Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Coñecemento das diferentes etapas da Historia do pensamento filosófico do medievo
-Familiarización con traballos de investigación e e xposición oral dos resultados dos mesmos.
-Dominio do léxico filosófico da época.
-Coñecemento das fontes, impresas e electrónicas, do pensamento deste período.
-Amais do seu contexto cultural e histórico: ciencia, arte e literatura.
1.-Neoplatonismo. A Biblia e a súa mensaxe.
2.- Patrística grega.
3.- Patrística latina.
4.- Da patrística a escolástica: de Boecio a Isidoro de Sevilla.
5.- A filosofía do século XI: Escoto Eriúxena, Anselmo de Aosta, as escolas de Chartres e San Víctor.
6.- A filosofía do século XII: o problema dos universais e Pedro Abelardo, Pedro Lombardo e Xoán de Salísbury.
7.- As filosofías xudea e árabe: Avicena, Averroes, Maimónides e outros..
8.- Alberto Magno e Tomás de Aquino.
9.- Buenaventura de Bagnoregio e Xoán Duns Escoto.
10.- Siger de Bravante e o averroismo latino.
11.-El siglo XIV: Ockham, Marsilio de Padua, Wycliff e Huss, filosofía experimental, a ciencia ockhamista, e a lóxica na Idade Media.
EN GALEGO/PORTUGUÉS
-Só se emprega bibliografía en galego ou portugués para traballos de investigación. Neste momento son moi importantes os traballos da escola medievalista do Porto. Poñamos un exemplo:
-Meirinhos, José Francisco: Metafísica do homem : conhecimento e vontade nas obras de psicologia atribuídas a Pedro Hispano. Porto: Afrontamento, 2011.
EN CASTELÁN (INCLÚESE NESTA LISTA A BIBLIOGRAFÍA NON DISPONÍBEL EN GALEGO/PORTUGUÉS )
Manual de referencia:
-Étienne Gilson: La filosofía en la Edad Media: desde los orígenes patrísticos hasta el fin del siglo XIV. Madrid: Gredos, versión española de Arsenio Pacios y Salvador Caballero, 1958 (1ª ed.). Un clásico imperecedoiro.
EN INGLÉS (INCLÚESE NESTA LISTA A BIBLIOGRAFÍA NON DISPONÍBEL EN GALEGO/PORTUGUÉS NEN EN CASTELÁN )
Como no 1º apartado, só se emprega en traballos de investigación sobre autor ou escola, edición de texto clásico, e edición de texto clásico obrigatorio. Por sorte, par aos textos clásicos, contamos coa moi completa colección de Clásicos Gredos de Filosofía. Pero, para auto e escola poden ser monografías ou léxicos noutros idiomas, incluído inglés. Poñemos un exemplo:
-Wolfson, H. The Philosophy of the Kalam. Cambridge: Harvard Univesity Press, 1976.
COMPETENCIAS DE TIPO XERAL
-Adquisición de experiencia na presentación oral das ideias proprias.
-Desenvolvemento das capacidades de comprensión e análise.
-Desenvolvemento da capacidade de composición de textos, no que toca tanto ao dominio da expresión escrita como ao da estruturación das ideas e dos estándares formais na escrita de ensaios.
-Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ó nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a aportacións
investigadoras recentes.
-Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
-Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
-Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
-Que os estudiantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da
elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
-Que os estudantes teñan a capacidade de reunír e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
-Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
-Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS DE TIPO ESPECÍFICO
-Adquisición de coñecementos propios da materia.
-Desenrolo da capacidade de análise e interpretación de textos filosóficos da época.
-Dominio do Léxico filosófico do Medievo (latino, árabe, xudío).
-Iniciación a traballos de investigación.
-Destreza na exposición oral de os devanditos traba llos.
-Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das asignaturas.
-Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
-Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
-Saber expresarse, comunicar, debatir e dialogar.
-Capacidad para organizar a información, tomar decisións, plantexar e resolver problemas
Metodoloxía da ensinanza
-Clases teóricas, con exposición maxistral aberta a intervención e debate dos alumnos, e prácticas, con preparación e realización de actividades complementarias de todo tipo, desde lecturas, documentación, pescuda, seminarios, exposicións, debates, comentarios, exercicios, traballos de investigación.
-Seminarios complementarios: medievo e arte, medievo e ciencia, medievo e literatura, opcionais.
- Asistencia a titorías de grupo marcadas polo profesor a inicio de curso.
Plano de continxencia:
a) Escenario 2: metade de aulas presenciais mantendo a distancia, o bloque destinado ao 2º control, farase por entrega de resumos, 7 folios cada tema.
b) Escenario 3: todos os temas por resumos de 7 folios.
dos controis pariciasa, o corte é o tema 7, cada un vale 5, pero téñen que se aprobados cada un por separado.
modalidades: evaluación continua, exámen final.
alumnos con dispensa de aulas: mismo sistema, pero con flexibilidad en entregas y fechas de contrrol
plano de continxencia:
a) escenario 2: 6 primeiros temas presenciais, con control escrito, o resto entregar resumo de 7 folios cada tema en campus virtual.
b) escenario 3: todo o tremario en campus virtual por resumos. terá que ira aprobandpo un a un os resumos.con orientación a través sempre do campus virtual.
· Horas presenciais semanais: 51 h.
-Titorías: 3 horas.
-Clases expositivas: 24 h.
-Clase interactiva: 24 h.
· Horas non presenciais: 99 h.
(1) Participación nas presentacións
(2) Preparación dos temas/textos marcados seguindo as pautas indicadas
(3) Consulta de dúbidas na clase ou nas titorías
Observacións:
Procure o alumnos seguir os pasos que lle vaia indicando o profesor ao longo do curso.
Plano de continxencia:
a) escenario 2: ver apartado de metodoloxía.
b) Escenario 3: ver apartado de metodoloxía.
Martin Gonzalez Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812517
- Correo electrónico
- martin.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rocio Carolo Tosar
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Correo electrónico
- rocio.carolo.tosar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 2 |
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Salón de Actos |
31.05.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
31.05.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 1 |
31.05.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
31.05.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
31.05.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
31.05.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
06.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
06.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
06.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 1 |