Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Comprender o significado da filosofía contemporánea desde a súa conformación no século XIX.
Comprender o sentido filosófico da Historia da filosofía, tal como se configura no século XIX.
Recoñecer o valor de contemporaneidade dos máis destacados autores do século XIX.
Coñecer o modo de articulación da filosofía contemporánea na súa relación coa filosofía moderna que a antecede, traballando particularmente os problemas máis significativos sobre os que podemos falar deste cambio de paradigma.
Aproximarse ás filosofías dalgúns dos autores máis relevantes do século.
Adquirir un léxico básico de termos filosóficos en alemán.
Madurar o criterio académico de discriminación bibliográfica.
0. Sobre o concepto de «Historia da Filosofía Contemporánea: Século XIX»
1. Do encontro Jacobi-Lessing ás aporías do criticismo kantiano (Reinhold, Schulze, Maimon)
2. Fichte: a irrupción do Idealismo
3. A Frühromantik: o círculo de Jena
4. Schelling: entre o Romantismo e o Idealismo
5. Hegel: a Fenomenoloxía do Espírito e o horizonte do Sistema
6. O valor transitivo da filosofía hegeliana
7. A ambivalencia de Schopenhauer: kantismo e irracionalismo
8. Kierkegaard: a revolta da singularidade
9. Marx: a filosofía contra a ideoloxía
10. Nietzsche: da metafísica da Vontade á vontade da metafísica
1. Básica:
(1.1. Fontes)
Fichte, J.G., Reseña de Enesidemo, Madrid: Hiperión, 1982.
Fichte, J.G., Introducciones a la Doctrina de la Ciencia, Madrid: Tecnos, 1987.
Hegel, G. F. W., Fenomenología del Espíritu, Madrid: Abada, 2010.
Hölderlin, F., Hiperión, Madrid: Hiperión, 1993.
Jacobi, F. H. et alii, El ocaso de la Ilustración. La polémica del Spinozismo, Buenos Aires: Prometeo Libros, 2014.
Kierkegaard, S., Escritos. vol. 4/2, Madrid: Trotta, 2016.
Kierkegaard, S., Pós-escrito às Migalhas filosóficas, 2 vols., Petrópolis: Vozes, 2010; 2016.
Marx, K., Manuscritos: economía y filosofía, Madrid: Alianza, 1989.
Nietzsche, F., El nacimiento de la tragedia, Madrid: Alianza, 1990
Nietzsche, F., Así habló Zaratustra, Madrid: Alianza, 1990.
Nietzsche, F., Sobre verdad y mentira en sentido extramoral, Madrid: Tecnos, 1994.
Schelling, F. W. J., Sistema del Idealismo trascendental, Barcelona: Anthropos, 2005.
Schlegel, F., Fragmentos, Barcelona: Marbot, 2009.
Schopenhauer, A., El mundo como voluntad y representación (2 vols.), Madrid: Trotta, 2003-2004.
(1.2. Estudos)
Ameriks, K. (ed.), The Cambridge Companion to German Idealism, Cambridge: Cambridge University Press, 2000.
Duque, F., Historia de la filosofía moderna. La era de la crítica, Madrid: Akal, 1998.
Beiser, F.C., The Romantic Imperative. The Concept of Early German Romanticism, Cambridge: Harvard University Press, 2003.
Hannay, A.; Marino, G., The Cambridge Companion to Kierkegaard, Cambridge: Cambridge University Press, 1998.
Lacoue-Labarthe, P.; Nancy, J.-L., El absoluto literario, Buenos Aires: Eterna Cadencia, 2012.
Maceiras Fafián, M., Schopenhauer y Kierkegaard. Sentimiento y pasión, Madrid: Cincel, 1992.
Nancy, J.-L., Hegel. La inquietud de lo negativo, Madrid: Arena, 2005.
Parcero Oubiña, O., Søren Kierkegaard, A Coruña: Baía, 2009.
Riobó González, M., Fichte: filósofo de la intersubjetividad, Barcelona: Herder, 1988.
Valls Plana, R., Del Yo al Nosotros. Lectura de la Fenomenología del Espíritu de Hegel, Barcelona: Laia, 1979.
Vattimo, G, Introducción a Nietzsche, Barcelona: Península, 1996.
2. Complementaria:
(2.1. Fontes)
Fichte, J.G. , La Doctrina de la Ciencia. 1811, Madrid: Akal, 1999.
Fichte, J.G. , El destino del hombre, Salamanca: Sígueme, 2011.
Hegel, G. F. W., Ciencia de la Lógica, 2 vols., Madrid: Abada, 2011; 2015.
Hegel, G. F. W., Lecciones sobre la Historia de la Filosofía, México: FCE, 1995.
Hegel, G. F. W., Enciclopedia de las ciencias filosóficas, Madrid: Abada, 2017.
Hölderlin, F., Ensayos, Madrid: Hiperión, 2001.
Jacobi, F. H., Cartas a Mendelssohn. David Hume. Carta a Fichte, Barcelona: Galaxia Gutenberg, 1996.
Kierkegaard, S., Prólogos, Vigo: Galaxia, 2008.
Kierkegaard, S., Escritos. vol. 4/1, Madrid: Trotta, 2019.
Marx, K., La ideología alemana, Madrid: Akal, 2014.
Nietzsche, F., La genealogía de la moral, Madrid: Alianza, 1992.
Novalis, Himnos á noite, A Coruña: Espiral maior, 1997.
Novalis, Estudios sobre Fichte y otros escritos, Madrid: Akal, 2007.
Schelling, F. W. J., Del Yo como principio de la filosofía, Madrid: Trotta, 2004.
Schelling, F. W. J., Cartas filosóficas sobre dogmatismo y criticismo, Madrid: Abada, 2009.
Schelling, F. W. J., Escritos sobre filosofía de la naturaleza, Madrid: Alianza, 1996.
Schopenhauer, A., Parerga y paralipomena, 2 vols., Madrid: Trotta, 2009.
(2.2. Estudos)
Adorno, T. W., Tres estudios sobre Hegel, Madrid: Taurus, 1991.
Beiser, F. C., The Romantic Imperative. The Concept of Early German Romanticism, Cambridge: Harvard Uni
Xerais e básicas:
CX1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións planteadas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4 - Que estean capacitados/as para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CB3 - Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Específicas:
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
Transversais:
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análise e síntese, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade medioambientais.
Descríbense tres escenarios diferentes: un primeiro que senta as bases metodolóxicas da materia, e dous alternativos que adaptan estas á eventual situación de limitación ou suspensión da actividade presencial.
Escenario 1: docencia presencial
Nas sesións expositivas o profesor irá presentando os contidos que estruturan a materia. Nas sesións interactivas, a partir da lectura previa de textos anticipadamente facilitados polo profesor, o grupo, en dinámica de seminario, afondará nos principais problemas presentados previamente nas expositivas a través da lectura e análise dos propios autores protagonistas dos mesmos. Complementariamente, nas horas de traballo autónomo, o alumando deberá avanzar nas lecturas e restantes tarefas seguindo as indicacións do profesor. As dúbidas e dificultades que poidan xurdir deberán tratarse nas titorías, que poderán ser atendidas no despacho, foros do campus virtual ou correo electrónico.
Escenario 2: docencia presencial + non presencial
Na medida en que sexa necesario, as sesións expositivas levaranse a cabo por videoconferencia (por medio do campus virtual, se este a dispón; en caso contrario, por medio da plataforma de maior facilidade de acceso para o alumnado); complementariamente, disporanse materiais en paralelo no campus virtual, para disposición daquelas persoas que non teñan os medios para asistir ás aulas telemáticas. As sesións interactivas levaranse a cabo presencialmente. Nas horas de traballo autónomo, o alumando deberá avanzar nas lecturas e restantes tarefas seguindo as indicacións do profesor. As dúbidas e dificultades que poidan xurdir deberán tratarse nas titorías, que poderán ser atendidas no despacho, en foros do campus virtual, correo electrónico ou videoconferencia.
Escenario 3: docencia non presencial
As sesións expositivas levaranse a cabo por videoconferencia (por medio do campus virtual, se este a dispón; en caso contraio, por medio da plataforma que menos problemas supoña para o alumnado); complementariamente, disporanse materiais en paralelo no campus virtual, para disposición daquelas persoas que non teñan os medios para asistir ás aulas telemáticas. Para as sesións interactivas combinarase o uso das ferramentas do campus virtual (foros, tarefas, etc.) e da videoconferencia. Nas horas de traballo autónomo, o alumando deberá avanzar nas lecturas e restantes tarefas seguindo as indicacións do profesor. As dúbidas e dificultades que poidan xurdir deberán tratarse nas titorías, que poderán ser atendidas en foros do campus virtual, correo electrónico ou videoconferencia.
En coherencia coa metodoloxía, descríbense tamén tres posibilidades de avaliación.
Escenario 1: docencia presencial
A avaliación final será o resultado de conxuntar os seguintes elementos de avaliación, da maneira en que se indica:
A. Avaliación continua:
- Actitude de traballo e participación activa nas sesións: 20%
- Resolución e entrega de exercicios: 30% (inclúe a elaboración dun traballo individual sobre unha obra, previamente consensuada co profesor. Optativo).
B. Exame final: 50%
Para poder ser recoñecida a avaliación continua, é requisito unha asistencia mínima fixada nun 80% do total das sesións do semestre, así como a entrega dos exercicios encomendados. De non satisfacerse este requisito, decaerá o 50% correspondente á avaliación continua, pasando o exame final a adquirir un peso porcentual do 100%.
É necesario, en calquera caso, presentarse ao exame final e obter unha cualificación mínima de 5 (sobre 10) para aprobar a materia.
Escenario 2: docencia presencial + non presencial
A. Avaliación continua:
- Actitude de traballo e participación activa nas sesións: 20%
- Resolución e entrega de exercicios: 30% (inclúe a elaboración dun traballo individual sobre unha obra, previamente consensuada co profesor. Optativo).
B. Exame final: 50%
Para poder ser recoñecida a avaliación continua, é requisito unha asistencia mínima fixada nun 80% do total das sesións presenciais do semestre, así como a entrega dos exercicios encomendados. De non satisfacerse este requisito, decaerá o 50% correspondente á avaliación continua, pasando o exame final a adquirir un peso porcentual do 100%.
É necesario, en calquera caso, presentarse ao exame final e obter unha cualificación mínima de 5 (sobre 10) para aprobar a materia.
Escenario 3: Docencia non presencial
A. Avaliación continua:
- Resolución e entrega de exercicios: 50% (inclúe a elaboración dun traballo individual sobre unha obra, previamente consensuada co profesor. Optativo).
B. Exame final: 50%
Para poder ser recoñecida a avaliación continua, é requisito a entrega dos exercicios encomendados. De non satisfacerse este requisito, decaerá o 50% correspondente á avaliación continua, pasando o exame final a adquirir un peso porcentual do 100%.
É necesario, en calquera caso, presentarse ao exame final e obter unha cualificación mínima de 5 (sobre 10) para aprobar a materia.
Para os tres escenarios: o alumnado que estea en situación de exención de docencia, consonte a normativa da USC, deberá contactar co profesor ao inicio do semestre para que lle sexan asignadas unha serie de tarefas que substitúan a avaliación continua. Estas tarefas constituirán un 20% da cualificación final, elevando o exame final o seu valor ao 80%.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 6 créditos que ten é de 150 horas, distribuídas da seguinte maneira:
- 48 horas de docencia presencial (ou telemática)
- 3 horas de titorías de grupo
- 2 horas semanais recomendadas para a lectura de textos.
- 6 horas semanais recomendadas para o estudo, preparación de traballos, etc.
- Participar nas sesións expositivas e interactivas.
- Traballar cos textos encomendados seguindo as pautas indicadas.
- Utilizar o recurso das titorías para consulta de dúbidas, explicacións adicionais, etc.
Plan de continxencia: os apartados de “Metodoloxía da ensinanza” e “Sistema da avaliación” inclúen, ademais da programación básica da materia (“Escenario 1”), dúas alternativas de programación que serían de aplicación excepcional no caso de que a actividade presencial se poida ver limitada (“Escenario 2”) ou suspendida (“Escenario 3”).
Oscar Parcero Oubiña
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812519
- Correo electrónico
- oscar.parcero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Alipio Santiago Dacosta
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Correo electrónico
- alipio.santiago.dacosta [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 3 |
Xoves | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 1 |
18.05.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
18.05.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
18.05.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
18.05.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Sala Hipatia |
18.05.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Sala Hipatia |
18.05.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Sala Hipatia |
09.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
09.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
09.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 1 |