con un guión dun folio diante, e entregar traballo escrito de 20 folios manuscritos, que habrá que entregar no momento da exposición. A data de presentación, como a do exámen de Aristóteles, fixarase ao inicio de curso.
Seguir a dinámica de clase, superando bloco a bloco, sen arrastrar materia.
Recomendacións para o estudo da materia:
Seguir a dinámica de clase, superando bloco a bloco, sen arrastrar materia.
A presentación do "Timeo" deberá facerse só con un guión dun folio diante, e entregar traballo escrito de 20 folios manuscritos, que habrá que entregar no momento da exposición. A data de presentación, como a do exámen de Aristóteles, fixarase ao inicio de curso.
Observacións
Non debe deixar o traballo para última hora da data marcada.
Esta materia compleméntase coa optativa "Filosofías helenísticas e filosofías do Renacemento" e coa obrigatoria “Historia de la filosofía medieval” (onde se explica Plotino e o neoplatonismo).
plan de continxencia:
a) escenario 2: non deixar para o final o traballo, e a entrega dos resumos dos temas.
2) escenario 3: non deixar para final o que se exixe neste apartado para a avalidación.
Martin Gonzalez Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812517
- Correo electrónico
- martin.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Salón de Actos |
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 2 |
12.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
12.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 1 |
12.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
12.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 2 |
12.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
12.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 2 |
12.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
12.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
12.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
24.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
24.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 1 |
24.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |