Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
OBXECTIVOS XERAIS COINCIDENTES COS DO GRAO
1) Proporcionar os coñecementos propios da Filosofía (doutrinas, teorías, métodos e aplicacións).
2) Aplicar estes coñecimentos para identificar, formular e resolver problemas no eido da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
3) Capacidade de transmisión destes coñecimentos, ideas, cuestións e solucións, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
4) Capacidade para continuar a sua formación, en Filosofía ou noutros campos de saber, cun elevado grao de autonomía.
5) Habilidade para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
6) Difusión e aplicación dos principios de respeto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, os valores democráticos a cultura de paz.
OBXECTIVOS XERAIS DA MATERIA
1) Coñecer os autores, textos e conceptos característicos da investigación do problema do coñecemento tanto na época antiga, como na moderna e contemporánea.
2) Comprender a significación que o problema do coñecemento ten en cada época.
3) Desenvolver a capacidade de análise, comprensión e explicación de textos fonte da filosofía.
4) Desenvolver a capacidade de debate encol de temas filosóficos.
Consta dun total de 10 temas, nos que se fai referencia tanto a problemas fundamentais da teoría do coñecemento, que reaparecen unha e outra vez nas diferentes épocas do pensamento, como a autores especialmente representativos. Como se pode deducir do índice, non se trata de reconstruir íntegramente o pensamento do autor ou autores mencionados, senón de reconstruir o problema ou problemas que se mencionan en cada epígrafe.
Tema 1) Aparición da expresión “Teoría do coñecemento” (Erkenntnistheorie) e o problema do coñecemento en perspectiva histórica.
Tema 2) A relación entre a percepción e o pensamento en Platón.
Tema 3) O problema dos principios e da demostración en Aristóteles.
Tema 4) Descartes e a tradición do escepticismo,
Tema 5) A noción de experiencia no empirismo moderno (Locke, Berkeley, Hume).
Tema 6) Kant: o problema do coñecemento puro, as condicións de posibilidade da experiencia e o problema do coñecemento empírico.
Tema 7) A crítica ao enfoque moderno do problema do coñecemento en Hegel.
Tema 8) A renovación da epistemoloxía no contexto do empirismo lóxico (Russell, Wittgenstein I e o Círculo de Viena).
Tema 9) A noción de coñecemento como “crenza verdadeira xustificada” e a polémica desatada por Gettier.
Tema 10) A superación da epistemoloxía no pensamento contemporáneo (Heidegger, Dewey e Wittgenstein II).
ARCE CARRASCO, J. L.: Teoría del conocimiento, Madrid, Síntesis, 1999.
ARISTOTELES, Tratados de lögica (Organon), 2, vols., Tecnos, Madrid, 1988.
BERKELEY, Tratado sobre los principios del entendimiento humano, Gredos, Madrid, 1982.
BLASCO, J. L. & GRIMALTOS, T: Teoría del conocimiento, Universidad de Valencia, 2004.
CASSIRER, E.: El problema del conocimiento (4 vols.), México, FCE, 1986.
CHISHOLM, R.: Teoría del conocimiento, Madrid, Tecnos, 1982. DANCY, J.: Introducción a la epistemología contemporánea, Madrid, Tecnos, 1995.
DESCARTES, R.: Meditaciones Metafísicas con objeciones y respuestas, Alfaguara, Madrid, 1977.
DEWEY, J. Lógica: teoría de la investigación, F. C. E., México, 1950.
GADAMER, H.G.: Verdad y método, (cap. 10), Sígueme, Salamanca,1992.
GETTIER, E.: ¿Una creencia verdadera justificada es conocimiento? (edición bilingüe) en Disputatio. Philosophical Research Bulletin3 (2013), pp. 185-193. HEGEL, F.: Fenomenología del Espíritu, (Introducción), FCE, México, 2010.
HEIDEGGER, M.: De la esenica de la verdad.Sobre la parábola de la caverna y el Teeteto de Platón, Herder, Barcelona, 2007.
— La época de la imagen del mundo, en Caminos del bosque, Alianza, Madrid, 2005, pp. 63-90.
HUME, D.: Tratado de la naturaleza humana, Tecnos, Madrid, 1988.
KANT, I: Crítica de la Razón Pura, Alfaguara, México-Madrid, 1996.
LOCKE, J.: Ensayo sobre el entendimiento humano, F. C. E., México, 1992.
MUÑOZ, J. & VELARDE, J. (eds.): Compendio de epistemología, Trotta, Madrid, 2000.
POPKIN, R.: Historia del escepticismo desde Erasmo hasta Spinoza, México: F.C.E., 1983.
QUESADA, D.: Saber, opinión y ciencia. Ariel, Barcelona, 2000.
QUINE, W. V. O.: Dos dogmas del empirismo, en Desde un punto de vista lógico. Paidós, Barcelona, 2002, pp. 61-92.
QUISPE, H.: Descartes y el escepticismo, en Areté, 8-2 (1996), pp. . 293-307.
PLATON, Teeteto, Biblioteca Nueva, Madrid, 2003.
— Cuestiones de teoría del conocimiento, Tecnos, 2009.
PRITCHARD, D.: What is this Thing Called Knowledge?, Routledge, Londres – New York, 2009.
RORTY, R.: La filosofía y el espejo de la naturaleza, Cátedra, Madrid, 2001.
— Superando la tradición: Heidegger y Dewey, en Consecuencias del pragmatism, Tecnos, Madrid, 1996, pp. 99-125.
RABADE, S.: Teoría del conocimiento, Akal, Madrid, 1995.
RUSSELL B.: Los problemas de la filosofía, Labor, Barcelona, 1994.
SANFÉLIX, V.: Mente y conocimiento, Madrid, Biblioteca Nueva, 2003.
SELLARS, W.: Ciencia, percepción y realidad, Tecnos, Madrid, 1971.
SOSA, E.: Conocimiento y virtud intelectual, México, FCE, 1992.
— Con pleno conocimiento, Prensas de la Univ. De Zaragoza, Zaragoza, 2014
VILLORO, Luís: Creer, saber, conocer, s. XXI, México, 1992.
WITTGENSTEIN, L.: Tractatus logico-philosophicus, Alianza, Madrid, 2012.
— Investigaciones filosóficas, Instituto de investigaciones filosóficas, México, 1988.
— Sobre la certeza, Gedisa, Barcelona, 1995.
COMPETENCIAS DE TIPO XERAL
CG1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes. CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no eido da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado. CG4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía. CG5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptíbeis de ser abordados e resoltos desde a Filosofía. CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita encontrarse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da sua área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
COMPETENCIAS ESPECIFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das disciplinas. CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar. CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, formular e resolver problemas.
COMPETENCIAS TRANVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións. CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático. CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara problemas de igualdade e medioambientais.
A adquisición do conxunto de competencias aquí referido avaliarase a través das diferentes actividades a realizar durante o curso.
Sesións expositivas:
Escenario 1 (normalidade adaptada): As sesións expositivas serán desenvoltas pola profesora e nelas presentaranse os temas a estudar nesa semana. Aínda que a docencia sexa presencial, desenvolveranse ferramentas utilizadas para a docencia online durante a corentena que resultaron ser moi efectivas, tal é o caso do uso de power points complementados con audios incrustados en cada diapsitiva.
Escenario 2 (distanciamento): Neste caso, se a situación obriga a recibir na aula presencial únicamente a unha parte do alumnado e por quendas, a docencia desenvolverase utilizando en tódalas sesión o recurso detallado anteriormente: power points con audios incrustados ou eventualmente vídeos que garantan a dispoñibilidade dos contidos para todo o grupo con independencia da quenda de asistencia.
Escenario 3 (peche de instalacións): Recurrirase ao mesmo sistema de power points con audios incrustados e complementarase con sesión de aula directamente online (mediante Teams) no horario oficial da materia.
As sesións interactivas terán diversas funcións:
Adicaranse ao traballo de comentario de texto, na modalidade de seminario, da Crítica da razón pura de Kant e de pasaxes da Crítica do Xuizo.
Escenario 1: Desenvolveranse na aula pero facendo operativos simultáneamente foros da materia sobre a base de baterías de preguntas que sirvan como guía na exporación dos textos e na clarificación de conceptos fundamentais.
Escenario 2: Desenvolverase na aula, segundo as quendas que se establezan, pero facendo operativos simultáneamente foros da materia sobre a base de baterías de preguntas que sirvan como guía na exporación dos textos e na clarificación de conceptos fundamentais.
Escenario 3: Desenvolveranse online mediante Teams, facendo uso, ao mesmo tempo,
foros da materia sobre a base de baterías de preguntas que sirvan como guía na exporación dos textos e na clarificación de conceptos fundamentais.
As TITORIAS (ou ben no despacho ou ben online) servirán para resolver dúbidas de xeito personalizado, así como para orientar na planificación dos traballos obrigatorios da asignatura.
TRABALLO AUTONOMO DO ALUMNADO
- Seguimento autónomo dos temas mediante a lectura dos textos fonte e da bibliografía recomendada.
- Formulación de preguntas de comprensión de todo tipo.
- Participación nos debates.
- Rexistro de notas e apuntamentos de elaboración propia.
- Ampliación mediante a consulta da bibliografía recomendada.
- Capacidade de xestión do tempo.
OPORTUNIDADE DE XUÑO
Na oportunidade de xuño existen dúas modalidades de avaliación: continua e non-continua, tal como se detalla a continuación.
AVALIACIÓN CONTINUA (PENSADA PARA OS ESCENARIOS 1, 2, 3)
A avaliación realizarase atendendo a tres aspectos:
ASISTENCIA: 10 % da nota. Realizarase en cada sesión (ben sexa presencial ben sexa online) control da mesma. A acumulación dun máximo de 3 faltas sin xustificar dará lugar á perda da opción de avaliación continua.
PARTICIPACION: 10 % da nota. Será obrigatoria a participación nos foros da materia cun número de alomenos 3 achegas, tanto se a docencia se desenvolve presencialmente como se se trata de docencia online. Valorarase en xeral a actitude proactiva: consulta de dúbidas, posta en común de coñecementos relacionados ca materia, de intereses formativos de tipo persoal, etc.
TRABALLOS ESCRITOS: 80 % da nota.
1) Traballo sobre o texto de Kant: Deducción transcendental das categorías, version da segunda edición (B). Máximo 15 pxs., Tipo de letra Times New Roman 12, interliñado 1,5. E obrigatorio entregar previamente un guión do traballo que será supervisado pola profesora. Un dos apartados dese guión debe estar adicado a explicar a función da “deducción transcendental” dentro da investigación levada a cabo por Kant na súa obra principal, é decir, na Crítica da razón pura. O traballo non pode ser un resumo das páxinas que Kant adica á deducción transcendental. O texto en sí é moi denso e complexo, por eso se recomenda elexir algún dos seus conceptos principais (un ou dous) e tratar de reconstruir o que di Kant sobre conceptos ao longo da Deducción B. O alumno/a é libre de elexir os conceptos que mais lle interesen e debe presentar un guión que faga referencia aos diferentes aspectos da análise de ditos conceptos. Non se admiten apartados adicados á vida e obra de Kant ou outras xeneralidades. O espazo disponible, de 15 pxs. debe utilizarse para centrase na análise do texto presentando supervisado en forma de citas as pasaxes relevantes para explicar os conceptos elexidos.
2) Traballo de libre elección relacionado con calquera dos restantes temas. Os alumnos/as elexirán os conceptos ou aspectos dalgún deses temas que desexen desenvolver. As características formais son as mesmas que para o traballo anterior, a extension é menor = 10 px. como máximo. Ao igual que no caso anterior é obrigatoria a entrega dun guión que será supervisado pola profesora antes redactor os traballos.
AVALIACIÓN NON CONTINUA (PENSADA PARA OS ESCENARIOS 1, 2, 3)
100% Exame final (ben sexa presencial, ben sexa online)
ALUMNOS/AS REPETIDORES/AS E CON DISPENSA DE DOCENCIA (PENSADA PARA OS ESCENARIOS 1, 2, 3)
Teñen a obriga de realizar un exame escrito, ben sexa presencial ben sexa online (60 % da nota) e asemade de presentar un traballo escrito (40% da nota), previo acordo coa profesora.
OPORTUNIDADE DE XULLO (PENSADA PARA OS ESCENARIOS 1, 2, 3)
A avaliación de xullo realizarase exclusivamente mediante un exame teórico-práctico ben sexa presencial ou online, consistente nunha parte teórica (dúas preguntas) e unha parte práctica (comentario de texto). O exame realizarase no mes de xullo na data fixada previamente pola Secretaría do Centro.
Eventualmente e dependendo dos resultados acadados en cada caso, pódese pactar a repetición dun dos traballos para 2 oportunidade.
Aproximadamente de duas horas de traballo persoal por cada hora lectiva.
Actitude proactiva de cara ao seguimento da materia, á participación nos foros da aula virtual e na aula (ben sexa presencial, ben sexa online) e á consulta de dúbidas, tanto na aula (ben sexa presencial, ben sexa online) como nas titorías. Uso intensivo da aula virtual. Emprego axeitado (consulta e estudo) da bibliografía recomendada dende o inicio do curso. Atención á expresión tanto oral como escrita. Boa disposición para o traballo en grupo, cultivo de actitudes dialogantes e de respecto. En xeral, recoméndase manter unha actitude de carácter profesional en relación co cumprimento dos propios obxectivos de formación, evitando a pasividade e a delegación de responsabilidades na profesora. Do mesmo xeito debe tomarse a aula como un espazo de aprendizaxe compartido entre futuros/as profesionais, fuxindo de actitudes propias de idades e etapas de formación anteriores.
Plan de continxencia
Escenario 2: distanciamento (restriccions parciais á presencialidade física)
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física)
Ver apartados de “Metodoloxía da ensinanza” e “Sistema de avaliación”
Maria Xesus Vazquez Lobeiras
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812514
- Correo electrónico
- mxv.lobeiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
21.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
21.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
23.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
23.06.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |