Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Comprensión epocal da «modernidade»: problema e formación da filosofía moderna; sentidio e papel da ciencia moderna; fases, correntes e autores.
1ª LIÑA: DESENVOLVEMENTO EXPOSITIVO: TEMAS
TI.- O problema da filosofía moderna.
T2.- A formación do mundo moderno. Arte. Relixión: reforma. Política: o estado moderno
T3.- A xénese da filosofía moderna. Renacemento. Ciencia moderna. Galileo: a consciencia metódica.
T4.- Descartes e o cartesianismo a formulación radical do problema da filosofía en termos estrictamente modernos. Racionalismo. Cartesianismo e reaccións fronte ao cartesianismo. Malebranche.
T5.- A ontoloxía da libertade: Hobbes e o “estado moderno”
T6.- Alén de Descartes: Spinoza.
T7.- Ciencia e ilustración. Enlightenment. Newton: a culminación da revolución científica. Bases epistemolóxicas da filosofía ilustrada.
T8.- Sentido e panorama da(s) ilustración(s): o punto de vista crítico
T9.- Enlightenment. Racionalismo e empirismo: J. Locke. O inmaterialismo de Berkeley.
T10.- Alén de Descartes: unha reformulación do racionalismo: Leibniz.
T11.- A ilustración francesa: Montesquieu, Diderot, Rousseau.
T12.- No ronsel de Newton. O empirismo radical: Hume. Unha nova ciencia “da natureza humana”.
T13.- Aufklärung. Kant: o apoxeo especulativo da modernidade; a filsofía crítica; as aporías do criticismo.
2ª LIÑA: ESTUDOS ESPECÍFICOS E COMENTARIOS. AUTORES
Nesta parte, que conleva traballo sobre textos, o curso se centrará en poucos autores.
Establecemos 2 niveis centrados respectivamente en Spinoza e Hume, e dentro de cada nivel contemplaremos en segundo plano a Leibniz e Kant.
XERAL
Hai moitas historias da filosofía -xeral ou especificamente moderna- que poden resultar de utilidade nunha abordaxe da época. Para seguir a liña discursiva do curso optamos por dúas obras que nos proporcionan unha abordaxe da época especialmente interesante:
SEVERINO, EMMANUELE; La filosofia moderna, Rizzoli Editore, Milano, 1984. Hai tradución española: La filosofía moderna, Ariel , Barcelona, 1986.
MARTÍNEZ MARZOA, FELIPE; Historia de la filosofía, Vol. II. Ediciones Istmo, Madrid, 1994.
Para unha abordaxe histórica da época a maior parte das obras concéntranse en séculos e períodos concretos. Unha boa visión xeral ata ilustración ofrecena:
TENENTI, ALBERTO; La formazione del mondo moderno, XIV-XVII secolo, Società Editrice il Mulino , Bolonia, 1980. Hai tradución española: La formación del mundo moderno, Ed. Crítica , Barcelona, 1986.
TENENTI, ALBERTO; L’eta moderna, XVI-XVIII secolo, Società Editrice il Mulino , Bolonia, 1997. Hai tradución española: La edad moderna. XVI-XVIII, Ed. Crítica , Barcelona, 2000.
Para unha visión intelectual do período ilustrado es de referencia:
HAZARD, PAUL; La pensé européenne au XVIIIe siècle, Fayard, Paris, 1990 (1ª ed. de 1946) Hai tradución española: El pensamiento europeo en el siglo XVIII, Alianza Ed., Madrid, 1998.
XERAL
As referencia bibliográficas concretas para cada un dos autores e correntes serán proporcionadas ao fío da exposición. Serán poucas e axustadas aos problemas que tratemos. E, por descontado, serán perfectamente asequibles para todas/os.
COMPETENCIAS DE TIPO XERAL
CG1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes. CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no eido da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado. CG4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía. CG5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptíbeis de ser abordados e resoltos desde a Filosofía. CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita encontrarse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da sua área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das disciplinas. CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar. CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, formular e resolver problemas.
COMPETENCIAS TRANVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións. CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático. CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara problemas de igualdade e medioambientais.
A adquisición do conxunto de competencias aquí referido avaliarase a través das diferentes actividades a realizar durante o curso.
Baixo á asunción da vella máxima kantiana segundo á cal “non se aprende filosofía, apréndese a filosofar” o traballo do curso desenvólvese mediante:
Exposicións teóricas do profesor, que deben de ser seguidas con sentido crítico. Estas exposicións non pretenden en ningún caso sentar doutrina. Trátase de marcar unha liña expositiva para configurar problemas. Estas exposición serán presenciais, agás que, consonte ao previsto -escenarios 2 e 3-, a situación obrigue a facelas -parcialou totalmente- on line.
A Aula Virtual será o medio a través do cal se informará das novidades e na medida do posible se proporcionarán materiais. Cómpre, porén, subliñar que a lexislación vixente impón severos límites legais para subir textos publicados á Aula Virtual. O alumnado debe facer uso da biblioteca e asumir a responsabilidade das ocasionais reproducións.
Recoméndase a adquisición de certas obras de uso intensivo no curso, así como daquelas que deben formar parte da biblioteca persoal dun estudante de filosofía. Non parece abusivo contar con que un/unha estudante universitario/a adquira libros cando menos na medida que os adquiren os estudantes de secundaria.
Lecturas de textos e bibliografía.
Participación do alumnado en clase e actividades de AV.
Diálogo permanente, tanto nas aulas –presencial e virtual– como nas titorías, cuxo uso se recomenda vivamente.
TRABALLO AUTÓNOMO DO ALUMNADO
A asistencia á clase non é unha obriga, senón propiamente un dereito que se adquire polo feito de matricularse; un dereito e unha condición. O curso é algo que sucede, nalgún lugar e nalgún momento. Estar ausente dos lugares nos que se desenvolve o curso, significa non seguir o curso. A efectos de avaliación resulta irrelevante a causa pola que un/unha alumno/a non sigue adecuadamente o curso –i.e. non asiste ou non asiste con regularidade–.
Na aulaé onde o curso se materializa, toma corpo, se concreta. A partir de aí comeza o traballo autónomo da/do alumno/a. Aquelas persoas que non manteñan a asistencia regular es desvinculen do desenvolvemento do curso, aparte de non poder ser avaliado/as pola participación no mesmo, han de ter en conta que, na medida en que estean fóra do réxime normal do curso, o profesor non se pode comprometer a establecer programas persoalizados de preparación da materia.
Partindo pois dun seguimento regular do curso, o traballo do alumnado articularase deste xeito:
(1) Sesións EXPOSITIVAS: asistencia activa e crítica.
(1) Sesións INTERACTIVAS: a) presentación de textos e comentarios; b) lectura dos textos, acreditada mediante a participación e a eventual elaboración de “fichas de lectura”.
(2) Lectura dos textos; traballo de estudo e documentación. Cómpre ter en conta que o desenvolvemento dunha materia comporta esixencias que non poden nin deben ser programadas porque basicamente teñen un carácter persoal. O estudoso de calquera disciplina, pero moi especialmente no caso da filosofía, debe saber recoñecer as súa necesidades e tratar de satisfacelas, coa axuda do profesor, pero tamén ca máxima autonomía. O “topos” referencial do estudante non debe ser a aula, senón a biblioteca, a cal hoxe ten unha gran extensión virtual.
(3) Participación asidua e activa na AULA VIRTUAL. Realización das actividades que se indiquen dentro da aula virtual –AV– En calquera dos chamados “escenarios” a AULA VIRTUAL constitúe un esencial instrumento de traballo e intercomunicación. Ademais de servir para manter unha via de comunicación permanentemente aberta e facilitar a distribución de materiais, permite o desenvolvemento de tarefas. Entre estas cómpre subliñas os FOROS DE CONSULTA E DEBATE.
(4) Realización dos exames.
(5) O profesor está ao servicio do alumnado. Os/as alumnos/as deben seguir o traballo do profesor con actitude crítica e autonomía intelectual: deben seguir as pautas, pero tamén discutilas; o profesor debe de ser interpelado, débese requerir del axuda e asistencia mantendo con este unha tensión crítica.
REQUISITOS PARA AS AULAS
Participación activa (que obviamente require asistencia)
A materia require necesariamente da participación activa do alumnado. Por asistencia entendemos “asistencia regular” e por tal entendemos a asistencia de como mínimo o 80% das sesión habidas. En todas as sesións -incluídas as eventualmente virtuais- haberá un control de asistencia.
A asistencia regular será condición necesaria para a “avaliación continua”
Con respecto ás CLASES PRESENCIAIS: na priemeira sesión estableceranse acordos firmes no relativo ao momento de comezo e final efectivos das sesión, sempre no ben entendido de que: a) unha vez pechada a porta da aula ninguén debe entrar, b) unha vez comezada a clase só se poderá abandonar a aula excepcionalmente e por motivos xustificados. Quen polo motivo que sexa excepcionalmente abandone a aula non pode volver a entrar na mesma sesión O abandono inxustificado da aula será considerado como inasistencia e afectará á avaliación continua.
No caso de que a situación epidemiolóxica esixa a suspensión total ou parcial da docencia presencial, as condición de asistencia se manterán, obviamente adaptadas ao medio.
Como é sabido a normativa oficial distingue tres situacións académicas en función das diferentes condicións de desenvolvemento de la actual epidemia. Para facelo, seguindo a tendencia da incultura político-periodística que domina as máis altas instancias do Estado e, por descontado, o degradado mundo universitario, usa o estúpido nome de «escenario», para referirse ao que «na lingua común das xentes» se chama con pulcritude, rigor e propiedade «situación», nobilísimo vocablo que fai referencia ao «situs» -no que en cada caso se encontra o ser humano-, algo ben distinto do «locus», que é o que unicamente menciona el mencionado estúpido término impuesto por el clero académico.
A teor do establecido no apartado anterior -«Metodoloxía da ensinanza- o desenvolvemento do curso acusará moi poco esos hipotéticos cambios de situación, que unicamente afectarán ao carácter presencial, semi/presencial ou telemático de la clases y a la celebración ou non dun exame final presencial.
A asistencia computa por igual, con independencia de que as clases sexan presenciais ou non.
O exame final presencial xoga un papel complementario do exame final non-presencial; nas situacións 2 y 3, esa función será sustituída por un control on line.
“Avaliación continua” (para alumnas/os con asistencia regular: asistencia ao 80% das sesións)
Situación 1
• Asistencia regular a clase presencial 10 ptos.
• Participación en clases presenciais 0-25 ptos. [isto conservaríase para as eventualmente on line]
• Participación naula virtual 0-25 ptos.
• 2 exames non presenciais 0-60 ptos.
Os 120 ptos. máximos faranse corresponder con 100 e a partir de aí axustaranse porcentualmente os resto das calificacións. Finalmente faranse corresponder coas notas de 0-10 axustando as décimas por arriba.
Para acadar a suficiencia é preciso:
Acadar 50 ptos. finais
Aprobar –15 ptos.– cando menos un dos exames.
Obter no outro unha calificación non inferior a 10 pts.
Exame final presencial: tal e como está legalmente establecido haberá un exame final presencial na data oficial. Servirá para perfeccionar e afinar a cualificación. Para os/as alumnas/os con asistencia regular esta será una proba complementaria do ‘non presencial’. Os/as alumnas/os que non teñan asistencia regular terán que desenvolver dúas cuestións análogas -¡non as mesmas!- ás do exame non presencial.
Na convocatoria de segunda oportunidade os/as alumnos/as de “avaliación continua” que non tiveran acadado a suficiencia tenrán que reelaborar as mesmas cuestións para a convocatoria da segunda oportunidade. Os/as alumnas/os que non teñan asistencia regular tenrán que desenvolver dúas cuestións análogas -non as mesmas!- ás do exame non presencial, e neste caso distintas das formuladas na 1ª oportunidade.
Situación 2
• Asistencia regular a clase presencial e/ou on-line 10 ptos.
• Participación nas clases presenciais e/ou on line 0-25 ptos.
• Participación nas clases presenciais e/ou on line 0-25 ptos.
• 2 exames non presenciais 0-60 ptos.
Nesta situación o exame final presencial será sustituído:
a) Para todos/as por unha sesión persoal telemática.
b) Para os/as alumnos/as que non teñan asistencia regular por unha 3ª cuestión temática non presencial -co conseguinte control telemático ao que nos referimos no apartado “a”
Na convocatoria de segunda oportunidade os/as alumnos/as de “avaliación continua” que non tiveran acadado a suficiencia tenrán que reelaborar as mesmas cuestións para a convocatoria da segunda oportunidade. Os/as alumnas/os que non teñan asistencia regular tenrán que desenvolver dúas cuestións análogas -non as mesmas!- ás do exame non presencial, e neste caso distintas das formuladas na 1ª oportunidade.
Situación 3
• Asistencia regular a clase on-line 10 ptos.
• Participación nas clases on line 0-25 ptos.
• Participación nas clases on line 0-25 ptos.
• 2 exames non presenciais 0-60 ptos.
Nesta situación o exame final presencial será sustituído:
a) Para todos/as por unha sesión persoal telemática.
b) Para os/as alumnos/as que non teñan asistencia regular por unha 3ª cuestión temática non presencial -co conseguinte control telemático ao que nos referimos no apartado “a”
Na convocatoria de segunda oportunidade os/as alumnos/as de “avaliación continua” que non tiveran acadado a suficiencia tenrán que reelaborar as mesmas cuestións para a convocatoria da segunda oportunidade. Os/as alumnas/os que non teñan asistencia regular tenrán que desenvolver dúas cuestións análogas -non as mesmas!- ás do exame non presencial, e neste caso distintas das formuladas na 1ª oportunidade.
Explicación.
Este procedemento de avaliación responde ao seguintes criterios:
O seguimento regular do curso debe permitir superar a materia. Permitimos que a suma inicial de puntos sexa superior a 100 para que se poidan compensar as dúas partes (actividade nas aulas e exames), de xeito que o axuste non xenere graves distorsións; que non deben darse pois o normal é que o rendemento nos exames coincida bastante co rendemento nas clases.
Os criterios básicos de avaliación son: participación, coñecementos, claridade e rigor conceptual, orde expositiva, calidade da expresión (escrita e oral).
Os exames non presenciais son exames (desenvolvemento de cuestión tratadas, na forma e no marco en que foron tratadas) non “traballos”. No seu momento daranse pautas de realización que convén seguir rigorosamente. Propoñerase unha ou varias cuestións relativas aos temas e problemas tratados no curso e que han de ser respondidas sobre a base dos textos e as liñas marcadas no curso. Isto non significa que cada quen non poida orientar a súa exposición da maneira que mellor se acomode á súa comprensión. O que nunca debe facer é reformular –implícita ou explicitamente– a cuestión temática proposta.
Por iso cómpre recordar que se trata dun exame e non dun traballo. Un exame que só se diferencia dos convencionais exames presenciais en que non o é. E non ó é para evitar determinados trazos do exame presencial que resultan prexudiciais para avaliación nunha materia desta índole. No exame “non presencial” prima a composición, a articulación do tema; e a calidade da articulación correlaciona coa claridade conceptual e a capacidade expositiva. Se trata de saber ata que punto cada alumno/a comprende os problemas; e para iso non sirve de nada saber o que non sabe; só importa saber como sabe o que sabe.
ESTUDANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS AULAS
Quen teña dispensa de asistencia ás aulas será avaliado mediante un exame final na data oficial sobre os contidos da materia. Estas/es alumnos/as poden e deben participar na AV, non sometida a horarios.
AVALIACIÓN DAS COMPETENCIAS
EXAMES CG1 CG4 CB1 CB5 CT01 CE1 CE2
Participación e actividades na AULA VIRTUAL CG2 CG3 CG4 CG5 CB2 CB3 CB4 CB5 CT01 CT02 CT03 CE1 CE2 CE4 CE5 CE6 CE7
Participación e actividades na AULA PRESENCIAL CG5 CB4 CT01 CT02 CT03 CE5 CE6 CE7
TEMPO DE ESTUDO E TRABALLO PERSOAL
6 créditos ECTS, 150h.
- Horas presenciais: 51h.
Horas de Titorías 3h.
Clases Expositivas 24h.
Clase Interactiva 24h.
- Horas non presenciais: 99h.
Seguimento (lecturas, documentación, indagación, estudio, etc.) 50h.
Exposición e resumo escrito 25h
Preparación do exame 24h.
RECOMENDACIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA
1) Ler os textos metodica e concienzudamente no momento adecuado, evitando a acumulación
2) Levar un ritmo adecuado de lecturas, documentación e estudo seguindo as pautas do profesor, mais tamén consonte as propias necesidades e os propios intereses
3) Participación activa nas clases.
4) Participación activa na AV, a empezar polo(s) foro(s).
Todas as dúbidas e/ou consideracións relativas á comprensión dos textos e en xeral das materias do curso deben de ser trasladadas aos) foro(s), ámbitos abertos ao debate, nos que cualquera pode y debe responder calquera intervención, xa sea dun/unha compañeiro/a ou do profesor.
5) Preparación dos exames seguindo rigurosamente as pautas indicadas
Este programa está suxeito ás adaptación necesarias segundo as circunstancias epidemiolóxicas e as normas dictadas polas autoridades académicas.
Rafael Victor Martinez Castro
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812512
- Correo electrónico
- rafael.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
15.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
15.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
21.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
21.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |