Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Lóxica e Filosofía da Ciencia
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivos xerais do Grao:
1) Proporcionar unha formación sólida en Filosofía, situando esta no conxunto dos saberes científicos e humanísticos, no tecido cultural e ante a práctica social do mundo contemporáneo.
2) Combinar a formación en Filosofía coa ensinanza das habilidades necesarias para aplicar os coñecementos adquiridos á práctica profesional.
3) Xerar capacidade de análise e de crítica, así como unha actitude proactiva.
4) Fornecer capacidade de aprender con autonomía, formando os seus propios criterios e estratexias de aprendizaxe, aplicables ademais ao longo da vida.
5) Fundamentar os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
Obxectivos específicos da materia:
1) Aclarar que se entende por Semiótica –tamén coñecida como Semioloxía–, que ten como obxecto de estudo os signos e os sistemas de signos. As súas orixes relaciónana tanto coa lóxica e a filosofía como coa lingüística e as ciencias sociais, signo inequívoco de interdisciplinariedade, unha das súas razóns de ser.
O obxectivo da parte de docencia expositiva do programa consistirá en que os alumnos e as alumnas obteñan as ferramentas teóricas e conceptuais necesarias para abordar algúns dos problemas teóricos propios do ámbito semiótico tales como qué son os signos, a súa natureza, as súas clases e tipos, etc.; e, moi especialmente, dirixir a súa atención á función do signo como instaurador de sentido e, polo tanto, de cultura. Deste xeito, pódese dicir que os obxectivos concretos do curso son a análise dos fenómenos característicos do estudo semiótico: a significación e a comunicación. Para enfrontarse co estudo da significación e a comunicación é preciso, polo tanto, o dominio conceptual dunha serie de nocións fundamentais tales como signo, canle, código, información, entropía, etc., así como as teorías dos autores que deron orixe á disciplina: F. de Saussure en Europa, e C.S. Peirce en América, sen esquecer outros proxectos, xa clásicos, como o de C. Morris ou R. Barthes, e outros máis recentes, como o de U. Eco.
2) O campo de aplicación dos estudos semióticos é moi grande, pero, sobre todo, céntrase nos aspectos culturais máis específicos da nosa época como cine, televisión, cómics, periodismo e medios de comunicación en xeral, é dicir, naquelas manifestacións máis básicas da cultura, onde o signo e o sentido se manifestan a través de todo tipo de linguaxes e discursos: artístico, cotiá, ideolóxico, literario, estético, etc. O outro obxectivo específico da materia de Semiótica é que os alumnos ou alumnas leven a cabo unha aplicación práctica das categorías semióticas a este campo da semiótica aplicada, que inclúe ámbitos tales como a análise da linguaxe das historietas ou cómics, a análise da prensa, a análise da publicidade televisiva ou a análise do cine; deste xeito os alumnos e alumnas non só se familiarizan con estes ámbitos, senón que obteñen tamén unha primeira toma de contacto coas dificultades coas que se atopa a análise semiótica.
3) Outro obxectivo que se persegue é dar unha visión ampla, global e xeneralizadora do estado da cuestión semiótica, para iso o alumnado deberá realizar unhas lecturas complementarias á parte de docencia expositiva, que formarán parte da docencia interactiva do programa.
DOCENCIA EXPOSITIVA
BLOQUE 1. CUESTIÓNS ACERCA DO OBXECTO E DO MÉTODO DA SEMIÓTICA
1. O porqué da semiótica: xustificación, interdisciplinariedade e método. Campo ou dominio semiótico. Semiótica: ¿dominio, moda, disciplina?
2. Semiótica descritiva, semiótica teórica, semiótica aplicada. Semiótica, semioloxía ou semióticas.
3. Semiótica da significación, semiótica da comunicación, semiótica da produción.
BLOQUE 2. NOCIÓNS BÁSICAS DA SEMIÓTICA
1. A comunicación. Descrición do modelo comunicativo elemental: emisor, receptor, mensaxe, canle, contexto, código. Redundancia e ruído.
2. A función semiótica e o signo. As concepcións diádicas e triádicas.
3. Sistema de significación. Proceso de comunicación. Paso de información.
4. Signos naturais. Signos non intencionais. Estímulo e sinal.
BLOQUE 3. COMUNICACIÓN ANIMAL, LINGUAXE VERBAL E COMUNICACIÓN NON VERBAL. COMUNICACIÓN E CULTURA
1. Comunicación animal, linguaxe verbal e comunicación non verbal.
2. Cultura como espazo de comunicación.
3. Cultura como fenómeno semiótico: dúas hipóteses sobre a cultura.
DOCENCIA INTERACTIVA
I. OS PROXECTOS SEMIÓTICOS
1. A SEMIÓTICA DE C. MORRIS
1.1. A semiótica como “organón” das ciencias.
1.2. A definición condutista da semiose e a importancia do intérprete.
1.3. A división da semiótica: sintaxe, semántica e pragmática.
2. A SEMIOLOXÍA DE R. BARTHES
2.1 A ampliación do universo do sentido: a función-signo.
2.2. A aplicación lingua/fala aos sistemas non lingüísticos.
3. A SISTEMATIZACIÓN DA SEMIÓTICA: U. ECO
3.1. Semiótica como teoría da mentira.
3.2. O intepretante e a teoría dos códigos.
II. SEMIÓTICA APLICADA
1. CUESTIÓNS METODOLÓXICAS
1.1. Traballo individual. Preparación e planificación, escritura e envío do traballo.
1.2. Traballo colaborativo. Preparación e planificación, escribir colaborativamente e xestión de conflitos.
2. SEMIÓTICA DO CÓMIC
2.1. Fundamentos para unha semioloxía do cómic.
2.2. A viñeta do cómic. A montaxe e a operación de lectura.
2.3. O nacemento dos cómics. Industria da produción e distribución de cómics.
2.4. Interconexións entre o cómic e outras manifestacións culturais.
2.5. Os cómics e a sociedade.
2.6. A lectura de “Steve Canyon”.
3. SEMIÓTICA DA PUBLICIDADE
3.1. A mentira na publicidade.
3.2. Operacións da mentira: supresións, adicións, deformacións.
3.3. Publicidade e televisión.
3.4. Esquema de análise da publicidade en televisión: condicións do medio, condicións da relación emisor/receptor, relación anuncio/espectador, rexistro visual, rexistro sonoro, enfoque retórico.
4. SEMIÓTICA DO CINE
4.1. Os compoñentes fílmicos: os signos, os códigos tecnolóxicos, os códigos visuais, os códigos sonoros, os códigos gráficos.
4.2. Os códigos sintácticos: a montaxe. A articulación espazo-tempo.
4.3. A posta en escena.
4.4. Natureza e estrutura da narración cinematográfica.
III. LECTURA DE LIBROS E REDACCIÓN DUNHA RECENSIÓN
Propostas de libros de carácter xeral:
BERGER,P., & LUCKMANN, T., La construcción social de la realidad, Amorrortu, Buenos Aires, 1978.
DAVIS, F., La comunicación no verbal, Alianza: Madrid, 1985.
ECHEVERRÍA, J., Entre cavernas: de Platón al cerebro pasando por Internet, Triacastela: Madrid, 2013.
Propostas de libros de tipo específico:
BOLIVAR BOTIA, A., El estructuralismo: de Levi-Strauss a Derrida, Cincel: Madrid, 1985.
BORNAY, E., Las hijas de Lilith, Cátedra: Madrid, 1990.
GUBERN, R., La imagen pornográfica y otras perversiones ópticas, Akal Comunicación: Madrid, 1989.
1. BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
BARTHES, R.: Ensayos críticos, Seix Barral: Barcelona, 1983.
- La aventura semiológica, Paidós: Barcelona, 1990.
CASETTI, F.: Introducción a la semiótica, Fontanella: Barcelona, 1980.
DANESI, M.: Of cigarettes, high heels, and other interesting things : an introduction to semiotics, Macmillan: New York, 1999.
DURANDIN, G.: La mentira en la propaganda política y en la publicidad, Paidós Comunicación: Barcelona, 1983.
ECO, U.: Signo, Labor: Barcelona, 1980.
- Tratado de semiótica general, Lumen: Barcelona, 1988.
GUBERN, R.: El lenguaje de los comics, Península: Barcelona, 1974.
KNAPP, M.L.: La comunicación no verbal, Paidós Comunicación: Barcelona, 1985.
LOTMAN, Y.M.: Estética y semiótica del cine, G. Gili: Barcelona, 1979.
MORRIS, C.: Fundamentos de la teoría de los signos, Paidós Comunicación: Barcelona, 1985.
MOUNIN, G.: Saussure, Anagrama: Barcelona, 1971.
- Introducción a la semiología, Anagrama: Barcelona, 1972.
PANCORBO, L.: Ecoloquio con U. Eco, Anagrama: Barcelona, 1977.
PEIRCE, C.S.: Obra lógico-semiótica, Taurus: Madrid, 1987. - El hombre, un signo, Crítica: Barcelona, 1988.
SABORIT, J.: La imagen publicitaria en televisión, Cátedra: Madrid, 1988.
SERRANO, S.: La semiótica, Montesinos: Barcelona, 1984.
- Signos, lengua y cultura, Anagrama: Barcelona, 1981.
SAUSSURE, F. DE: Curso de lingüística general, Akal: Madrid, 1980.
SILVIA, P. Write it up, APA: Washington, 2015.
- How to Write a Lot, APA: Washington, 2019.
THORPE, W.H.: Naturaleza animal y naturaleza humana, Alianza: Madrid, 1980.
2. BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
BERGER, P. e LUCKMANN, T.: La construcción social de la reali-dad, Amorrortu: Buenos Aires, 1978.
BOLIVAR BOTIA, A.: El estructuralismo: de Levi-Strauss a Derrida, Cincel: Madrid, 1985.
BORNAY, E.: Las hijas de Lilith, Cátedra: Madrid, 1990.
BORTOLUSSI, M.: Análisis teórico del cuento infantil, Alhambra: Madrid, 1985.
CASTELLS, M.: La Galaxia Internet. Reflexiones sobre Internet, empresa y sociedad, Plaza & Janés Editores: Barcelona, 2001.
DAVIS, F.: La comunicación no verbal, Alianza: Madrid, 1985.
ECHEVERRÍA, J.: Telépolis, Destino: Barcelona, 1994.
- Cosmopolitas domésticos, Anagrama: Barcelona, 1995.
- Un mundo virtual, Plaza & Janés Editores: Barcelona, 2000.
- Entre cavernas. De Platón al cerebro pasando por Internet, Triacastela: Madrid, 2013.
ECO, U.: Apocalípticos e integrados, Lumen: Barcelona, 1984.
FONTCUBERTA, M. DE: La noticia. Pistas para percibir el mundo, Paidós Papeles de Comunicación: Barcelona, 1993.
GARCÍA MESEGUER, A.: ¿Es sexista la lengua española? Una investigación sobre el género gramatical, Paidós Papeles de Comunicación: Barcelona, 1994.
GARCÍA SOTO, L.: Barthes filósofo, Galaxia: Vigo, 2015.
GUBERN, R.: La imagen pornográfica y otras perversiones ópticas, Akal Comunicación: Madrid, 1989.
HALL, E.T.: El lenguaje silencioso, Alianza: Madrid, 1989.
MARTIN, M.: El lenguaje del cine, Gedisa: Barcelona, 1996.
McLUHAN, M.: Guerra y paz en la aldea global, Planeta-Agostini: Barcelona, 1985.
McLUHAN, M. e FIORE, Q.: El medio es el masaje, Paidós: Barcelona.
PROSS, H.: La violencia de los símbolos sociales, Anthropos: Barcelona, 1987.
a) Xerais
1) Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia as achegas investigadoras recentes.
2) Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
3) Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
b) Específicas
1) Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas.
2) Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
3) Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
4) Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
5) Capacidade para organizar a información, tomar decisións, considerar e resolver problemas.
6) Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético.
7) Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
8) Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
Estes obxectivos e competencias alcánzase co conxunto de actividades previstas para o seguimento da materia, e serán avaliados a través das probas previstas para a avaliación da docencia expositiva e a docencia interactiva.
Escenario 1: normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física)
Docencia expositiva: clases teóricas presenciais combinando exposicións maxistrais e técnicas de aprendizaxe cooperativa, nas que fomentará a discusión e o debate.
Docencia interactiva: desenvolvemento das actividades programadas na parte interactiva do programa da materia aplicando técnicas de aprendizaxe cooperativa: metodoloxía de traballo, análise de textos, lecturas e recensión (traballo individual), análise de semiótica aplicada — traballo en grupo e presentación).
Titorización: Individual para a resolución de dúbidas e en grupos para a programación e organización dos traballos correspondentes á análise de semiótica aplicada.
Avaliación: O sistema de avaliación será a “avaliación continua”. No caso de ser necesarias probas finais, estas serán presenciais.
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
Docencia expositiva: clases teóricas de exposición maxistral parcialmente virtuais. Haberá sesións síncronas, fundamentalmente orientadas á presentación de contidos xerais, discutir dúbidas e fomentar o debate; e asíncronas, que recollerán vídeos con exposicións maxistrais sobre puntos específicos do programa.
Docencia interactiva: desenvolvemento das actividades programadas na parte interactiva do programa da materia, definindo claramente as actividades a facer de xeito presencial (discusión de textos, análise e comentario de texto, exposicións de traballos, etc.) como virtual (foros no campus virtual, cuestionarios, etc.)
Titorización: Planificación anticipada e por vía telemática de titorías individuais ou en grupos para a programación e organización dos traballos correspondentes á análise de semiótica aplicada.
Avaliación: O sistema de avaliación será a “avaliación continua”. No caso de ser necesarias probas finais, estas serán a través do Campus Virtual e por vía telemática.
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física)
Docencia expositiva: clases teóricas de exposición maxistral virtuais. Haberá sesións síncronas, fundamentalmente orientadas a presentar contidos xerais, discutir dúbidas e fomentar o debate (mediante técnicas de aprendizaxe cooperativa); e asíncronas, que recollerán exposicións maxistrais sobre puntos específicos do programa.
AVALIACIÓN CONTINUA
Probas de contidos: 40%
Traballo en grupo de semiótica aplicada: 30%
Recensión: 20%
Participación: 10%
O seguimento de cada un destes elementos de avaliación se fará a través do Campus Virtual, empregando as ferramentas que este ofrece (puntuación de actividades, guías de corrección, rúbricas, estatísticas de acceso, etc.) para recoller as evidencias para avaliar as competencias e os contidos do ou da estudante.
Para aprobar a materia é condición necesaria acadar a puntuación de 5 como mínimo nas probas de contidos, no traballo en grupo de semiótica aplicada e na recensión. No caso de non ter superada algunha destas partes, o ou a estudante terá que facer a proba final para superar a parte correspondente.
Unha vez superada a materia, un 10% da nota dependerá da asistencia e participación na dinámica da clase, sempre que ambas sexan regulares.
No caso de non superar a materia na 1ª oportunidade, todas as cualificacións obtidas que sexan 5 ou superiores a 5 conservaranse para a 2ª oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O procedemento avaliador para a docencia interactiva son o control periódico da análise de textos a través da realización de cuestionarios sobre os mesmos (probas de contidos) e cuestións nos foros do Campus Virtual (participación); a valoración da recensión a partir da lectura do libro e a súa discusión na aula ou nos foros do Campus Virtual; e a presentación na aula e por escrito do traballo en grupo de semiótica aplicada. Estes procedementos permiten avaliar as competencias xerais 1, 2 e 3, e as competencias específicas 1, 3, 4, 5, 6, 7 e 8. Ao realizarse certas prácticas sobre a base de lecturas feitas con anterioridade terá que desenvolverse a capacidade de comprensión do texto, en particular da literatura filosófica. Así mesmo, terase que exercer a análise dos textos seleccionados, prestando atención aos argumentos principais, á introdución de terminoloxía específica necesaria para expresión adecuada das ideas, aos obxectivos e os problemas que no texto se pretenden resolver, etc. Procurarase tamén fomentar a crítica ás ideas expostas nos textos a partir dos coñecementos adquiridos.
As presentacións orais permiten avaliar especificamente a competencia xeral 1 e 2 pero tamén as outras competencias xerais. Ademais avaliaranse as competencias específicas 2, 3, 4, 5, 6, 7 e 8. A adquisición de experiencia na presentación oral das ideas propias consiste en saber presentar en público as propias posicións e facelo de maneira argumentada, propiciando o debate e a crítica. A dinámica das clases interactivas busca axudar ao desenvolvemento desta competencia, pero nas clases de docencia expositiva tamén hai lugar para as mesmas, aínda que en menor medida.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS EN GRUPO DE SEMIÓTICA APLICADA
Máximo de tempo de presentación: 25 minutos (20 minutos de exposición e 5 minutos de preguntas). Ao inicio do curso, o alumnado terá acceso á rúbrica de avaliación de dita actividade. De modo xeral, valoraranse os seguintes puntos:
- Claridade expositiva.
- Boa organización e estruturación (que a exposición se axuste ao tempo estabelecido, participación por igual de todos os integrantes do grupo, etc.).
- Que a presentación estea centrada na análise aplicada ao obxecto de estudo seleccionado (película, secuencia, páxina ou tira de cómic, anuncio ou anuncios publicitarios, noticia do periódico, etc.).
- Incorporación de elementos teóricos na explicación e na interpretación do obxecto de análise.
- A orixinalidade ou creatividade na interpretación a partir dos recursos teóricos aplicados.
- Ser un auténtico traballo de grupo e non a contribución individual de cada membro do grupo a cada un dos apartados sen establecer relación co tratado e analizado polos restantes integrantes do grupo.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA O ALUMNADO CON DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIA A CLASES
Docencia Expositiva: Este alumnado deberá facer o exame final.
Docencia Interactiva: As actividades específicas da docencia interactiva que terían que realizar estes/as estudantes aparecen recollidas na guía docente da materia e son as seguintes:
- Exames dos diferentes textos.
- Entregar unha recensión.
- Realizar unha análise de semiótica aplicada (a elixir: cómic, cine, publicidade ou prensa).
En ambos os dous casos (docencia expositiva, docencia interactiva) as datas dos exames ou as datas de entrega das actividades poderán ser acordadas coa profesora e variar con respecto ao calendario indicado na guía docente. En calquera caso recoméndase que o alumnado se poña previamente en contacto co profesor.
6 créditos ECTS.
Traballo total do estudante: 150 horas.
- Horas presenciais: 51h.
- Horas de Titorías 3h.
- Clases Expositivas 24h.
- Clase Interactiva 24h.
- Horas non presenciais: 99h.
Docencia expositiva: 24 horas de traballo presencial do alumno ou alumna (asistencia a clase) e 45 de seguimento e preparación da docencia expositiva (lectura e repaso diaria do visto na clase, preparación de esquemas e estudio regular da materia).
Docencia interactiva: 24 horas de traballo presencial do alumno ou alumna (asistencia as clases e participación activa nas mesmas) e 50 horas de preparación das actividades de lectura de libros e recensión dos mesmos, da análise de textos e do traballo individual e en equipo da análise de semiótica aplicada.
Actividades titoriais: 3 horas para a organización e programación das análises en grupo do traballo en grupo de semiótica aplicada.
Total: 51 horas de traballo presencial e 99 de traballo persoal.
1. Asistencia diaria ás clases.
2. Lectura diaria, previa ou posterior á clase, dos temas que se van tratando nas aulas.
3. Lecturas das fontes.
4. Estudio sistemático e regular dos temas da materia.
5. Programar e preparar, coa antelación suficiente, as distintas actividades correspondentes á docencia interactiva da materia.
6. Utilización das horas de atención ao alumnado para resolver dúbidas, problemas e todo tipo de preguntas relacionadas coa materia.
O alumnado disporá dunha planificación da materia coas referencias bibliográficas pertinentes para cada un dos temas e un calendario provisional de actividades para a programación da docencia interactiva. É moi importante o seguimento da materia a través do campus virtual.
PLAN DE CONTINXENCIA
Seguindo as indicacións correspondentes ás “Bases para ou desenvolvemento dunha docencia presencial segura non curso 2020-2021”, aprobadas en Consello de Goberno do 19 de xuño de 2020 e ao documento “Directrices para ou desenvolvemento dunha docencia presencial segura”, están contempladas medidas específicas, segundo que escenarios preséntense, tanto para a metodoloxía de ensino como para o sistema de avaliación (ver as seccións correspondentes deste programa).
No caso de que a actividade docente se teña que realizar nos escenarios 2 e/o 3, a distribución do peso dos elementos de avaliación manteranse tal y como figura no Sistema de avaliación. Ademais, programaranse tarefas de autoavaliación e retroalimentación para fomentar o traballo persoal do ou da estudante e, para cada actividade, indicarase explicitamente cales puntúan no ítem “proba de contidos” e cales no ítem “participación”.
Martin Pereira Fariña
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812525
- Correo electrónico
- martin.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 4 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 4 |
Xoves | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Sala Hipatia |
09.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
09.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
09.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
09.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
09.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
09.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
09.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
09.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
09.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Sala Hipatia |
09.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Sala Hipatia |
09.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Sala Hipatia |
09.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Sala Hipatia |
14.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
14.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
14.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
14.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |