Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivos xerais coincidentes cos do grao
1) Proporcionar os coñecementos propios da Filosofía (doutrinas, teorías, métodos e aplicacións).
2) Aplicar estes coñecimentos para identificar, formular e resolver problemas no eido da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
3) Capacidade de transmisión destes coñecimentos, ideas, cuestións e solucions, tanto a un público xenral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
4) Capacidade para continuar a sua formación, en Filosofía ou noutros campos de saber, cun elevado grao de autonomía.
5) Habilidade para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
6) Difusión e aplicación dos principios de respeto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, os valores democráticos a cultura de paz.
Obxectivos xerais da materia
1) Afondar na comprensión das actividades que se poden denominar respectivamente 'pensamento filosófico' e 'pensamento científico' e na interrelación entre ambalasdúas.
2) Coñecer os fitos principais no desenvolvemento da historia da filosofía e da historia da ciencia con especial atención á denominada 'revolución científica' e o subseguinte cambio epocal (paso da Edade Media ao Renacemento e á Modernidade).
3) Comprender os vencellos existentes entre unha determinada cosmosivión e a filosofía e a ciencia que se produce nese marco.
4) Comprender a repercusión cultural e social da ciencia e da filosofía.
5) Coñecer os autores, textos, problemas e conceptos mais relevantes para a tematización da relación entre pensamento filosófico e científico.
6) Comprender a diferente visión da natureza na ciencia antiga e na ciencia moderna e contemporánea.
7) Desenvolver un punto de vista crítico sobre o desenvolvemento da ciencia e do binomio ciencia-tecnoloxía.
8) Dotarse de ferramentas para calibrar o alcance e a validez da reflexión filosófica en relación coa ciencia.
9) Desenvolver as destrezas de lectura, comprensión e explicación de textos filosóficos.
10) Fomentar a capacidade de diálogo/debate sobre temas, conceptos e problemas filosóficos (emprego do léxico axeitado, capacidade de argumentación, coñecemento das fontes, escoita atenta e activa dos argumentos contrarios, capacidade para formular réplicas que centren a análise dos temas evitando a dispersión, cultivo do respecto aos interlocutores, valoración do traballo no eido da filosofía como un esforzo real que require unha formación pertinente).
Contidos
Temario
Tema 1: A noción de physis: filosofía e ciencia no pensamento grego antigo con particular atención a Aristóteles.
Tema 2: O Renacemento: convulsións culturais e revolución científica.
Tema 3: Ciencia e Filosofía no pensamento moderno, con particular atención a Descartes e Kant.
Tema 4: Prospectiva sobre filosofía e ciencia nos ss. XIX-XXI.
Un desglose detallado dos contidos aparece na correspondente Guía Docente.
ARANA, J. (2005) Los filósofos y la libertad, ed. Síntesis: Madrid.
*ARISTOTELES (1996) Acerca del cielo. Meteorológicas, ed. Gredos: Madrid.
―— (2007) Física, ed. Gredos: Madrid.
AYALA, F. (2009) Darwin y el diseño Inteligente, ed. Alianza: Madrid.
BELTRAN, A. (1983) Galileo, ed. Barcanova: Barcelona.
*BURTT, E. M. (1960) Los fundamentos metafísicos de la ciencia moderna, ed.
Sudamericana: Buenos Aires.
*BRECHT, B. (2012) Vida de Galileo, ed. Alianza: Madrid.
BROOKS, M. (2011) Grandes cuestiones: Física, ed. Ariel: Barcelona.
*CALVO MARTINEZ, T. (1996) Aristóteles y el aristotelismo, ed. Akal: Madrid.
*CANDEL SANMARTIN, M. (2004) Aristóteles y el sistema del saber, en Enciclopedia Iberoamericana de Filosofía, vol. 14, ed. Trotta: Madrid.
CANGUILHEM, G. (1976) El conocimiento de la vida, ed. Anagrama: Barcelona.
CAPEK, E. (1965) El impacto filosófico de la física contemporánea, ed. Tecnos: Madrid.
CAPELLETTI, A. (1994) Mitología y filosofía: los presocráticos, ed. Cincel: Madrid.
CLARK. S. (2010) Grandes cuestiones: universo, ed. Ariel: Barcelona.
COHEN, B. (1983) La revolución newtoniana y la transformación de las ideas científicas, ed. Alianza: Madrid.
COLLINGWOOD, R. G. (1950) La idea de naturaleza, ed. F. C. E.: México.
COPERNICO, N. (1997) Sobre las revoluciones, ed. Altaya: 1997.
*CORTES MORATO, J/MARTINEZ RON, A. (2000): Diccionario de filosofía en cd-rom, ed. Herder: Barcelona, 2000.
CROMBIE, I. M. (1979) Análisis de las doctrinas de Platón, ed. Alianza: Madrid.
FANCOIS, J. (1977) La lógica de lo viviente, ed. Laia: Barcelona.
FERRATER MORA, J. (1979): Diccionario de filosofía, 4 vols., ed. Alianza: Madrid.
FISCHER, K. (1986): Galileo Galilei, ed. Herder: Barcelona.
FORMIGARI, L. (1984) O mundo depois de Copérnico, ediçoes 70: Lisboa.
GALILEO (2003) Diálogos acerca de dos nuevas ciencias, ed. Losada: Buenos Aires.
―— & KEPLER, J. (1990) El mensaje y el mensajero sideral, ed. Alianza: Madrid.
COPERNICO, N. (1997) Sobre las revoluciones, ed. Altaya: 1997.
*CORTES MORATO, J/MARTINEZ RON, A. (2000): Diccionario de filosofía en cd-rom, ed. Herder: Barcelona, 2000.
CROMBIE, I. M. (1979) Análisis de las doctrinas de Platón, ed. Alianza: Madrid.
FANCOIS, J. (1977) La lógica de lo viviente, ed. Laia: Barcelona.
FERRATER MORA, J. (1979): Diccionario de filosofía, 4 vols., ed. Alianza: Madrid.
FISCHER, K. (1986): Galileo Galilei, ed. Herder: Barcelona.
FORMIGARI, L. (1984) O mundo depois de Copérnico, ediçoes 70: Lisboa.
GALILEO (2003) Diálogos acerca de dos nuevas ciencias, ed. Losada: Buenos Aires.
―— & KEPLER, J. (1990) El mensaje y el mensajero sideral, ed. Alianza: Madrid.
*GEYMONAT, L.: (1969) Galileo, ed. Península: Barcelona.
—— (1983) Historia del pensamiento filosófico y científico, 3 vols., ed. Crítica: Barcelona.
GUYENOT, E. (1956) Las ciencias de la vida en los siglos XVII e XVIII, ed. UTEHA: México.
*HADOT, P. (1998) ¿Qué es la filosofía antigua?, ed. F.C.E.: México.
HAMELIN, O. (1949) El sistema de Descartes, ed. Losada: Buenos Aires.
JAEGER, W. (1993) Aristóteles, bases para la historia de su desarrollo intelectual, ed. F.C.E.: México.
*JASPERS, K. (1993-1998): Los grandes filósofos, 3 vols., Madrid, Tecnos.
*KANT, I. (1999): Prolegómenos a toda metafísica futura que haya de poder presentarse como ciencia, ed. Akal: Madrid.
*KOYRE, A. (1977) Estudios de historia del pensamiento científico, ed. Siglo XXI: Madrid.
—— (1979) Del mundo cerrado al universo infinito, ed. Siglo.XXI: Madrid.
—— (1990) Estudios galileanos, ed. Siglo XXI: Madrid.
*MARTINEZ MARZOA, F. (1973): Historia de la filosofía, 2. vols., Madrid, Istmo, 1973.
—— (1974) Iniciación a la filosofía, ed. Istmo: Madrid.
—— (1983) “En torno al nacimiento del título 'Filosofía', en Anales de la filosofía, 1 (1983), pp. 177-204.
MAYR, E. (1992) Una larga controversia. Darwin e el darwinismo, ed. Crítica: Barcelona.
—— (1998) Así es la biología, ed. Debate: Madrid.
*REALE, G. (1988) Historia del pensamiento filosófico y científico, Barcelona, Herder.
—— Guía de lectura de la Metafísica de Aristóteles, Barcelona: Herder.
*RIOJA, A. (1999) Teorías del Universo, Vol. 1.: De los pitagóricos a Galileo, y Vol 2: De Galileo a Newton, ed. Síntesis: Madrid.
RUSE, M. (2008) Charles Darwin, ed. Katz: Buenos Aires.
SOLIS, C & SELLES, M. (2005) Historia de la ciencia, ed. Espasa Calpe: Madrid.
SAMBURSKY, S. (1999) El mundo físico de los griegos, ed. Alianza: Madrid.
*TURRÓ TOMAS, S. (1985) Descartes: del hermetismo a la nueva ciencia, ed. Anthropos: Barcelona.
TREFIL, T. (1985) De los átomos a los quarks, ed. Salvat: Madrid.
VV. AA. “La filosofía de los científicos”, Número monográfico de Themata, Revista de Filosofía, 14 (1995).
Competencias de tipo xeral
CG1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes. CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no eido da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado. CG4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía. CG5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptíbeis de ser abordados e resoltos desde a Filosofía. CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita encontrarse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da sua área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
Competencias especificas
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das disciplinas. CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar. CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, formular e resolver problemas.
Competencias tranversais
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións. CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático. CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara problemas de igualdade e medioambientais.
A adquisición do conxunto de competencias aquí referido avaliarase a través das diferentes actividades a realizar durante o curso.
TRABALLO NA AULA (sexa esta presencial ou online)
Sesións expositivas:
ESCENARIO 1 (normalidade adpatada): As sesións expositivas serán desenvoltas pola profesora e nelas presentaranse os temas a estudar nesa semana. Aínda que a docencia sexa presencial, desenvolveranse ferramentas utilizadas para a docencia online durante a corentena que resultaron ser moi efectivas, tal é o caso do uso de power points complementados con audios incrustados en cada diapsitiva.
ESCENARIO 2 (distanciamento): Neste caso, se a situación obriga a recibir na aula presencial únicamente a una parte do alumnado e por quendas, a docencia desenvolverase utilizando en tódalas sesión o recurso detallado anteriormente: power points con audios incrustados ou eventualmente vídeos que garantan a dispoñibilidade dos contidos para todo o grupo con independencia da quenda de asistencia.
ESCENARIO 3: (peche de instalacións): recurrirase ao mesmo sistema de power points con audios incrustados e complementarase con sesións de aula directamente online (mediante Teams) no horario oficial da materia.
As sesións interactivas terán diversas funcións:
- Traballar con textos fonte (páxinas seleccionadas) que ilustren o tema que se está a tratar.
- Formular e resolver dúbidas e preguntas de comprensión tanto dos temas como dos textos.
- Debatir os textos.
ESCENARIO 1: Desenvolveranse na aula pero facendo operativos simultáneamente foros da materia sobre a base de baterías de preguntas que sirvan como guía na exporación dos textos e na clarificación de conceptos fundamentais.
ESCENARIO 2: Desenvolverase na aula, segundo as quendas que se establezan, pero facendo operativos simultáneamente foros da materia sobre a base de baterías de preguntas que sirvan como guía na exporación dos textos e na clarificación de conceptos fundamentais.
ESCENARIO 3: Desenvolveranse online mediante Teams, facendo uso, ao mesmo tempo, foros da materia sobre a base de baterías de preguntas que sirvan como guía na exporación dos textos e na clarificación de conceptos fundamentais.
As titorías (ou ben no despacho ou ben online) servirán para resolver dúbidas de xeito personalizado, así como para orientar na planificación dos traballos obrigatorios da asignatura.
TRABALLO AUTONOMO DO ALUMNADO
- Seguimento autónomo dos temas mediante a lectura dos textos fonte e da bibliografía recomendada.
- Formulación de preguntas de comprensión de todo tipo.
- Participación nos debates.
- Rexistro de notas e apuntamentos de elaboración propia.
- Ampliación mediante a consulta da bibliografía recomendada.
- Capacidade de xestión do tempo.
OPORTUNIDADE DE XUÑO:
AVALIACION CONTINUA (PENSADA PARA OS ESCENARIOS 1, 2 e 3)
Na convocatoria de xuño a avaliación realizarase atendendo aos tres aspectos que aparecen desglosados na táboa que se proporciona a continuación.
ASISTENCIA: ou ben presencial ou ben online, realizarase en cada sesión control da mesma. A acumulación dun máximo de 3 faltas sin xustificar dará lugar á perda da opción de avaliación continua. A asistencia é prerrequisito para esta modalidade de avaliación e non computa na cualificación.
PARTICIPACION (valor: 10 % da nota): Arbitraranse foros para a discusión dos temas fundamentais como paso previo ás postas en común (exposición e discusións de contidos) na aula (presencial ou online). O número e tipoloxía das achegas esixidas aparecerá detallado na Guía Docente da materia.
TRABALLOS DA MATERIA (valor: 90 % da nota): E obrigatorio entregar dous traballos, un sobre o texto de Bertolt Brecht, Galileo Galilei (35 % da nota) e outro sobre o texto de Kant Prolegómenos a toda metafísica futura que haya de poder presentarse como ciencia (55 % da nota). A extensión e as características formais dos traballos aparecerán detallados na Guía Docente.
Queda eliminado o exame de xeito que a adaptación aos diversos escenarios sexa factible sen maior complicación. A respecto da data de entrega será pactada cos alumnos/as e ca coordinación do curso, procurando harmonizala cas deadlines doutras materias.
AVALIACION NON CONTINUA (PENSADA PARA OS ESCENARIOS 1, 2 e 3)
Para alumnos/as que non asistan regularmente ás aulas (ben presenciais ou ben online) ou que perdan o dereito á avaliación continua.
Deben presentar tres traballos escritos (100% da nota), dous deles os mesmos que figuran na modalidade de Avaliación Continua (35 % + 55 %) e un terceiro, de libre elección (10 %), baseado nas achegas aos foros, previo acordo coa profesora.
ALUMNOS/AS REPETIDORES/AS E CON DISPENSA DE DOCENCIA: (PENSADA PARA OS ESCENARIOS 1, 2 e 3)
Deben presentar tres traballos escritos (100% da nota), dous deles os mesmos que figuran na modalidade de Avaliación Continua (35 % + 55 %) e un terceiro, de libre elección (10 %), baseado nas achegas aos foros, previo acordo coa profesora.
OPORTUNIDADE DE XULLO: (PENSADA PARA OS ESCENARIOS 1, 2 e 3)
A avaliación de xullo realizarase exclusivamente mediante un exame teórico-práctico presencial (de ser posible), ou online (en caso de non selo) consistente nuhna parte teórica (dúas preguntas) e unha parte práctica (comentario de texto). O exame realizarase no mes de xullo na data fixada previamente pola Secretaría do Centro.
Dependendo das cualificacións obtidas na primeira oportunidade pódese optar por pactar cos alumnos/s a repetición dun dos traballos. Nese caso eliminarase o exame e aplicaranse as porcentaxes de avaliación da modalidade (continua ou non continua) correspondente ao caso en cuestión.
ALUMNOS/AS REPETIDORES/AS E CON EXENCION DE DOCENCIA: (PENSADA PARA OS ESCENARIOS 1, 2 e 3)
Os alumnos/as repetidores e os exentos/as de docencia poden acollerse á modalidade de avaliación non continua.
O dobre do tempo lectivo.
Actitude proactiva de cara ao seguimento da materia, á participación nos coloquios e debates na aula (presencial ou online) e á consulta de dúbidas, tanto na aula como nas titorías. Uso intensivo da aula virtual. Emprego axeitado (consulta e estudo) da bibliografía recomendada dende o inicio do curso. Atención á expresión tanto oral (na aula e nas presentacións) como escrita (nos informes escritos e no exame). Boa disposición para o traballo en grupo, cultivo de actitudes dialogantes e de respecto. En xeral, recoméndase manter unha actitude de carácter profesional en relación co cumprimento dos propios obxectivos de formación, evitando a pasividade e a delegación de responsabilidades na profesora. Do mesmo xeito debe tomarse a aula como un espazo de aprendizaxe compartido entre futuros/as profesionais, fuxindo de actitudes propias de idades e etapas de formación anteriores.
Plan de continxencia
Escenario 2: distanciamento (restriccions parciais á presencialidade física)
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física)
Ver apartados de “Metodoloxía da ensinanza” e “Sistema de avaliación”
Maria Xesus Vazquez Lobeiras
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812514
- Correo electrónico
- mxv.lobeiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Sala Hipatia |
Xoves | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 4 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 4 |
02.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
02.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
02.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
02.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
02.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
02.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
02.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
02.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
02.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Sala Hipatia |
02.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Sala Hipatia |
02.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Sala Hipatia |
02.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Sala Hipatia |
05.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
05.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
05.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
05.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |